Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade. Amosar todas as publicacións

sábado, marzo 02, 2013

Mobilicémonos na Defensa da Sanidade Pública - Este Domingo 3 de Marzo en Ferrol

O domingo, día 3 de Marzo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Áreasanitaria de Ferrol, CONVOCAMOS  unha Manifestación Comarcal que sairá da Praza de España ás 12 do mediodía e rematará diante do Concello de Ferrol.    

Facemos un chamamento a toda a cidadanía da comarca de Ferrolterra a participar nesta mobilización en favor da Sanidade Pública co fin de parar a súa privatización, denunciar os recortes e o repago, redución das listas de espera, peche de centros saúde, perxuízo da sanidade na zona rural, cumprimentos das melloras nos planos de atención primaria, enfermidades profesionais, saúde mental e drogodependencia.
  • Por unha Sanidade Pública, gratuíta e universal para todos por igual.
  • Pola posta en funcionamento do Hospital Naval ao 100%.
  • Para que non pechen o Hospital Novoa Santos e ningún PAC.
  • Construción dos novos Centros de Saúde en Narón, A Capela, Cedeira e Ares.
  • Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais.
  • Poñer a andar o Plano de Mellora da Atención Primaria.
  • Poñer a andar o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
  • Pola redución das listas de espera.
  • Derrogación do Decreto de Transporte Sanitario non Urxente.
  • Asistencia sanitaria a inmigrantes sen papeis e maiores de 26 anos que nunca cotizaron.

Convocan: A.C. A Revolta | A.C. Fuco Buxán | A.VV. A Cabana | A.VV. A Graña | A.VV. Caranza | A.VV. Covas | A.VV. Esteiro | A.VV. Ferrol Vello | A.VV. O Cruceiro de Canido | A.VV. O Cruceiro de Meá | A.VV. O Lago-Doniños | A.VV. O Rosario-Inferniño | A.VV. Prioriño | A.VV. San Fernando-Recimil | A.VV. San Pablo de Catabois | A.VV. Santa Eulalia de Limodre | A.VV. Santa Mariña | A.VV. Serantes | A.VV. Ultramar | A.VV. Valle de Esmelle | A.VV. Valón | AFINOR(Fibromialxia) | AGAVIDA | ALCER | AMICOR | Asociación de Diabéticos Ferrolterra | Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra | ASPANEMI | Ateneo Ferrolán | B.N.G. | C.I.G. | CC.OO. | COGAMI-Ferrol | Colectivo Ártabra21 | CPS de San Valentín | Esquerda Unida |Federación Veciñal Roi Xordo|Foro Galego da Inmigración | Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas | Grupo Rural de Narón | Lazos-Comité Antisida de Ferrol | Marcha Mundial das Mulleres |PSdeG-PSOE | TEIMA-Sindrome de Down | Terra Galega | U.G.T. | U.S.T.G. | Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol

Correo-e:
plataformadspferrol@gmail.com

Blogue:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Plataforma Galega SOS-SANIDADE PÚBLICA

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
2 de março de 2013 11:59

________________

mércores, decembro 19, 2012

Foi presentada a Iniciativa Lexislativa Popular - ILP, de SOS Sanidade Pública no Parlamento Galego - O PP rexeita defender os principios básicos da sanidade pública votando en contra


Presentacion da ILP SOS Sanidade Pública

Unha representación da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada e fundadora de SOS Sanidade Pública, acudimos a Compostela a concentrarnos diante do Parlamento Galego para apoiar a intervención de Manolo Martín en defensa da ILP presentada e apoiada de preto de 30.000 sinaturas. das que máis do 25% foron recollidas en Ferrolterra pola Pdspf, máis de 8300 sinaturas. Fomos a representación máis numerosa de cantas se traladaron a Compostela e estivemos presentes baixo unha choiva incesante e intensa coa nosa pancarta a onde se achegaron a saludarnos unha representación dos grupos parlamentarios do Psoe, AGE e BNG , onde estaban presentes as deputadas ferrolás Beatriz Sestayo do Psoe e Iolanda Díaz de AGE.

Os grupos parlamentarios de Psoe, AGE e BNG apoiaron a Defensa da Sanidade Pública e o Partido Popular rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular.

Compre salientar a ausencia de Núñez Feijoo no Parlamento Galego durante o debate a Iniciativa Lexislativa Popular, o que amosa o que lle importa tanto a Sanidade Pública como que unha iniciativa de 30.000 galegos e galegas chegase ao Parlamento. Temén a Conselleira de Sanidade, con vinculacións directas co  grupo POVISA, que chegou ao Parlamento cando xa Manolo Martín rematara a súa intervención(achegamos intervención de Manolo Martín e o alegato final). Outor tanto a Presidenta do Paralamento Galego. Pilar Rojo, quen durante a intervención de Manolo Martín non parou de falar, xusto detras del, polo teléfono móbil.

Lembramos que esta Iniciativa Lexislativa Popular tiña como promotores na comarca de Ferrol a Carlos Piñeiro e Xosé Miguel López.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos seguir mobilizándonos en contra dos recortes de dereitos e da privatización da Sanidade Pública e participaremos, coa nosa pancarta,  na concentración convocada pola Alianza Social Galega, da que formamos parte, o xoves día 20 de decembro ás 19:30 horas diante do Edificio da Xunta na Praza de España, facendo un chamamento á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra.

A noticia nos Medios:
http://praza.com/politica/3061/o-pp-tomba-a-lei-de-sos-sanidade-e-reprochalle-que-non-criticase-o-bipartito/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/12/18/pp-corta-paso-iniciativa-popular-favor-sanidad-publica/00031355831849233337757.htm

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/12/18/plataforma-gallega-recoge-30000-firmas-favor-sanidad-publica/675040.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/pp-echa-abajo-dos-iniciativas-populares-defensa-sanidad-preescolar-na-casa/idEdicion-2012-12-18/idNoticia-782069/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/12/18/galicia/1355834864_912671.html

http://www.eldiario.es/galicia/PP-SOS-Sanidade-Publica-bipartito_0_80842390.html

Documentos de interese nos Arquivos Ártabros:

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
18 de dezembro de 2012 17:29

______________

sábado, decembro 15, 2012

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol que participa na Plataforma Galega SOS-Sanidade Pública, presentou onte, en rolda de prensa, a Iniciativa Lexislativa Popular "ILP" que o vindeiro martes será debatida no Parlamento Galego


A Mesa do Parlamento de Galicia, controlada polo dereitista Partido Popular -PP, decidiu o pasado 11 deste mes de Decembro de 2012, que a Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos en apoio á mellora do sistema sanitario público e contra a súa privatización, se vai debater o próximo martes día 18 de Decembro sobre as 10 da mañá. A decisión tomada por sorpresa polo PP, déixanos un curto espazo de tempo para preparar a presentación da mesma e a súa difusión social.

