mércores, decembro 19, 2007

VII Xornadas de Curtametraxes Ateneo Ferrolán 2007

De: ATENEO FERROLAN
-a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de dezembro de 2007 17:35

Asunto: VII Xornadas de Curtametraxes Ateneo Ferrolán 2007






VII XORNADAS
DE CURTAMETRAXES
ATENEO FERROLÁN 2007

Os próximos días 26, 27 e 28 de decembro mércores, xoves e venres se levaran a cabo no Ateneo Ferrolán ás SÉTIMAS XORNADAS DE CURTAMETRAXES comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral, aquí tedes o programa do que serán estas XORNADAS.

DÍA 26 de decembro ás 19 horas

ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO

“SUEÑOS”-

Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 13'

“CADEA PERPETUA”-

Curtametraxe Ficción (Galego) Duración: 11'

“PAN E CIRCO”-

Curtametraxe Ficción (Galego) Duración: 12'

“LÁGRIMAS DE SANGRE”-

Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 11'

“OCTOPUS TO THE PARTY”-

Curtametraxe Ficción (Galego) Duración: 10'

“TOSCA”-

Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 6'

“24 HORAS DESPUES” -

Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 6'

360”-

Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 6'

“ESPERANZA PARA VIVIR”-

Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 12'

DÍA 27 de decembro ás 19 horas

ABELARDO RENDO

“AS FAROLAS Curtametraxe Comedia (Galego)

País e ano: Galiza (2007) Duración: 17`
Intérpretes: MARÍA MUNIN, ANTONIO VÁZQUEZ, FINA GUITIÁN, HIXINIO RODEIRO, ELIANA MARTÍNS, ELSA BARCALA, JESÚS MERA, INÉS BOUZÓN, MIGUEL DE LIRA, PATRICIA REI, PEPE PENABADE, MARÍA GAITEIRO, ALFONSO ROMEO, CARMEN DE LA FUENTE, LUÍS ZAHERA, BREOGÁN VÁZQUEZ, XAN CURIEL, FRANCISCO COLLANTES, COMBA CAMPOY, ANTÓN VÁZQUEZ, SARA GONZÁLEZ.

Sinopse: Unha xornalista que presenta reportaxes de investigación desprázase a un concello do rural (Revosende) para investigar o fenómeno polo cal unha simple farola é quen de decidir a Alcaldía. A súa hipótese é que o alumeado público é algo máis que un servizo público: a corrupción, o clientelismo e a cacicada están presentes de cheo.

MARÍA G. SALVATIERRA

O ELIXIDO Curtametraxe (Galego)

País e ano: Galiza (2007) Duración: 10`
Intérpretes: ELINA LUACES, LUISA MERELAS, YOLANDA MUÍÑO, SUSO LISTA, RAFA DURÁN, ANXO CARVAJAL E SANTI PREGO.

Sinopse: A curta comeza coa morte dun párroco nunha aldea remota de Galicia. Tres beatas, sen educación nin formación ningunha e desesperadas pola morte do seu cura, deciden facer un casting para atopar a outro que lles de a misa. Á proba preséntanse un rapaciño ionqui que non sabe que facer da súa vida, un señor en paro na procura dun oficio estable como o do sacerdocio, e por ultimo un rapaz que quere ser famoso.

MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCÍA, JORGE MARTINEZ

GERVASIO Vs. YAKUZA Curtametraxe Ficción (Castelán)

País e ano: Galiza (2007) Duración: Capítulo I 15` - Capitulo II 26`
Intérpretes: MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCIA, JORGE MARTINES, DANIEL ROMERO, JACOBO PELETEIRO, DANIEL FERNÁNDEZ.

Sinopse: (Cap..I)A filla do avogado Sir Johan Iceberg é secuestrada por parte da Yakuza, nun intento por dividir en dous o imperio da Keyser Corps. Gervasio un policiía da vella escola, tentará de salvar á nena pòñendo en xogo a súa vida e a súa honra.(Cap..II) Xa expulsado do corpo e consumido polas drogas, Gervasio non da por finalizada a súa búsqueda, afundíndose cada vez máis e sen sabelo na enmarañada tea na que está atrapado. A vinganza nunca acaba.

