Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións

venres, novembro 04, 2011

Comentario do libro "A enerxía liberada ...", de Rosa María Artal, por parte de Juan Torrres López

"A enerxía liberada. O estalido social dun mundo en crise" (Aguilar 2011) é o título do novo libro de Rosa María Artal que recomendo ler. Nel realízase unha excursión "xeolóxica", como dá a entender o seu título, a través das sucesivas fallas e zonas de ruptura social que se foron xerando nos últimos anos no planeta. Rosa María ten unha gran experiencia na análise dos problemas sociais e a súa longa traxectoria xornalística proporcionoulle unha extraordinaria sagacidade para detectar os momentos e os impulsos máis relevantes do cambio social que tantas veces permanecen ocultos aos ollos de observadores menos perspicaces. O libro permite percorrelos todos eles, aínda que é posible que algúns lectores máis esixentes poidan atopar que algunhas das placas tectónicas, como ela di, que veñen movendo, como a mediombiental, quizá pasan un tanto desapercibidas, aínda que non totalmente ausentes, desde logo. Ou que o desexo de descubrir as zonas de ruptura deixe quizá un pouco á beira da análise aos factores de contención que o propio sistema xera para evitar os desprazamentos máis perigosos. En todo caso, é un libro moi interesante, oportuno e útil, como adoitan ser os comentarios que día a día nos proporciona Rosa María no seu blog, que igualmente recomendo visitar a diario, cheos de intelixencia e, sobre todo, da indignación e rebeldía tan necesarias para evitar que o mundo en crise que analiza se vaia ao garete.

Por Juan Torres López
Venres, 4 de Novembro de 2011

Accede ou descarga as primeras páxinas do libro "A enerxía liberada ..." - En formato pdf.

Ficha técnica do Libro.-
Título: "La energía liberada. El estallido social de un mundo en crisis "
Páxinas: 288
Publicación: 09/11/2011
Temática: Actualidade
Formato: Rústica hilo 15 x 24
Precio: 16,50 €
ISBN: 9788403052857
EAN: 9788403052857

Enviado por:
juantorres@us.es
-juantorres@us.es-
4 de novembro de 2011 13:27
__________________

martes, xuño 07, 2011

O Sempre em Galiza é um livro fundamental para conhecer a Galiza -

O Sempre em Galiza é um livro fundamental para conhecer a Galiza, para nos aproximar do nosso país e da sua História e para sermos capazes de interpretar o porquê dum movimento como o nacionalismo galego, o galeguismo político, que tem umas características próprias e que promove desde há quase cem anos a concepção da Galiza como uma colectividade nacional, como uma nação.

O Sempre em Galiza é um dos alicerces ideológicos em que se apoiou o nacionalismo galego para se reconstruir após a barbárie fascista que começou no ano 1936, e da qual ainda hoje padecemos consequências bem directas na Galiza. É um livro fundamental para conhecer a Galiza, para nos aproximar do nosso país e da sua História e para sermos capazes de interpretar o porquê dum movimento como o nacionalismo galego, o galeguismo político, que tem umas características próprias e que promove desde há quase cem anos a concepção da Galiza como uma colectividade nacional, como uma nação.

As e os amigos leitores, de Portugal e da Galiza, devem reparar em que estamos diante da obra que compila e mostra a amplitude do pensamento político de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Uma figura totalmente desbordante da Galiza do século XX. Castelao junto a Rosalía de Castro são duas personagens que escapam do plano meramente cultural, literário ou político para se tornarem em dous mitos populares galegos, isto é, duas figuras assimiladas totalmente pelo imaginário colectivo do povo galego.

No caso concreto do autor rianjeiro estamos diante dum criador multifacetado que construiu um espólio onde encontramos teatro, pintura, quadrinhos de jornais, relatos, romances ... e um intenso trabalho político, chegando a ser deputado do Partido Galeguista (PG) nas cortes da IIª República espanhola. É por tudo isto que a Associaçom Galega da Língua (AGAL) entendeu que a obra deste galego universal devia ser difundida ao máximo, e sobretudo no resto da Lusofonia, onde tantas vezes a Galiza passa por ser uma grande desconhecida.