O debate será sobre as dez da mañá, e teremos 15 minutos para presentala ao Pleno do Parlamento, e posteriormente cada grupo parlamentario disporá de dez minutos para o seu debate e pecharase cunha quenda de cinco minutos de réplica para o relator de SOS Sanidade pública.

A Iniciativa Lexislativa Popular sobre sanidade pública debátese o martes

A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública en Ferroltera-SOS Sanidade Pública presentou onte a Iniciativa Lexislativa Popular "ILP" que o vindeiro martes será debatida no Parlamento galego e defendida por un dos representantes da agrupación SOS-Sanidade Pública. Desde o PSdeG, BNG e AGE tamén se defenderá a postura da iniciativa popular.

Para presentar esta proposta no Parlamento foi precisa a presentación de 15.000 firmas "que se duplicaron" avalando a iniciativa. En Ferrolterra conseguíronse case a metade das necesarias para que se puidese defender a ILP.

Os representantes da Plataforma recordaron onte que coa iniciativa preténdese garantir o dereito á saúde no marco da sanidade pública que debe ser universal e gratuíta.

Así, aludiron non só ao copago farmacéutico senón ao que agora se expón para os servizos ortoprotésicos e para o transporte sanitario non de urxencia, que afectará a todas aquelas persoas que deban acudir a diálises, rehabilitación ou outros servizos.

O día 18 haberá ademais concentracións ante o Hórreo.

Nova publicada no xornal comarcal Diario de Ferrol | 15.12.2012

Borrador do Texto (acceder ou Baixar) que se vai ler no Parlamento Galego:

INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A DEFENSA E A PROMOCIÓN DA SANIDADE PÚBLICA EN GALIZA DA PLATAFORMA GALEGA SOS SANIDADE PÚBLICA

Escrito rexistrado do texto da prosta de ILT para que aprobe o Parlamento Galego:

Iniciativa Lexislativa Popular en formato pdf

PSdeG, AGE e BNG comprométense a loitar xuntos no Parlamento pola sanidade pública | 03.12.2012 | Ler en Praza Pública.



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Información baseada na enviada por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
15 de dezembro de 2012 09:17

______________

En que mans está a Sanidade no Reino de España? - Vídeo de Interese


En que mans está a Sanidade?

A nosa sanidade está en mans de conselleiros e presidentes autonómicos capaces de soltar perlas como esta do conselleiro de Saúde da Generalitat de Cataluña: "Non hai un dereito á saúde, porque depende do código xenético da persoa". Pero hai outras tantas: "Non hai un dereito á saúde, porque esta depende do código xenético que teña a persoa" ou "A Sanidade gratuíta foi fundamental para fomentar o efecto chamada".

Os conselleiros de Sanidade son autores dalgunhas frases memorables sobre un modo particular de entender a saúde. O conselleiro de Sanidade de Castilla-La Mancha, José Ignacio Echániz, home sensible, dixo aquilo de: "Non hai que esquecer que a sanidade gratuíta foi fundamental para fomentar o efecto chamada. Moita xente colleu unha patera porque sabía que en España tiña a asistencia sanitaria garantida".

Logo diso, Echániz explicou que non é que o seu Goberno estea recortando moito, é que antes se operaba demasiado, dicía. "Cos altos incentivos por operacións fomentábase unha maior indicación cirúrxica, operábase a un número de persoas por encima dos estándares de indicación cirúrxica", nas súas propias palabras.

O conselleiro de Saúde da Generalitat catalá, Boi Ruiz quitouse de encima a responsabilidade dos recortes nos seus hospitais cun razoamento demoledor: "Non hai un dereito á saúde, porque esta depende do código xenético que teña a persoa, dos seus antecedentes familiares e dos seus hábitos, que é o que sería o ecosistema da persoa".

O portavoz do PP na Comisión de Sanidade do Senado, Jesús Aguirre dixo no mesmo Senado que coa Sanidade temos que ser realistas porque non estamos en tempos de utopía, se non de abrocharnos o cinto.

Luisa Fernanda Rudi, presidenta do Goberno de Aragón e do Partido Popular de Aragón, afirmou que o do copago non é para tanto, que "con iso compran dous paquetes e medio de tabaco. Non tres".

O presidente do PP estremeño, José Antonio Monago dixo: "Antes de facer recortes sociais córtome un dedo". O orzamento sanitario reduciuse en Estremadura un 7% en menos de dous anos. E quen é o conselleiro que o fixo? Pois son tres, porque a Junta de Estremadura bateu unha marca: tres conselleiros de Saúde en ano e medio. O segundo tivo que dimitir, logo de ser sorprendido pasando consulta privada nunha óptica de Portugal.

laSexta.com | Madrid | Actualizado o 14/12/2012 ás 23:59 horas

Enlace vídeo: http://www.lasexta.com/videos-online/programas/sexta-columna/boi-ruiz-hay-derecho-salud-porque-depende-codigo-genetico-persona_2012121400219.html



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
15 de dezembro de 2012 09:17

_________

domingo, decembro 02, 2012

A Federación Veciñal de Ferrol " Roi Xordo " apoia a mobilización en Defensa da Sanidade Pública, contra as privatizaciòns e os recortes e contra o establecemento do repago que se celebrará o Martes 4 de Decembro en Ferrol

Comunicado aos medios de comunicación

A Federación Veciñal de Ferrol  "Roi Xordo" apoiamos decididamente a mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o martes día 4 de decembro ás 19 horas diante do Edificio da Xunta de Galicia na Praza de España en Defensa da Sanidade Pública, contra as privatizaciòns e os recortes e contra o establecemento do REPAGO.

