Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións

martes, marzo 05, 2013

Máis de 400.000 traballador@s galeg@s poderán ficar sen convenio colectivo en 2013 - Manifestación Día da Clase Obreira Galega (CIG)



A defensa da negociación colectiva, a denuncia do empobrezamento da maioría social e a reivindicación da soberanía nacional son os tres eixos arredor dos que a CIG se mobilizará neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.


Máis un ano, a CIG mobilizarase neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, unha data fulcral para o sindicalismo nacionalista, como sinalou Suso Seixo, secretario xeral da central. Nesta ocasión, tres serán os eixos en torno aos que pivoten as sete manifestacións que o domingo percorrerán outras tantas cidades galegas.

O primeiro deses eixos seráa defensa da negociación colectiva, "unha ferramenta dos traballadores para mellorar as condicións laborais", segundo Suso Seixo, e que está en perigo cos medidas do goberno do PP. A CIG afirma que neste 2013 por volta de 400.000 traballadores en Galiza poderían ficar sen convenio colectivo. "Un ataque sen precedentes", resumíu Seixo.

En Galiza en sectores como a construción, metal, comercio, limpeza, transporte, alimentación, hostalaría... poderíase cobrar 645 euros o mes e traballar máis horas ao ano

Así, indican desde a central nacionalista, desaparecerían moitas das conquistas atinxidas nestes 35 anos, pasando non poucos sectores a lexislarse "polo mínimo do Estatutodos Traballadores", e os soldos poderían pasar ao salario mínimo. "En Galiza sectores como a construción, metal, comercio, limpeza, transporte, alimentación, hostalaría... poderían cobrar 645 euros e traballar máis horas ao ano".

Tesourada nos salarios dun 25% e precariedade
Para Suso Seixo, coa intención de finiquitar a negociación colectiva o que se está a procurar é "lograr unha queda nos salarios de por volta do 25% aliás de aumentar a precariedade laboral".

O secretario xeral da CIG xa anunciou que a central "non vai permitir esa perda de dereitos dos e das traballadoras".

Mercado de traballo en Galiza: Desemprego e desprotección
Outra das palabras de orde da CIG neste 10 de marzo será a ''Contra a pobreza e a explotación'. Seixo presentou o informe Mercado de Traballo en Galiza, salientando que entre o 2008 e o 2012, período que se estuda nese documento, os datos son "duros, preocupantes e alarmantes". Así, sinalou que só en catro anos o desemprego disparouse en 12 puntos, ao que hai que engadir que 77.000 galeg@s emigraron.

Hai 112.000 parad@s na Galiza que non perceben ningunha prestación e 76.000 que ingresaron, de media, como máximo, 500 euros mensuais

Aliás, hai 112.000 parad@s na Galiza que non perceben ningunha prestación e 76.000 que ingresaron, de media, como máximo, 500 euros mensuais. Mais a radiografía do mercado laboral de Galiza ten aínda máis datos para a preocupación, como que nestes catro anos haxa no país 160.700 ocupad@s menos, dos cales 140.000 teñen menos de 35 anos.

Soberanía: ferramenta contra a criseO terceiro piar no que a CIG se vai centrar neste Día da Clase Obreira Galega vai ser a defensa da sobernaía nacional, "do dereito dos pobos a autodeterminarse e decidirlibremente o seu futuro", manifestou Suso Seixo.

Para Seixo, reivindicar a soberanía ten máis validez ca nunca "nestes tempos en que os poderes que toman as decisións que tanto nos afectan non están en mans da cidadanía. Por iso faise máis preciso reivindicar a soberanía".

Mobilizacións do 10 de marzo:
  • Vigo. 11:30 horas. Cruce Lepanto con Gran vía
  • Lugo. 12 horas. Ronda da Muralla
  • Pontevedra. 12 horas. Praza da Ferraría
  • Ferrol. 12:30. Avenida de Esteiro
  • Compostela 12:30. Praza Roxa
  • Ourense. 12 horas. Pavillón dos Remedios
  • A Coruña. 12 horas. Praza de Vigo

10 de Marzo de 2013: Contra o paro e pola rexeneración da democracia (CCOO - UXT - USTG) - Manifestación Día da Clase Obreira Galega - Homenaxe Día da Clase Obreira Galega


Na nosa comarca, únese a USTG.
UGT e CCOO convocamos a cidadanía para manifestarnos CONTRA O PARO E POLA REXENERACIÓN DA DEMOCRACIA o próximo 10 de marzo, sumándonos á iniciativa de mobilizacións europeas convocadas pola Confederación Europea de Sindicatos en toda a Unión Europea.
Cartel do 10 de Marzo
Cartel do 10 de Marzo
PARA QUE?

Para reprobarmos as actuacións dunha Comisión Europea enrocada en políticas fracasadas, allea aos problemas da cidadanía europea á que deben a súa lexitimidade e incapaces de comprender a que intereses deben servir as institucións europeas e os recursos comúns dos europeos. Tras cinco anos de crise, o único que crece dentro e fóra de Europa é a desigualdade, o desemprego, a miseria, a exclusión social e as dúbidas sobre uns dirixentes europeos cuxa pertinaz insistencia en políticas fracasadas é inaceptable.