Para acompanhar esta primeira versão do Sempre em Galiza, magnificamente adaptada pelo professor Fernando Vasquez Corredoira, na AGAL achamos importante dar a palavra a uma série de pessoas que são boa mostra da herança política que Castelao deixou ao povo galego. Camilo Nogueira, um dos redactores do anteprojecto de Estatuto de Autonomia de Galiza de 1981 e primeiro eurodeputado do Bloco Nacionalista Galego (BNG) de 1999 a 2004; Francisco Rodríguez, especialista em autores galegos como Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, membro da Executiva do BNG e deputado no Congresso dos Deputados de 1996 a 2008; Xosé Manuel Beiras, economista, porta-voz nacional do BNG desde a sua fundação em 1982 até 2003 e porta-voz no Parlamento do BNG de 1985 até 2003; Margarita Ledo, catedrática de comunicação audiovisual da Universidade de Santiago e directora do semanário A Nosa Terra de 1977 a 1980; Encarna Otero, professora de História e vice-presidenta da Câmara Municipal de Santiago de Compostela de 1999 até 2003; e Luís Gonçales Blasco 'Foz', membro da comissão linguística da AGAL e da Academia Galega da Língua Portuguesa; são vozes o suficientemente autorizadas para nos achegar a figura de Castelao e a sua obra.

Miguel R. Penas


Portal galego da Língua:
http://www.pglingua.org/

Fonte: imperdivel.net
[A loja on-line da Associaçom Galega da Língua]
___________________

xoves, marzo 03, 2011

“Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel, en Galego, xa á venda nas librarias


“... Deséxovos a todos, a cada un de vós, que teñades razóns para vos indignar. É algo precioso. Cando algo nos indigna, como a min me indignou o nazismo, tornámonos militantes, fortes e comprometidos; unímonos a esa corrente da historia, e a gran corrente da historia desenvólvese grazas a cada un de nós. E esa corrente encamíñase cara a unha maior xustiza e unha maior liberdade, pero non á liberdade incontrolada do raposo no galiñeiro. Eses dereitos, cuxa Declaración Universal se redactou en 1948, son universais. Se atopades alguén que non goce deles, compadecédeo e axudádeo a acadalos”.

“... Hoxe en día, os motivos para indignarse poden parecer menos claros ou o mundo demasiado complexo. Quen manda? Quen decide? Non sempre é doado distinguir entre todas as correntes que nos gobernan. Xa non é cousa dunha pequena elite cuxas accións comprendemos con claridade. O mundo é vasto, e percibimos con facilidade a súa interdependencia. Vivimos nunha interconectividade coma nunca antes existiu. Pero neste mundo hai cousas inaceptábeis, e para velas cómpre mirar e buscar”.

“... O pensamento produtivista, impulsado por Occidente, levou o mundo a unha crise da cal hai que saír mediante unha ruptura radical coa fuxida cara a diante do «cada vez máis», no eido financeiro e tamén no eido da ciencia e a tecnoloxía. Xa vai sendo hora de que prevaleza a preocupación pola ética, a xustiza e o equilibrio, pois ameázannos riscos sumamente graves que poden pór fin á aventura humana nun planeta que esta pode deixar inhabitábel para o home”.

Stéphane Hessel

Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon máis de dous millóns de exemplares en Francia, tamén se pode ler en galego. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora, cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental.


__________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: “Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de Marzo
____________________

martes, marzo 01, 2011

Presentación en Ferrol, este Venres 4 de Marzo, do libro de Francisco Rodríguez: "Rosalia de Castro, estranxeira na súa Patria"


Desde a sociedade cultural Medulio querémosvos informar do acto de presentación do libro: "ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA", (a persoa e obra de onte a hoxe), da autoría de Francisco Rodriguez.

O acto terá lugar o venres 4 de marzo ás 20:00h, na Fundación Caixa Galicia de Ferrol.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da Sociedade Cultural Medulio.

Enviado por:
BNG -bng@ferrol.es-
1 de março de 2011 14:32
____________________

“Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de Marzo

MANUEL RIVAS PROLOGA A EDICIÓN EN GALEGO DE “INDIGNÁDEVOS!”, DE STÉPHANE HESSEL

O libro inaugura a nova colección Ágora de Faktoría K adicada ao pensamento crítico

Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de marzo, ao prezo de 5 euros. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de “Indignádevos!”, a cargo de Fernando Moreiras, complétase coa achega de Marc Taeger no deseño da capa.


