Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol Vello. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol Vello. Amosar todas as publicacións

domingo, xaneiro 31, 2010

Instan á Xunta de Galicia a informar publicamente sobre o estado do expediente "Declaración do Barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural"

O BNG presenta unha iniciativa de control sobre a Declaración do Barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural

As deputadas do BNG, Ana luisa Bouza e Ana Ponton, lembran que “o pasado 27 de febreiro de 2009 a conselleriaa de Cultura asinaba unha resolución mediante a que se incoaba o expediente de declaración do Barrio de Ferrol Vello, en Ferrol, como Ben de Interese Cultural na categoría de casco histórico

O ámbito proposto para a declaración inclúe o propio barrio, xa catalogado polo Plan Xeral da cidade, a fronte do porto (avenida da Mariña) e o barrio de Argüelles. O ámbito de respecto proposto inclúe a Fábrica de Lapis Hispania, o Baluarte de San Xoán, e a Dársena de Curuxeiras.

Tras a publicación no DOG, abríase un paréntese de 20 meses de traballo que debía concluir coa declaración definitiva de BIC para o barrio de Ferrol Vello. Polo que o BNG insta ao Goberno Galego a dar conta do estado do expediente e se pensa esgotar o prazo máximo, fixado na lei, para resolver definitivamente a declaración do barrio como BIC.

BNG-Ferrol


Enviado por:
BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
31 de janeiro de 2010 03:42

___________________

Documento de Interese:

Baixar dos Arquivos Ártabros a Resolución da Direción Xeral do Patrimonio Cultural - en formato pdf- facilitada pola asociación veciñal

____________________________

sábado, agosto 01, 2009

Feira Mediaval en Ferrol Vello, os días 7, 8 e 9 de Agosto

TRAXES FEIRA MEDIEVAL

Como saberedes, os próximos días 7, 8 e 9 de agosto de 2009, vaise celebrar no noso barrio a feira medieval da cidade.

Nela trátase de recrear, dentro do posible, o ambiente da idade media. e para iso, intentaremos que os veciños, comerciantes e hosteleiros do Barrio colaboren vestíndose durante esos dias con traxes de época.

Con esa intención, o concello vai alugar traxes axeitados para prestalos gratuitamente a todos os que os soliciten.

Por ese motivo facemos público un chamamento a todos os veciños, comerciantes e hosteleiros que estean dispostos a colaborar, vestíndose de medievais mentres dure a feira, que poderán facelo poñendose en contacto con calquera vogal da asociación de veciños ou chamando ao número 638176108 (MÓVIL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS). De 7:30 a 11:00 da mañá, e de 17:00 a 20:00 en horario de tarde. Haberá que saber se son homes, mulleres ou nenos (que tamén poden participar).

Un saúdo desde o "CONXUNTO HISTÓRICO DE FERROL VELLO"

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva

Calexón do Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es


Enviada por:
AVV FERROL VELLO
-avvferrolvello@yahoo.es-
1 de agosto de 2009 19:48

_________________

domingo, abril 19, 2009

Biblioteca de Barrio en Ferrol Vello

avvferrolvello@yahoo.es
18 de abril de 2009 21:05


A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO INAUGURA O VINDEIRO XOVES A SÚA BIBLIOTECA DE BARRIO.

O proxecto veciñal contou coa colaboración da Universidade da Coruña e da Consellería de Cultura e Deporte.

O vindeiro xoves día 23 de Abril, Día Internacional do Libro, na segunda planta do edificio da Asociación de Veciños de Ferrol Vello, na rúa do Curro 1 (Paseo da Mariña) inaugúrase a Biblioteca de Barrio de Ferrol Vello, coa presentación ás 20.00h. da sección que esta biblioteca adica á Memoria Histórica, a cargo do historiador especialista en movemento obreiro Eliseo Fernández.

Este proxecto da Asociación de Veciños de Ferrol Vello contou coa colaboración da Universidade da Coruña, a través dunha beca para a realización de traballos de catalogación dos fondos existentes e tamén da Consellería de Cultura e Deporte, que aportou unha subvención para a adquisición dos fondos da sección de Memoria Histórica.

A biblioteca abrirase a partir do luns 27 de abril polas tardes, dúas horas diarias, de 17.00 a 19.00 h, contando cun fondo de máis de 4.000 volumes, destacando a xa mencionada sección de memoria histórica, o fondo local e o relativo á literatura infantil e xuvenil. Ademáis ofertará un punto de acceso libre a Internet, pretendendose como lugar de encontro e punto de información para os veciños do barrio.

Un saúdo desde "O CONXUNTO HISTÓRICO DE FERROL VELLO"
________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es

_________________________

luns, abril 06, 2009

O Arquitecto Manuel Amable Romero falará este martes, día 7 de Abril, sobre o significado e efectos de Ferrol Vello como Conxunto Histórico


Asociación Veciñal
-avvferrolvello@yahoo.es-
6 de abril de 2009 16:10


  • CHARLA INFORMATIVA
  • DESDE A AVV FERROL VELLO QUEREMOS INFORMAR
O vindeiro martes día 7 de Abril, as 20.00 h, no local social da asociación de veciños de Ferrol Vello, impartirase unha charla informativa baixo o título "Ferrol Vello, Casco Histórico".

