Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

venres, xaneiro 22, 2016

"Lume", de Rebeliom do Inframundo - Vídeo


Quando falamos de Hip Hop de intervenção na Galiza nos últimos tempos, não podemos evitar falar de Rebeliom do Inframundo. Com mais de cen concertos às suas costas e logo de ter partilhado palco com artistas internacionais como Edo. G e estatais como Soziedad Alkoholika, Boikot, Berri Txarrak, R de Rumba (Violadores del Verso), Acción Sanchez (SDFK), Los Chikos del Maíz ou Zoo, a banda está próxima de se constatar como um dos maiores referentes da cena galega de hip hop dos últimos tempos.

Rebeliom do Inframundo são integrantes dos coletivos Track Asedio e Verso Libre. O tema “Lume” faz parte do primeiro trabalho da editora Língua Nativa, uma compilação homónima de 17 músicas com artistas internacionais de países como Angola e Portugal entre outros.

- Artista: Rebeliom do Inframundo.
- Track: Lume.
- Álbum: Língua Nativa - Língua Nativa.
- Videoclip realizado por Alberto Lora.
- Música produzida, misturada e masterizada por Frank (Verso Libre).
- Scratches gravados por Dj Rapu em Mental Skills (Track Asedio).


https://youtu.be/QIrVgXOqNis

Canle Língua Nativa de Independent record label from Galiza.

Ricardo Cascalhar Chantada
Editor discográfico // Língua Nativa

36350 Nigrán
Galiza
rcascalhar@linguanativa.com
www.linguanativa.com

Enviado por:
Ricardo Cascalhar
-RCascalhar@linguanativa.com-
22 de janeiro de 2016 00:38
____________________

xoves, decembro 17, 2015

Profesionais da sanidade pública andaluza realizan a primeira operación para extirpación dun tumor con mapeo cortical da linguaxe musical e paciente esperto - Un músico tocou o saxofón mentres lle extirpaban un tumor cerebral en Málaga - Vídeo


Un músico tocou o saxofón mentres lle extirpaban un tumor cerebral en Málaga

Foi unha intervención pionera que realizaron no hospital público andaluz, Hospital Rexional Universitario de Málaga. Han extirpado con éxito un tumor cerebral a un mozo, músico de profesión, ao que non só lle mantiveron consciente, senón que lle fixeron tocar o saxofón durante a operación, din que para evitar danos.

Só en California en xuño deste ano realizouse unha intervención similar. Agora foi en Málaga, no Hospital Rexional onde se realizou esta operación de neurocirugía a Carlos Aguilera, músico de profesión, que se someteu fai dous meses a unha intervención onde lle extirpaban un tumor cerebral. Tiña que estar esperto durante a operación e, ademais, tocar o saxofón, sedado pero consciente. Os neurociruxanos indicábanlle cando tiña que tocar o instrumento mentres o equipo médico facía un mapeo do cerebro para non danar as zonas que se dedican á música. Tras doce horas de intervención, varios fragmentos de música interpretados por Carlos, como unha suite de Bach e unha peza de jazz, e logo de 8 semanas de recuperación, este mércores o paciente volveu a tocar as mesmas pezas coa mesma beleza. Carlos só ten que poñerse un pano nun dos seus ollos, porque aínda ve dobre nun deles, pero segundo o equipo médico que o trata é temporal e irá desaparecendo co tempo. A anécdota de Carlos é única: poderá contar que el tocou o saxofón mentres estaba na mesa de operacións.


A nova na web do propio hospital público: Ir á Web.

Fonte: Hospital Rexional Universitario de Malaga, Público, TVE e Axencias.
____________

martes, decembro 24, 2013

Videoclip do tema "Berros de Pedra" do grupo NOM


NOM


Creada no 2013 por xente que toca en outras bandas de Ordes (kastoma, chicharo psicótico, electróxeno) , esta a punto de gravar o primeiro traballo, unha demo de cinco temas propios. Diriase que andan entre o heavy e o hardrock mais primitivo pero eso decidirao o publico nos non poñemos etiquetas.