DAVID VÁZQUEZ MANEL VÁZQUEZ

EMPANTANADOS Curtametraxe (Galego)

País e ano: Galiza (2007) Duración: 15`
Intérpretes: MIGUEL DE LIRA, CLARA VÁZQUEZ, FERNANDO MORÁN, VÍCTOR TATO, CHICHO CARBALLIDO, IVÁN GONZÁLEZ.

Sinopse: Un pobo ameazado polas augas dun embalse, todo desaparece menos as lembranzas....

EDU LAVANDEIRA

PIOJOS Curtametraxe Comedia (Galego)

País e ano: Galiza (2006) Duración: 12,30`
Intérpretes: XOÁN VEIRO, ANTÓN GIRÓN, DAVID CASTIÑEIRAS, EDU IGLESIAS (MONDONGO).

Sinopse:

DÍA 28 de decembro ás 19 horas

RAÚL GARCÍA, ELENA GÓMEZ, MARCOS MÉNDEZ, JORGE MOSQUERA, MARTINA PÉREZ E EVA REY.

EN EL ARMARIO Curtametraxe (Castelán)

País e ano: España (2007) Duración: 5`
Intérpretes: LUIS ZAHERA, ISABEL BLANCO, MONTI CASTIÑEIRAS, JAVIER GUTIÉRREZ.

Sinopse: Rodrigo quere conservar unha relación que pasa por una situación delicada. Pero tal vez a única solución sexa "saír do armario".

PUNTO KILOMÉTRICO 406 Curtametraxe (Galego)

País e ano: España (2007) Duración: 9,25`
Intérpretes: ESTELA RODRÍGUEZ, RAÚL GARCÍA.
Sinopse: Unha muller intenta fuxir do seu destino. Destino xa escrito.

MARCOS MÉNDEZ, EVA REY.

NON RETORNABLE Curtametraxe 3D (Galego)

País e ano: España (2007) Duración: 2`
Sinopse: John Doe, un astronauta estadounidense pouco estilizado, chega ao planteta Sogama con intención de conquistalo. Porén, a necesidade de aliviar a súa apretada vexiga faino caer na trampa deste planeta tan particular.

RAÚL GARCÍA, MARTINA PÉREZ

O CRILO Curtametraxe 3D (Galego)

País e ano: España (2007) Duración: 2`
Sinopse: Un grilo camiña pola vía do tren sen percatarse do perigo que se aveciña.

JUAN ANTONIO BAYONA

EL HOMBRE ESPONJA Curtametraxe Drama (Castelán)

País e ano: España (2002) Duración: 20`
Intérpretes: ZOE BERRIATÚA, GRÁCIELA MORAIS, CARLOS RAJA, ANDRÉS GERTRUDIX.

PEQUE VARELA

CARPEOPLE (Xentecoche) Curtametraxe animación

País e ano: Inglaterra (2005) Duración: 1`
Sinopse: Ensaio do noso comportamento detrás do volante.

PHACE Curtametraxe animación

País e ano: Inglaterra (2005) Duración: 1`2``
Sinopse: Unha breve mirada a sentimentos atrapados.

1977 Curtametraxe animación

País e ano: Inglaterra (2007) Duración: 8`15``
Sinopse: Unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena buscando a súa identidade.

______________

ATENEO FERROLÁN
(Fundado en 1879)

Rúa Magdalena 202-204, 1º
15402 - FERROL
a_ferrol@teleline.es
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
______________

Presentación do ensaio "VOTOS DE RIQUEZA"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de dezembro de 2007 18:41
Asunto: Presentación do ensaio "VOTOS DE RIQUEZA"



Organizado por Fuco Buxán, A.C.

Venres, 21 de decembro, ás 20 horas

Galería Sargadelos (Rubalcava, 30 – Ferrol)

Presentación do ensaio

"VOTOS DE RIQUEZA"

La multitud del consumo y el silencio de la existencia

De Ignacio Castro Rey

Intervirán co autor :

Marcos Lorenzo

Asesor Cultural do Concello de Ferrol

Rafael Pillado

Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán

Entrada libre.
_
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_

venres, decembro 14, 2007

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007

En cumprimento dos compromisos adquiridos con veciños e veciñas nas distintas Asembleas de Socios e de Barrio celebradas durante estes anos, a Xunta Directiva da Asociación veciñal “O Rosario – Inferniño” realizou este informe que, sen animo de exahustividade, pretende reflectir cal e a situación actual do barrio en relación coa atención que calquera cidadán demanda da súa Administración.