Para lle facer saber ao Goberno de España que o tempo das mentiras e os discursos baleiros rematou. Seis millóns de persoas en paro en España, trescentas mil en Galicia, das que cento vinte mil non reciben ningún tipo de prestación, noventa e un mil fogares galegos con todos os seus membros en desemprego, e máis do 22 % da poboación da nosa comunidade vivindo por baixo do limiar da pobreza son a insoportable realidade. Unha realidade que, segundo todos os datos, se agravará día a día porque continuaremos en recesión económica, as grandes empresas seguen presentando ERE con despedimentos masivos, continúa a sangría de despedimentos individuais… O debate sobre o estado da nación mostrounos un presidente do Goberno cada vez máis apartado dos problemas da cidadanía. De non se corrixir con urxencia e a fondo ese distanciamento, pode abocarnos a situacións como a de Italia, onde as recentes eleccións demostraron o éxito das opcións populistas e o fastío dunha parte da poboación co actual funcionamento das institucións democráticas.

Para denunciarmos, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo, as consecuencias que a crise e as políticas neoliberais teñen en materia de xénero: incremento da brecha salarial entre homes e mulleres, recortes de emprego na función pública con forte presenza de mulleres, redución de servizos sociais e na atención á dependencia que favorecían a incorporación das mulleres á vida laboral ou supresión de organismo que defenden e apoian os dereitos da muller.

Para rexeitarmos o desmantelamento dos servizos públicos (sanidade, educación, dependencia, servizos sociais…) e calquera reforma unilateral do sistema público de pensións que o converta noutro instrumento das políticas de axuste, espoliando outra volta os dereitos da cidadanía e abandonando á súa sorte os actuais e futuros pensionistas.

Para advertirmos ao Goberno e aos grupos parlamentarios das Cortes sobre calquera intento de enganar a cidadanía na tramitación parlamentaria da iniciativa lexislativa popular pola dación en pagamento e a paralización dos desafiuzamentos que desvirtúe ou perverta os seus principais obxectivos.

Para rexeitarmos a reforma da lei de bases de réxime local, porque debilitará as capacidades de actuación das corporacións locais, as administracións máis próximas ás persoas, nun novo intento de negar financiamento para os servizos á cidadanía, mentres convertemos en débedas de todos (tres puntos de déficit público) a fraudulenta xestión dos directivos das entidades financeiras.

Para condenarmos todos os intentos de deslexitimación ou represión dos dereitos constitucionais de expresión, pensamento ou manifestación. Exhiben un arrepiante desprezo polos principios democráticos aqueles que pretenden criminalizar a mocidade por se manifestar libremente desde as institucións que a representan, especialmente se utilizan como argumento o financiamento público desas institucións; con esa lóxica deberiamos eliminar os grupos de oposición de todas as institucións democráticas, cuxo deber é controlar e discrepar de quen exerce as responsabilidades de Goberno, por recibiren para a súa función —como é necesario— financiamento público. Condenamos así mesmo a decidida vontade do Ministerio do Interior de converter o conflito social nun conflito de orde pública, ordenando intervencións desproporcionadas para reprimir manifestacións pacíficas.

Para rexeitarmos os casos de aberta complicidade entre cargos públicos e empresas, que corrompen o exercicio da actividade política, levantan diante dos ollos da sociedade un perigoso muro de desconfianza cara ás institucións democráticas e aceleran a deterioración da armazón institucional que xurdiu da transición democrática.

Esiximos que se lle devolva á política a súa condición de ferramenta ao servizo das persoas, expulsando as persoas corruptas da vida pública e acometendo as reformas constitucionais que cumpran.Por todo isto, CCOO e UGT convocamos as traballadoras e traballadores, a cidadanía en xeral, ás manifestacións que percorrerán as principais cidades do país o 10 de marzo.

MANIFESTACIÓNS DO 10 DE MARZO EN GALICIA (todas ás 12h, agás Ourense, que será ás 11:30)- A Coruña: praza da Palloza - Obelisco
- Ferrol: monumento 10 de Marzo - praza de Armas- Santiago de Compostela: Alameda - praza das Praterías
- A Mariña: por confirmar- Lugo: rolda da Muralla, n.º 58 - Subdelegación do Goberno
- Ourense: pavillón dos Remedios - Subdelegación do Goberno
- Vilagarcía de Arousa: avenida da Mariña - praza da Ravella
- Pontevedra: praza da Ferrería - Subdelegación do Goberno
- Vigo: cruzamento da Vía Norte con Urzáiz - edificio administrativo da Xunta


Ademais, o día 10 de marzo haberá un acto institucional de homenaxe. Será ás 11 h diante do monumento ao 10 de Marzo, en Ferrol.