Compoñentes:
  • Soneira (voz)
  • Gael (guitarra)
  • Prego (bateria)
  • Suite (baixo)
Videoclip do tema "Berros de Pedra" do grupo NOM que agradecen a  Mou (rapapoulo estudios) a súa paciencia e a Jacobo polo seu traballo de montaxe, e a todos o que fixeron posible esta gravación: "A loita continua: contra a mina de corcoesto contraminacion".


http://youtu.be/m91xfj6yGJ0


Fonte: http://musicaengalego.blogspot.com.es/
____________

martes, xuño 25, 2013

XX Festival do Río Castro - Sábado 6 de Xullo de 2013


XX Festival do Río Castro -  Naraío - San Sadurniño.
Sábado 6 de Xullo de 2013, desde as 12 do mediodía.

No Lugar da Bola en Naraío, ao pé do Río Castro:
  • Ás 12h chegada de merendas.
  • Ás 15:30h Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
  • Ás 17:30h Magín Blanco "A Nena e o Grilo nun barquiño" Coa colaboración de Ghazafelhos.
  • Ás 18:30h Campionato de deporte popular tiro de corda,serrado de tronzador e chave.
  • A partir das 22:30h.
  • Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño.
  • A Requinta da Laxeira.
  • Zurrumalla.
  • Os Rastreros de Chantada.
A festa está asegurada,vide a Narahío e gozade do Festival.

https://www.facebook.com/ocastelonarahio

Evento no facebook
:
https://www.facebook.com/events/431447813619050/
__________

xoves, agosto 23, 2012

A policía detén o rapeiro mallorquín Valtonyc polas letras das súas cancións

Tras varias horas en comisaría, Josep Miquel Arenas, Valtonyc, foi posto en liberdade mais con cargos

Non é algo novo no Estado español. Sábeno ben desde grupos de música como Negu Gorriak, Reincidentes ou SA até pallasos como Pirritx eta Porrotx. E cómpre non esquecer a Suso Vaamonde. As letras do que cantas pódenche crear problemas, e non poucos. Vén de sabelo, hai unhas horas, un rapeiro de Mallorca,  Josep Miquel Arenas, Valtonyc, que foi detido pola policía española por mor do que canta, letras contundentes contra a monarquía, a clase empresarial... Todo iso en catalá, claro, máis un 'valor' á hora de ser sospeitoso. Foi posto en liberdade e imputado de dous delitos.


Segundo informan diversos medios, a detención do rapeiro deriva da denuncia da organización Círculo Mallorquín, que considera que as letras do artistas aldraxan diversos estamentos e entidades do Reino de España, alén de entenderen que ameaza de morte varios dirixentes do Círculo. Segundo relata no seu twitter o propio  Valtonyc, unha vez saído da comisaría, os policías ameazárono: "Tu y tu amigo Pablo Hassel (outro rapeiro combativo) lo vais a pagar caro".

No vídeo que acompaña a noticia, o rapeiro balear leva unha camisola do grupo galego de rock proletario Mencer Vermello.


Fonte: Sermosgaliza

sábado, agosto 11, 2012

Os músicos ‘Mini’ e ‘Mero’, activistas da recuperación da memoria histórica, recibirán o VI Premio Día da Galiza Mártir que outorga a Fundación Alexandre Bóveda


Os músicos Xosé Luís Rivas Cruz ‘Mini’ (Begonte, 1951) e Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio ‘Mero’ (Vilalba, 1951), activistas da recuperación da memoria histórica ao servizo da cal puxeron o seu quefacer musical en solitario ou como membros de Fuxan os Ventos e A Quenlla, recibirán o VI Premio Día da Galiza Mártir que outorga a Fundación Alexandre Bóveda.

O acto de recoñecemento e entrega levarase a cabo no xantar do propio día da Galiza Mártir, o 17 de agosto, en Pontevedra. Todos aqueles que estean interesados en participar poderán facelo poñéndose en contaco coa fundación organizadora.

Fonte: propia e de  http://www.gaiteirosgalegos.com
____________

mércores, xullo 04, 2012

Festival Folk na Praza do Inferniño - Venres 6 de Xullo - I Festival InferniñoFolk - Actuan: 'Alen de Ancos' e 'Estimaba que Viñeras'


A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño  e a Asociación Cultural Terra Meiga, organizamos un FESTIVAL FOLK para o vindeiro VENRES, día 6 a partir das 8 h da tarde no Palco da Música da Praza do Inferniño.

