Amosando publicacións coa etiqueta Fontelonga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fontelonga. Amosar todas as publicacións

luns, abril 20, 2009

Apoio ás demandas da A.VV. Fontelonga de Esteiro para arranxar os danos causados no barrio polos efectos do ciclón Klaus

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
20 de abril de 2009 12:16



Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un comunicado de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida en apoio das demandas expresadas pola A.VV. Fontelonga de Esteiro en relación con arranxos ligados ao ciclón Klaus e outros compromisos incumpridos. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, 20 de abril de marzo de 2009
  • O CONSELLO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SÚMASE AS DEMANDAS EXPRESADAS POLA A.VV. FONTELONGA PARA ARRANZAR AOS DESPERFEITOS NO BARRIO E CAMPUS
  • A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ, RECLAMA CELERIDADE PARA ARRANXAR AS DESFEITAS PRODUCIDAS E O CUMPRIMENTO DOS OUTROS COMPROMISOS CONTRAÍDOS.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida expresa o seu apoio ás demandas da A.VV. Fontelonga de Esteiro nas que reiteran as súas demandas para arranxar os danos causados no barrio polos efectos do ciclón extratropical Klaus, que barreu a cidade o pasado na noite do 23 para o 24 de xaneiro.

Esquerda Unida critica a deixadez para non acometer dende entón a subsanación dos danos producidos polo ciclón cando van tres meses dende o seu paso pola cidade. A enumeración do que non se arranxou deixa en mal lugar a celeridade e dilixencia que requiren estas actuacións: xunto a Casa do Patín hai unha árbore arrincada e un pinsapo deitado; na Praza de Ferrándiz resta un banco rachado xunto a unha pola de grandes dimensións que aínda non se retirou; falta repoñer na Praza Carlos Casares dúas camelias e outras ao carón dos bloques III e II de Fernando VI.

As denuncias reiteradas exténdense as tapas da rede de sumidoiros nas rúas Profesor Vázquez Cabrera e Álvaro Cunqueiro. A asociación denuncia que a situación se arrastra dende hai 14 meses. Prazos inaceptables para conquerir unha resposta eficaz ás demandas da cidadanía.

Esquerda Unida nas verbas da súa Voceira Yolanda Díaz demanda celeridade e dilixencia ao Goberno Municipal para restaurar os danos producidos polo Klaus e mailo cumprimento dos outros compromisos contraídos por EMAFESA E CESPA. A nosa organización así o manifestará na vindeira Comisión de Servizos.

Xunto a isto hai outros compromisos que restan de antano e que distan de materializarse: sinalizacións e outras árbores comprometidas na confluencia con López Porta con Españoleto, no macizo central da avda. de Esteiro e entre Uxío Novoneyra e González Llanos e mías en Eduardo Pondal.
__________________

xoves, abril 16, 2009

Proxecto Esteiro: A veciñanza do barrio na procura da súa memoria histórica

Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
15 de abril de 2009 18:05



Esteiro na procura da súa memoria histórica.

A Asociación Veciñal fai un chamado para que as persoas do barrio colaboren na recuperación da MemoriaHistorica contribuindo, con fotos, debiuxos, revistas, libros, ... así como de viva voz, ...

[Clical acima do cartaz para ampliar]
___________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

__________________________

venres, marzo 13, 2009

Homenaxe ás vÍtimas do 11M2004 en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
13 de Marzo de 2009 18:40


Texto leido na Homenaxe ás vítimas do 11 M 2009

Homenaxe ás vítimas do 11 M.
Esteiro, 11 de Marzo de 2009


Sr. Alcalde, señores concelleiros, señoras concelleiras e demais representantes institucionais, representantes sindicais, compañeiros e compañeiras do tecido asociativo da cidade, veciñas e veciñas de Esteiro, moitas grazas por acudir e acompañarnos neste acto.

Na Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”, non queremos esquecer o sucedido un día como hoxe, hai xa cinco anos en Madrid nun brutal atentado con 192 persoas mortas, 1500 feridas e que afectou directamente a máis de 5000, enchendo de desesperación e rabia a toda a cidadanía.

Foron asasinados 16 romaneses, 6 ecuatorianos, 5 peruanos, 4 búlgaros, 4 polacos, 3 colombianos, 3 marroquís, 2 ucraínos, 2 dominicanos, 1 brasileiro, 1 guineano, 1 filipino, 1 chileno, 1 cubano, 1 francés e 138 españois.
Non podemos esquecer os mortos e ás mortas, tampouco ós feridos porque as súas familias non merecen que as esquezamos.

Do mesmo xeito que conmemoramos o 8 de Marzo, día internacional da muller traballadora, e o convertemos nun acto de reivindicación dos dereitos das mulleres.

Do mesmo xeito que celebramos o 10 de Marzo como Día da Clase Obreira Galega e o convertemos nun acto reivindicativo dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Deste mesmo xeito temos que celebrar o 11 de Marzo para, ademais de render homenaxe ás vítimas e expresar a nosa solidariedade coas súas familias, convertelo nun acto reivindicativo de afirmación democrática e de loita por un mundo máis solidario e máis igualitario. Un mundo no que para que uns vivamos no estado do benestar, non sexa necesario que outros teñan que vivir na miseria e morrer de fame ou de enfermidades por carencia de medicamentos.

Temos que convertelo nun acto reivindicativo por un mundo en xustiza e paz, onde o terrorismo ou calquera forma de guerra e as causas que as provocan non teñan cabida e sexan rexeitadas por todas e todos nós.

