Amosando publicacións coa etiqueta Resolucións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Resolucións. Amosar todas as publicacións

mércores, marzo 21, 2007

Proposta de resolución para a Asembleia Xeral da PA21, do vindeiro 27 de marzo, sobre Cha de Brión e Leixa

PLATAFORMA ARTABRA 21

-PROPOSTA DE RESOLUCIÓN-

PROTECCIÓN DOS ESPAZOS NATURÁIS DO CHA DE BRIÓN E DE SAN PEDRO DE LEIXA


Na actualidad , varios espazos de interese natural e arquolóxico do concello de Ferrol atópanse ameazados por diversas actuacións urbanísticas e empresariais.

En concreto, está aberto o proxecto de facer un “megapolígono industrial “ (Plataforma Loxística) no Chá de Brión, e por outra banda, e bastante avanzado, esta o “Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007).

Dende a “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, integrado por Clube de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, ADEGA, e veciños de Brión e de Leixa, realizamos diversas actuacións, iniciativas e alegacións cara a preservar a riqueza patrimonial e natural destas zonas.

En resumo, os puntos mais salientables polos que nos parece que debense de protexer a riqueza destas zonas son os seguintes

A) CHA DE BRIÓN

-zona con importantes restos arqueolóxicos (máis de 35 mámoas catalogadas por Patrimonio). Unha actuación urbanística na zona, non estaría en acorde, na nosa opinión, có artigo 104 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a súa modificación Lei 15/2004 referente a “Adaptación a ambiente”

-está adxacente ó LIC “Costa Artabra” e unha actuación urbanística nesta zona podería danar zonas moi sensibles como a lagoa de Doniños, a propia costa Artabra,etc

-nacemento de regatos e presencia de humedais. A construcción de naves industriáis nesta zona estaría en contraposición coa recentemente aprobada Lei 5/2006 no parlamento galego para “Protección conservación e mellora dos ríos galegos”

-existencia de algunhas das ultimas turbeiras de Galicia

-flora e fauna con alguns especímenes no listado de especies a protexer.

-etc.etc

B) SAN PEDRO DE LEIXA

-atópase á “Fraga da Pega” e a “Fraga da Casa do Monte” uns dos últimos reductos de bosque autóctono non ripícola que se conserva no municipio ferrolán. Tamén nesta zona hai flora moi importante con Ripsilvas, e bosque de ribeira

-zona con importantes restos arqueolóxicos : Castro da Leixa (Croa) , Castro de Sta Icia , e a mámoa de Trasancos (actuación urbanísitca na zona: mesmos incumprementos da Lei 15/2004)

- Nesta zona atópanse especies animáis incluidas no “Catálogo Nacional de Especies Amenazadas” (CNEA) con categoría de vulnerable (V) e/o perigro de extinción. Máis de 40 especies entre mamíferos, reptiles, aves, peces, ou anfibios da zona estarían englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable”.

-Nesta zona está os regatos de Fonteiroa, o rego de Leixa e o rio Frexeiro, zonas especialmente sensibles a unha posible actuación empresarial.

-Esta superficie atópase en contacto directo có Hospital Basico da Defensa e o Hospital Novoa Santos. Non semella moi axeitado facer un polígono industrial e trafico de mercadurías potencialmente perigrosas nesta zona.



Por todo o exposto presentamos “proposta de resolución” á Plataforma Artabra 21:

1º Considerar ó “Chá de Brión” e os espazos naturáis de “San Pedro de Leixa” zonas naturais e de interese arqueoxólico a protexer de defendelas de posibles actuacións urbanísticas e empresariais.

2º Apoiar a solicitude de que preservar integramente as fragas de esa zona, en concreto as de “A Pega”, “Casa do Monte” con fíguras especiais de protección así como os cursos fluviais e bosques de ribeira

3º Apoiar a solicitude de que sexa declarado tanto o Chá de Brión como os espazos naturais de San Pedro de Leixa como “Espazos Naturais Protexidos”.



Ferrol 19.2.2007

En representación da “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”,


Xan Ramirez
Pdte Clube Montaña Ferrol

Asdo Antonio García Jiménez
Vogal de Adega-Trasancos

Ignacio Allegue
Responsable de Medio Ambiente de IU-EU

Carlos García
Responsable de Nós-UP

Jaime López
Representante Veciños Brión

_______________

Enlaces relacionados:

Presentadas alegacións ao Proxecto Sectorial do parque empresarial de Leixa e ao Estudo de impacto Ambiental

Alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007)

_______________