Amosando publicacións coa etiqueta Loita Feminista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Loita Feminista. Amosar todas as publicacións

domingo, xuño 04, 2023

Concentración en Ferrol e n'As Pontes, como en moitas cidades e vilas da Galiza, en repulsa polo asasinato machista de Vanesa en Mougás, Oia - Mobilizacións contra o feminicidio, este luns 5 de xuño, ás 8 da tarde na Praza de Armas e ás 8 e 1/2 na Praza do Hospital


Desde o feminismo galego chamamos a mobilizarnos masivamente para dar resposta ao feminicidio deste sábado 5 de xuño en Mougás, concello de Oia.

Concentración asasinato machista

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, ante o asasinato, o pasado domingo en Oia, de Ana Vanesa, chamamos a mobilización para dar resposta a esta nova agresión criminal e machista contra as mulleres.

Día: Luns 5 de xuño
Hora: ás 8 da tarde.
Lugar en Ferrol: Praza de Armas.
Hora: ás 8 e 1/2 da tarde.
Lugar n'As Pontes: Praza do Hospital.

Nin un paso atrás contra a violencia machista!

#MachismoMata #BastaDeViolencia #Feminicidio #NenUnhaMáis #NenUnhaMenos #FeminismoParaResistir #FeminismoParaVivir #QuerémonosVivas
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
4 de junho de 2023 às 21:27

_______

Novo asasinato machista na Galiza - A muller asasinada, recibiu varios disparos cando saía de traballar tras finalizar a súa xornada laboral


Novo asasinato machista na Galiza

UNHA MULLER ASASINADA EN OIA NA TARDE DESTE SÁBADO, POLA SÚA EXPARELLA, QUE TIÑA UNHA ORDE DE AFASTAMENTO

A muller asasinada, traballadora da limpeza do cámping, recibiu varios disparos cando saía de traballar tras finalizar a súa xornada laboral.

Os feitos producíronse á primeira hora da tarde do sábado nas inmediacións do cámping O Muíño, situado na parroquia de Mougás, ao pé da estrada que une Baiona e A Guarda.

O asasino escapou, foi encontrado escondido no monte, mais non se entregou e pasadas as 10 da noite pegouse un tiro.

O asasino era guardia civil, ao que se lle retirara a arma regulamentaria, e só facía funcións administrativas.

 Este maltratador e asasino tiña unha orde de afastamento de 300 metros da vítima e a prohibición de comunicarse con ela.

A vítima era natural de Lugo e vivía no municipio desde facía pouco tempo "acollida" por unha veciña.

Este sería o segundo crime machista ocorrido na Galiza este 2023 tras o asasinato dunha muller en Baiona o pasado mes de febreiro polo que foi detida a súa ex parella.

Galiza ten activos máis de 4.000 casos de vítimas de violencia machista
A Delegación do Goberno español informou que hai 688 as mulleres vítimas de malos tratos na Galiza usuarias do servizo de atención telefónica 24 h 'Atenpro' e 113 maltratadores condenados están vixiados permanentemente con dispositivos de control telemático.

Fonte: Nós Diario
https://www.nosdiario.gal/
_______

venres, marzo 03, 2023

A Marcha Mundial das Mulleres: este 8 de Marzo de 2023, por uns servizos públicos para mellorar a vida das mulleres - A manifestación de Ferrol sairá, o mesmo mércores 8 de marzo, ás 8 da tarde, desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta



En Ferrol como nas outras cidades da Galiza, terá lugar unha manifestación que partirá, o mesmo mércores 8 de marzo, ás 8 da tarde, desde a praza Amada Garcia (diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

O 2023 non é un ano calquera. Enfrontamos, a diario, ataques e agresións a un estado de benestar que se derruba por momentos.

Enfrentamos tamén unha economía galega ao servizo de intereses alleos a Galiza. Como resultado das últimas crises fica desaparecido o suposto papel protector do sistema público de servizos sociais e a importancia dos servizos públicos no sistema capitalista vese relegada a un segundo, terceiro ou cuarto lugar.