A Secretaría da Muller da CIG denuncia que 37.500 mulleres de entre 15 e 34 anos emigraron desde que comezou a crise - Concentración o día 8 ás 12 horas diante do CC Odeón

No marco da campaña do 8 de Marzo que este ano desenvólvese baixo o lema de “Fartas!”
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar, en rolda de prensa, a campaña do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, que se desenvolve este ano baixo o lema de “FARTAS!”. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade anunciou as diversas mobilizacións que con este motivo convoca, ou nas que participa, a central sindical e denunciou as “celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos”. Ademais presentouse o informe “A situación da Muller no Mercado Laboral en Galiza no ano 2012”, elaborado polo Departamento de Economía, no que se constata que, alén do paro, as condicións laborais da muller en Galiza son cada vez peores.
13-03-01 RP 8 de marzo 2013

A secretaria confederal de Muller lembrou que malia levar máis dun século conmemorando o día 8 de Marzo, “en pleno ano 2013, as mulleres de hoxe saímos á rúa para denunciarmos a mesma opresión. Porque o sistema capitalista segue abrindo fendas entre as clases sociais, e segue artellando unha división sexual da sociedade e do traballo que nos prexudica tanto como antes”.

Corral chamou a facerlle fronte a esta situación “como fixeron as nosas avoas” para dicir que “estamos fartas de sermos discriminadas; da situación de desvantaxe histórica que sufrimos; de cobrarmos menos salarios ca os homes; da temporalidade dos nosos contratos; de que sexan a tempo parcial e da persecución por exercermos o noso dereito a compatibilizar traballo e vida persoal e familiar”. Denunciou que as medidas que se van adoptando, como os protocolos e plans de igualdade en empresas “non son máis ca declaracións de intencións, por imperativo legal ou co único obxectivo de acceder a subvencións” e que a inclusión da perspectiva de xénero na negociación colectiva é “inexistente ou residual”.

Xunto isto denunciou a dupla e tripla xornada que afrontan as mulleres galegas que teñen que dedicar “horas infinitas ás tarefas do fogar e dos coidados”. Pero tamén a economía somerxida; o teito de cristal; o acoso sexual; a normalidade coa que se asumen as mortes por mor da violencia machista; a discriminación “pola nosa orientación sexual” ou a falta de cobertura das prestacións por mor da temporalidade dos contratos que se lle fan ás mulleres.

Ante iso proclamou que “estamos fartas do desemprego, da falta de protección social; de pertencermos a categorías e réximes especiais que nos discriminan; de sermos inmigrantes sen papeis, sen dereitos; da sangría migratoria que asolaga o noso país por mor da inexistencia de saídas laborais; da privatización dos servizos públicos, mentres se invisten cartos públicos en empresas privadas e dunha reforma laboral que só supuxo máis paro, máis precariedade e despedimentos máis baratos”. Por iso fixo un chamamento a responder participar nas mobilizacións convocadas con motivo desta data, contra as políticas “neoliberais e ultraconservadoras” do Partido Popular, “ao servizo da gran banca e de entidades relixiosas” e denunciou as celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos.

A CIG ten convocadas nas cidades concentracións, no marco dunha xornada nacional de loita, o propio 8 de marzo, ás 12:00 da mañá:

- Coruña, diante da empresa EUROCEN,
- Compostela, diante da oficina da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza, en Área Central
- Lugo, diante do Gran Hotel de Lugo
- Ourense, diante da Confederación de Empresarios, ás 12 horas.
- Pontevedra, na chamada praza 8 de marzo, logo dunha asemblea de delegadas
- Vigo e Ferrol, en resposta ás duras condicións laborais impostas no convenio das grandes superficies comerciais (en Vigo diante do Corte Inglés, e en Ferrol diante do Centro Comercial Odeón)

Alén destas concentracións de traballadoras, a CIG participará nas concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, na tarde do día 8 en Vigo e Ferrol, e na concentración cidadá prevista na Coruña contra o peche do Centro de Orientación Familiar da Coruña, como organización convocante xunto con outras asociacións e entidades feministas na mobilización nacional que sairá o día 9 de marzo ás 12:30 horas da Estación de tren de Compostela, baixo o lema Mulleres Galegas en loita polos nosos dereitos!, e nas mobilizacións comarcais convocadas pola CIG o 10 de marzo, Día da clase obreira galega.

O día 7 celebrarase ademais a VII Edición dos Premios 8 de marzo, ás 18 horas, nun acto público que terá lugar no Hotel Porta do Camiño.


Incremento da poboación activa
O informe fai un percorrido pola situación laboral da Muller no ano 2012 pero tamén polas mudanzas que se deron nas condicións laborais desde que comezou a crise. Nese sentido, a economista Natividade López Gromaz, salientou o incremento da poboación activa, provocado polo aumento do número de mulleres que pasan a ser demandantes de emprego. “Maiores de 55 anos que eran amas de casa e que teñen que saír ao mercado laboral a buscar un posto de traballo, nunha situación na que non hai emprego para ninguén. Ten que ser por mor dunha situación familiar moi precaria”.
Isto, ao entender de López Gromaz, desfigura os datos da muller no mercado laboral, porque semella que se están incorporando moitas mulleres, pero agocha detrás unha realidade alarmante. Neste lustro perdéronse 160.000 postos de traballo. Máis entre homes porque a crise afectou primeiro a sectores moi masculinizados, como a Construción ou o sector do Metal. Porén neste último ano disparouse moito a destrución de emprego feminino, porque o sector Servizos, que até o de agora se foi mantendo, foi en 2012 o máis prexudicado. Tal é así que neste último ano, neste sector, 8.400 mulleres perderon o emprego, cando en total foron 10.800 as mulleres que pasaron a engrosar as listas do paro. Unha media de 30 mulleres diarias.

