Amosando publicacións coa etiqueta Foro Social de Ferrol Terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Foro Social de Ferrol Terra. Amosar todas as publicacións

luns, setembro 26, 2011

Galería Fotográfica das mesas e asembleia da xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das dúas últimas mesas da Xornada


A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu dúas mesas e unha asemblea en Xornada de mañá:

"Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?", presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres e que interviñeron: Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño; Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Teo; Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.

"Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?", presentada por Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres, na que interviñeron: Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego; Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo; Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS).

O Colectivo Opaii! de Rádio Filispim restramiteu en directo o Foro Social. A continuación publicamos os audios das dúas últimas: un sobre "Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? ...", e outro sobre "Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? ...", máis adiante publicaremos os audios das asembleais, pode-se acceder aos mesmos no sitio na rede do Colectivo: http://opaii.blogspot.com/


O Consello Local do FSdeFerrolTerra, tamén publicará na rede, os vídeos das Mesas, do cal daremos conta, no momento da súa edición e o notificaremos por correo-e a todas as persoas inscritas no Foro e a aquelas que no-lo soliciten.


Áudios


Mesa 5: "Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?"



Descargar o audio


Mesa 6: "Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?"



Descargar o audio
_______________

Galería Fotográfica das mesas e asembleias do Foro Social de Ferrol Terra da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde


A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu catro mesas e dúas asembleas:

"O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M", presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres. E na que interviñeron: Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas; Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol; Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.

"Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", presentada por Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal, na que interviñeron: Lois Rodríguez Martínez, cofundador da Asociación de Medios en Galego; Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, foi redactora da revista Tempos Novos; Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).

"Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento", presentada por Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia, na que interviñeron: Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista; Manuel Rivera Iglesias, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria; Isabel Vilalba Seivane, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.

"Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?", presentada por Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG, na que interviñeron: Merche Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista; Silvia Bermúdez Pérez, sindicalista da CIG, licenciada en dereito, vinculada á FESGA; Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia; Vitoria Iglesias Morales, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

O Colectivo Opaii! de Rádio Filispim está restramitindo en directo o Foro Social. A continuación publicamos os audios das catro primeiras mesas: un sobre "O Movemento 15-M , que hai de novo? ...", e outro sobre "Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético" e "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? ...", máis adiante publicaremos todos os audios incluidos os das asembleais, pode-se acceder aos mesmos no sitio na rede do Colectivo: http://opaii.blogspot.com/


O Consello Local do FSdeFerrolTerra, tamén publicará na rede, os vídeos das Mesas, do cal daremos conta, no momento da súa edición e o notificaremos por correo-e a todas as persoas inscritas no Foro e a aquelas que no-lo soliciten.


Áudios


Xornada de Mañá


Mesa 1: "O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M"



Descargar o audio


Mesa 2: "Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?"



Descargar o audio


Xornada de Tarde


Mesa 3: "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento"



Descargar o audio


Mesa 4: "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?"



Descargar o audio
___________

As actuacións musicais no Foro Social de Ferrol Terra do venres 23 de Setembro de 2011 - Vídeos

Foro Social de Ferrol Terra
Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011

Actuación Musical

O venres 23 de Setembro de 2011, unha vez rematada a manifestación deu comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finalizou a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao,  e  Memela d'As Cantareiras de Trasancos..

A continuación presentamos os videos das actuacións:

Memela d'As Cantareiras de Trasancos



"Manolo Bacallao"



"Fefi"



Jorge Mirancos



Cantando os catro Grândola Vila Morena



Canle do Foro Social de Ferrol Terra:
http://www.youtube.com/user/FSdeFerrolTerra


Enlaces relacionados con "Así foi o Foro social de Ferrol Ferra":

Galería Fotográfica das mesas e asembleia da xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das dúas últimas mesas da Xornada

Galería Fotográfica das mesas e asembleias da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde

Galería Fotográfica dos actos do 23 de Setembro de 2011- Manifestación e Concerto - Áudio da retransmisión en directo desde Rádio Filispim
______________

sábado, setembro 24, 2011

Foro Social de Ferrol Terra - Galería Fotográfica dos actos do 23 de Setembro de 2011 - Audio da retransmisión en directo desde Rádio Filispim


Deu comezo o Foro Social de Ferrol Terra, este 23 de Setembro, cunha manifestación e unha actuación músical

Máis dun cento de persoas transcorreron polas rúas de Ferrol, baixo o lema "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida", a manifestación partiu de Esteiro e rematou no Cantón de Ferrol onde, varias persoas, leron un manifesto e posteriormente comezou a actuación músical, con voces indignadas e comprometidas como as de Memela  d'As Cantareiras de Trasancos, Manolo Bacallao, Fefi e Jorge Mirancos.