Levamos moitos anos denunciando o desmantelamento dos servizos públicos fronte ao lucro do grande capital, alertamos das reformas, da queda do público fronte o privado. A resistencia feminista continua alerta na Galiza. Por iso nós, da Marcha Mundial das Mulleres, dicimos: Servizos públicos para mellorar a vida das mulleres!

Estas son as nosas exixencias inmediatas!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
inacioGZ
-inaciogz@gmail.com-
2 de março de 2023 às 22:31
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
3 de março de 2023 às 11:56

mércores, febreiro 08, 2023

Concentración en Ferrolterra, como en moitas vilas e cidades da Galiza, en repulsa polo asasinato machista de Beatriz Lijó en Baiona - Mobilizacións contra o feminicidio, este mércores 8 de febreiro, ás 8 da tarde


Desde o feminismo galego chamamos a mobilizarnos masivamente para dar resposta ao feminicidio deste domingo 5 de febreiro en Baiona

Concentración asasinato machista

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, ante o asasinato, o pasado domingo en Baiona, de Beatriz Lijó, chamamos a mobilización para dar resposta a esta nova agresión criminal e machista contra as mulleres.

Día: Mércores, 8 de Febreiro
Hora: ás 8 da tarde.
Lugar: Praza de Amada García (Diante do Edificio da Xunta de Ferrol).

Nin un paso atrás contra a violencia machista!

#MachismoMata #BastaDeViolencia #Feminicidio #NenUnhaMáis #NenUnhaMenos #FeminismoParaResistir #FeminismoParaVivir #QuerémonosVivas
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
7 de fevereiro de 2023 às 17:37

_______

mércores, novembro 30, 2022

Concentración en vilas e cidades de toda Galiza ante un novo asasinato machista - En Ferrol, o vindeiro 1 de decembro, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia



Concentración asasinato machista

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, ante o asasinato, o pasado domingo en Lugo, de Cristina Cabo Buján, chamamos a mobilización para dar resposta a esta nova agresión criminal e machista contra as mulleres.

Día: Xoves, 1 de Decembro
Hora: ás 8 da tarde.
Lugar: Praza de Amada García (Diante do Edificio da Xunta de Ferrol).

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de novembro de 2022 13:24

_______

mércores, outubro 26, 2022

Camiñando cara o 25N - Conversas Feministas da Marcha Mundial das Mulleres - Acto no Centro Cívico de Canido - Xoves 27 de outubro, ás 7 da tarde


Camiñando cara o 25N - Conversas Feministas da Marcha Mundial das MUlleres - Acto no Centro Cívico de Canido. Xoves 27 de outubro, ás 7 da tarde

Coordenadora Local de Ferrol e comarca

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
24 de outubro de 2022 21:46

_______

venres, xuño 03, 2022

Justicia, Riquiescat In Pace, ... Por Estrela Gómez Viñas - Á nosa compañeira María Salmerón seralle arrebatada a súa liberdade contravindo todos os principios da Xustiza con maiúsculas


Si algunha vez houbo un leve sopro de verdade na palabra xustiza hoxe hase esfumado definitivamente. Nos próximos días o sistema xudicial, co beneplácito do aparello institucional do goberno, cometerá o maior dos latrocinios. Á nosa compañeira María Salmerón seralle arrebatada a súa liberdade contravindo todos os principios da Xustiza con maiúsculas. O movemento feminista e de dereitos de infancia non deixou de dirixirse ao goberno pedíndolle que parase esta atrocidade e, ou non responderon ou o fixeron con palabras ocas. Esta semana decatámonos de que a mesma Ministra que despachaba a solicitude de indulto de María Salmerón co cacarexado "impedimento legal" por reincidencia denegou-lle en abril deste ano a cancelación dos antecedentes penais. A quen pretende enganar este goberno? Chamemos a cada cousa polo seu nome. Alguén nalgún lugar alá no alto debeu decidir que si se deixaba a María Salmerón saír ilesa sentaría precedente e moitas outras mulleres serían máis valentes para protexer aos seus fillos e fillas, máis mulleres desobedecerían sentenzas nas que se expuxese aos seus fillos e fillas a proxenitores violentos. Coñecemos a estratexia, seguímola sufrindo década tras década, a "educación" das mulleres a través do medo, o maltrato institucional como forma de control.

