Amosando publicacións coa etiqueta O Inferniño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Inferniño. Amosar todas as publicacións

venres, marzo 05, 2010

Declaración d'O Inferniño como Barrio

A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, comunicamos que imos solicitar ao Concello de Ferrol a DECLARACIÓN desta parroquia do Rosario como BARRIO d'O INFERNIÑO.

Analizadas as distintas singularidades e antecedentes desta zona, afirmamos que esta parroquia do Rosario ten a suficiente ENTIDADE E IDENTIDADE para ser recoñecido como BARRIO d'O INFERNIÑO.

Como todos sabemos a partir da segunda metade do século XX, a cidade de Ferrol foi crecendo fora de Porta Nova, actual Praza de España, xurdindo o que agora se coñece como Ensanche A, onde a veciñanza se foi organizando co nacemento de dúas PARROQUIAS: SAN PEDRO e O ROSARIO.

Sabemos polos historiadores que a Parroquia foi implantada dende a chegada dos Suevos a Galiza como unha unidade territorial de marcada importancia e gran tradición.

Lembramos que a Confederación Galega de Asociación Veciñais de Galicia (COGAVE), aprobou unha resolución na súa Asemblea Xeral celebrada en Pontevedra, onde recoñecía a relación de Parroquia e Barrio sen caer en ningunha connotación relixiosa.

Nosa pretensión consiste en que O Inferniño debe ter a consideración de Barrio co fin de elixir, decidir ou reivindicar o seu futuro nas relacións sociais e culturais, dende a perspectiva da solidariedade co máis absoluto respecto da legalidade.

Proporemos este debate con campañas informativas e reunións coa cidadanía, entidades sociais, responsables municipais para rematar cunha SOLICITUDE FORMAL DE DECLARACIÓN DO INFERNIÑO COMO BARRIO.

Facemos un chamamento a toda a veciñanza co animo de recibir todo o APOIO para conquerir esta conquista para O INFERNIÑO.

Ferrol, a 4 de Marzo de 2010.

A Presidenta
Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ
O Secretario
asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:
Asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
5 de março de 2010 12:47
_____________________________

Comezou, co moito suceso, no Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero do Inferniño, a Exposición Ciencia Ex-Aequo, aberta do 1 ao 15 de Marzo


EXPOSICIÓN MULLER E A CIENCIA

Comezou, co moito suceso, no Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero do Inferniño, a Exposición Ciencia Ex-Aequo.

Esta asociación veciñal d'O Inferniño, dende a súa Vogalía da Muller, quere render a nosa homenaxe as mulleres que foron descriminadas socialmente por esta condición.

A Concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, abreu esta Exposición.

A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño en mútua colaboración coa Área de Educación do Concello de Ferrol, abriron a exposición de pintura Ciencia Ex- Aequo da autora Margarita Cimadevila.

Participaron os alumnos/as do IES SOFÍA CASANOVA polo que agradecemoslles o seu interese asi como a colaboración do corpo de profesores/as.

Estará aberta esta EXPOSICIÓNS no Centro Cultural Carvalho Calero do 1 ao 15 de Marzo.





Nesta Exposición se visualizará a relación que hai entre estas obras e os descubrimentos destas científicas de principios do século XX, discriminadas por súa condición de muller

As visitas a sala de Exposicións se sucederán por estudantes de distintos centros escolares e institutos.

A comisaria de Expopsición, Ana Jesús López, estará a disposición para realizar visitas guiadas e explicacións.

Solicita-lo ao correo da Asociación.

Cuadros de grande calidade artística e de contido científico.

Fotos da ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:
Asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
5 de março de 2010 01:28
_____________________________

domingo, febreiro 28, 2010

Exposición Ex Aequo do 1 ao 15 de Marzo no Inferniño, no Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero


EXPOSICIÓN MULLER E A CIENCIA

Esta Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, coincindo neste mes de Marzo co DÍA DA MULLER TRABALLORA, quere conmemorar e adicar o noso recoñecemento as mulleres que loitaron polos seus dereitos e igualdade sociais.

Este é o caso das mulleres do século XIX dende a perpectiva científica.

A Asociación veciñal O Rosario- Inferniño en colaboración coa Concellaría de Educación ten o precer de presentar a seguinte actividade destinada ó público en xeral pero con especial atención ós estudantes de distintos niveis educativos (6º de E.P., ESO, Bacharelato, F.P. e Universidade).