Audio de Rádio Filispim:



Descargar o audio

Fonte do Áudio: http://opaii.blogspot.com/2011/09/programa-especial-manifestacion-foro.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/
______________________

mércores, setembro 21, 2011

Programa do Foro Social de Ferrol Terra que se vai celebrar os días 23, 24 e 25 de Setembro

PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL
Foro Social de Ferrol Terra
Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011
Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC

O Venres 23 de Setembro, está previsto celebrar unha Manifestación ás 19:00 hs. e posteriormente unha Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participaran voces indignadas e comprometidas.

Nota: A manifestación non estará convocada polo Foro Social, senón polas organizacións promotoras do Foro [*] e quen se quixera somar.


Programa para o Foro Social de Ferrol Terra.

A dinámica do Foro será, exposición de dous temas, con descansos de 15 minutos, e debate deses temas en asemblea.

A continuación relacionamos as distintas mesas de exposición cos seus relatores e relatoras. Hai que lembrar que as mesas teñen como obxectivo introducir-nos no tema de debate e achegarnos a outras experiencias, ou a visións globais que nos permitan logo, na asemblea, realizar un debate frutífero que serva para os obxectivos do Foro Social: fomentar diálogos, propiciar dinámicas de colaboración, criar alternativas e redes para a acción local.


SÁBADO 24 de Setembro


09:30 hs.

O Movemento 15-M , que hai de novo?
Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo “democrático” actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M.
  • Presenta a Mesa: Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres. 
Mesa:
  • Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas. 
  • Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol.
  • Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.

10:45 hs.

Descanso 15 minutos


11:00 hs.

Son posíbeis outros medios de comunicación?
Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?
  • Presenta a Mesa: Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal.
Mesa:

12:15 hs.

Descanso 15 minutos


12:30 hs.

ASEMBLEA


14:30 hs.

Xantar (1 hora e 30 minutos)


16:00 hs.

Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético.
A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.
  • Presenta a Mesa: Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxéncia.
Mesa:
  • Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista.
  • Manuel Rivera, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria.
  • Isabel Vilalba, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.

17:15 hs
.

Descanso 15 minutos


17:30 hs.

Como podemos frear a perda de dereitos? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?
  • Presenta a Mesa: Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.
 Mesa

18:45 hs
.

Descanso 15 minutos


19:00 hras a 21:00 hras.  

ASEMBLEA

 
DOMINGO 25 de Setembro


09:30 hs
.

Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?
  • Presenta a Mesa: Magdalena González, presidenta da Asociación Veciñal de Prioriño, activista pola democracia participativa.
Mesa:

10:45 hs
.

Descanso 15 minutos


11:00 hs
.  

Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?
  • Presenta a Mesa: Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
Mesa:
  • Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego.
  • Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo.
  • Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS).

12:15 hs
.

Descanso 15 minutos


12:30 a 14:30 hs
.  

ASEMBLEA

-------

[*] Promoven e organizan un grupo de entidades da Comarca que veñen participado no Consello Nacional do Foro Social Galego, como son a Marcha Mundial das Mulleres; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol; Foro Galego de Imigración; Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia. Entidades ás que se sumaron o Colectivo OPAII -Ondas Para Activación Información Independente | Rádio Filispim no 93.9 da FM -radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos; a Asociación Veciñal de Esteiro.; e a  Rede de Converxencia Social "Praza Pública". E a nivel persoal Lucia Vizoso Amado, Alexandre Carrodeguas, Francisco Maceira Rodríguez e Begoña Maira Benítez.

Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/
______________

Manifesto do Foro Social de Ferrol Terra que acompaña á manifestación e ao concerto que se vai celebrar na tarde do Venres 23 de Setembro de 2011

MANIFESTO

Outra Comarca,
outra Democracia,
outra Vida


A unha comarca profundamente afectada polo desemprego, a destrución medio ambiental, como sucede coa nosa Ría, e a perda de poboación, chegan a diario mensaxes que falan de crise, de que hai que facer sacrificios, de que non hai recursos. Chegan a diario mensaxes de que a impunidade da corrupción e o cansazo, se teñen instalado en moitas institucións, onde a democracia leva tempo perdida entre corredores. Chegan a diario mensaxes que falan de seres humanos que, a milleiros, son vítimas da fame ou das guerras. Chegan a diario mensaxes que falan de que un anaco de terra ou de ceo perdéronse para sempre, na ambición destrutora e contaminante.

Algo ou alguén, está interceptando outras mensaxes, que non dan chegado.

As mensaxes que explican como facer realidade o reparto da riqueza. As mensaxes, que nos indican outros modelos económicos e sociais, onde nos poñamos a salvo do capricho e a voracidade dos chamados mercados. As mensaxes que explican como resgardar e conquistar os dereitos, que como persoas, nos corresponde exercer e gozar. As mensaxes que denuncian o secuestro das institucións e os mecanismos que rouban o poder delegado nas mesmas.

Son estes, días nos que amencemos con dereito á sanidade, á educación, a prestacións sociais, a pensións... e, entre lusco e fusco, nolos arrebatan, nunha permanente chantaxe.