Xunto a isto, a responsábel do Gabinete de Economía salientou “a desfeita” do sector da administración e a perda de emprego que se dá en Sanidade, Educación e Servizos Sociais, xunto con hostalería e comercio. “O que nos preocupa é que é o principio e que para este ano vai empeorar a situación para o emprego feminino”. Malia esta destrución de emprego, tamén é rechamante a diminución da taxa de temporalidade. Porén tamén isto agocha outro dato demoledor, xa que esa diminución prodúcese “non tanto porque aumente o indefinido senón pola destrución do temporal”. Natividade López Gromaz apunta tamén ao cambio de réxime especial da seguridade social para as empregadas do fogar, que pasan a ter un contrato indefinido. O problema é “por cantas horas e por que salarios”.


660.000 contratos asinados en 2012
Do informe tírase ademais que medra a xornada parcial e aumenta o número de contratos, tanto entre homes como entre mulleres. E ten que ser así porque malia esta destrución masiva de emprego, rexistráronse 660.000 contratos en Galiza, 320.000 entre mulleres. Unha media de case 3 contratos por muller ao ano. “Redúcese a temporalidade, os contratos son moi abundantes e de pouca duración”. Iso leva a que sexa a primeira vez que caen os ingresos tanto dos homes e das mulleres, xa que segundo os datos da Axencia Tributaria, os últimos publicados de 2011, os ingresos declarados diminuíron un 0,23%, sen descontar o IPC, o que constata “a perda de poder adquisitivo que está sufrindo a clase traballadora en xeral e as mulleres en particular”.

Natividade López Gromaz alertou de que esta situación vaise agravar este ano porque acaba de asinarse o convenio de grandes almacéns, que afecta a 13.000 persoas en Galiza, o 80% mulleres e contempla unha perda dun 2,5% de media de ingresos. Xunto a este, o do pequeno comercio está a piques de se asinar nas mesas condicións e na administración tamén se rebaixan as condicións salariais. Todos sectores feminizados.


Emigraron 37.500 mulleres
A taxa de paro duplicouse nestes anos e pasou dun 10 a un 20% en cinco anos. Un dato que matizou que non medra máis grazas á emigración porque “durante este período marcharon de Galiza 37.500 mulleres de entre 15 e 34 anos, no mellor da idade laboral e reprodutiva”. En conxunto foron 77.000 persoas as que emigraron nesta franxa de idade. “Sen esta emigración, a taxa de paro incrementaríase até chegar ao 25%. Evidentemente á Xunta de Galiza non lle interesa nada que se coñezan estes datos e segue a presumir de que temos un diferencial de cinco puntos coa media do estado pero se sae isto á luz a situación sería ben distinto”.


Dependencia das pensións
Gromaz subliñou tamén que xubiladas e pensionistas estanse facendo cargo de moitísimas familias que están vivindo grazas ás súas pensións. Hai case 400.000 mulleres pensionistas, das que 166.000 son viúvas e outras moitas con incapacidade permanente. Os ingresos medios das pensionistas son de 556€ ao mes, mentres que os dos homes son de 873€. A pobreza comeza a ser alarmante e xunto ao paro, baixas pensións e baixos salarios hai 3.700 mulleres que xa non teñen nada, só a RISGA. “Unha miseria pero é algo de subsistencia”.


Documentos
Muller e mercado laboral 2012.pdf
Diptico 8 de marzo 2013.pdf
Manifesto Mulleres Galegas en Loita.pdf

Artigo extraído da web da CIG(Avantar)

domingo, setembro 23, 2012

Concentración en Ferrol, mércores 26 ás oito da tarde, contra os recortes do capital, por unha folga xeral europea e en apoio ás folgas deste 26 de setembro en Euskalherria e Grecia

A CNT, o PCPE, o Colectivo ML Forxa!, a Asemblea do 15M e traballadoras e traballadores a título individual, entendendo a necesidade de convocatoria dunha folga xeral inminente que sexa quen de poñerlle freo aos recortes do capital e en apoio ás folgas que por este motivo están convocadas en Euskalherria e Grecia este vindeiro día 26 de setembro de 2012, facemos un chamado ao conxunto de traballadoras e traballadores desta comarca, así como ao seu tecido social, a sumarse a esta convocatoria e participar nunha concentración o mesmo día 26 ás 20 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol.

Contra os recortes do capital!
Por unha folga xeral europea!!



mércores, agosto 29, 2012

Venres 31 de agosto, as Centrais Sindicais mobilízanse baixo o lema "Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen" - Convocatoria de manifestación en defensa dos servizos públicos, Santiago DC, 8 de setembro


As centrais sindicais volven a mobilizar-se baixo o lema "Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruinen".