Entendemos o acesso á Sanidade Pública como un dereito e como unha conquista da clase traballadora, que o Goberno do Estado e da Xunta de Galicia, coa excusa da crise, nos queren arrebatar.

Afirmamos que a Sanidade Publica é perfectamente sostible: O Estado Español é o que menos diñeiro lle dedica por persoa, 1500 euros/ano de media, de toda a Unión Europea e en Galicia aínda estamos por detrás. Con ese investimento, que non gasto, se obtén unha asistencia sanitaria de mellor calidade que a do conxunto da UE. En indicadores como a esperanza de vida ou en curación de cancro de mama estamos á cabeza e eso só é posible pola caliidade asistencial que, ata o momento, existe no Estado Español.

Se non fose sostible, que o é, do mesmo xeito que se foi socorrer á Banca Privada da mala xestión dos seus directivos, a pesar do que reciben indemnizacións millonarias como premio á súa mala xestión, con maior motivo habería que socorrer á Sanidade Pùblica.

Mentres se invisten 1500 euros por persoa/ano en Sanidade Pública o rescate á Banca nos custa a cada cidadán 1830 euros/ano. E logo dín que a Sanidade Pública non é sostible?.

Desde a Federación Veciñal de Ferrol " Roi Xordo" defendemos unha sanidade pública, gratuíta e universal para todos por igual, como ben recollido na Constitución Española e na Lei Xeral de Sanidade,

Reclamamos da Xunta de Galicia os compromisos incumpridos con esta Área Sanitaria.
  • O investimento de 63 millóns de euros que se ían investir en tres anos no antigo Hospital Naval para modernizalo e milloralo, facendo innecesarios os concertos con Hospitais Privados.
  • Que non se peche o Hospital Novoa Santos.
  • Que se reabra, como ten acordado o Pleno do Concello de Ferrol por unanimidade, o Consultorio da Graña.
  • Que se amplie o Fontenla Maristany.
  • Que se constrúan os centros de Saúde comprometidos para A Capela, Ares, Cedeira e Narón, que xa tiñan que estar en funcionamento.
  • Que se remate con urxencia a ampliación do Centro de Saúde de Serantes.
  • Que se remate con urxencia o novo Centro de Saúde de As Somozas que leva anos paralizado.
Por todas estas e outras moitas razóns convocamos á cidadanía a participar na Concentración do Martes día 4 de Decembro ás 19 horas no Edificio da Xunta na Praza de España.

Federación Veciñal de Ferrol “ROI XORDO”
Centro Cultural “CARVALHO CALERO”
Praza do Inferniño, s/n
15404 - FERROL
Telf: 981.37.05.61
Fax: 981.32.29.66
e-mail: roixordo@roixordo.org

http://cogave.org/index.php


Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
2 de dezembro de 2012 12:36

__________________
_________________

martes, outubro 09, 2012

Xoves 11 de Outubro en Ferrol: Mesa-debate: "A crise que discrimina en Sanidade"



A Área da Muller da Asoc. Cultural Fuco Buxán, convida a participar na Mesa-Debate:

“A CRISE QUE DISCRIMINA EN SANIDADE”

Xoves, 11 de Outubro, ás 19,00 hs,

Local de Fuco Buxán

(Rúa Armada Española, 32 – Caranza - Ferrol)

Ponentes:
  • María T. Bustamante (avogada)
  • Carlos Piñeiro (Médico, obxetor de conciencia)
  • Miguel Fernández (Foro de Inmigración)
Presentan:

Susana Alaniz e Teresa Vilariño, da A.C. Fuco Buxán

Esta Mesa -Debate, tan importante polos criminais recortes á Sanidade, é ABERTA A MULLERES E HOMES, porque somos todos e todas quen vivimos a incerteza destas crueis reformas que atacan aos sectores máis vulnerables .


--
Visita a nosa web: www.fucobuxan.net
facebook: Fuco Buxán
Twitter:    @FucoBuxan
-------------
fuco buxán, a.c.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
9 de outubro de 2012 01:18
___________

martes, setembro 18, 2012

Artigo de Pablo Vaamonde sobre a sanidade galega "Os negocios na sanidade galega"

Deixámosvos un artigo publicado hoxe no xornal praza.com por Pablo Vaamonde:

Os negocios na sanidade galega


Os actuais gobernantes de Galicia non cren nos servizos públicos. O seu ideario ultraliberal lévaos a afirmar que a xestión privada é mellor. Mais no terreo sanitario hai razóns dabondo para afirmar o contrario. A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso. O grave endebedamento das mesmas e o descontento xeneralizado da poboación e dos profesionais levou ao goberno de Pérez Touriño a integralas na rede do Sergas. A privatización dos hospitais en Valencia e Madrid provocou un severo deterioro da calidade asistencial e un importante incremento do déficit económico destas comunidades. O resultado de todas estas experiencias é de dominio público e ninguén pode alegar descoñecemento das mesmas.
"A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso"
Mais, a pesar de todas as evidencias, o presidente da Xunta insiste na súa intención de privatizar todo o que non sexa o núcleo duro do sistema sanitario. Porque o que realmente buscan non é mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos; o que perseguen é xerar espazos de negocio privado a expensas dos orzamentos. Desde que o Partido Popular tomou o poder na Xunta de Galicia xa se deron moitos pasos nesta dirección. No terreo sanitario os exemplos son numerosos.

A central de chamadas

"Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia"
COnseguir unha cita para o médico de familia era ben doado: as chamadas telefónicas eran atendidas polo persoal de recepción dos Centros de Saúde. Agora existe un servizo automatizado que require dar correctamente once pasos sucesivos para obter a citación. O resultado xa sabemos cal é: catro de cada dez chamadas non conseguen finalizar o proceso. No medio rural volvemos a ver unha estampa do pasado: as persoas maiores agardando, pola mañá cedo, ás portas do Centro de Saúde. O que debería ser unha mellora convértese nun atranco para o acceso á atención sanitaria. Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia. A maior parte dos seus traballadores concéntrase en Latinoamérica.

O centro loxístico de almacenamento e subministro

"Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial"
Vai distribuír material aos centros sanitarios de toda Galicia. Esta tarefa viña sendo realizado nas áreas sanitarias por persoal propio do Sergas, coa máxima eficiencia e sen que houbese ningún problema. Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial. Preto de Negreira ergueron, nun tempo récord, unha enorme nave na que van centralizar este servizo.