Neste  Festival I INFERNIÑOFOLK, contaremos cos Grupos de música folk "ALÉN DE ANCOS"  e  “ESTIMABA QUE VIÑERAS”, coa colaboración da Deputación provincial d´A Coruña, dentro da programación de cultura e o concello de Ferrol.

Alén de Ancos

Alén de Ancos é un grupo de Ferrol en constante actualización desde o seu nacemento no 2007. Despois de diversas probas musicais, o estilo defínese como FolkFusión dada a mestura de cancións tradicionais con outras de composición propia.

Levando as rendas da sonoridade musical temos whistles e uilleann pipe, sempre apoiados nos acordes de guitarra e piano, e seguindo os ritmos de bodhran e caixón.
Esta nova agrupación naceu coma un ‘hobby’ para un grupo de amigos que se coñeceran no seo de diferentes entidades e bandas da comarca. Pouco a pouco, e tras moitas horas de ensaio, déronlle forma ó seu son ata elaborar un estilo propio.

A traxectoria musical do grupo comeza coas actuacións esporádicas en pequenos locais e festivais cercanos a Ferrol, ata consolidarse definitivamente con un concerto no XII Quantum Music Festival organizado polos alumnos da Facultade de Física de Santiago de Compostela, aló polo 2008.

Despois deste gran debut coma grupo propiamente dito, participamos na inauguración dos “Mércores Folk” da xa clausurada Sala RunRum; Contratáronnos coma músicos-actores no Asalto ó Castelo de Monterrei (Ourense), dous anos consecutivos; Colaboramos no “Festival Benéfico En Feminino” organizado por AECOFE no 2008; Quedamos como semifinalistas no Concurso Escenario PRAU 2010 de Cantabria; Entre outras actuacións, tamén tocamos  en lugares como Neda (Belelle Folk 2009), Lires (Cee 2011), Carballo (2011), e San Sadurniño (San Pipote 2011).

Destacamos neste ano:
  • Ferrol Lidera 16 Marzo 2012 (Ferrol). Accésit 100 €.
  • Finalistas Proyecto Runas 2012 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
  • Festival Irmandiño de Moeche
Actualmente teñen unha nova maqueta gravada co persoal técnico de Groove Punch Studios e así ter máis oportunidades á hora de solicitar novas actuacións.

Os integrantes de Alén de Ancos son: Pablo Díaz [Gaita e Whistles]],  Fausto Escrigas [Saxo e Whistles], Rubén Gómez [Guitarra], Aitor Rodríguez [Percusións], Iago Casal [Teclado], Carlos Caaveiro [Uilleann pipe], e Dolores Melgar [Pandeireta].

Recomendamos que visiten a páxina: www.facebook.com/alendeancos

Contacto: alendeancos@gmail.com


Estimaba que Viñeras


O Grupo Folc “ESTIMABA QUE VIÑERAS” (Música folk con ritmos de rock e blues) nace alá polo ano 2007 en San Xoan de Piñeiro, Mugardos.

A súa música é unha mistura de pezas de gaita tradicionais co poemario galego e propio do noso país todo isto acicalado cun toquiño rock que lle aporta carácter á festa.

Os compoñentes veñen de distintos estilos musicais, o que lle aporta diversidade ao repertorio.

Ante todo son un grupo de amigos que gostan da música do país.

Contan xa cunha ampla cantidade de actuacións entre as que caben destacar algunhas de relevancia: "FESTIFOLK SAN XOAN DE PIÑEIRO" en Mugardos, "FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA" no Muiño de Pedroso-Narón (Agora a edición deste ano vai-se celebrar no Paseo do Río Xuvia en Narón), "FESTIVAL ANTROSPINOS" en Taragoña-Riaxo, "FESTIVAL SOLIDARIO, UNHA MAN POR HAITÍ" en Pontedeume, no "FESTIVAL IRMANDIÑO" de Moeche e nun sinfín de actuacións en festas e sociedades culturais da nosa bisbarra.

Son: Carliños, Tino, Andrés, Moncho, Mon (fundadores e cando que eles queiran Rubén e Serxio Platas), ademási o novo e flamante Guitarrista Gabi, e o estelar acordeoanista Diego Feal.

Saúdos

asdo. Xose M. Sanxoán
asdo. Basilio Baamonde

Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
3 de julho de 2012 23:04

_______________