O obxectivo deste informe non e facer unha crítica gratuíta, todo o contrario, preténdese encher de contido o traballo que, entendemos, debe desenvolver calquera asociación veciñal, servir de conexión entre a veciñanza e os poderes públicos, trasladándolle aos últimos as necesidades e inquedanzas dos primeiros e, levándolles a estes as propostas e solucións expostas polos segundos.

Dende esta perspectiva, nunha primeira aproximación, apreciamos unha grave situación de abandono institucional en distintos aspectos do barrio, abandono que consideramos aínda máis grave, se cabe, ao descubrir que para solucionar moitos dos problemas que padecemos non e necesario investimento algún, o simple cumprimento das obrigas de control da administración, vixiando e esixindo o respecto pola legalidade, abondarían para solucionalos.

Neste informe facemos un agrupamento das nosas demandas mais importantes, xa tantas veces repetidas, en catro apartados: URBNISMO, ESPAZOS VERDES E DE LECER, MANTEMENTO E CONTROL E ESPAZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS.


1.URBANISMO

Na década dos anos 40, ao norte da estrada de Castela, comezou a trazarse en Ferrol un novo barrio que os técnicos municipais denominaron “Ensanche Zona A”, e ao que a linguaxe popular chamou “Inferniño”. Un crecemento desordenado protagonizado pola iniciativa privada caracterizou o novo barrio, os constructores edificaban nas parcelas dispoñibles e, logo, os veciños debían dirixirse ao concello para solicitar os servizos (o pavimentado, alumado público, traída de auga, etc...), a única infraestructura pública do barrio era un novo estadio de fútbol. Case 70 anos despois e xa no século XXI, a veciñanza deste barrio continúa pagando o desastroso “urbanismo” levado a cabo neses anos. Un barrio desordenado, excesivamente edificado e poboado e con escasísimas zonas verdes e servizos.

En decembro do ano 2000 o Concello pleno de Ferrol aprobou o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, instrumento urbanístico de ordenación integral do territorio, sendo un dos seus obxectivos mellora-los servizos públicos, as infraestructuras, as dotacións, os equipamentos e a urbanización, dende esta Asociación esiximos aos responsables políticos que garantan o escrupuloso cumprimento do citado Plan Xeral, especialmente nas parcelas aínda sen urbanizar como son o Palco das Ánimas e o Río do Tronco, así como nas construccións que se realizan sobre solares ou edificios vellos que se derruban.

Outro dos problemas que preocupa á veciñanza neste ámbito consideramos que é o chamado “feismo urbanístico”especialmente respecto daquelas parcelas ou solares sen edificar que convértense en vertedoiros de lixo ou autenticas “selvas urbanas” niño de toda bichería posible.
A continuación acompañamos unha serie de imaxes que ilustran o exposto :

Vista aérea das parcelas sen urbanizar no barrio (Palco das Ánimas e Río do Tronco)


Vista aérea do chamado Palco das Ánimas (PXOM PU 14 e PU19) e a proposta elaborada por esta Asociación para este espazo


Vista aérea do chamado Río do Tronco (no PXOM AEI 26 Avenida da Paz)


2.ESPAZOS VERDES E DE LECER

Como xa quedou exposto, a falta de planificación nos tempos do desenvolvemento do barrio provocou a especulación cos espazos, deixándonos sen zonas verdes para o lecer, resultando que hoxe case que exclusivamente dispomos da Praza do Inferniño como lugar para divertimento e repouso dos nenos e nenas, xoves e maiores deste barrio e de barrios limítrofes que padecen unha situación semellante.

Como se pode entender a afluencia de usuarios cara esta xa emblemática Praza do barrio é enorme e, a pesar dos case 10.000 m de solo que dispón (entre zona verde e deportiva) prodúcese unha constante masificación de xente de todas as idades que impide un goce pleno da mesma. Dende esta Asociación pensamos que aínda que este feito poda responder a diversas causas, a mais importante, sen dúbida, é o deseño totalmente erróneo coa que foi construída (escasa zona de xogos para nenos e nenas, escasos bancos para repouso, un palco sen uso no medio da praza, as zonas verdes elevadas sobre o chan e rodeadas de pedra granítica cortante e perigosa, etc...), polo que creemos que a solución pasa por unha remodelación integral da mesma, remodelación na que a veciñanza deberá participar aportando ideas ou solucións ás propostas dos técnicos para que non volva a acontecer a situación actual.