A empresa concesionaria é Severiano Gestión SL que, casualmente, xestionaba no ano 2004 o arquivo de historias clínicas dos pacientes do Hospital de Pontevedra, onde se produciu un  incendio que deixou ao hospital sen documentación clínica. Tamén xestionaba en 2005 unha nave que almacenaba material da Consellería de Educación valenciana e que tamén ardeu. No informe policial sinalábase a posibilidade de que o lume fose intencionado. Agora que as historias clínicas están informatizadas a actual administración concédelle a esta empresa a xestión dun servizo que era realizado de maneira perfecta por persoal propio e sen custe engadido.

A privatización do servizo de diálise do hospital de Barbanza
 

A Consellería de Sanidade pretendeu privatizar este servizo, mais a intensa mobilización impulsada pola Plataforma en defensa da sanidade pública desta comarca conseguiu frear, polo momento, este proceso. A pretensión da Consellería é transferir o servizo de diálise á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT), entidade privada que xestiona diversos centros de diálise en toda España (tres na provincia de Ourense). Son patróns desta fundación José Manuel Romay Beccaría (actual presidente do Consejo de Estado) e Enrique Castellón  (compañeiro de viaxe de Núñez Feijóo, pois ambos ocuparon altos cargos na Consellería de Sanidade e no Ministerio co citado Romay). 
 
Castellón tamén é o promotor dunha sociedade de capital risco (Cross Road Biotech), dedicada á investigación en biomedicina, que conta cunha achega importante (o 50 por cento) de diñeiro público. Este proxecto foi presentado en A Coruña o pasado mes de xullo, contando coa presenza do presidente da Xunta. 

O hospital privado Povisa

"Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa)"
Todos os hospitais privados de Galicia teñen concertos co Sergas, que vén ser o seu principal cliente. Mais a relación do hospital Povisa coa sanidade pública é especial. Desde os anos 80 da cobertura asistencial a uns 140.000 habitantes da cidade de Vigo e da península do Morrazo, sendo o hospital de referencia para esta poboación a todos os efectos, como se fose un hospital público. Por esta actividade ingresa unha cantidade elevada, establecida no seu concerto particular. Este acordo privilexiado permitiulle ao hospital realizar un crecemento espectacular en novos espazos, servizos e renovación tecnolóxica. Sen embargo, o ratio de traballadores por cama está moi lonxe dos hospitais do Sergas, e as enormes listas de espera que provoca constitúen un problema crónico, que sofre a poboación adscrita. Os defensores da sanidade pública levan anos reclamando a suspensión deste concerto con Povisa, e realizaron numerosas denuncias sobre os déficits na atención deste hospital.

O concerto particular que vincula este hospital co Sergas está a ser negociado nos últimos meses. Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa) durante moitos anos. Hai un evidente conflito de intereses que debería impedir a esta persoa participar nesta negociación. 


A renovación tecnolóxica

"O principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega"
A Consellería de Sanidade deixa comprometidos 200 millóns de euros para realizar, con xestión privada, a renovación da alta tecnoloxía dos hospitais do Sergas; esta decisión foi moi cuestionada pola oposición e polas organizacións que defenden a sanidade pública. Tamén poderíamos falar da cesión á empresa Indra Sistemas (que realiza numerosos traballos para a Xunta de Galicia) da xestión das tecnoloxías da información do Sergas, incluíndo a receita electrónica e o programa Ianus.

Con todo isto non facemos máis que unha breve aproximación aos espazos de negocio que os actuais gobernantes estiveron a crear arredor dos orzamentos sanitarios. Mais o principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega.


 ___________________________________________________________

Fonte: Praza.com

Acerca de Pablo Vaamonde:

Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005). Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (1998-2005). Foi Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005 polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia. Coordenador xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA),  que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario.

|||||||||||||||| |||||||||||||||||||| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

venres, setembro 07, 2012

A construción do novo Hospital de Vigo está paralizada pola incapacidade da empresa concesionaria para financiar o proxecto - Nota da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Manifestación o 3 de outubro en Vigo contra a privatización e retraso na construción do novo Hospital de Vigo

NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA 6/9/2012
A CONSTRUCIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO ESTÁ PARALIZADA POLA INCAPACIDADE DA EMPRESA CONCESIONARIA PARA FINANCIAR O PROXECTO
·         Esta paralización é a consecuencia da privatización do Hospital, ao recorrer a un contrato de Concesión de Obra Pública tipo Iniciativa de Financiamento Privado (PFI).
·         O Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade enganaron á cidadanía de Vigo e comarca ao afirmar que o proxecto non ten problemas de financiamento.
·         Tal e como recoñeceu ante o xulgado do Contencioso Administrativo, a empresa concesionaria carece de capacidade para financiar o proxecto.
·         A Concesionaria non conseguiu este diñeiro nin dos bancos que a integran, Bankia, CAM e outras caixas en quebra que están sendo rescatadas con diñeiro público.
·         Esta falta de fondos obriga á Concesionaria a recorrer ao crédito fóra de España, o que incrementará o custo dos intereses a pagar pola mesma.
·         Isto terá dúas importantes consecuencias: incrementará os custos do proxecto e a Concesionaria pretende para manter as súas expectativas de negocio trasladalos á Xunta renegociando á alza as condicións do contrato.
·         A Xunta solicitou un crédito de ata 180 millóns de euros ao Banco Europeo de Investimentos.
·         A recepción dos 180 millóns de euros está condicionada a que a Concesionaria poña outros 190 millóns. O atraso na concesión do crédito esta elevando o custo dos intereses a pagar pola Xunta.
·         Estes 180 millóns computarán como endebedamento para a Xunta (e o estado) o que bota por terra o principal argumento da Xunta para recorrer ao financiamento privado: Non era posible construír o hospital con diñeiro público porque este computaba como débeda o que ía en contra a da estabilidade orzamentaria.
·         Por todo iso o custo do proxecto do NHV vaise a multiplicar aínda máis do inicialmente previsto pola PFI que xa multiplica entre catro e sete veces o custo inicial pola vía de financiamento público a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) como inicialmente estaba previsto polo anterior goberno da Xunta, anulado por Feijoo.
·         Iniciouse a obra sen Proxecto de Execución definitivo e estase procedendo a unha importante redución do proxecto orixinal.
·         Incumpríronse importantes apartados do contrato: Financiamento a risco e ventura da concesionaria, volume e calidade do edificio e dos servizos, control e seguimento do desenvolvemento e dos prazos da obra (auditorias), desaparición do informe de adxudicación pagado a Price Waterhouse Coopers etc., que entre todos supón un incumprimento flagrante do contrato e obrigan á administración a anular o contrato e a continuar co proxecto con financiamento e xestión pública, sen indemnización á concesionaria.
·         É obrigado rescatar a concesión e recuperar o modelo de financiamento e xestión pública para o Novo Hospital de Vigo.
A XUNTA MENTE:
Tal e como viñeron denunciando de forma reiterada a Plataforma SOS Sanidade Pública e a AGDSP, a construción do Novo Hospital de Vigo está paralizada por falta de financiamento.
En contra das afirmacións do Presidente da Xunta e da Conselleira de Sanidade de que o proxecto non ten problemas de financiamento, a empresa concesionaria do Hospital (unha UTE na que se inclúen como entidades financeiras Bankia e a CAM) é incapaz de obter nos mercados financeiros os créditos necesarios para continuar a obra que se iniciou co 20% do financiamento previsto, con recursos propios da concesionaria.
Non se trata dun problema de reaxuste da obra polo período vacacional, do incumprimento dun Convenio (por outra banda ilegal) co Concello de Vigo nin da interposición dun Recurso Contencioso Administrativo pola Plataforma SOS Sanidade Pública, como afirmaran diversas fontes da Xunta e da empresa.
A EMPRESA CONCESIONARIA É INCAPAZ DE FINANCIAR O PROXECTO
Iso é consecuencia da privatización do Hospital mediante o contrato de Concesión de Obra Pública tipo PFI que obriga a que sexa a empresa concesionaria a responsable de activar os créditos para o financiamento do proxecto. O contrato é a RISCO E VENTURA da empresa concesionaria.
O 9 de Febreiro de 2011, BOE *nº 34, publícase a resolución da adxudicación da concesión de obra pública para a redacción do proxecto, FINANCIAMENTO, CONSTRUCIÓN e explotación de servizos do Complexo Hospitalario de Vigo.
O 29 de Marzo de 2011 a Xunta solicita ao Banco Europeo de Investimentos un crédito de ata 180 millóns de euros para a construción e mantemento do Novo Hospital de Vigo. A empresa concesionaria deberá responsabilizarse de obter o resto do custo do proxecto, ata 375 millóns de Investimento Inicial Total.
Devandito crédito, segundo a páxina Web do BEI que se pode consultar, está APROBADO PERO NON ASINADO (cousa que o presidente ocultou enganando aos medios e cidadáns, en recentes declaracións).
Iso significa que se abriron as negociacións para a formalización, á espera de que a empresa obteña o resto do financiamento e se cúmpran as condicións contractuais esixidas polo BEI e a UE para acceder a este tipo de financiamento.
A empresa xa recoñeceu, por medio do seu avogado e en resposta ao contencioso administrativo que interpuxemos, que carece de acceso aos mercados financeiros para obter os créditos necesarios para financiar o proxecto e realizar a obra.
VULNERACIÓN DO CONTRATO E RESCATE DA CONCESIÓN
Como xa é coñecido, existía un proxecto previo, con consignación orzamentaria e financiamento e xestión pública a través da Sociedade Pública de Investimentos SPI, que supuña un aforro de custos de máis de 500 millóns de euros con respecto ao modelo de privatización elixido polo actual goberno da Xunta.
Por outra banda estase operando unha redución substancial do proxecto orixinal no que se refire ao Plan Funcional do Hospital (servizos, especialidades, camas etc.) e ás dimensións do edificio co obxectivo de manter o equilibrio económico-financeiro da concesión. Esta redución ocúltase á opinión pública.
Vulnéranse así, as condicións orixinais do contrato,
·  ao ser incapaz de financiarse a concesionaria,
·  ao ter que recorrer a Xunta ao financiamento público a través do BEI cun tipo de interese inferior ao do financiamento privado,
·  ao non cumprirse xa os requisitos da UE para que o investimento non compute como débeda (unha das vantaxes esgrimidas pola Xunta para utilizar este tipo de contrato )
·  e ao reducir o proxecto orixinal.
Hoxe denunciamos unha vez máis esta situación, reclamamos que se proceda ao rescate da concesión e se inicie o procedemento para acometer un proxecto de financiamento e xestión pública. Todo iso será posto en coñecemento dos grupos parlamentarios, do Concello de Vigo, e grupos municipais dos concellos da área viguesa.
A continuidade do actual proxecto vai hipotecar o futuro sanitario da área de Vigo durante os próximos 20 anos, cun hospital incapaz de resolver os seus graves problemas asistenciais (Listas de Espera, déficits de alta tecnoloxía e especialización, masificación etc.) e adaptado pola contra á lóxica do mercado, ás necesidades de rendibilidade e beneficio dunha empresa privada.

Manuel Martín García
669704177

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública forma parte da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública.




mércores, agosto 01, 2012

Outro interesante artigo de Pablo Vaamode "A contrarreforma sanitaria"

A crise económica é utilizada como escusa polo actual goberno (e polas autonomías afíns) para realizar profundos recortes na sanidade pública que están a producir un impacto notable na calidade asistencial e nas condicións laborais dos sanitarios. O obxectivo real non é reducir o gasto público senon conseguir o desvío de parte dos orzamentos cara petos privados. Non tratan de procurar a eficiencia nin de garantir a continuidade do sistema, como afirman de forma enganosa; o que pretenden é crear espazos de negocio que permitan xerar ganancias a expensas do diñeiro público.

Xa decía Naomi Klein (“La doctrina del shock”) que cómpre debuxar escenarios de catástrofe –reais ou imaxinarios- que provoquen o pánico colectivo e que permitan adoptar medidas prexudiciais para amplias maiorías sen que éstas ofrezan resistencia, paralizadas polo temor e a desunión. O medo a un futuro peor e a imposición da política de recortes como única posible produce un efecto anestésico que aborta a reacción popular. O pensamento ultraliberal elaborado en diversas factorías (FMI, Faes, Fundación Idis, Fundación Bamberg etc) e divulgado polos medios de comunicación afíns –a inmensa maioría-, é asumido pola poboación de xeito resignado, como unha verdade absoluta. 

No terreo sanitario presentan un argumentario tan simple como falso. Baséanse en dúas falacias:  que o actual sistema sanitario é insustentable (non é certo: a porcentaxe de PIB adicada á sanidade é das máis baixas do mundo) e que a xestión sanitaria privada é mellor que a pública (hai estudios que certifican o contrario: Sally Ruane, Vicenç Navarro, Sánchez Bayle etc). Afirman que a crise obriga a realizar recortes; por eso cómpre eliminar servizos públicos, reducir o estado de benestar, precarizar o emprego e limitar ao mínimo os dereitos laborais. Estas medidas, aplicadas con dilixencia (e mesmo con crueldade) polo actual goberno non conducen á saída da crise senon ao seu agravamento. Mentres tanto, as quenllas da economía especulativa seguen a engordar os seus patrimonios persoais. 

 

O que precisa a sanidade en momentos de crise non é reducir presupostos, persoal,  servizos e calidade asistencial. Pola contra, deberían reforzar o sistema público -priorizando a Atención Primaria- para garantir unha correcta atención aos sectores sociais máis castigados pola precariedade económica. Pero non é así: hai unha estratexia global que pretende degradar o actual sistema sanitario (recoñecido como ún dos mellores do mundo) para crear espazos de negocio: a privatización do aseguramento, a construcción e xestión dos hospitais, a tecnoloxía sanitaria, os servizos informáticos etc.

O Real Decreto Ley 16/2012, aprobado polo goberno de Rajoy por vía de urxencia, furtando o debate parlamentario, supón un auténtico atentado contra do actual sistema sanitario, unha bomba en plena liña de flotación. De xeito hipócrita sinalan que son medidas urxentes para “garantizar la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud (SNS)”. Trátase de todo o contrario. Ademáis de obrigar ao copagamento nas medicinas e noutras prestacións (próteses, transporte sanitario etc), esta lei introduce cambios que representan unha auténtica contrarreforma sanitaria. Vexamos algúns contidos desta norma.
-A saúde como un dereito dos cidadáns quedou estabelecido na Lei Xeral de Sanidade en 1986. Iniciouse un longo camiño para dar cobertura sanitaria a diversos colectivos daquela desprotexidos, coa pretensión de universalizar a atención sanitaria a todos os habitantes do Estado español. Agora esta lei recupera a figura do “asegurado” que será quen teña dereito aos servizos sanitarios. Deste xeito as persoas que non coticen á Seguridade Social quedarán sen protección. Esto é unha volta ao pasado e significa a perda dun dereito que considerabamos sólido e definitivo. Agora deixan sen cobertura aos inmigrantes sen papeis, o que representa un atentado contra dos dereitos humanos e un serio problema para a saúde pública. Outros colectivos poderán quedar tamén sen dereito á atención sanitaria: os mozos maiores de 26 anos que xa non poden figurar como beneficiarios na tarxeta dos pais, os divorciados/-as que non teñan cotizado etc. 

-Esta lei tamén estabelece tres niveis na carteira de servizos do SNS: básico, suplementario e accesorio. Ata o momento a relación dos servizos asistenciais ofrecidos polo sistema público era única e xeralizada para todo o Estado, sen chanzos diferenciados. Esta nova catalogación vai no camiño de que o sistema público quede, no seu momento, como provisor dos servizos básicos, deixando os outros niveis como optativos para aqueles cidadáns que contraten unha póliza privada para cubrir ditas prestacións. Só lles queda por aprobar a desgravación fiscal dos seguros privados (que reclaman con insistencia as aseguradoras) para redondear o negocio, e para volver á sanidade dualizada (porta para os ricos, porta para os pobres). 
Esta é a sociedade que está a construir este goberno capitaneado por Rajoy. Non é a crise a responsable deste porvir ameazante, son as decisións políticas do grupo gobernante as que nos condenan a este futuro. A ideoloxía ultraliberal e supremacista que inspira estas normas está a provocar o regreso a un pasado que criamos vencido e sen retorno. Haberá que facer todo o posible para desvialos deste camiño.

Pablo Vaamonde: Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| ||||| ||| || |

domingo, xullo 29, 2012

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do Partido Popular na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do Partido Popular na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia por ser unha agresión brutal ás persoas máis necesitadas de atención, á economía e á democracia, xa que ademais de inxustas estas medidas atentan contra dereitos esenciais da cidadanía.

Os gobernos conservadores eximen de responsabilidades e esforzos económicos aos bancos, as grandes empresas e aos grupos de maior renda, mentres cargan contra as persoas en paro, inmigrantes, pensionistas, dependentes, enfermos crónicos, empregados públicos, traballadores e cidadanía en xeral, aos que reducen os seus dereitos e prestacións sanitarias e sociais. 

Este proceso de reformas socio-laborais pretende desmantelar e privatizar o Estado de Benestar polo que se queremos salvalo é absolutamente necesario organizar unha rotunda e masiva resposta para evitar a demolición dos servizos púbicos e as políticas sociais.

Mentres se inxectan máis de 100.000 millóns euros nos bancos, responsables da crise, e redúcense os impostos ás rendas máis altas, decídese unha amnistía fiscal para os defraudadores, increméntase o copago en farmacia e esténdese aos pensionistas, preténdese reducir o dereito universal á atención de saúde e paralízase a implantación do Sistema de Atención á Dependencia deixando por centos de miles de persoas sen protección impedindo a creación miles de empregos.

Os recortes non afectan só á sanidade senón que se estenderon a outros dereitos sociais como a educación, a vivenda, a xustiza, e as pensións nos que se incrementado as taxas, os copago e a privatizacións, vulneran os principios de universalidade, suficiencia e igualdade de acceso e cobertura que deben garantir os servizos públicos.

Por todo isto a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol facemos un chamamento a toda a cidadanía e as organizacións sociais a mostrar hoxe luns día 30 de xullo ás 20:30 na Praza de España o rexeitamento a estas as políticas do Goberno sumándose esta mobilización untaría convocada pola totalidade das organizacións sindicais en Galicia en defensa da democracia, e o estado de benestar e en contra da supresión dos servizos públicos universais e accesibles, especialmente os de saúde pública . A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública amosamos o noso total apoio a esa mobilización.