Desta vez a mobilización consistirá nunha concentración o vindeiro Venres 31 de Agosto, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. A concentración terá lugar ás 12:30 horas, convocada polas centrais CCOO, CIG e UGT

Participa ! Non faltes!



MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Todas e todos a
Santiago de Compostela!
8 de setembro de 2012
11:30h na Alameda

Báixannos os salarios, denígrannos publicamente, 
suprimen os nosos dereitos e róubannos as nosas retribucións
HAI QUE PARALOS!!!
Está convocado todo o persoal empregado público



Poñeremos autobuses para a xente que queira ir. Para anotarvos chamádenos os teléfonos indicados abaixo.

Hora de saída de Ferrol: 9:30 h.
Paradas:
- Ferrol, monumento 10 de marzo
- Caranza, parada do bus nas Pías
- Fene, para do bus na estrada xeral
- Polígono Vilar do Colo

Hora de saída de Compostela: 13:00 h. e as 13:30 h.

Precio: 5€

Apúntate nos buses que organizan CIG, CCOO, CSIF e UGT

ou chama aos teléfonos: 981 358 750 // 981 352 676





||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| ||||||||||||||||| ||||||||||| |||||

luns, xullo 16, 2012

CIG, CCOO e UGT convocan conxuntamente as manifestacións do xoves 19 de xullo “contra o saqueo do pobo” - Saída ás 20:30 horas da Praza do Inferniño


CIG, CCOO e UGT convocan conxuntamente as manifestacións do xoves 19 de xullo “contra o saqueo do pobo”

Fan un chamamento á mobilización masiva das galegas e galegos en todas as cidades e vilas de Galiza


Ante a gravidade das medidas impostas polo goberno do PP contra os intereses da clase traballadora en particular, e da cidadanía, en xeral, que supoñen un grave retroceso nas condicións laborais, sociais e da calidade de vida das persoas, a CIG, segundo explica o secretario xeral, Suso Seixo, “viu a necesidade de dar unha resposta o máis ampla posíbel e de intentar converxer con CCOO e UGT nunha convocatoria conxunta, dado que a data prevista para as mobilizacións polas distintas centrais sindicais xa coincidía”. Esa confluencia confirmouse esta mañá e as manifestacións serán convocadas polas tres centrais sindicais en todas as cidades e vilas do país.

Seixo explica que para que esta convocatoria conxunta fose posíbel, a CIG tivo en conta, o novo escenario xerado “polas políticas involutivas do Partido Popular e da dereita máis reaccionaria e franquista, que están a provocar que vaia agudizándose, cada vez máis, o recorte de dereitos laborais e sociais e a calidade de vida das persoas, pero tamén os dereitos democráticos e políticos”.

Xunto á necesidade de dar unha resposta dura e masiva, a central sindical avaliou tamén o novo contexto a nivel sindical. Seixo explica que até o de agora eran un obstáculo para o entendemento “as políticas de concertación social que promovían CCOO e UGT”. Fronte isto, subliña, “hoxe a concertación social é inviábel, pola actual situación, e porque o goberno e a patronal tampouco están nesa vía. Iso lévaos a eles a escorar cara unha posición máis mobilizadora e permítenos a nós tamén achegar posicións”.

O secretario xeral da CIG explica que falta por ver en que medida se pode ir consolidando esta resposta conxunta entre o sindicalismo nacionalista e o sindicalismo español. “Están pendentes reunións para concretar unha resposta común, abordando aspectos como a reforma da negociación colectiva e tamén como se pode ir traballando na perspectiva dunha folga xeral, ou máis, en Galiza e tamén no estado. Nós entendemos que a primeira delas ten que concretarse xa para o mes de setembro”.

Alén diso, o secretario xeral da CIG alerta de que o PP pretende ir cara “un modelo político institucional cada vez máis reducido, canto a participación, na busca de recortar o arco de representación política e co obxectivo de limitalo a dúas únicas forzas, pola vía de articular os mecanismos legais necesarios para impulsar así o bipartidismo”.

As tres centrais sindicais remitiron un comunicado conxunto que, polo seu interese, reproducimos:

Baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”, UGT, CCOO e CIG mobilizaranse o vindeiro día 19 nas principais cidades e vilas galegas

Diante das graves medidas que vén de adoptar o Goberno, as tres organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordamos convocar conxuntamente manifestacións cidadás o vindeiro xoves, día 19 de xullo, nas principais cidades e vilas galegas que discurrirán baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”. O acto central, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, será en A Coruña.

Todas as medidas están dirixidas a recortar, unha vez máis, dereitos e precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras quen paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

Con ese obxectivo o Goberno impón a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como, o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción, unha vez esgotado o desemprego; de incrementar os impostos indirectos subindo o tipo xeral do IVE do 18 ao 21% e o reducido do 8 ao10%; de suprimir a paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e a súa negociación colectiva; de reducir as empresas e fundacións públicas; de delimitar a prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; de liberalizar o sector servizos ou flexibilizar os horarios comerciais; ou privatizar os sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras.

Por iso, facemos un chamamento a que, masivamente, a cidadanía galega poña de manifesto na rúa o seu rexeitamento, tanto a estas políticas antisociais promovidas polo PP, como aos argumentos empregados para defendelos e a forma de escenificalos.

Compostela, 16 de xullo de 2012.-

Fonte: Confederación Intersindical Galega (CIG)


Baixo o lema «Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen», UGT, CCOO e CIG mobilizaranse o vindeiro día 19 nas principais cidades e vilas galegas

Diante das graves medidas que acaba de adoptar o Goberno, as tres organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordamos convocar conxuntamente manifestacións cidadás o vindeiro xoves, día 19 de xullo, nas principais cidades e vilas galegas

Todas elas discorrerán baixo o lema «Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen». O acto central, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, será na Coruña.

Todas as medidas van dirixidas a recortar, unha vez máis, dereitos e a precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras as que paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

Con ese obxectivo, o Goberno impón a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción; incrementa os impostos indirectos subindo o tipo xeral do ive do 18 ao 21% e o reducido do 8 ao 10%; suprime a paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e a súa negociación colectiva; reduce as empresas e fundacións públicas; delimita a prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; liberaliza o sector dos servizos e flexibiliza os horarios comerciais; privatiza os sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras.

Por iso, facemos un chamamento a que, masivamente, a cidadanía galega poña de manifesto na rúa o seu rexeitamento, tanto a estas políticas antisociais promovidas polo PP, como aos argumentos empregados para defendelos e a forma de poñelos en escena.

Fonte: Comisións Obreiras (CCOO)



Baixo o lema "Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen", UGT, CCOO e CIG mobilizaranse o vindeiro día 19 nas principais cidades e vilas galegas

Santiago, 16 de xullo de 2012.-
Diante das graves medidas que vén de adoptar o Goberno, as tres organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordamos convocar conxuntamente manifestacións cidadás o vindeiro xoves, día 19 de xullo, nas principais cidades e vilas galegas.

Todas elas discurrirán baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”. Subliñar que o acto central, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, será en A Coruña.

Medidas todas elas dirixidas a recortar, unha vez máis, dereitos e precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras quen paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

Con ese obxectivo o Goberno impón a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como, o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción; de incrementar os impostos indirectos subindo o tipo xeral do IVE do 18 ao 21% e o reducido do 8 ao 10%; de suprimir a paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e a súa negociación colectiva; de reducir as empresas e fundacións públicas; de delimitar a prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; de liberalizar o sector servizos ou flexibilizar os horarios comerciais; ou privatizar os sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras.

Por iso, facemos un chamamento a que, masivamente, a cidadanía galega poña de manifesto na rúa o seu rexeitamento, tanto a estas políticas antisociais promovidas polo PP, como aos argumentos empregados para defendelos e a forma de escenificalos.

xoves, xuño 21, 2012

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración ante a entrada dun novo gaseiro cargado na ría [ Venres 22 de xuño ás 19 horas na Praza da Himno Galego - Ferrol ]



Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con gnl, nº 120 “LNG Borno” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:


CONCENTRACIÓN

Venres, 22 de xuño 2012, ás 19 hs,

Praza do Himno Galego

Esteiro - Ferrol


Características do buque:
Nome.- LNG Borno, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 285 m, Manga.- 43.4 m, Calado.- 12 m, Puntal.- 26 m, Capacidade.- 149.600 m³ de GNL

Visita a nosa Web:  www.comitecidadan.org
-- 
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........

Ligazóns relacionadas:

Ártabra 21: O Comité Cidadá fai pública a 3ª Sentenza do TSXG contra REGANOSA e reclama á Xunta de Galicia que retire os recursos ante o Tribunal Supremo

Ártabra 21: O Tribunal Supremo falla: ¡Reganosa ilegal! - O Comité Cidadá de Emerxencia convoca unha Rolda de Prensa
 
Ártabra 21: Rápido, depresa, correndo e prevaricando, a Xunta de Galicia apurou-se a aprobar unha modificación do PXOM mugardés co ánimo de chulear a Sentenza do Tribunal Supremo que declara a Reganosa ilegal  

Ártabra 21: Quen a fai a paga ! - REGANOSA ILEGAL !

martes, xuño 19, 2012

Concentración na Coruña contra o asasinato en Guatemala dun Líder Comunitario por dous empregados da empresa con sede na Coruña Hidralia Energía - Deteñen a dous pistoleros españois polo asasinato de líder comunal - Os sicarios da empresa Hidro-Santa Cruz recoñecen súa relación coa empresa española - Os escuros negocios de Hidralia Energía en Guatemala


Hoxe ás 20 horas na Avenida do Exército da cidade da Coruña decorrerá unha concentración contra o asasinato en Guatemala a mans de dous traballadores da empresa con sede na Coruña Hidralia Energía do campesiño e Líder Comunitario Andrés Francisco Miguel.

GUATEMALA: Deteñen a dous pistoleros españois polo asasinato de lider comunal.  
correovermello-noticias
Cidade de Guatemala, 01.06.12

Segundo informan axencias de noticias e xornais da capital, a policía detivo a dous cidadáns españois, gardas de seguridade da empresa Hidro Santa Cruz. S.A. subsidiaria da empresa galega Hidralia Energia, como presuntos responsables do asasinato do dirixente comunal Andrés Francisco Miguel, o pasado 1 de maio.

O Grupo Hidralia Enerxía con sede central na Coruña (España) e desde a súa Delegación en Cidade de Guatemala, acomete traballos en diversos países: España, Guatemala, Nicaragua, Panamá, Fonduras, Ecuador ou Venezuela.

Este crime foi o detonante das mobilizacións de protesta, que serviron como escusa, ao goberno da burguesía burocrática que preside Otto Perez, para decretar o Estado de Sitio no municipio de Barillas (departamento de Huehuetenango ), onde a transnacional pretende construír unha represa hidroeléctrica sen o consentimento das comunidades, baixo o argumento de loita contra o narcotráfico e o crime organizado, nunha zona ecolóxica na que a poboación oponse taxantemente, desde o 2009, á construción dunha hidroeléctrica, no río Cambalá, unidades militares estan hostigando aos pobladores que rexeitan o proxecto feitos denunciados ao Alto Comisionado para Dereitos Humanos da ONU.

A sede central da Empresa Hidralia Enerxía,que dirixe Luís Castro Valdivia* foi recentemente trasladada a unhas novas oficinas en A Coruña (Galicia), situadas na Avenida do Exército nº 10. E segundo o seu páxina web: "Conta con amplos espazos de traballo e office, así como unha equipada sala de xuntas con equipos para videoconferencias e chamadas internacionais. dirixíndose a área de Ingeniería así como os labores de Administración e Dirección da empresa".

*Imputado xunto ao dirixente da patronal CEG Antonio Fontenla e Francisco Vazquez nun delito de trafico de influencias por a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no caso das centrais éolicas.


Máis noticias da captura:
PL / Capturan a dous homes pola morte dun campesiño en Barillas: A Policía Nacional Civil (PNC) e o Ministerio Público (MP) capturaron hoxe a dous homes, traballadores da hidroeléctrica Hidro Santa Cruz, a quen sindican da morte do campesiño Andrés Miguel, en Barillas, Huehuetenango, que orixinou os disturbios que ameritaron o estado de Sitio.
http://www.prensalibre.com/noticias/xustiza/Estado_de_sitio-costo-seguridade-MP-Otto_Perez_Molina-Santa_Cruz_Barillas_0_707329359.html

S21 / Dous capturados por morte de campesiño en Barillas: En conferencia de prensa, o Ministerio Público e o ministro de Gobernación, Mauricio López Bonilla, informan de dous capturas pola morte dun campesiño perpetrada en Santa Cruz Barillas, Huehuetenango.
http://www.s21.com.gt/capturas/2012/05/26/dúas-capturados-morte-campesiño-barillas 

EP / Capturan a presuntos asasinos de campesiño en Santa Cruz Barrillas: A Fiscalía reportou este sábado captúraa de dous sospeitosos do asasinato fai un mes dun campesiño en Barillas, Huehuetenango, que xerou disturbios por parte dos pobladores e obrigou ao Executivo a decretar un estado de sitio que xa derrogou.
http://www.elperiodico.com.gt/é/20120526/pais/212755/ 

EU / Capturan a dous homes polo asasinato de campesiño en Santa Cruz Barillas: Dous homes foron detidos como supostos responsables do asasinato dun campesiño en Santa Cruz Barillas, Huehuetenango, segundo informou o ministro de Gobernación, Mauricio López Bonilla.
http://noticias.emisorasunidas.com/noticias/nacionais/capturan-dous-homes-sindicados-asasinato-campesiño-santa-cruz-barillas 


Os sicarios da empresa Hidro-Santa Cruz recoñecen sua relación coa empresa española

Os sicarios Ricardo Antonio Lopez e Óscar Ortiz Solares autores dos disparos que custaron a vida ao dirixente comunal Andres Pedro Miguel e feridas de gravedade a outro campesiño.

O xuíz ligaos ao proceso. 
Ricardo Antonio García López e Óscar Armando Ortiz Solares quedaron ligados ao proceso por asasinato e homicidio en grao de tentativa, según resolvió Óscar Sagastume, xuíz terceiro da instancia Penal.

Ambos-los dous foron acusados polo Ministerio Público de matar ao campesiño Andrés Pedro Miguel, o 1º de maio pasado, en Santa Cruz Barrillas, Huehuetenango, o cal xenerou disturbios que motivaron que o Goberno decretara o estado de Sitio nesa localidade.

Os acusados fixeron a sua primeira declaración e coincidieron en que foron provocados polos poboadores. García López afirmou que un dos campesiños disparoulle e que él respostou coa sua arma*, o que terminou coa vida de Pedro Miguel e deixou ferido a outra persoa. Relatou que foi contratado por un executivo da hidroeléctrica** , proxectada no río Cambalá naquel municipio, para capacitar a empregados que serían os encargados da construcción.