Pero, conscientes de que un proxecto desta magnitude leva o seu tempo, propoñemos unha serie de medidas que podería mellorar a situación.

Consideramos urxente que o servizo de limpeza aumente a súa presencia na Praza, especialmente os fins de semana, resulta evidente que tan elevado número de usuarios esixe maior limpeza e os domingos carecemos deste servizo.

Resultaría moi positivo recubrir as pedras que rodean as zonas verdes con algún material brando (como a madeira), o cal resolvería dous problemas, reduciría o perigo de lesións e aumentaría considerablemente o número de lugares onde sentarse.

Tamén consideramos urxente a eliminación dun espazo no interior da praza que é popularmente coñecido como “a flor”, xa que o mesmo serve exclusivamente como vertedoiro de lixo, urinario de adultos e pequenos, e agocho para que dalgún drogodependente se administre a súa dose e deixe a xiringa estrada no chan.

Propomos o aumento das zonas de xogo, tanto os dos mais pequenos como os de pre-adolescente, os existentes resultan escasos.

Ademais de todo isto dende esta Asociación propomos a realización, canto antes, dun proxecto integral dun gran Parque Urbano na zona do Palco das Ánimas que vincule os dous parques recollidos no PXOM (PU 14 e PU 19) mediante a recuperación dun humidal que existiu na zona e do que aínda quedan restos. Este parque deberá dotarse con elementos que, xunto coa zona libre proxectada na rúa do inferniño, complemente a saturada Praza do Inferniño. A consecución deste proxecto lograría para o barrio case tres hectáreas mais de espazo de lecer e repouso para goce da veciñanza, saldando así unha débeda histórica coas infraestructuras do Ensanche.


A chamada “flor”, unha zona da que propomos a súa supresión por seguridade e hixiene


3.MANTEMENTO E CONTROL

Se a situación do barrio non e doada polos motivos xa expostos, empeora cando observamos as consecuencias dos incumprimentos constantes en materia de disciplina urbanística ao respecto da ocupación das beirarrúas por estadas e balados de obras xa que non se respectan as normas establecidas no PXOM.

Tampouco mellora a situación cando observamos o mantemento das roturas producidas nas rúas, beirarrúas e mobiliario urbano. Cando se produce algunha rotura, sexa fortuíta ou polo desgaste propio do paso dos anos, pasan meses e incluso anos antes de que se produza a reparación ou reposición do material, este feito traslada unha imaxe de barrio abandonado tanto á veciñanza como aos visitantes.

A todo isto debemos sumarlle a case inexistencia de pasos de peóns nas rúas do barrio, o permanente estado de ocupación de moitas das beirarrúas por carros estacionados encima delas e, como non, o xeneralizado aspecto de sucidade das rúas, moitas veces provocada polos excrementos dos cans de cidadáns pouco cívicos e insolidarios.

Dende esta Asociación opinamos que moitos deste problemas solucionaríanse con maior control deste feitos por equipos de funcionarios especializados e cunha asignación orzamentaria para o mantemento axeitada ás necesidades dun barrio que medrou á sombra do urbanismo mais especulativo.

imaxes que poden exemplificar o exposto respecto da ocupación de beirarrúas por estadas e balados de obras que incumpren o PXOM.




imaxes precedentes exemplifican o estado de moitas rúas e beirarrúas


4.ESPAZOS CULTURAIS DEPORTIVOS E DE OCIO

Xa quedou exposto que nos seus inicios a única infraestructura pública do barrio era un Estadio Municipal de Fútbol. Hoxe no espazo que no seu día ocupou o Estadio municipal Manuel Rivera dispomos do Centro Comercial Porta Nova, o Centro Cultural Carvalho Calero, a Praza do Inferniño e unha pista polideportiva descuberta.

Ademais á beira da rúa Río Xubia, no Palco das Ánimas, fai case dez anos e en plena campaña electoral autonómica, constrúese o Pavillón Municipal do Ensanche.

