Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións

martes, decembro 12, 2017

Declaracións da eurodeputada galega Lídia Senra: Pregunta dirixida á Comisión Europea en relación ao control público das vacinas


Declaracións da eurodeputada Lídia Senra: Pregunta dirixida á Comisión Europea en relación ao control público das vacinas.  | Declaracións da eurodeputada galega Lídia Senra. |Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).


A pregunta dirixida á Comisión Europea o pasado mes de agosto, non vai de vacinas si/ vacinas non”. Vai de que se garanta a transparencia, a información, de que os poderes públicos garantan a seguridade fronte ao poder dos laboratorios, e da non obrigatoriedade no contexto europeo (cousa que non é diferente ao que xa existe no Estado Español).

[Texto íntegro]

Respeto moito as diversas opinións e críticas que xurdiron con motivo desta pregunta, e ao mesmo tempo quero aproveitar para agradecer profundamente as mostras de solidariedade”.

Ámbalas dúas cousas (as críticas e a mostras de solidariedade) son un valioso estímulo para seguir preguntando á Comisión Europea; cousa que seguirei facendo. Penso que non se pode ter medo a facer preguntas”.

Eu seguirei preguntando e seguirei traballando para que as decisións políticas que afectan á saúde e á seguridade de todos os medicamentos non estean condicionadas polos intereses das farmacéuticas. Seguirei traballando para demandar investigación pública, e que as Administracións públicas sexan o garante de que o único que vai primar á hora de tomar decisións sexa a saúde”.

Isto é algo que levo facendo neste Parlamento desde o primeiro momento, cando en outubro do 2014 no marco da posta en marcha da actual Comisión Europea me dirixín ao Presidente Juncker para que a Axencia Europea do Medicamento permanecera na Dirección Xeral de Saúde e Consumo e non na Dirección Xeral de Industria,  como pretendían”.

[Texto íntegro]

Dende a miña responsabilidade como deputada no Parlamento Europeo, seguirei traballando na defensa da sanidade pública fronte as política neoliberais que está poñendo en marcha o Partido Popular para privatizalas. Cando o PP lanzou fai uns días este ataque contra min, repito, por unha pregunta rexistrada no mes de agosto, seguramente pensou que lle podería servir para tapar o debate, o malestar social  sobre o deterioro da sanidade e a falta de medios, e  as mobilizacións que está habendo na Galiza na defensa da Sanidade Pública”.

Queremos investigación pública e control público na Sanidade. Nas vacinas, nos medicamentos, nos tratamentos, na investigación...  A saúde é un dereito polo que temos que loitar con todas as nosas forzas. Estas foron as miñas razóns para preguntarlle á Comisión Europea pola información e o control público sobre as vacinas”.

Estrasburgo, 12 de Decembro de 2017
---
Lídia Senra Rodríguez. | Eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu     

Máis información:
http://ageuropa.gal/

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
12 de dezembro de 2017 19:37

________________

mércores, maio 04, 2016

Badaladas pola prevención do suicidio en Galiza



Movemento Galego da Saúde Mental

Por un Plan Galego de prohibición do suicidio xa! . | Ir á Web.

Badaladas pola prevención do suicidio


https://youtu.be/3nu0MAtTcS4

Web do Movemento Galego da Saúde Mental:
http://movementogalegosaudemental.gal/

Enlace de referencia:
Praza Pública. | Badaladas pola prevención do suicidio. | Ir á Web.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com- 
4 de maio de 2016 00:57
https://lupeces.blogspot.com
_____________

venres, febreiro 05, 2016

Por+Vida fai un chamamento no Día Mundial da Loita contra o Cancro; " Unha terceira parte da poboación do estado padecerá cancro algunha vez na súa vida"


POR+VIDA
Sobre o 4 de febreiro
DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO


Este xoves 4 de febreiro foi o Día Mundial da Loita contra o Cancro. E nós coma todos os anos, dende a fundación desta asociación no 2011, queremos chamar a atención aproveitando esta data na que os medios e a cidadanía poñen unha especial énfase. Para nós todos os días do ano son de loita contra esta enfermidade onde temos que aprender a vivir coa mesma e concienciar a sociedade pois todas as persoas son vítimas potenciais. E dicimos isto cos datos publicados pola Sociedade España de oncoloxía médica (SEOM) onde nos contan que unha terceira parte da poboación do estado padecerá cancro algunha vez na súa vida, na que agardan un 246.713 novas diagnoses, un 12,6 por cen máis que no 2012. Estas cifras xustifícanse polo aumento do envellecemento na poboación pola exposición de factores medio ambientais e a eficacia das técnicas de diagnose.