Ciencia Ex AEQUO (Ciencia por igual)

  • Exposición de pintura
  • Autora: Margarita Cimadevila
  • Organiza : A.Veciñal O Rosário Inferniño / Concellaría de Educación
  • Comisaria da exposición: Ana Jesús López Díaz
  • Centro Cultural Municipal Carvalho Calero
  • Datas: do 1 ao 15 de marzo
  • Presentación a cargo da autora o día 2 de Marzo no salón de actos do Carvalho Calero ás 17:00 (duración aproximada 45 min).

Resumen e obxectivos:

Ciencia EX AEQUO réndelles homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de realizaren un magnífico labor e mereceren recoñecemento polo seu traballo, moitas veces foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un segundo plano a favor dous seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparo en atribuírse os seus traballos. Non é por tanto casualidade que celebremos esta exposición, coincidindo co 8 de Marzo, Día da Muller.

Ciencia EX AEQUO:

Presenta unha selección centrada no século pasado e nos campos da física, química, bioloxía, matemáticas e astronomía, que se concretou en doce científicas do mais alto nível.


A fonte de inspiración da autora foi o feito científico sobre o que esas mulleres traballaron, o que fai que, aínda que todos os cadros tratan de Ciencia, toquen temáticas moi diferentes, que quedan plasmadas en doce lenzos (1x1 m2 técnica mixta) acompañados dunha breve explicación científica e unha nota biográfica.

Conferencia:

A exposición vai acompañada de unha conferencia o día 2 de Marzo ás 17:00 no salón de actos do Carvalho Calero na que a propia autora nos presentará a súa obra, os criterios á hora de seleccionar as científicas ás que rende homenaxe, e o feito científico que tratou de plasmar en cada lenzo.

Esta charla está especialmente orientada os estudantes de secundaria e bacharelato, os que a autora coñece ben dado o seu traballo como profesora, e directora do I.E.S Urbano Lugrís da Coruña.

Invitamos ós institutos de Ferrol a que asistan a esta presentación, ademais da exposición.

Dada o aforo limitado do salón de actos (200 prazas aprox.) aconsellamos ós profesores interesados en asistir se poñan en contacto co concello ou coa A.Veciñal para reservar prazas.

Finalmente os propios feitos científicos que se expresan en cada un dos lenzos e a breve explicación que a autora presenta seguro que provocan a curiosidade dos rapaces; é precisamente a curiosidade o motor do coñecemento científico e do avance da sociedade.

¿Por qué é interesante para os estudantes de secundaria e bacharelato?
Ademais do interese que calquera manifestación artística pode ter na formación integral dos rapaces, esta exposición e a conferencia que a acompaña permite traballar distintos aspectos da súa formación:
  • O Recoñecemento da igualdade entre ambos sexos.
  • A cultura do esforzo e superación que estas mulleres demostraron traballando en condicións adversas.
  • O coñecemento científico como un traballo continuado e concatenado de moita xente ó longo de moitos anos: O traballo destas científicas nacidas no século XIX sentou as bases do coñecemento en temas de tanta actualidade como o ADN, a fisión nuclear, os fenómenos sísmicos...
  • Promover unha visión integradora do mundo a través da conexión entre realidades tan aparentemente distintas como son a ciencia e o arte.

A Autora:

Margarita Cimadevila é natural de Sada, A Coruña, licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como profesora de Física e Química en distintos institutos de Galicia. Actualmente imparte docencia no IES Urbano Lugrís da Coruña, do que é directora.

A súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra.

A raíz da súa participación na HST03, escola de profesores do laboratorio europeo de investigación nuclear, CERN, en Xenebra, a súa obra céntrase en unir os seus dous mundos, presentando una proposta na que Ciencia e Arte se mesturan e entrelazan, que ten un carácter artístico, divulgativo e didáctico

Colaboración da Concellaría de Educación:

• Difundir o acto a través da súa páxina web e xestionar as solicitudes dos centros educativos
para asistiren á exposición e á conferencia de presentación.

• Facilitar trípticos informativos que estarán a disposición dos visitantes á exposición.

A Presidenta
Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ asdo.