A enumeración dos servicios deportivos e de ocio do barrio, Centro Comercial Porta Nova, Centro Cultural Carvalho Calero, pista polideportiva descuberta, Pavillón Polideportivo do Ensanche, aparentan unha gran dotación pública, mais a realidade é completamente distinta :
-CENTRO COMERCIAL. Respecto deste Centro de titularidade pública en réxime de concesión administrativa, vimos denunciando dende fai mais de dous anos, xunto co Colectivo de Comerciantes Críticos, o sistemático incumprimento do prego de condicións que rexe a relación da concesionaria do Centro Comercial co Concello, incumprimento que provoca o afogamento da actividade comercial e da como resultado un espazo público infrautilizado, coa maioría dos locais baleiros, ben sexa porque nunca foron ocupados ou polo seu peche posterior.

Como xa manifestamos en multitude de ocasións pensamos que o principio da solución ao Centro Comercial pasa polo rescate da concesión por parte do Concello para elaborar unha estratexia que permita recuperar a plena actividade do mesmo.

-CENTRO CULTURAL. Consideramos nesta Asociación que para que un local público sexa merecedor de chamarse centro cultural, deben desenvolverse nel, actividades culturais como a musica, o teatro, conferencias ou exposicións, cando menos con certa regularidade, o cal non sucede no noso centro cultural, que como xa temos denunciado repetidas veces mais parece o local social dunha Asociación de veciños que un centro cultural.

Pensamos que é imprescindible que o Concello asuma a xestión do mencionado Centro Cultural, faga nel as modificacións estructurais que precise e que o inclúa na programación cultural da cidade, aportando así á veciñanza o servicio para o que foi deseñado.

-PISTA POLIDEPORTIVA. A pista sitúase entre a rúa Inferniño e a Praza do mesmo nome, e foi deseñada como un lugar onde nenas e nenos do barrio podan exercitarse libremente practicando deporte cos amigos e amigas. Mais acontece que dita pista ten certas carencias que a converten, incluso en perigosa.

A zona de xogo atopase moi preto das gradas, que están feitas de formigón, o que supón un risco para os usuarios, ademais non existe ningún tipo de protección para que non escapen as pelotas ás rúas próximas, polo que nenos e nenas invaden con certa regularidade as rúas detrás dos balóns, o que todos sabemos que é moi perigoso e xa por último, a pista atópase absolutamente degradada convertindoa en verdadeiro papel de lixa para os corpos de nenas e nenos, e con grandes fochancas que obrigan aos usuarios a facer carreiras de obstáculos para non caer e torcer os nocellos.

imaxes que mostran o lamentable estado da pista polideportiva


imaxe da terraza do centro Comercial Porta Nova que por si soas reflicten o denunciado abandono do mesmo por parte dos responsables

Ate aquí este pequeno informe que trasladamos á nova Corporación Municipal.
Dende esta Asociación desexamos que o novo Goberno Municipal amose maior vontade que o anterior na atención ás demandas dos cidadáns e esperamos que aposten por unha maior participación cidadá nos asuntos que a todas e todos nos incumben directamente, sendo este informe cas súas formulacións e demandas un exemplo desa vontade.

Ferrol, a 11 de decembro de 2007.

O PRESIDENTE.-

Asdo.. Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

____________
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_________________

Martes 18 de decembro, recoñecimento a Carmelo Teixeiro e presentación do video "Ferrol polo mar e pola vida"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de dezembro de 2007 13:24
Asunto: Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE


Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE

A Asociación Cultural Fuco Buxán
organiza para o
martes 18 de Decembro, ás 20 horas
no Centro Cultural Carvalho Calero
(Praza do Inferniño – Ferrol)
a presentación pública do documental

"Ferrol polo mar e pola vida"

Este documental, centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo Acsur.

Carmelo TeixeiroAsemade, este acto, que pretende sensibilizar a opinión pública en torno a ría de Ferrol e á maior agresión mediaoambiental que se da no noso país, incorpora un recoñecemento público a persoa de Carmelo Teixeiro Menéndez , membro de Fuco Buxán e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol. En agradecemento do seu compromiso social e político, do seu traballo, constante e discreto, na defensa dos valores humanos, dunha democracia de calidade, dunha sociedade cohesionada en base á xustiza social e pola defensa medio ambiental da ría de Ferrol.