Stéphane Hessel (Berlín, 1917) comparte cos lectores a súa intensa experiencia vital: dende a súa nenez en París, en contacto coas vangardas artísticas e ideolóxicas, ata a súa deportación aos campos de concentración alemáns de Buchenwald e Dora pola súa pertenza ao Consello Nacional da Resistencia francesa, pasando pola súa importante contribución á redacción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948 a raíz da súa incorporación ao corpo diplomático. Os seus pensamentos son tamén unha enriquecedora lección de historia contemporánea, de filosofía e política, con tintes de literatura e un fondo pouso de rebeldía.

Para Stéphane Hessel sobran os motivos para chamar á indignación colectiva, á desobediencia e á resistencia. Non contribuiu á loita que permitiu acadar tantas conquistas sociais na segunda metade do século pasado, para que todos eses avances se derrubaran dende a década do 2000 en diante. O autor culpa ao poder financeiro de devalar o equilibrio da democracia moderna, con todos os seus valores e principios, provocando unha crise no mantemento do estado do benestar, a desconfianza na independencia da prensa, unha crecente fenda entre os máis podentes e os máis necesitados, e os dramas humanos derivados dos conflictos internacionais.

Fronte ao egoísmo e a competitividade, Hessel entrégalles aos lectores as bandeiras da liberdade e do compromiso. As súas palabras cargadas de esperanza e de insurrección pacífica, son o antídoto contra a indiferenza. FAKTORÍA K únese a esta mensaxe coa publicación de “Indignádevos!” para inaugurar a colección Ágora, na que se van ir incorporando obras clásicas e de pensadores actuais para axudar a entender o mundo de forma crítica.

“... Deséxovos a todos, a cada un de vós, que teñades razóns para vos indignar. É algo precioso”.

Stéphane Hessel

___________

domingo, decembro 19, 2010

Este Luns 20 de Decembro, en Ferrol, presentación do libro de Benigno Campos: “Novas receitas da cociña de Larpeiros”

Organizado por Fuco Buxán AC, este Lúns 20 de Decembro, ás 8 da tarde, terá lugar, na Fundación Caixa Galicia,  a presentación do último libro de Benigno Campos: “Novas receitas da cociña de Larpeiros”, editado pola Editorial Galaxia e que inclue o CD “As cantigas dos Larpeiros”. O prólogo é de Xosé Cermeño, guionista do programa “Os Larpeiros” na TVG.

No acto de presentación Intervirán, José Torregrosa, Directivo da A.C. Fuco Buxán e Benigno Campos, cociñeiro e autor do libro, que firmará exemplares do mesmo neste acto.

No diálogo entre os dous intervinientes e no coloquio posterior, abordaranse diversos aspectos da cociña sinxela e tradicional galega, da súa proxección social e da personalidade do autor do libro, outrora traballador dos estaleiros vigueses e lider sindical e hoxe cociñeiro de éxito sen perder un chisco do seu natural afable e o seu compromiso social.

O coñecido chef Benigno Campos, que nos deleita con moito swing fogonero no programa Larpeiros de TVG, acaba de axuntar gastronomía e música nun coidado libro que leva por título 'Novas receitas dá cociña de Larpeiros', que incorpora un CD coas cantigas de Larpeiros. Editado por Galaxia con motivo do sesenta aniversario da fundación desta exemplar empresa, devandito volume explica como elaborar facilmente decenas de manxares tradicionais de Galicia. Ademais, o prólogo é unha verdadeira joyita literaria escrita por Xosé Cermeño, un xenio dos guións televisivos que de cociña tamén sabe un intre longo. Cómpreno. Xa”. - El Correo Gallego.

