sábado, xuño 27, 2009

O 23 de Xullo III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas.

Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días.

Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.

Chamamos a todos os colectivos, organizacións e persoas, para que difundan a convocatoria e unha vez máis está acción sexa todo un suceso. Polo que podedes baixar, dos Arquivos Ártabros, os cartaces a COR ou en B/N, para copiar e difundir:

  • Cartaz da convocatoria en B/N, formato PDF - Tamaño A3 - 2 M-: Baixar
  • Cartaz da convocatoria a COR, formato PDF - Tamaño A3 - 3 M-: Baixar
Sairemos ás 5 da Tarde do Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza e remataremos no Parque dos Carneiros en Mugardos, onde a Asociación Veciñal "O Cruceiro" de Meá agardará con música, sardiñas, churizos, cervexa, viño, ...

1 comentarios so far

Non falatremos !

Yolanda e Manel


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon