xoves, xullo 09, 2009

O Gaseiro 48 ten prevista a entrada na Ría de Ferrol este venres 10 de Xullo: O Comité Cidadán de Emerxencia convoca nova acción de protesta


Diante dun novo anuncio de que vai entrar na Ría, un buque gaseiro cargado con GNL-LNG, o Cheik el Mokrani, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol decideu contestar, como até agora, cunha acción de protesta.

Unha concentración sonora, de denuncia e reivindicación está convocada, desta vez ás 8 da Tarde, do Venres día 10 de Xullo, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Este buque gaseiro fai o nº 48 desde que entrou o nº 1 en Maio de 2007. Non podemos quedar indiferentes ante semellante irresponsabilidade, pois se a propia presencia de REGANOSA no corazón da nosa Ría, xa de por si é un perigo, a entrada dun buque cargado con GNL-LNG pola angosta Ría e todo o operativo de maniobra e descarga, aumenta o perigo e a inseguridade para as miles de persoas que moramos na contorna.



O movimento opositor a REGANOSA que nos mobilizamos ao redor do Comité Cidadán de Emerxencia, seguiremos loitando contra o despropósito gasístico, até conseguir o seu desmantelamento. Non pode ser que uns ricos e poderosos, utilizando a corrupción política e económica, se saían coa súa, instalando unha planta de gas cun potencial tan destructivo á beira das nosas casas, centros de traballo, ensino, saúde, lecer, ...

Hai uns día producia-se un accidente na estación de tren da cidade italiana de Viareggio, onde descarrilou un comboio que transportaba cisternas cargadas con Gas de Petróleo Licuado [GPL]. Un accidente de dúas cisternas causou 16 mortes, varias decenas de ferid@s e máis de 1.000 persoas evacuadas, imaxinaros o potencial destrutor da planta regasificadora de Reganosa e un buque gaseiro cargado con GNL dentro da Ría.

A loita contra contra Reganosa sigue en todos os frentes: no xudicial e administrativo; no da comunicación, información e formación á cidadanía; no da mobilización; ... é por iso polo que este Venres nos concentraremos en Ferrol, e o vindeiro 23 de Xullo, marcharemos até Mugardos desde o Parque "Carmelo Teixeiro" de Caranza, na IIIª Marcha a Pé a Mugardos, onde terá lugar o II Festival contra a Planta de Gas que se celebrará no Parque dos Carneiros.

Caracteristicas do buque:
Nome.- Cheik el Mokrani - Capacidade.- 75.000 m3 - Eslora.- 220 m - Manga.- 35


¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Baseado na información enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de julho de 2009 14:25


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon