Amosando publicacións coa etiqueta Nosa Enerxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nosa Enerxía. Amosar todas as publicacións

martes, abril 19, 2016

Xornada aberta de debate na Estrada: "Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo", este sábado, 23 de abril, unha xornada aberta para reflexionar sobre os actuais modelos enerxéticos, no Teatro Principal da Estrada e reunirá unha decena de relatores que analizarán a situación actual e exporán novas propostas


Xornada: "Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo" (A Estrada, Sábado 23/04). | O GUE/NGL e AGEe desenvolverán o vindeiro sábado, 23 de abril, unha xornada aberta para reflexionar sobre os actuais modelos enerxéticos. | Terá lugar no Teatro Principal da Estrada e reunirá unha decena de relatores que analizarán a situación actual e exporán novas propostas
.

Dende as 10.00 e até as 19.30hrs. deste sábado 23 de abril, o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), do que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) forma parte no Parlamento Europeo, desenvolverá a través de AGEe a xornada aberta Presente e futuro enerxético da Galiza no Contexto Europeo [1], que terá lugar no Teatro Principal da Estrada (Pontevedra).

Este espazo informativo e de encontro celebrarase a iniciativa da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, quen destacou que nestes momentos "estase a dar un debate moi importante a nivel da UE en relación ao modelo enerxético; Juncker quere impulsar nesta lexislatura o Mercado Único Enerxético, unha proposta que vai ter grande impacto en toda a poboación europea pero do que a cidadanía carecemos de información suficiente".

Fai apenas uns días debatiamos en sesión plenaria no Parlamento Europeo sobre a pobreza enerxética na UE, segundo os datos manexados nese debate, nalgúns estados membro o 60% da cidadanía non pode quecer a súa casa axeitadamente e o 33% está a vivir con goteiras e humidades nas paredes.

"Ao igual que o dereito á alimentación debería prevalecer por riba da productividade comercial, todas as persoas deberiamos ter garantido uns mínimos de acceso á enerxía que nos asegure unha calidade de vida óptima", reivindicou a eurodeputada galega. Sen embargo, a día de hoxe "a distorsión dos intereses de mercado é tan grande que atopamos situacións inxustificábeis como que na Galiza, un País produtor de enerxía, moitas persoas non poidan acender a calefacción todo o tempo que precisan no inverno".

Logo da APERTURA a cargo de Lídia Senra e Mar Casais -voceira de Móvete-Movemento Veciñal Estradense e concelleira na Estrada- a xornada, que contará con quenda de mañá e de tarde, estruturarase en torno a catro paneis temáticos.

Encetaremos o debate cunha reflexión sobre O MODELO ENERXÉTICO. VISIÓN GLOBAL DA SITUACIÓN ACTUAL. INSUSTENTABILIDADE E TRANSICIÓN ENERXÉTICA (10.30hrs.), introducida polo Profesor de Economía Aplicada da USC e Vicepresidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán e polo investigador da USC e membro de Verdegaia, Miguel Pardellas. A deputada no Parlamento español por En Marea, Alexandra Fernández, será a encargada de realizar a moderación.

A través de Alfons Pérez, encargado de Monitorización das Políticas de Seguridade Enerxética da UE no Observatori del Deute en la Globalització, e ca introdución e moderación de Lídia Senra, achegarémonos á UNIÓN DA ENERXÍA (12:30hrs), como sinalabamos, unha das apostas máis controvertidas e de maior calado da Comisión Europea para a presente lexislatura [2].

A sesión de tarde centraranos no contexto e nas propostas enerxéticas a nivel galego. Será a través das Doutoras en Economía Rosa Regueiro -profesora de Economía Aplicada da Universidade da Coruña- e Natalia Fabra -profesora da Universidade Carlos III e Premio Sabadell-Herrero á investigación económica-. Este panel, que se desenvolverá baixo o título O MERCADO ELÉCTRICO NA GALIZA E NO ESTADO ESPAÑOL NO CONTEXTO EUROPEO. NORMATIVA E DÉFICIT TARIFARIO (16.00hrs), será introducido e moderado polo deputado de AGE no Parlamento Galego, Juan Fajardo.

Antón Sánchez, deputado de AGE tamén no Parlamento Galego, coordenará a derradeira mesa, que a través do título REFORMAS LEVADAS A CABO NOS ÚLTIMOS TEMPOS. OUTRAS EXPERIENCIAS DE COMERCIALIZACIÓN DENDE O COOPERATIVISMO (18:00hrs), centrarase na exposición de experiencias prácticas. Así, coñeceremos o proxecto cooperativo de orixe catalá Som Energía da man da súa presidenta, Ana Marco; e do coordinador de Som Enerxía Galiza, Daniel Espinheira. A continuación afondaremos tamén na traxectoria, obxectivos e funcionamento de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, que será presentada polo seu presidente, Pablo Álvarez; e o proxecto cooperativo de orixe vasca Goiener, será dado a coñecer da man do seu director, Santiago Ochoa de Eribe.

Bruxelas, 18 de Abril de 2016.

Notas.-
[1] Adxuntamos cartaz e díptico-programa. | Acceder/Baixar. | Acceder/Baixar.
[2] Información da UE: http://www.europarl.europa.eu/atyourservice/pt/displayFtu.html?ftuId=FTU_5.7.2.html; información crítica: http://www.rosalux.eu/fileadmin/user_upload/energy-union-what-is-behind-it-2015.pdf.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe.
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:

SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
18 de abril de 2016 16:11
__________

martes, novembro 03, 2015

A asociación Fuco Buxán organiza, dentro do Ciclo Democracia e compromiso, unha charla baixo o titulo: "Polo dereito á enerxía. Outro modelo, outro recibo", a cargo de Pablo Álvarez Fernández, presidente de Nosa Enerxía


A Asociación Cultural Fuco Buxán, dentro do Ciclo Democracia e compromiso, organiza unha nova charla, para este Venres, 6 de novembro, ás 19:30hs, na Biblioteca Municipal - Praza de España, na Sala audiovisual, no 2º andar. Baixo o titulo: "Polo dereito á enerxía. Outro modelo, outro recibo", a cargo de Pablo Álvarez Fernández, presidente de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, que participa na Plataforma por un Novo Modelo Enerxético (Correo-e da Plataforma en Galiza: px1nme.gal@gmail.com).

Web da Plataforma:
http://www.nuevomodeloenergetico.org/

Web de Nosa Enerxía:
https://www.nosaenerxia.com/

Web de Fuco Buxán:
http://www.fucobuxan.net

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@yahoo.es-
3 de novembro de 2015 19:5

_____________

mércores, outubro 21, 2015

Nosa Enerxía Soc. Coop. Galega presenta, en Ferrol, o seu proxecto cooperativo, xa en funcionamento, e ás súas propostas alternativas e de defensa do medio ambiente - Este venres, 23 de Outubro, ás 6 da tarde ao local de Fuco Buxán, en Caranza


Estás fart@ de ser cliente de Gas Natural Fenosa ou Endesa ?

Queres loitar contra ás grandes corporacións transnacionais eléctricas?

Ven este venres, 23 de Outubro, ás 6 da tarde ao local de Fuco Buxán, en Caranza.

Nosa Enerxía Soc. Coop. Galega presenta o seu proxecto cooperativo, xa en funcionamento, e ás súas propostas alternativas e de defensa do medio ambiente.

Xa podes ser cliente/usuari@ dunha empresa subministradora que é galega e cooperativa, dentro do que se chamada economía social e solidaria. Se tod@s nos unimos podemos gañar a batalla contra as grandes corporacións. Só fai falta informar-se e dar o paso.

Nosa Enerxía é un pequeno (grande) proxecto que está dando os pasos, mais necesita de tod@s nós. É por iso que pedimos a vosa participación, nesta Mesa Informativa é de Diálogo, para tomar contacto co proxecto cooperativo transformador.

Este venres, 23 de Outubro, ás 6 da tarde temos unha cita coa Nosa Enerxía Soc. Coop. Galega, nos locais da Asociación C. Fuco Buxán, na rúa Armada Española, nº32 baixo (Caranza).

Non faltes, participa, deixa un tempo na túa axenda. O cambio tamén se produce construíndo alternativas económicas e enerxéticas a este sistema inxusto e depredador do medio ambiente.

Nun principio convocamos a representantes de entidades, colectivos, partidos, ... mais a xuntanza está aberta a quen tiver interese. Posteriormente iremos dando os seguintes pasos.

Non deixes de participar !!

https://www.nosaenerxia.com/

---

Arméria Sociedade Cooperativa Galega
(Sen ánimo de lucro)
Avda de Castelao s/n.
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
15406 - Ferrol


Correo-e: armeria.soc.coop.galega@gmail.com
Sitio-e: http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

________________

mércores, setembro 17, 2014

A-pagar a Luz - Vídeo - Analizamos o modelo enerxético, os seus desequilibrios, as súas irritantes peculiaridades... Pero tamén as alternativas posibles, viables e reais hoxe e aquí


Analizamos o modelo enerxético, os seus desequilibrios, as súas irritantes peculiaridades... Pero tamén as alternativas posibles, viables e reais hoxe e aquí. Preguntámoslle ao economista Adrián Dios e a Angel Montero, un dos impulsores da primeira cooperativa enerxética galega.

O sector enerxético e os seus desequilibrios son fonte de queixa histórica. As continuas subas do prezo da luz fronte ao incalculable potencial produtor do noso País é unha das principais situacións de afogamento económico que podemos constatar hoxe en día. Afondamos na análise do sector, nas súas contradicións e tamén en alternativas posibles e reais hoxe e aquí.

Adrián Dios é economista, intenso coñecedor do sector enerxético e pedagóxico especialista nun mundo no que, como el explica, os beneficios caen do ceo. Ángel Montero é un dos impulsores da primeira cooperativa enerxética galega, mirándose ao espello do que é plenamente habitual no resto de Europa. Contrastamos a teoría e a práctica para evidencia que é posible entender para mudar.

Quinteiro é un proxecto comunicativo de comarca do Umia.

Canle: Quinteiro do Umia.

Sitio-e de Quinteiro: http://quinteirodoumia.wordpress.com/.


http://youtu.be/LuhQ_hZeVLg


Publicado por Quinteiro do Umia| 16.09.2014.

A Nosa Enerxía Soc. Coop. Galega:
http://nosaenerxia.com/

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
17 de setembro de 2014 16:05

________________