Intervirán:

Manuel A. Rodríguez Carballeira,

Presidente de Fuco Buxán,

Camilo Nogueira Román ,

Ex -Deputado no Parlamento Europeo

Proxección do vídeo

(presentado por Silvia Chocarro Marcesse e Manuel Cendán Dopico, organizadores do Curso)

e agasallo por parte de Fuco Buxán a Carmelo Teixeiro.

Ao tempo que convidamos a tódala cidadanía a participar deste acto, agradecemo-la colaboración das persoas e entidades que facilitaron a súa realización.

fuco buxán - Asociación Cultural
_
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
__________________

xoves, decembro 13, 2007

Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño

De: asociacion veciñal
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de dezembro de 2007 15:42
Asunto: Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño


Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño

A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, informa que na tarde deste pasado martes-11 as 6 da tarde, o Alcalde e varios concelleir@s , Miguel Reimundez, María López, Xavier Galán , R. Veloso, e varios membros desta directiva, fixemos un percorrido polo barrio co fin de achegar ao novo goberno local varias demandas e propostas veciñais.

En primeiro lugar amosamos noso enérxico rexeitamento a ocupar e invadir os ESPAZOS PUBLICOS para camións-atraccións de explotación privada , xa que como explicamos ao concelleiro de patrimonio a Praza pertence a todos os cidadáns para o LECER PUBLICO.

Demandamos o desenvolvemento da PRAZA DO RIO DO TRONCO , que leva esta parte da cidade 20 anos de retraso , sendo noso desexo unha urbanización acorde co PXOU.

Manisfetamos o malestar da veciñanza polo estado de algunhas PARCELAS PRIVADAS que teñen o deber dun MANTENEMENTO MÍNIMO ou que o concello actúe e denuncie mediante unha nova ORDENANZA DE PARCELAS, para evitar nalgúns casos de verdadeiros puntos incontrolados de lixo e silveiras.

Denunciamos as actuacións dalgúns constructores na falta de cumprimento das normativas de ACCESOS ALTERNATIVOS para os cidadán e redes de proteccións. Tamén as empresas de gas, augas, electricidade adoecen de deixar en estado moi deficiente as rúas e beirarrúas.

Noso maior empeño nestes tempos foi IMPULSAR O PARQUE URBANO DO INFERNIÑO no Palco de Animas para comezar seu desenvolvemento nun vindeiro e cercano futuro.
Informan que xa hai unha partida orzamentaria de 350.000 € para expropiar as bellas vivendas da rua Xubia como primeiro paso para comezar a desenvolver este proxecto de PARQUE.
Facemos fincapé en preservar un HUMIDAL NATURAL nesta zona.

Denunciamos o estado da Rua Rio Xubia e Rio Castro o cal demandamos unha actuacion integral nestas zonas.

Co Alcalde , que se incorporou maís tarde por razóns de axenda e entrevista de ultima hora, entramos no Centro Comercial do Inferniño para comprobar o seu estado e falla de funcionalidade comercial, diversos comercios pechados, alguns da directiva da empresa concesionaria que non poden estar máis de dous de inactividade.

Comprobamos o incumprimento do prego de condicións e falla da Gardería ou Ludoteca infantil de 250 m2..

Tiveron varios comerciantes a oportunidade de expresar ao Sr. Alcalde varias e contudentes queixas sobre o mal funcionamento, e mala xestión por parte da empresa concesionaria e xerencia posto que non explican dende hai varios anos o estado da contabilidade respecto as cotas de comunidade que pagan e pasan dos 500 € mensuais non prestando servizos e atencións que eles demandan.
Manifestan abertamente ao Alcalde que o concello RESCATE a Concesión para que este centro comercial funcione pois para este colectivo de comerciantes conta coas todas posibilidades.

O Alcalde explica que hai conversacións con algunha empresa interesada e que de momento está todo en estudo por parte destas.

Comunicánnos que vannos facilitar en concesión provisional UN LOCAL para asi poder exercer nosa actividade, que recibimos con satisfacción, significando para nós un certo recoñecemento por noso traballo reivindicativo do barrio.

Queremos rematar que a denuncia do Feiron do Inferniño está todo en proceso e que non é resolutivo nin definitivo o filtarado por un medio de comunicación xa que respecto a presunta teoría do Fiscal non se sostén xa que existen ordenanzas fiscais e ORDENANZA DO FERION DO INFERNIÑO, polo que non pode alegarse que non houbo ningún acordo en canto a taxas se refire, continuando coas imputacións os directivos da A. Vv do Ensanche A.

