Amosando publicacións coa etiqueta Masa Crítica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Masa Crítica. Amosar todas as publicacións

martes, febreiro 24, 2009

Pedaleando: Masa Crítica, Xoves 26 de Febreiro desde o Inferniño

Como todos os últimos Xoves de cada mes, pedaleando coa Masa Critica Ferrolán, este 26 de Febreiro, ás 20:15 hras, desde a Praza do Inferniño en Ferrol sairá a marcha en bici, non faltes, é unha convocatoria aberta a toda persoa que queira reivindicar un medio de transporte saudábel.

A Masa Crítica, é unha reunión de ciclistas que se reunen unha vez ao mes. En miles de cidades e pobos do mundo, un grupo de ciclistas saen en marcha para reivindicar o uso da bici como medio de transporte saudábel e non contaminante.

Usa a bici todos os días, celebrao unha vez ao mes !
_________

sábado, setembro 27, 2008

Hoxe en Ferrol: II Masa Crítica Galega, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras

From: Linux Ferrol -linuxferrol@gmail.com-
Date: 2008/9/26
Subject: Pasao: Convocatoria da MASA CRITICA GALEGA Sábado 27 Ferrol
To: masacriticaferrol@bicis.info



Enviamos a seguinte convocatoria:

II Masa Crítica Galega

Ferrol, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras



Este sábado ás 12:00h sairá do peirao de Ferrol a II Masa Crítica Galega que convoca a ciclistas de toda Galiza para facer un percorrido urbán por rúas de ferrol e narón.

Para máis información sobre esta convocatoria podedes visitar:
www.bicis.info





masa_galega_08.png.jpeg

O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferol. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!.
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes" Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

En Galicia celébranse nas seguintes cidades:
  • A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita. Ver foro
  • Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza de Galicia. Ver foro
  • Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América. Ver web
  • Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios. Ver blog
  • Ponteareas. Todos os últimos venres de mes ás 20:00 na Praza da igrexa. Ver blog / Ver foro
  • Ferrol. Os últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño Ver foro
A masa crítica galega do 27 supón o segundo encontro a nivel galego de ciclousuarios e ciclousuarias , organizado neste caso polos participantes da Masa critica de Ferrol. O anterior foi en Compostela.

A saída desta II Masa Crítica Galega será o 27 de setembro ás 12:00 dende o peirao de Cruxeiras con este percorrido

Xa está aquí !!!!
Mañá vai ser un día de festa para todas as galegas e galegos: día nacional de reivindicazón do transporto ecolóxico, divertido, saúdabel, que fai as rúas máis humanas, que respecta a todas e a todos, que coida do meio...
E isto vai pasar no noso Ferroliño.

'DEIXA O CARRO
E COLHE A BICI'.

Xa che teño encamiñado correos da masa crítica ferrolá, así que aforro explicar de que vai o tema. Dígoche somentes que imos facer unha rotiña urbana, xantar logo todas xuntas no parque de Esteiro, onde está o 'L', falar sobre a mobilidade, facer xogos populares, e rematar con unha REPICHOCA!!
  • - O percurso que imos facer é duns 10 quilómetros, e calculamos que, indo mooooi paseniño, tardaremos perto de unha hora e un cuarto en o andarmos. Combinamos pra nos vermos ás 12 da mañá no peirao de Curuxeiras (no porto, ao pé de onde atracaban a lancha de Mugardos)
  • - Conviña que cadaquen trouxese algo para o xantar, como un bocata, ou algo de froita... para compartillarmos todos (en plan romaría de mantel a cuadros, desas de toda a vida, pero non é preciso que o mantel teña cuadros). Pódese deixar antes da rota no centro social (no de Artábria), para non o termos que carrexar todo o tempo
  • - O debate vai ser ás 4 e 1/2 no centro social da fundazón (Artábria). Nel collen os meios de transporto públicos, o carril-bici, o papel das administrazóns, as normas de tránsito... e todo canto vexamos relacionado.
  • - Para os xogos populares tornamos ao campeiro do 'L'. Imos ter, en principio, carreiras de sacos, tiro da corda, xogo da chave, billarda, lombas, chapa, arriba facu, lombas... e tódolos que nos acorden entre todas e todos!!!
  • - A repichoca pode ser tremenda, haise que animar a traer cadaquen algún instrumento que teña na casa. Valen as garrafas de anís para rascar (digo rascar cun pau e facer música, polo do relevo en cuadradiños, non rascar-nos a beber no anís!!!!), pandeiretas, axóuxeres, cunchas... o que tiverdes, que todo vale!, e veña a tocar e a cantar todas e todos!!! Podemos deixar tamén os instrumentos no centro para non pedalearmos con eles ao lombo.
  • - IMPORTANTÍSIMO!: temos sitio para durmir, no pavillón deportivo do colexio de Esteiro (mesmo a caronciño de todo o resto de actividades), e máis tamén podemos empregar as duchas e vestiarios, así que xa non hai razón ningunha para non vir.
Sómate ás ciclousuarias/os-ou-biciclistas-ou-pedaleantes de toda Galiza, pero ven con gana de festa, porque ímola armar!!

Unha aperta enorme

Para máis información sobre esta e máis outras convocatorias podedes visitar:
www.bicis.info
________

xoves, xullo 31, 2008

Nova convocatoria da Masa Crítica, como todos os últimos xoves de mes, este Xoves, 31 de Xullo, ás 20:15 hrs, no Palco da Música da Praza do Inferniño

Nova convocatoria da Masa Crítica Ferrolán, como todos os últimos xoves de mes, este Xoves, 31 de Xullo, ás 20:15 hrs, no Palco da Música da Praza do Inferniño

Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes
_______

The Return of the Scorcher

O lexendario documentario que supostamente deu orixen ao térmo “masa crítica” no ciclismo urbano.


____________

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.

Mais info en: www.bicis.info

masacriticaferrol@gmail.com

Animádevos a participar e axudade nos a difundir esta convocatoria

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

MasaCritica Ferrol
-masacriticaferrol@gmail.com-
__________

venres, xuño 27, 2008

Masa crítica ferrolá- bicicleta: 26 de Xuño

De: noe -olaolaoola@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de junho de 2008 00:19
Asunto: Masa crítica ferrolá- bicicleta



Masa crítica ferrolá- bicicleta

Bo día!

Pasámosvos algo de informazón da Masa Crítica Ferrolá, que xa leva uns meses a rodare, e coa que temos hoxe (quinta feira, 26 de xuño) outra cita.

A Masa Crítica é unha 'coincidencia organizada' de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema 'Pedalea tódolos días, celébrao unha vez ao mes'.

Xunto coa mensaxe, vai o arquivo do cartaz que estamos a pór pola zoa.

Para ter toda a informazón pódese consultar a páxina www.bicis.info.

Un saúdo!
_________________

mércores, marzo 26, 2008

Mañá, xoves 27 de Marzo, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do Inferniño as 20:15 hrs

De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 13:02
Asunto: Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa critica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do inferniño as 20:15


[Clicar no cartaz para ampliar]

Masa Crítica Ferrol


Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da Praza do Inferniño as 20:15 hrs.

Animádevos a participar e axudade nos a difundir esta convocatoria.

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.
________________

mércores, xaneiro 30, 2008

Xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica: Usa a bicicleta a diario

De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de janeiro de 2008 18:26
Asunto: II MASA CRITICA FERROLÁN



II MASA CRITICA FERROLÁN

Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes.

Maña xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica, ás 20:00.

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

Mais info en : www.bicis.info
masacriticaferrol@gmail.com
__________________