Entrevista a Benigno en La Opinión-Coruña

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol

-fucobuxan@gmail.com-
18 de dezembro de 2010 17:12
________

domingo, decembro 12, 2010

"Educar en ser persoa", Manuel Dios Diz, fala sobre o libro de Jonan Fernández, director de Baketik

Por Manuel Dios Diz [*]
12.12.2010


Jonan Fernández, director de Baketik (Centro pola Paz de Arántzazu) en Euskadi, portavoz durante varios anos de Lokarri, rede cidadá polo acordo, a consulta e a reconciliación, organización pacifista de Euskal Herria, ven de publicar un precioso libro, ó meu parecer, moi útil, tanto desde o punto de vista persoal como para aquelas persoas que educan, todas dunha maneira ou doutra, nalgún momento da nosa vida.

Trátase dunha proposta moi orixinal realizada desde a súa propia experiencia vital, resultado dunha análise consigo mesmo, de facer contas e de contar. E o fai non desde a pedagoxía ou desde a docencia pois ese non é, precisamente, o seu medio natural. Sen embargo, a súa reflexión, resulta especialmente educativa e tamén didáctica.

Persegue Jonan matizar, completar e compartir, ideas que xa estaban en “Ser humano en los conflictos” (2006) e, sobre todo, en “Vivir y convivir. Cuatro aprendizajes básicos” (2008). Agora, en “Educar en ser persona”, quente aínda do prelo, considera non só catro aprendizaxes básicos senón que engade outros tres de carácter instrumental e un máis que cualifica de “fundamental”. En realidade, Jonan Fernández, como afirma Federico Mayor Zaragoza no prólogo, tenta responder a preguntas como: ¿Que temos que saber para educar en ser persoa? Ou si se quere: ¿Que temos que estudiar para educar para a paz, a convivencia, os dereitos humanos, ou a xustiza? ¿Onde aprender eses contidos e valores?, ¿Quen os imparte?, ou ¿Como nos educamos cada un de nós para ser realmente persoas? Jonan Fernández considera que para aprender, na súa dobre acepción en galego, ensinar e aprender, a ser persoas necesitamos catro aprendizaxes básicos previos. O primeiro sería, para el, a aprendizaxe da limitación da condición humana. O segundo, aprender o sentido do agradecemento. O terceiro, a aprendizaxe da escoita da propia conciencia e, por último, a aprendizaxe do significado da dignidade humana. Como podemos comprobar, estamos a falar de aprendizaxes nada fáciles e moi escasos no supermercado docente. A estes catro aprendizaxes básicos engade, Jonan Fernández, outros tres máis que el denomina “instrumentais”. Serían o máis do diálogo, o máis da empatía e o máis da paciencia, ferramentas imprescindibles para vivir e convivir.

Por último, incorpora unha aprendizaxe fundamental, que integra e engloba todo o anterior, refírese a aprendizaxe do amor. E o fai non desde unha perspectiva exclusivamente cognitiva, baseada nos coñecementos racionais senón, sobre todo, desde a experiencia e desde os afectos e os sentimentos, como non podía ser doutro xeito. Non se limita a explicar con detalle o significado de cada aprendizaxe senón que escava nas súas implicacións e na súa vivencia. Remata cada unha das aprendizaxes con exercicios prácticos, persoais e de aula.

Penso sinceramente que estamos diante dunha das propostas máis relevantes dos últimos anos no ámbito da Educación para a Paz. E non resulta anecdótico ou circunstancial que proveña de Euskadi, quizais precisamente por iso ten un valor engadido. A experiencia do Centro pola Paz de Arántzazu, dende o ano 2006, un espacio privilexiado de reflexión e de acción, polo que teñen pasado máis de 6.000 persoas para realizar cursos de formación, está moi presente no libro.

Na utilización dunha gramática insubordinada, Jonan Fernández, inventa un palabro, especialmente suxerinte, “Experiendizaxe”, en realidade, trátase dunha pedagoxía para mellorar a vida, a persoal, a convivencia e a educación, facendo aprendizaxe da conciencia da nosa propia experiencia. A pedagoxía da “experiendizaxe” sintetiza un traballo de catro anos en Baketik, e describe a súa filosofía de fondo: desenvolver, profundizar e promover activamente este concepto que vai a actuar como clave de bóveda que vertebra as súas actividades e proxectos.

Reflexión e vivencia, vivencia e reflexión, unha pedagoxía ética para vivir, convivir e educar mellor. Parabéns, Jonan.

[*] Manuel Dios Diz, é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC e preside o Seminario Galego de Educación para a Paz.

_______________________