Somos utópicos, buscamos, se cadra, o imposible e cremos firmemente que pode ser realidade. Cremos na paz e na xustiza (non pode haber paz se non hai xustiza) e é aquí onde tódolos cidadáns e tódalas cidadás do mundo debemos ter un papel activo, unidos na única verdade: Apreciar, amar e afondar no que nos une e non no que nos separa. Esta debe seguir sendo a nosa primeira vitoria contra a ameaza terrorista ou calquera outra ameaza de guerra.

Temos como obxectivo, desde a Asociación Veciñal de Esteiro, defende-lo civismo, a tolerancia e a interculturalidade a través do diálogo, aínda que cada día nestes tempos sexa máis difícil que palabras como Paz , Solidariedade, Xustiza e Liberdade, teñan contido e nos leven a esbozar un sorriso escéptico e doloroso, cando se oen en boca de certos prestidixitadores da confusión e o populismo.

Debemos promove-los valores democráticos e defender, por riba de todo, o sistema de dereitos e liberdades establecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Hoxe estamos aquí un grupo plural e representativo de homes e mulleres da cidade e nesa representación o pobo de Ferrol rende a súa homenaxe de respecto e solidariedade ás vítimas do 11 M e ás súas familias. Vítimas como Angélica González García que hoxe tería 24 anos e ía nun dos trens da morte.

Moitas Grazas !

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga” .
Asdo. / Xosé Miguel López Pérez.
Presidente
__________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal


A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" vimos realizando unha campaña para que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de facer unha escola infantil pública en Esteiro
POR UNHA ESCOLA INFANTIL PÚBLICA EN ESTEIRO !
[ +Info]


________________

domingo, marzo 08, 2009

Homenaxe, en Esteiro, ás vítimas do 11M2004

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
avvfontelonga@mundo-r.com
8 de março de 2009 11:35


O vindeiro mércores día 11 de Marzo cúmprese o quinto aniversario dos asasinatos de Madrid, onde case 200 persoas perderon a vida. A Asociación Veciñal de Esteiro"Fontelonga" non queremos que se esqueza e imos, como cada ano, renderlle homenaxe e recoñecemento ás vítimas e reivindicar un mundo en xustiza e paz no que o terrorismo e calquera outra forma de guerra, non teñan cabida.

Ás 17 horas do citado día na Praza das Vítimas do 11M, no cruzamento das rúas Ánimas e San Ramón, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, imos celebrar un acto aberto a toda a cidadanía.

Consistirá:
  • Lectura dun comunicado da Xunta Directiva de Fontelonga.
  • Ofrenda floral.
Interpretación de dúas melodías a cargo de dous gaiteiros.

A este acto está convidado o Alcalde de Ferrol e tódolos grupos Municipais , Centrais Sindicais e todo o tecido Asociativo da Cidade.

Agradecémosvos a difusión do acto e a asistencia ó mesmo.

Moitas Grazas.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga "
Asdo../Xosé Miguel López, presidente


CONVITE

Prezado/a amigo/a:

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, queremos convidarte ó acto de lembranza das Vítimas dos asasinatos do 11 de Marzo do 2004 en Madrid, no seu quinto aniversario.

Este acto terá lugar o mércores día 11 de marzo de 2009 ás 17 horas, fronte ó monumento erixido na súa honra no cruzamento das rúas San Ramón e Ánimas, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro.

Agardamos contar con vós nese acto.

Saúdos afectuosos e moitas grazas.

X. Miguel López Pérez, presidente da A.VV. de Esteiro “ Fontelonga”.


_________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal


A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" vimos realizando unha campaña para que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de facer unha escola infantil pública en Esteiro
POR UNHA ESCOLA INFANTIL PÚBLICA EN ESTEIRO !
[ +Info]

_______________________

martes, marzo 03, 2009

Escola Infantil Pública en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
1 de março de 2009 11:16


A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" vimos realizando unha campaña para que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de facer unha escola infantil pública en Esteiro, a outra estase construíndo en Caranza. O remate desta campaña será o día 22 de marzo.

Pedimos a vosa colaboración na recollida de sinaturas, se vos parece ben, e que no las fagades chegar antes do día 17 de marzo.

Moitas grazas e un saúdo.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo./X. Miguel López Pérez, presidente

Baixar o Escrito de recollida de asinaturas reivindicando unha Escola Infantil para Esteiro, en formato -pdf- , do arquivo do Colectivo Ártabra 21.

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________________

Ciclo de Cine en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
3 de março de 2009 17:55


Achegámosvos información do ciclo de cine que a Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" organizamos nos Cines Duplex e que comezan este xoves día 5 de Marzo.

Agradecémosvos a súa difusión e, por suposto, a vosa asistencia.

Asociación veciñal de Esteiro "Fontelonga".

Asdo./ Fernando Naveiras " Fefi"

Cinesteiro
  • Xoves 5 Marzo, 20:00 horas Xoves, proxectara-se: " Suspense"
  • Xoves 12 Marzo, 20:00 horas , proxectara-se: "A parada dos monstros"
  • Xoves 26 Marzo, 20:00 horas, proxectara-se: "O Cebo"
  • Xoves 2 Abril, 20:00 horas, proxectara-se: "A Escaleira de Caracol"

Organiza: Asociación veciñal de Esteiro "Fontelonga"

Todas as proxecións terán lugar no Cine Duplex de Esteiro, as 8 da Tarde

[Clicar acima das imanes para ampliar]

ESTEIRO-FERROL

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal
__________________

mércores, febreiro 25, 2009

Ciclo cine en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
24 de Fevereiro de 2009 19:27


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Enviámosvos cartel anunciador do ciclo de cine que a Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" imos realizar durante catro xoves, tres de marzo e o primeiro xoves de abril, nos cines Duplex de Esteiro con entrada de balde.

Agradecemos a difusión do mesmo e estades convidados
____________________