Desde a Plataforma tamén queremos denunciar o desabastecemento que desde hai máis dun mes están sufrindo as farmacias de moitos dos medicamentos que vai deixar de dispensar, a partir do 1 de agosto, a Sanidade Pública. Por parte dos Almacéns de Farmacia dos Laboratorios non se están subministrando moitos deses medicamentos para desabastecer o mercado e vendelos máis caros e con máis beneficios para Almacéns de Farmacia e Laboratorios a partir do mes de Agosto. O Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade saben destas prácticas fraudulentas e actúan como cómplices.


Fonte: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

martes, xullo 17, 2012

Contra a reforma sanitaria que pode custar vidas


Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle entregan máis de 59.000 sinaturas ás Presidencias das Comunidades Autónomas pedíndolles que non adopten medidas regresivas no acceso ao dereito á saúde
.

Santiago de Compostela, 17 de xullo.- A non renovación de tarxetas sanitarias a inmigrantes en situación administrativa irregular a partir do 1 de setembro podería afectar á vida e á saúde de miles de persoas. Así o denunciaron Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle, xunto con Foro de Inmigración e SOS Sanidade Pública en Galicia, que hoxe entregaron de forma simultánea ás Presidencias das Comunidades Autónomas as máis de 59.146 sinaturas recollidas e que lles solicitan que garantan o acceso e goce do dereito á saúde de todas as persoas, en cumprimento das súas obrigacións internacionais, sen regresividade nin discriminación e manteñan a asistencia sanitaria para todas as persoas.

As organizacións consideran que a reforma sanitaria introducida polo Real Decreto Lei 16/2012,  pode custar vidas. Os recortes implican que as persoas migrantes maiores de idade en situación irregular só serán atendidas en urxencias e nos supostos de embarazo, parto e posparto. Implican tamén que persoas españolas -como as maiores de 26 anos que non cotizasen-  verán dificultado o seu acceso ao dereito á saúde, o que para estas organizacións son medidas regresivas e discriminatorias.

As ONGs alertan que o Real Decreto Lei 16/2012 vai deixar a miles de persoas sen acceso aos sistemas de saúde. A reforma vai supor a interrupción de tratamentos e seguimentos e vai significar a imposibilidade de acceder ao medicamento preventivo e a diagnóstico médicos para miles de persoas en situación administrativa irregular que residen no noso país.

As consecuencias están a ser xa palpables. Como as que podería sufrir Aisha, unha muller marroquí que perdeu o seu traballo coa chegada da crise económica e con iso, o permiso de residencia. Detectáronlle un cancro de peito hai dous anos, cando estaba embarazada. Sufriu unha mastectomía e aplicáronlle quimioterapia. Agora acode a revisións cada dous meses, pero sen tarxeta de residencia non poderá continuar o seu tratamento. Ou Carmen, chilena en situación administrativa irregular, cuxos riles só funcionan ao 22 por cento. Se perde o acceso ao sistema público de saúde non poderá asumir o custo da máquina de diálese da que depende o seu tratamento.

Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle, xunto con Foro de Inmigración e SOS Sanidade Pública en Galicia, denuncian, ademais, que a reforma sanitaria vulnera obrigacións internacionais contraídas por España, como o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, que obriga aos Estados parte a respectar, protexer e cumprir o dereito á saúde sen regresividade e sen discriminación.

Advertencias internacionais

O Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas xa mostrou en maio a súa preocupación polo Real Decreto lei 16/2012, e recomendou a España que a reforma sanitaria adoptada non limite o acceso das persoas que residen no Estado aos servizos de saúde, calquera que sexa a súa situación legal. O Comité tamén recomenda revisar as reformas adoptadas para garantir que as medidas de austeridade non diminúan o nivel de protección dos dereitos alcanzados e sexan en todos casos temporais e proporcionais.

Outros organismos da ONU como o Comité para a Eliminación da Discriminación Racial ou o Relator Especial sobre os dereitos humanos dos migrantes lembraron que os Estados teñen obrigación de garantir o dereito á saúde para todas as persoas, independentemente da súa condición xurídica e da documentación que posúan.

Efectos sobre as persoas máis vulnerables

As organizacións promotoras desta acción advirten das graves consecuencias que as restricións no acceso á atención sanitaria poden supor para quen sufran enfermidades crónicas, endémicas, brotes epidemiolóxicos ou enfermidades mentais e lembran que os estados teñen a obrigación de protexer aos membros vulnerables da sociedade, mesmo en épocas de limitacións graves de recursos, que é cando deben redobrar devanditos esforzos.

A Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea ha subliñado que "excluír ás persoas migrantes en situación irregular da atención sanitaria pon en perigo a súa vida e o seu benestar, incrementa o custo dun futuro tratamento de urxencia e tamén pode supor un potencial risco de saúde para a comunidade".

No caso das mulleres vítimas de violencia de xénero en situación de irregularidade, dáse a circunstancia de que o seu centro de saúde, onde adoitan acudir tras recibir as agresións, convértese en punto esencial para a detección temperá e a identificación das vítimas, como ocorre tamén coas vítimas de trata. Especialmente grave pode ser a situación das persoas enfermas de tuberculoses ou de VIH/SIDA, enfermidade crónica que se non é tratada adecuadamente produce a morte.
Así mesmo, as organizacións alertan de que estas medidas de recortes de dereitos, acompañadas de discursos utilizados por membros do Goberno e do Partido Popular que acusan as persoas inmigrantes dunha utilización indebida dos servizos de saúde, poden contribuír a construír prexuízos sobre este colectivo, estigmatizan ao mesmo e poden alimentar comportamentos discriminatorios e xenófobos.

A universalidade no acceso ao dereito á saúde

As organizacións promotoras tamén mostraron a súa preocupación polo retroceso na universalidade do acceso ao dereito ao acceso á saúde para as persoas españolas residentes, garantido pola Lei Xeral de Saúde Pública 33/2011. A reforma sanitaria, sen realizar mención algunha a esta lei, limita o acceso á saúde ás persoas con consideración de “aseguradas e beneficiarias”.