Demandamos da concelleira de prazas de servizos unha remoledación , con equipamento e mobiliario máis acorde e un estudo de iluminación (ecolóxica), pois esta praza é bastante escura , ademais de pedir a supresión do chamado trébol.
Denunciamos unha NOVA PISTA DEPORTIVA MULTICISPLINAR e distintos usos deportivos.

As cacas dos cans son tamén temas de reclamo para que o concello reaccione cos donos irresponsables e inicie unha campaña informativa dun aparcamento responsable evitando deixar os coches en dobre fila ou enriba das beirarrúas.

Valoramos a visita como moi positiva para todos que ilustra as verdadeiras demandas veciñais manifestadas a través de nosas ASEMBLEAS ABERTAS DE BARRIO.


Ferrol a 12 de decembro de 2007.

asdo. Pedro Cachaza - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente.

_______________

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007:

Ver Informe nos Arquivos Ártabros

____________
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_________________

Burla á cidadanía na Diputación Provincial da Coruñan: acordan distincións honoríficas a Roberto Tojeiro [Grupo Tojeiro] e Santiago Rey [Grupo Voz]

De: manuel dominguez
-manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de dezembro de 2007 20:24
Asunto: Mofa e befa


Mofa e befa

Nunha clara burla á cidadanía, a Comisión de Honras e Distincións da Deputación da Coruña acordou designar fillo predilecto da provincia ao presidente do Grupo Voz, Santiago Rey, e concederlle a medalla de ouro da institución ao empresario Roberto Tojeiro. A decisión será ratificada polo pleno o próximo venres co acordo unánime de tódolos grupos políticos con representación no órgano provincial: PSOE, BNG e PP.

Do primeiro destácase o seu firme apoio ao desenvolvemento da provincia coruñesa, a súa incondicional defensa dos dereitos dos galegos e o seu compromiso coa democracia, a dignidade humana, a xustiza social e os intereses de Galicia. De Tojeiro saliéntase a súa traxectoria profesional, a capacidade de traballo e a súa “perseveranza no esforzo desde que, aínda sendo moi neno, compaxinaba a súa asistencia á escola coas tarefas no negocio familiar de ultramarinos”.

Fermosa semblanza de dous empresarios que sempre souberon moverse cerca do poder, mostrando unha avidez sen escrúpulos na procura do beneficio propio e xestionando empresas que representan en Galicia a faz máis oscura e despreciábel do capital.

As empresas de comunicación do Grupo Voz, en especial o diario La Voz, foron, desde finais do século XIX, a voz do caciquismo ultramontano, apoiaron sen escrúpulos o réxime franquista e quixeron enmudecer as voces críticas de aqueles que, como Ignacio Ramonet e
Ramón Chao, nunca aceptaron doblegarse ante o poder.

O Grupo Tojeiro é hoxe unha das peores ameazas para a supervivencia da ría de Ferrol e a súa comarca. Favorecido por acordos inconfesábeis coa Xunta de don Manuel, logrou, contra toda razón e dereito, colocar unha bomba de reloxería no corazón da ría.
A vergoñenta entrega destas “distincións” por parte do PSOE e do BNG é outra nova mostra da retorcida deriva que están a seguir en Galicia estes dous partidos e un verdadeiro insulto para todo galego de ben.
_____________________

Fuco Buxan A.C. presenta o nº 23 de "Razón Socialista"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de dezembro de 2007 18:04
Asunto: Presentación do nº 23 de "Razón Socialista"


Presentación do nº 23 de "Razón Socialista"

Fuco Buxán Asociación Cultural Presenta o número 23 da súa Revista semestral

"RAZÓN SOCIALISTA" "Pola rexeneración da Esquerda"

Lúns, 17 de Decembro, ás 20 horas no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202 – Ferrol)
Intervirán:
José Torregrosa
Director de "Razón Socialista"

Arantxa Domínguez
Que publica neste número
"Carta a unha muller maltratada"

Yolanda Díaz
Concelleira de Cultura
"A muller na política de esquerdas"

Entrada libre
Prégase difusión


__________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

___________

domingo, decembro 09, 2007

Ramificacións Eumesas da trama de corrupción urbanística de Mugardos

De: manuel dominguez-manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de dezembro de 2007 12:59
Asunto: ramificacións eumesas da trama mugardesa