"Estamos fartas de que mentres organismos internacionais como a ONU tíralle das orellas a España por un sistema xudicial no que o machismo segue campando ás súas anchas"

Estamos fartas de que mentres organismos internacionais como a ONU tíralle das orellas a España por un sistema xudicial no que o machismo segue campando ás súas anchas (desculpen as xuízas e xuíces feministas pola xeneralización) en casa seguimos deixando que todo siga exactamente igual. Ata os cumios de que se aproben leis novas que quedan en papel mollado porque non son suficientemente claras para tirar abaixo décadas de aplicación do SAP (só fai falta revisar a xurisprudencia aplicable ou a Circular do ano 2009 da FGE sobre o testemuño de nenos e pícaras vítimas) ou porque ningún goberno concretounas e dotado de recursos. Estamos encabuxadas, non hai outra palabra, porque o goberno ao que se lle enche a boca dicindo que os fillos e fillas de vítimas non terán que visitar ás súas proxenitores é o mesmo que permitirá que a nosa compañeira sexa feita prisioneira, ¡nunca máis chamarémola presa!.

Todo o sistema actuou durante 20 longos anos para cobrarse a súa presa. Coas garras do SAP. Recorda o xogo sádico do gato que non asesta o golpe mortal á súa vítima, posterga o final, regozixa-se nel, aínda que, por suposto a súa presa non ten desde o principio ningunha oportunidade. Con María Salmerón e coa súa filla Míriam xogaron as institucións dende o minuto cero. Desde o mesmo momento en que se lle di a aquela muller que acaba de saír do maltrato (será necesario recordar que o violento non cumpriu a condena de cárcere porque non tiña antecedentes?) que ela se salva pero a súa filla, un bebecito, non, que a súa filla quédase atrás, baixo o control do agresor. Seguiuno facendo cada vez que ignorou as peticións de axuda de nai e filla e en cada unha das ocasións nas que se aceptaron as denuncias presentadas polo vitimario, evitando ver o obvio, que eran un instrumento máis para manter a María baixo control, esgotala economicamente, irlle quitando ano tras ano de vida. Nada cambiou. Non me digan que se avanzou, non o aceptamos. Isto é tan só o colofón da estratexia máis groseira e ao mesmo tempo máis efectiva do patriarcado nas últimas décadas, a aplicación do SAP e a terapia da ameaza. Por que diso vai o tema, de ameazar, de ameazarnos a todas. Entre as liñas da notificación de ingreso en prisión a María Salmerón vai escrito en tinta indeleble: "isto é o que che pode pasar si denuncias". ¡Que gran sistema xudicial, que grande o seu poder pedagóxico! Por iso, con María nos todas á sombra.

María
, es grande. Loitas cada día por ti, pola túa filla, por todas nós. Cada acto de resistencia hónrache e seguirao facendo. Nós sentímonos impotentes ante tamaña inxustiza, con ese absurdo pero tan necesario escintileo que perdura coa esperanza de que algo suceda ao teu favor no último momento. Esta carta é froito da desazón e non está especialmente ben escrita, pero non hai nada peor que quedarse de brazos cruzados.

Compañeira, estamos contigo. 100.000 almas pediron a túa liberdade e séguenche alá onde esteas. Non nos rendemos, non o faremos xamais.

Publicado en Tribuna Feminista.  | 02.06.2022

[*] Estrela Gómez Viñas. Coordinadora de AGAMME (Asociación Galega contra ou Maltrato a Menores). Profesora de educación secundaria. Mediadora social en prevención do abuso sexual infantil. Relatora e autora de artigos en distintos foros e medios sobre dereitos de infancia.

Enviado por:
Inacio GZ
inaciogz@gmail.com
3 de junho de 2022 08:27

_______