O Arquitecto Manuel Amable Romero Pérez, responsable da comisión de planeamento da delegación en Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, informará aos veciños sobre a incoación da declaración de Ferrol Vello como Conxunto Histórico e os seus efectos.

Grazas, e un saúdo desde o Conxunto Histórico de "FERROL VELLO".

________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es

_______________

venres, abril 03, 2009

Exposición de fotografías seleccionadas do I e do II Maratón fotográfico de Ferrol Vello

Asociación Veciñal Ferrol Vello
-avvferrolvello@yahoo.es-

2 de abril de 2009 17:00


Esta Semana Santa imos expoñer as fotografías seleccionadas do I e do II Maratón fotográfico de Ferrol Vello, celebrados no barrio en setembro de 2007 e de 2008.

Será unha exposición espallada polos bares e mesóns de Ferrol Vello.

A exposición é moi variada, tanto en temas como en participantes (hai de todas as idades). Os títulos das fotos obedecen aos temas suxeridos nos Maratóns, e que cada quen interpretou libremente. Os de 2008 foron, entre outros, "Levantando paredes", "Conflitos", "Rostros á nosa beira", "Con-sumo gusto"... e en 2007, entre outros, "Correr lentamente", "O pan noso de cada día"... Os Maratóns desenvolvéronse no espazo do barrio e o resultado é unha invitación a mirar Ferrol Vello con outros ollos: con espíritu crítico ou cariñoso; resaltando a súa vida cotiá ou buscando o extraordinario; indagando en cores e texturas ou retratando rostros...

Inauguraremos o vindeiro sábado 4 de abril ás 12.30 h. Comezaremos reuníndonos no local da AVV, na rúa do Curro nº1, e logo faremos un percorrido polos dezanove locais nos que se expoñen, repartidas, as corenta fotos.

A. VV. FERROL VELLO Xunta Directiva C/ Curro, 1. 15401 - FERROL Tlf./fax: 981.356842 Móvil: 638176108 avvferrolvello@yahoo.es
__________________

Reunión sobre participación cidadá no Local de Toxos e Flores: Venres 3 de Abril

Asociación Veciñal Ferrol Vello
-avvferrolvello@yahoo.es-
2 de abril de 2009 15:47


MAÑÁN VENRES, 3 de ABRIL, ÁS 20:00 HORAS REUNIÓN DAS ASOCIACIÓNS INTERESADAS NO PROCESO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ NO SEGUNDO PISO DO LOCAL DO REAL CORO TOXOS E FROLES (C/ Magdalena, 220).

SI CONSIDERADES PREOCUPANTE A SITUACIÓN ACTUAL, VÉMONOS ALI.

UN SAÚDO.

A. VV. FERROL VELLO Xunta Directiva C/ Curro, 1. 15401 - FERROL Tlf./fax: 981.356842 Móvil: 638176108 avvferrolvello@yahoo.es
____________________________

mércores, abril 01, 2009

Silencio participativo

Asociación Veciñal
-avvferrolvello@yahoo.es-
1 de abril de 2009 00:37



Desde a AVV FERROL VELLO queremos enviar un saúdo a todas as xuntas directivas do movemento asociativo vecinal desta cidade.

A todos aqueles compañeiros que entran por primeira vez en cargos de responsabilidade, mostrando unha sensibilidade e unha coraxe á hora de resolver e facer seus os problemas cotiáns de cada barrio, como daquelas directivas cuxa experiencia e anos de traballo aínda seguen dando resultados satisfactorios como o primeiro día.

A unhas e outras noso maior respecto e consideración.

Agora ben:

Do mesmo xeito que mostramos o noso respecto a todas aquelas persoas que cren nas solucións e no traballo asociativo.

Queremos manifestar o noso malestar e indignación ante o que nos parece unha burla e unha falta de consideración por parte dunha administración pública como o concello de Ferrol, ante un proceso de participación cidadá que en contra do que debería ser un intento de democracia participativa, onde cidadáns e administración falen un mesmo linguaxe, a linguaxe das ideas, o esforzo e a colaboración mutua que fagan de Ferrol un referente de participación e optimismo. Estéase convertendo nunha ridícula broma que se eterniza no tempo.

Por este motivo, desde a nosa entidade vecinal propoñemos convocar ao GAP xunto con todas aquelas entidades que crean e defendan un proceso participativo real e comprometido a unha reunión para debater e analizar a situación actual que atravesa o proceso de participación cidadá, e consensuar si se considera necesario un documento que explique os motivos que xeneran o estancamiento do reglamento de participación cidadán e de todo o proceso participativo, e ata plantexar a posibilidade de convocar ao foro cívico pois consideramos que como membros do GAP temos a obrigación de explicar ao resto de entidades asociativas e cidadáns interesados, a grave situación en que se atopa todo o proceso participativo.

Esperamos as vosas suxerencias á hora de decidir data e lugar do encontro.

Un saúdo desde o Conxunto Histórico de FERROL VELLO.

A. VV. FERROL VELLO Xunta Directiva C/ Curro, 1. 15401 - FERROL Tlf./fax: 981.356842 Móvil: 638176108 avvferrolvello@yahoo.es
____________________________