RAMIFICACIÓNS EUMESAS DA TRAMA DE CORRUPCIÓN URBANÍSTICA DE MUGARDOS

O estudo de arquitectura investigado na suposta trama de Mugardos proxectou unha urbanización en Ber

O Estudo de Arquitectura e Urbanismo Xcale que foi intervido pola policía de delitos urbanísticos e cuxos xerentes foron acusados por un xulgado a raíz de descubrirse unha trama urbanística en Mugardos, foi o encargado de elaborar e presentar un proxecto de urbanización en Ber. Como xa informamos no seu día, o grupo inmobiliario Lar Promosa S.A. deu conta no pasado mes de maio ao concello de Pontedeume do cambio de titularidade duns terreos limítrofes coa antiga urbanización de Ber. Sendo pois os novos propietarios das fincas, solicitaban reabrir un antigo expediente redactado polo estudo Xcale mediante o cal se recalificaría unha franxa de litoral en Ber e permitiría a construción dunha macrourbanización de máis de 200 vivendas en zona de protección costeira. O goberno de Belarmino Freire aprobou este proxecto xunto a outro que tamén toleraría a construción de 250 vivendas en Arbosa. E fíxoo dias antes das eleccións que o retirarían do Concello, demostrando así a compracencia que o equipo de goberno tiña cos promotores inmobiliarios. Mais esta tolerancia con accións que estragarían por completo a costa eumesa pode entenderse mellor se pensamos nos enormes intereses que xerarían estas operacións.

Os imputados na operación Virgin, así se denominou o operativo policial contra a trama mugardesa, facían valer a súa condición dentro do Concello de Mugardos para que os proxectos urbanísticos presentados no Concello fosen realizados polo estudo Xcale. En caso contrario, eran sistematicamente rexeitados. Un modus operandi que asegura aos compoñentes das tramas excelentes beneficios. Neste caso ademais dos socios de Xcale participaban na rede a aparelladora municipal, un policía local e a dona deste, que rexentaba unha inmobiliaria. Un clásico elenco de actores imprescindíbel para a representación do drama social de moda.
_______________

Enlace co artigo orixinal no interesante Blog do Colectivo Fusquenlla de Pontedeume que recomedamos visitar
________________

sábado, decembro 08, 2007

Enlace con interesantes fotos da Ría, Gaseiros e Reganosa

De: Jesus Pazos Lavandeira
-susopazos@yahoo.es-
Data:8 de dezembro de 2007 15:11
Asunto: Aqui podedes ver unhas fotos


Suso Pazos convida a ver as fotos no Blog.
Podedes ver unhas fotos interesantes neste Blog e a pouca distancia que nos separa de REGANOSA. Interesantes fotografías de Gaseiros e da Ría neste Foto-Blog.
_______________



[Clicar acima da imaxe para ampliar]

http://ferrol.mifotoblog.com/
________

SUSO FERROL

susopazos@yahoo.es
_____________

Propostas de enlaces interesantes de Santiago Díaz-Gazón

Propostas de enlaces que nos fai santiago diaz-gazón morillo
-xantia@mundo-r.com-

8 de dezembro de 2007 19:38



_______________
Un artigo de Manuel Rivas
EL PAÍS - Última - 08-12-2007

Cabróns
_______________

Unha noticia PAOLA OBELLEIRO - Muxía -
EL País 08/12/2007

@s héroes volven a Muxía: A 'zona cero' do 'Prestige' homenaxea ás voluntari@s que a salvaron do fuel. Persoas de toda a península recordan o desastre "cun nó na gorxa".
_____________

Un artigo de Ramón Reboiras

EL PAÍS - 07-12-2007

Capitán Mangouras
______________

LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de dezembro de 2007 01:25
Asunto: LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com

LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com

---------- Forwarded message ----------
From: J Malde V -jmaldev@icoiig.es-
Date: 07-dic-2007 19:25
Subject: LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com
To: destinatarios-no-revelados


LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com

Estes americanos son uns acolloados. !!!

Que veñan por aquí, visiten onde temos os ferroláns REGANOSA, e convenceranse que non é para tanto !!!!

http://timrileylaw.com/LNG_TERRORISM.htm

--
fuco buxán, a.c.

Aptdo Correos 240
C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
______________