O Secretario
Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:
Asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
27 de fevereiro de 2010 22:44
_____________________________

mércores, febreiro 17, 2010

Concello e A.Veciñal O Rosario do Inferniño, rendirán unha homenaxe ás mulleres científicas nadas no século XIX cunha exposición e unha conferencia no Carvalho Calero


  • A concelleira Mercedes Carbajales e a presidenta da A Veciñal, Ana J. López, presentaron esta mañá as iniciativas, pensadas en particular para estudantes de ESO ou Bacharelato
  • A mostra de pintura “Ciencia EX Aequo” inaugurarase o 2 de marzo e nela invítase á reflexión sobre o recoñecemento da igualdade entre homes e mulleres ao longo da historia
Ferrol, 12 de febreiro de 2010.- A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, presentou esta mañá xunto coa presidenta da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, Ana Jesús López, unha iniciativa que se levará a cabo de xeito conxunto no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero. Trátase, tal e como explicou a responsable das políticas municipais de Educación, dunha exposición de pintura e dunha conferencia que terán como protagonistas a aquelas mulleres que ao longo da historia tiveron un destacado papel no mundo da ciencia sendo, en ocasións, esquecidas.

Tal e como subliñou a edil Mercedes Carbajales, esta iniciativa enmárcase dentro da política levada a cabo polo departamento que dirixe coa finalidade de transmitir á sociedade en xeral e aos estudantes, en particular, a importancia de educar en igualdade, fundamental para construír unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres.

Este será un dos aspectos relacionados coa actividade que hoxe se deu a coñecer. E neste senso, a presidenta da AVeciñal O Rosario avanzou que a sala de exposicións do Carvalho Calero acollerá desde o 1 de marzo ao 15 a mostra de pintura “Ciencia Ex Aequo” (“Ciencia por igual”) da que é autora Margarita Cimadevila, licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e directora, na actualidade, do IES Urbano Lugrís de A Coruña. Nela réndese unha homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de ter realizado un importante labor e mereceron un recoñecemento polo seu traballo, foron ignoradas en moitas ocasións ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparos en atribuírse os seus traballos.

A exposición, tal e como destacou Ana López, coincidirá coa conmemoración, o vindeiro 8 de marzo, do Día da Muller, unha data moi apropiada para dar a coñecer o labor desempeñado por unha ducia de mulleres que, nadas no século XIX e principios do XX, xogaron un importante papel na Ciencia, en campos como o da física, química, bioloxía, matemáticas ou astronomía. Para iso, cada un dos cadros que integran esta exposición estarán acompañados dunha breve explicación científica e dunha nota biográfica.

Así mesmo, xunto con esta exposición, a edil Mercedes Carbajales anunciou que se celebrará unha conferencia o vindeiro 2 de marzo, ás 17.00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero, na que a propia autora da mostra, Margarita Cimadevila, presentará a súa obra, os criterios tidos en conta á hora de seleccionar as científicas ás que rende homenaxe e o feito científico que tratou de plasmar en cada lenzo.

A responsable de Educación do Concello subliñou que esta charla está especialmente orientada aos estudantes de Secundaria e Bacharelato, se ben está aberta a toda a cidadanía, polo que se cursou unha invitación a todos os institutos da cidade para que asistan a esta convocatoria. Para iso, os centros interesados deberán contactar co Departamento de Educación do Concello de Ferrol, a través da súa páxina web (www.ferrol.es/educacion), onde ademais poderán descargar as solicitudes.

A este respecto, a edil destacou o interese destas dúas actividades que pemitirán traballar en aspectos como o recoñecemento da igualdade entre os dous sexos, a cultura do esforzo e superación que estas mulleres amosaron traballando en condicións adversas, o coñecemento científico como un traballo continuado e concatenado de moita xente ao longo de moitos anos, que sentou as bases do coñecemento en temas de máxima actualidade como o ADN, a fisión nuclear ou os fenómenos sísmicos, entre outros. Tamén pretende promover unha visión integradora do mundo a través da conexión entre realidades tan aparentemente distintas como son a ciencia e a arte.

Concello de Ferrol - A. Veciñal O Rosario- Inferniño.

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
16 de fevereiro de 2010 23:51
__________________________

sábado, xaneiro 23, 2010

Acto Festivo no Teatro Jofre con motivo da presentación do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol


Estimad@s veciñ@s,

O próximo sábado 23 de xaneiro ás 20,30 horas no Teatro Jofre terá lugar o Acto Cidadán para a presentación e difusión do Regulamento de Participación Cidadá. Remito, de novo, o esquema da actividade, que durará aproximadamente 1 hora e media:
  • Entrega a todas as persoas asistentes da publicación do Regulamento de Participación Cidadá cun glosario de termos sobre democracia.

  • Presentación do acto, xornalista Raúl Salgado. Explicación da cronoloxía do proceso participativo.

  • Intervencións en clave de comedia, coa actriz e monologuista Cristina Moreira. Ferrol como cidade de conflitos.

  • Grupo de jazz-tango "Tiempo4".