*Arma incautada ao detido que coincide coa utilizada nos disparos contra os campesiños, non sendo atopada ninguna outra arma na escena do crime.
**Hidro Santa Cruz SL, empresa filial da empresa Grupo Hidralia Energia con sede na Coruña e dirixida polos hirmans Castro Valdivia empresarios galegos relacionados co Presidente da Patronal CEG Antonio Fontenla Ramil.

Artigo extraído de Prensa Libre Prensa Libre



Persoas das comunidades indíxenas despois do ataque do exército © Plaza Pública


Santa Cruz Barillas


Os escuros negocios de Hidralia Energía en Guatemala

O pasado 1 de maio foi asasinado en Santa Cruz Barillas, unha pequena e illada vila de Guatemala, Andrés Francisco Miguel. Era un líder da comunidade, un líder indíxena oposto ao proxecto de construción dunha central hidroeléctica na zona por parte de Hidralia Energía, unha empresa coruñesa propiedade de Luis e David Castro Valdivia, cun conflitivo pasado cheo de denuncias e condenas en Galicia pola actividade das súas minicentrais e centrais eólicas, a chamada trama enerxética na que tamén estiveron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia.

Non se puido probar este vencello directo entre a súa morte e a súa oposición ao proxecto, aínda que as autoridades se apresuraron a desementir toda relación e culparon a un enfrontamento entre veciños e mesmo a un asunto relacionado con drogas (Santa Cruz Barillas sitúase preto da fronteira con México e os cárteles mexicanos estenden a súa actividade a estas zonas). Sexa como for, nos días seguintes o autoritario goberno de Guatemala presidido por Otto Pérez, decretou o estado de sitio na rexión e 600 soldados tomaron a vila, botando abaixo as portas das casas, destrozando as colleitas, detendo 21 persoas e traendo á memoria os tempos do xenocidio indíxena no país. Hai uns días foron detidos como sospeitosos do asasinato dous españois, gardas de seguridade das obras da central eléctrica.

A historia comeza antes. Hidralia Energía instálase en Guatemala en 2008 e comeza a traballar nunha serie de proxectos de produción de enerxía hidroeléctrica en centroamérica coa conivencia dalgúns gobernos da rexión, comezando polo guatemalteco. Entre eles está o de Santa Cruz Barillas, unha pequena central de apenas 5.000 kW, xestionado pola empresa Hidro Santa Cruz e que dende o inicio contou coa oposición das comunidades indíxenas da zona. Non tanto porque se trate dun macroproxecto que podería borrar do mapa literalmente as súas comunidades, senón porque estas persoas se opoñen ao modelo enerxético proposto: explotación para a exportación e porque din que a empresa se negou a negociar con eles en todo momento. Ademais, argumentan quen en 2007 os habitantes da rexión votaron masivamente en referendo contra a instalación na zona de explotacións mineiras, petrolíferas ou eléctricas.

O proxecto de Hidralia conta coa aprobación dun informe da Corporación Interamericana para el Financiamiento de Infraestructuras (CIFI), unha entidade participada por Bankia e polo Banco Mundial e que non só garatiu que a hidroeléctrica tería un efecto lesivo limitado, senón que lle concedeu á empresa un empréstito de 11 millóns de dólares para a súa construción. Toda unha mostra dos intereses cruzados entre entidades financeiras, empresas, organismos internacionais e gobernos.

Son moitas as denuncias que nos últimos anos se dirixen contra a actividade de empresas eléctricas europeas (moitas delas españolas e algunhas galegas) en América Latina. Por exemplo, en 2011 Emgesa (filial de ENDESA) iniciou a construción da central hidroelétrica do Quimbo, no departamento de Huila, Colombia e toda a rexión se está a ver afectada xa na súa actividade produtiva, baseada na pesca e no agro, polo asulagamento de 2.000 hectáreas de cultivos. Ou podemos falar igualmente da falida aventura hidroeléctrica de Nova Caixagalicia en Perú, que rematou coa súa reventa ao seu primeiro dono.

No caso de Hidralia, ademais, cómpre poñer sobre a mesa, como xa o fixeron algúns medios latinoamericanos, coma a Agencia Latinoamericana de Información, o seu documentado pasado de conflitos e ilegalidades. Foi fundada en 2006 polo empresario Luis Castro Valdivia, agora tamén representante legal de Hidro Santa Cruz; o seu irmán David é CEO de Hidralia e propietario e accionista maioritario de Hidro Santa Cruz.Porén, xa dende os anos oitenta Luis Castro Valdivia creou unha multitude de sociedades interpostas que foron recibindo distintas concesións para a construción de minicentrais e centrais eólicas.

Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.

Nesta trama enerxética, revelada polos medios de comunicación e denunciada polo TSXG, tamén foron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia. As acusacións por tráfico de influencias, prevaricación e fraude foron desestimadas polo Xulgado de Instrución número 1 da Coruña en 2010, pero unha sentenza do TSXG de 23 de xuño de 2011 confirma as malas prácticas do proxectos. Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia por parte de medios de comunicación coma La Opinión, organizacións ecoloxistas coma ADEGA ou partidos coma o BNG, que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.

Artigo extraído de Praza Pública
________________