Os cancros máis habituales coas cifras do ano 2012 foron os colorrectais (14,98 %) que afectaron a ambos sexos, seguidos do de próstata (12,92 %), pulmón (12,39 %), mama (11,7 %) e vexiga (6,4 %).

Considera o SEOM ao cancro como un problema sanitario de primeira orde pois constitúe un dos principais motivos de ingreso hospitalario e a segunda causa de morte despois das enfermidades do aparato circulatorio.

Nós tomamos as recomendacións médicas e a experiencia para difundir e mellorar a as nosas vidas e as da cidadanía con hábitos saudables (comer sano, non fumar, práctica de actividade física constante adaptada as necesidades e a natureza de cada persoa), realización de probas de control e detección precoz desta enfermidade que poden atallar antes e dun xeito efectivo a enfermidade antes de que chegue a un estado avanzado.

Tampouco imos deixar escapar a oportunidade de volver a lembrar as nosas reivindicacións e peticións urxentes ante o tema sanitario que nos afecta:

  • Políticas de prevención eficaz que inclúan a educación para a saúde.
  • Unha atención integral e multidisciplinar aos enfermos, a dotación dos recursos humanos e materiais suficientes para ser tratados coa dignidade á que temos dereitos como pacientes.
  • A eliminación dos copagos sanitarios e a dispensación dos tratamentos recomendados polos oncólogos sen inxerencias dos cargos político-administrativos.
  • Aquí denunciamos as restricións do uso de fármacos oncolóxicos e a falla de transparencia da Administración Sanitaria Galega ao respecto.enormes retrasos con que a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios aproba o financiamento dos novos fármacos, despois de seren autorizados pola Unión Europea (no caso do TDM1 foi de 600 días, cando a UE recomenda un máximo de 180 días), e os enormes retrasos con que a Comisión de Farmacoterapia de Galicia os reaproba na nosa Comunidade despois de ser autorizados polo Ministerio de Sanidade (aproximadamente 2 anos no uso ampliado da Abiraterona). Isto implica que moitos enfermos galegos morrerán sen poder beneficiarse destes tratamentos, máis investimentos en investigación;
  • Non esquecemos as nenas e nenos enfermos de cancro que teñen dereito a máis apoio educativo.

Iniciamos esta semana coa difusión nas redes sociais de imaxes coas nosas mensaxes. Hoxe faremos un reparto de froita no concello de Fene á xente moza onde queremos transmitir os hábitos saudables da comida.

Un saúdo,
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
3 de fevereiro de 2016 16:30
_____________

venres, xaneiro 22, 2016

O Parlamento Europeo freou un acto delegado orientado a mermar as esixencias nutritivas e de información de alimentos infantís e provintes de cerais - Lídia Senra: "Unha institución dominada polos lobbies non respecta nada; tampouco a saúde das nenas e nenos"


Lídia Senra: "Unha institución dominada polos lobbies non respecta nada; tampouco a saúde das nenas e nenos". | O PE freou hoxe un acto delegado orientado a mermar as esixencias nutritivas e de información de alimentos infantís e provintes de cerais. | Arias Cañete, defensor da proposta da CE de permitir até un 30% de azucres na comida infantil obviando que a OMS recomenda reducilo ao mínimo.


Estrasburgo, 20 Xaneiro 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou hoxe a súa satisfacción pola aprobación dunha resolución do Parlamento Europeo que se opón a un acto delegado co que a Comisión Europea (CE) pretendía mermar os requisitos específicos de composición e información dos alimentos elaborados a base de cereais e os alimentos infantís.