  • Intervención de Mapi Venancio, veciña participante do grupo de traballo que conformou o GAP (hoxe membro da Comisión Provisional de Control de Participación Cidadá).

  • Karlotty e Guillermo Ferrandez, poesías baixo a temática da participación cidadá.

  • Pechará as intervencións o Alcalde, acompañado polos membros da Comisión Provisional de Control de Participación Cidadá.

  • Finaliza o acto coa actuación de 72 músicos/as da Banda Municipal de Concello de Ferrol e da Banda do Tercio Norte.

Dada a previsión de asistencia de numeroso público, é preciso que retiredes as convidacións no Teatro Jofre, en horario de taquilla, de 11,00 a 13,00 horas e de 18,00 a 20,00 horas.

Apertas,


Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
avvorosario@gmail.com
orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
22 de janeiro de 2010 01:08
________________________

martes, xuño 09, 2009

Asemblea de Barrio no Inferniño para presentar e debatir sobre o Regulamento de Participación Cidadá

Esta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, con representación no GAP (Grupo de Análise e Proposta), queremos iniciar unha ASEMBLEA DE BARRIO co obxecto de presentar e explicar a veciñanza o proceso do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, este vindeiro xoves, día 11 de xuño as 7 h da tarde no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

O principal fin é informar e difundir a toda a cidadanía o verdadeiro significado da PARTICIPACIÓN CIDADÁ así como involucrar as diferentes entidades socio- culturais e deportivas do barrio.

Trataremos de contar coa presenza de varios membros do GAP coa intención de informar respecto a este proceso , analizar e debater o auténtico alcance da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA

Esta mesa estará composta por varios membros do GAP:
  • Alberto Saavedra, Presidente da A.Veciñal de Ferrol- Vello.
  • Magdalena Gonzalez da Asociación Prioriño.
  • Miguel López, Presidente da Asociación Veciñal de FONTELONGA.
  • Pilar Venancio, Presidenta da A. V. de Caranza.
  • Maica Rodriguez, Asesora de Participación Cidadá,
  • Manuel Santiago, CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
  • Moderando esta presentación o membro do GAP, Xosé Manuel Sanxoán da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.
Lembramos que os ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS ( 2 MILLÓNS de € ano 2009-10) requerirán dun exercico do máximo consenso social e a participación directa de todas as entidades do barrio do Ensanche , no Inferniño, as cales serán expresamente convidadas a este acto.


Saúdos veciñais.

Asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
e Ana J. López - Presidenta

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

_______________

domingo, maio 24, 2009

A asociación veciñal "O Rosario - Inferniño" celebrou as Letras Galegas con moito suceso

LETRAS GALEGAS - 2009

A nosa asociación veciñal, convidou a toda a cidadanía a participar nunha lectura en galego, co fin de celebrar as Letras Galegas - 2009. O acto celebrouse no Centro Cultural Municipal "Carvalho Calero".

Participaron varios representantes sociais de diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas da cidade.

[P5211501-733633.JPG]

Noso compañeiro X. Miguel López da Asociación Veciñal "Fontelonga" de Esteiro, fixo gala da súa inconfundible reivindicación a prol do idioma galego coa lectura dunhas estrofas de dous ilustres escritores: Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.

[P5211499-732720.JPG]

As raparigas leronnos varias historias e lendas galegas.

Houbo unha grande participación infantil, o que nos comprace saber que cada ano aumente a presenza das crianzas nestes acontecementos culturais.

[P5211515-734980.JPG]

Expresamos nosa satisfacción pola lectura da mocidade e todas as idades.

[P5211521-735992.JPG]

Nosa compañeira Pilar Venancio, Mapi, da Asociación Veciñal de Caranza, sorprendeunos gratamente realizando unha lectura galega de calidade.

[P5211525-736685.JPG]

Aurora Varela, veciña deste barrio e socia de nosa asociación, disertou sobre a figura de Ramón Piñeiro, homenaxeado este ano 2009.

Varios veciñ@s e alumnas acudiron ao salón de actos para escoitar a Aurora, súa Profe de galego.

Repartimos varios libros entre @s presentes e participantes que nos remitiron das institucións.

[P5211510-734778.JPG]

Rematou este acto superando con creces as nosas previsións de asistencia polo que emprazamos e convidamos a toda a veciñanza a participar nas Letras Galegas do ano 2010.

http://www.march.es/Recursos_Web/Culturales/conferencias/img/1154_1879.jpg

Desexamos que para as vindeiras Letras - 2010 sexan para o profesor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

A Presidenta
Ana J. LÓPEZ DÍAZ
O Secretario
Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com


____________________