Son estes, días nos que as palabras seguridade, tranquilidade, futuro... só existen nos cartaces publicitarios, e non acompañan dereitos básicos como a vivenda, a alimentación, o traballo.

Sabemos quen está ditando as normas desta orden antisocial, deste capitalismo que se lanzou á conquista dos nosos dereitos para convertelos en oportunidades de negocio.

Sabemos que os bancos, as grandes corporacións, e as institucións das que se serven, Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Organización Mundial do Comercio, Banco Central Europeo e Comisión Europea, son contrarios ao noso dereito á vida e non dubidan un día tras outro, en violar o equilibrio que a propia vida precisa para desenvolverse, nesta comarca e no planeta.

Tamén sabemos que son moitos e moitas os que traballan, responden e se organizan para frear e subverter esta situación. Aínda que ás veces poda parecer, que deambulen sen verse, sen atoparse. Semella que non nos ouvimos . Que non recoñecemos a quen, coma nós, non quere este sistema inxusto e destrutor. Cada quen, desde a súa identidade, desde as diferenzas. Aínda non somos quen de saír do noso propio espazo para incorporarnos a espazos colectivos cada vez máis amplos e dinámicos que sexan quen de “parar a maquinaria”.
Temos que saber que, no pequeno espazo desta comarca, non estamos sós. De Norte a Sur, de Leste a Oeste, un grito unánime recorre o planeta. Un grito que chama a parir unha nova era, unha oportunidade para a Paz, para a Xustiza, para a Democracia, para a Igualdade e para a Liberdade. Unha nova e última oportunidade para a nosa comarca, para o planeta e para as xentes e criaturas que o habitamos. Unha nova e última oportunidade de xestar un outro mundo.

Nós, cidadáns e cidadás reunidos no Foro Social de Ferrol Terra, comprométemo-nos a que estes dous días de reflexión, debate e propostas para acción, sexan un impulso eficaz para a asunción de valores como a complementariedade, e a colaboración. Un espazo para a consolidación do traballo colectivo. Para ser quen, de construír outra COMARCA, outra DEMOCRACIA e outra VIDA.

Ferrol Terra, 23 de setembro de 2011

forosocialdeferrolterra@gmail.com

http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/


Actos

Manifestación
Venres 23 de Setembro, ás 19:00 hs.

Baixo o lema "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida", terá lugar unha manifestación, en Ferrol, dos movimentos sociais, que partirá ás 7 da tarde desde o Campus de Esteiro, entre o edificio do Vicerreitorado e o Pavillón Deportivo, na esquina da Rúa San Ramón con Doutor Vázquez Cabrera. A Manifestación que transcorrerá por diversas rúas de Ferrol, rematará no Cantón, diante do Palco da Música, onde terán lugar diferentes intervencións.
[Ver Mapa]

Actuación Musical
Venres 23 de Setembro, ás 20:30 hs.

Unha vez rematada a manifestación dará comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finaliza a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao, María Manuela  e As Cantareiras de Trasancos.


Foro
Sábado e Domingo, 24 e 25 de Setembro, desde as 09:00 hs.

PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL
Foro Social de Ferrol Terra
no Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC.

PROGRAMA DO FORO  -


Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

______________

Rolda de Prensa da Comisión Organizadora do Foro Social de Ferrol Terra


Foi presentado o Foro Social de Ferrol Terra, en Rolda de prensa no Pazo Municipal do Concello, hoxe Mércores 21 de Setembro, ás 12 do mediodía. Foro Social que terá lugar o Venres 23 -en diferentes rúas e prazas de Ferrol, e o 24 e 25 -Sábado e Domingo, no Campus Universitario de Esteiro da UDC. Baixo o lema: "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida" transcorrerá a manifestación e o Concerto do Venres 23-S e “Pensando no global, actuando no local”, será o lema do Foro que terá lugar o Sábado 23 en sesións de mañá e tarde e o Domingo 25 en sesión de mañá.

As compañeiras Susana Alaníz de A.C. Fuco Buxán e Bárbara Primo da Marcha Mundial das Mulleres, acompañadas dunha representación das entidades e persoas organizadoras, presentaron ante deferentes medios de comunicación, O Programa e Obxectivos do Foro Social.

O "Foro Social de Ferrol Terra" pode ser o espazo que nos permita ás organizacións e activistas, un encontro de reflexión en común e unha oportunidade para criar dinámicas de colaboración. Esta colaboración fai-se imprescindible, frente á ofensiva que o capital nos ten preparado para este outono en Europa, e que tamén na nosa comarca, ten a súa expresión nos distintos proxectos que emanan das novas corporacións, e que debemos afrontar.

Audio cedidido por Rádio Filispim -93.9 da FM- e agora en directo na Rede.



Descargar o audio

Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/
_________________