É sabido que o lobby da agroindustria é un dos máis poderosos do mundo [1], sendo a Comisión Europea unha das institucións máis marcadas pola súa influencia [2]. Por iso mesmo, sinala a eurodeputada de AGEe, "non pode deixar de indignarnos situacións como a que vimos esta mañá, con un Comisario Europeo defendendo que a alimentación infantil poda conter residuos de pesticidas ou que un 30% da enerxía que aporten sexa proporcionada por azucres, cando a OMS sinala que non se debe engadir azucre nin sal aos complementos alimenticios infantís e, en todo caso, os azucres 'libres' deben ser inferiores ao 5%".

Iso si, a elección do Comisario Miguel Arias Cañete para adoptar esta posición é bastante coherente se temos en conta que é o político europeo que máis se reúne con lobbies [3], e que até a organización Observatorio Europeo das Corporacións lle adicou un informe resaltando os seus intereses na industria agrogandeira e enerxética.

Esta modificación lexislativa tentouse realizar ademais a través dun acto delegado, procedemento que permite que a Comisión Europea poda adoptar actos non lexislativos de alcance xeral por si mesma. "O feito de que esta modificación se pretendera introducir a través dun acto delegado, evitando así o debate no Parlamento, resulta intolerábel", condenou Senra. "Se temos claro que ca comida non se xoga, ca alimentación das nenas e nenos inda menos".

Permisividade cos niveis de azucre, ca presenza do glifosato (polémico pesticida canceríxeno que conta cunha especial simpatía por parte da CE), a non publicación das actas de xuntanzas mantidas con empresas e ONG's, contradición das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) en canto á promoción de lactancia materna e presenza de sales e azucres na comida infantil, ocultación de datos das xuntanzas bilaterais mantidas pola Comisión Europea... Foron algunhas das críticas realizadas hoxe polo Parlamento Europeo a través da resolución presentada.

"A estratexia que pretendeu realizar hoxe a Comisión Europea para aprobar esta modificación da calidade da alimentación das crianzas demostra que unha institución dominada polos lobbies, polos intereses das grandes empresas, non respecta nada; nin tan sequera a saúde das nenas e nenos", criticou a eurodeputada galega. "É importante que o Parlamento teña parado esta tentativa hoxe. Temos que loitar con contundencia contra a grave situación de que as malas prácticas das industrias teñan como coartada a propia legalidade, tal e como se pretendeu hoxe e como, desgraciadamente, acontece demasiado a miúdo". [4]

Notas.-
[1] DUCH e FERNÁNDEZ, La Agroindustria bajo sospecha, Barcelona (2010).
[2] Guía de lobbies de Bruselas, Lobbies corporativos en la Unión Europea; Las relaciones entre la industria de los transgénicos y la comisión europea; "Los negocios de Bruselas"; "Los lobbys de Bruselas , el control de la UE".
[3] Datos sobre Miguel Arias Cañete, Observatorio de lobistas de Transparencia Internacional: http://www.integritywatch.eu/ec.html.
[4] Caso Hero Baby, "Lo vendemos porque es legal": http://www.dimequecomes.com/2015/02/hero-baby-lo-vendemos-porque-es-legal.html

Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
20 de janeiro de 2016 18:03

________________

xoves, decembro 17, 2015

Profesionais da sanidade pública andaluza realizan a primeira operación para extirpación dun tumor con mapeo cortical da linguaxe musical e paciente esperto - Un músico tocou o saxofón mentres lle extirpaban un tumor cerebral en Málaga - Vídeo


Un músico tocou o saxofón mentres lle extirpaban un tumor cerebral en Málaga

Foi unha intervención pionera que realizaron no hospital público andaluz, Hospital Rexional Universitario de Málaga. Han extirpado con éxito un tumor cerebral a un mozo, músico de profesión, ao que non só lle mantiveron consciente, senón que lle fixeron tocar o saxofón durante a operación, din que para evitar danos.