As organizacións lembran que o principio de universalidade na atención sanitaria está contido tamén en varios Estatutos de Autonomía (Andalucía, Aragón, Illes Balears, Castilla y León, Catalunya e Euskadi).

Aínda que o Goberno declarou a súa intención de revisar a lexislación, coa actual normativa en vigor uno dos colectivos que podería verse gravemente afectado por esta limitación da universalidade son as persoas que non cotizaron nunca á Seguridade Social. Especialmente preocupante é a situación dos maiores de 26 anos, que dada a altísima taxa de paro coa que conta a poboación nova, poderían non contar con asistencia sanitaria se dispoñen dun mínimo de recursos económicos. Límite económico que o Real Decreto Lei 16/2012 non especifica.

Preocupa tamén ás organizacións que o copago farmacéutico provoque que pensionistas con rendas baixas non poidan afrontar con garantías e na súa totalidade os seus tratamentos e decidan por tanto suspendelos. Por outra banda, as entidades consideran que sería preferible que o goberno promovese un debate informado e unha maior participación social nesta reforma legal, posto que é unha reforma lexislativa que afecta os dereitos humanos, entre eles, a saúde e a vida.

As Comunidades Autónomas poden e deben garantir o acceso e goce do dereito á saúde de todas as persoas, e dar cumprimento así ás súas obrigacións internacionais, sen regresividade nin discriminación. E deben facelo, segundo Amnistía Internacional, Médicos do Mundo, Rede Acolle, Foro de Inmigración e SOS Sanidade Pública, sen necesidade de crear un sistema sanitario paralelo en colaboración coas organizacións sociais que non garanta o mesmo nivel de calidade e de prestacións.

Máis información sobre a acción de recollida de sinaturas en:
http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/espana-reforma-sanitaria/
http://www.medicosdelmundo.org/ciberacciones/sanidaduniversal
http://www.redacoge.org/f/f

FIN//

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
17 de julho de 2012 15:33

_______________

mércores, xullo 11, 2012

Traballor despedido por ASFEDRO comeza unha folga de fame e unha acampada para protestar e denunciar os feitos acaecidos até a data de hoxe - Nota informativa para a cidadanía

Cheto Rico Prieto traballador de ASFEDRO (Asociación Ferrolana  de Drogodependencias) foi despedido no mes de setembro de 2011 argumentando motivos económicos; o despido foi demandado e a sentencia xudicial ditaminou a improcedencia do mesmo. Dous días despois de ser readmitido, foi novamente despedido (4 abril 2012).

Hoxe, como acción de protesta e denuncia de todos os feitos acaecidos ata hoxe comezou unha folga de fame indefinida e unha acampada diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol. Desde CIG Saúde amosamos a nosa máxima solidariedade co traballador.






Nota Informativa para a cidadanía

En meses anteriores celebráronse dous xuizos por despedimento de dous profesionais traballadoras/es de ASFEDRO. En ambos casos as sentenzas dictaminaron a improcedencia dos despedimentos. Estes dous profesionais foron readmitidos, unha profesional continúa a día de hoxe en ASFEDRO e curiosamente o outro profesional que foi readmitido o 2 de abril e despedido novamente con data do día 4 de abril.

A CIG denunciamos os despedimentos fai meses e hoxe novamente voltamos a mobilizarnos para reivindicar, informar e denunciar estes feitos. É o noso desexo dar a coñecer á sociedade: A Xunta Directiva argumenta repetidamente que trata de fomentar e potenciar a prevención en drogodependencias, mais non sabemos que se fixo estes últimos 3 anos, pois estes traballadores/as despedidas/os non tiveron prácticamente ninguna tarefa, sufrindo actos hostís por parte da Xunta Directiva como represalia as súas lexítimas demandas, solicitando una maior transparencia nas contas da entidade, no emprego do diñeiro publico e de respeto dos seus dereitos profesionais e laborais. Parece claro, que a Xunta Directiva de Asfedro non está polo labor de corrixir as liñas de actuación que está a desenvolver, respecto a este despedimento que non se sustenta no recorte de orzamentos...

Esiximos e debemos velar pola transparencia na xestión dunha entidade que presta servizos sociosanitarios con cartos públicos, que debería cumplir escrupulosamente coas súas propias normas estatutarias, co gallo de democratizar as decisións da asociación a través da participación asamblearia dos seus socios e socias; xestionando as situacións conflictivas e evitando o gasto de cartos públicos, en asesoramento xurídico, para despedimentos que respostan a políticas represivas e non a motivos económicos. Unha vez máis, pedimos a aclaración destas cuestión esixindo a obrigada transparencia na xestión da entidade a nivel de servizos e investimento de cartos públicos, coa publicidade debida ‐dunha necesaria Auditoría‐ aos entes públicos que subvencionan a entidade e a tódolos socios e socias da mesma.

Por todo o anteriromente reflectido.... nos facemos e lles facemos unha serie de preguntas á cidadanía:

Coñece vostede o que está a acontecer con algún/algunha dos/as traballadoras/es de ASFEDRO?

Sabe vostede, que os motivos económicos non son a razón pola que se producen os despedimentos?

Ten vostede, como cidadán, información do uso que se fai dos cartos (máis de 1.000.000  €anuais) que a entidade recibe de fondos públicos?

Sabe vostede si a calidade dos servizos prestados, pola entidade, se veu mermada e si esta merma, estivo fundamentada polos recortes ou pola mala xestión e falla de profesionalidade?

Sabe vostede que as actividades, que realizaban as dúas persoas, que foronobxeto de despido estaban subcontratadas a unha empresa privada (SERVISOL)? E a merma que poido sufrir a calidade do servizo por este motivo? Sabe si a subcontratación coa empresa privada segue existindo  a día de hoxe?

Sabe vostede que experiencia e titulacións profesionais se esixen nesta empresa privada? Sabe que experiencia ten esta empresa privada en prevención e tratamento das drogodependencias? Sabe si teñen máis experiencia que o profesional despedido con 24 anos de traballo en ASFEDRO?

Sabe vostede que entre traballadores hay unha diferencia de salarios de hasta 25.000 €?

CIG SAÚDE.
11 de xullo de 2012.


Noticias relacionadas:

Noticia enviada por CIG Saúde Ferrol: www.cig-saude.org/ferrol
___________