Só en California en xuño deste ano realizouse unha intervención similar. Agora foi en Málaga, no Hospital Rexional onde se realizou esta operación de neurocirugía a Carlos Aguilera, músico de profesión, que se someteu fai dous meses a unha intervención onde lle extirpaban un tumor cerebral. Tiña que estar esperto durante a operación e, ademais, tocar o saxofón, sedado pero consciente. Os neurociruxanos indicábanlle cando tiña que tocar o instrumento mentres o equipo médico facía un mapeo do cerebro para non danar as zonas que se dedican á música. Tras doce horas de intervención, varios fragmentos de música interpretados por Carlos, como unha suite de Bach e unha peza de jazz, e logo de 8 semanas de recuperación, este mércores o paciente volveu a tocar as mesmas pezas coa mesma beleza. Carlos só ten que poñerse un pano nun dos seus ollos, porque aínda ve dobre nun deles, pero segundo o equipo médico que o trata é temporal e irá desaparecendo co tempo. A anécdota de Carlos é única: poderá contar que el tocou o saxofón mentres estaba na mesa de operacións.


A nova na web do propio hospital público: Ir á Web.

Fonte: Hospital Rexional Universitario de Malaga, Público, TVE e Axencias.
____________

luns, novembro 30, 2015

A Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA de Fene participou esta fin de semana pasada no X Congreso de Pacientes de Gepac en Madrid





A Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA de Fene participou esta fin de semana pasada no X Congreso de Pacientes de Gepac en Madrid, organizado para pacientes, familiares e profesionais da mediciña. O sitio escollido foi a Escola Técnica Superior de Arquitectura os días 27, 28 e 29 de novembro.

Por+Vida é membro de Gepac dende o ano 2012, e leva asistindo a estas xornadas en varias edicións. Este ano representaron ao noso colectivo Olalla Sas Cruz, a nova presidenta, e Mª Carmen Rodríguez Fontán, a nova vicepresidenta.

Foi un evento declarado de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade da comunidade onde se celebra. Tamén estivo avalado por 21 sociedades científicas.

Houbo máis de 80 coloquios de distintos tipos de cancro e aspectos xerais da enfermidade dirixidos a pacientes e a familiares (novas estratexias de soporte nutricional, prevención, ensaios clínicos, novas terapias, avances nos diferentes tipos de cancro, ciruxía reparadora por exemplo no cancro de mama, xenética, o exercicio físico despois do cancro, humanización nos coidados paliativos, biobancos: a importancia das mostras de tumores, benestar do pacente e a intelixencia emocional,...) así como talleres (nutrición como en casa, taller de cuidadores: "traballando dende a resilencia", relaxación, maquillaxe, risoterapia ...) e actividades (debates, visita aos stands das asociacións participantes, empresas colaboradoras,...) . Participaron máis de 100 profesionais neste congreso que aposta por unha visión multidisciplinar. A asistencia ao mesmo foi gratuíta.

Gepac é o grupo Español de Pacientes con Cancro. É unha organización independente sen ánimo de lucro composta por 44 asociacións de pacientes, 10 membros corporativos e 7 divisións propias: mama, próstata, pulmón, ril, fígado, páncreas, pel e melanoma. Esta alianza ten como propósito compartir recursos e experiencias e ter unha soa voz ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde. Para máis información remitirse á web http://www.gepac.es/

Por+Vida tamén coincidíu con outras asociacións galegas membros de Gepac tamén como Asotrame de Narón e "Somos Unidos contra el Cáncer de Lugo".

--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
30 de novembro de 2015 18:00
________________

venres, abril 17, 2015

Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, acto organizado por Anova en apoio á candidatura de Ferrol en Común


Foro Anova sobre Benestar e Saúde


Anova-Ferrol organiza o Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, que terá lugar o luns 20 de abril, as 18.00 h, na Sala de exposicións do Ateneo Ferrolán. Un acto en apoio á candidatura de Ferrol en Común.

A este foro foron convidadas entidades e persoas directamente relacionadas co tema.

Animámosvos a acudir!

Anova-Ferrol
http://anova.gal/

Conta no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Conta no twitter:
https://twitter.com/anova_ferrol


Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrol@anova.gal-
17 de abril de 2015 09:32

_____________