xoves, maio 03, 2007

Proposta de Comunicado para ler ao final da manifestación do sábado 6 de maio de 2007

De: Fusquenlla
fusquenlla@sospontedeume.com

Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de Maio de 2007 00:22
Asunto: Proposta de Comunicado para ler ao final da manifestación do sábado 6 de maio de 2007




Ola a tod@s,

Este é o texto que propomos para o remate da manifestación. Encargarase da súa lectura Mabel Ribera, posiblemente con outras persoas.

Caquera suxestión enviádea decontado posto que hai que pechar este tema.
Unha aperta

Cando nun país persoas de todas as condicións se unen en pequenos grupos espallados por toda a súa xeografía para defender a súa paisaxe, a súa riqueza natural e a súa forma de vida, é porque algo está pasando.

E en Galicia está pasando.

Cando os nomes deses grupos de cidadáns e cidadás empezan por expresións como “Salvemos a”, “En Defensa de”, ou “S.O.S.”, é porque algo moi grave está pasando.

E en Galicia está pasando, dun extremo ao outro do seu territorio.

O máis doloroso é que a orixe desta situación de extrema gravidade que ameaza á nosa terra e ao noso mar , non é unha catástrofe natural, nin unha fatalidade. Non. Ven de dentro. Ven da man da cobiza , da falta de conciencia social, da ambición depredadora,da ignorancia, da irresponsabilidade e da cega ambición de persoas que, dende as empresas, dende as administracións públicas ou nas súas actuacións particulares están a destruír a nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural, están a empobrecer a biodiversidade, están a empiorar a nosa cualidade de vida e a malvender o futuro das vindeiras xeracións. Para eles nada ten valor porque todo ten prezo.

E iso é o que está pasando agora mesmo en Galicia. Dun extremo ao outro do seu territorio.

  • Cando todas esas voces que se alzan alarmadas pola enorme magnitude da desfeita, son sempre desoídas, silenciadas, é que algo está fallando.
  • Cándo a cidadanía responsábel e consciente ten que saír á rúa para berrar a súa protesta porque non existen canles de participación directa na conformación desta realidade compartida que é Galiza, é que algo está fallando
  • Cando cada día se repiten as agresións ao medio ambiente sen que ningún poder lles poña freo, é que algo está fallando.
  • Cando un furacán de devastadora cobiza se propaga ata o último recuncho de Galicia arrasando paisaxes, espazos protexidos, parques naturais e reservas ecolóxicas, é porque algo está fallando.
  • Cando a artificialización do noso litoral con recheos, portos deportivos, urbanizacións, industrias nocivas e piscifactorías está poñendo en grave perigo o seu principal recurso natural, a pesca e o marisqueo, é que algo vai mal.
  • Cando os espazos naturais, teoricamente protexidos pola lei, son sistematicamente espoliados. Cando os espazos da Rede Natura 2000 vense asolagados por proxectos e instalacións industriais que estragan os seus valores e que algo está a fallar
  • Cando a sobreexplotación absurda dun territorio, promovida polo afán de acumular millóns a costa do que sexa, está a deixalo cada día máis ermo e esgotado, empregando para iso cartos públicos investidos sen pudor nin prudencia en macroproxectos insensatos e ruinosos que só enriquecen a uns poucos especuladores, case sempre os mesmos, deixando as arcas do pobo entrampadas para decenios, algo vai moi mal.
  • E cando esas actuacións están ao servizo só dos intereses duns poucos, de multinacionais e empresas privadas, e ameazan a forma de vida tradicional de milleiros de familias e a saúde e o benestar do conxunto da cidadanía, é que algo vai rematadamente mal.

Están a fallar moitas cousas, demasiadas, desde unha punta á outra do noso territorio. E cando unha cousa falla, cómpre cambiala. Hai que cambiar actitudes, modelos, plans e actuacións. E cómpre cambiar as leis para que poidan amparar, protexer, impulsar e garantir ese cambio.

E por iso esiximos:

A implantación dunha nova cultura do territorio que poña límites á artificialización irreversíbel do territorio, que procure a adecuación dos usos do solo ás súas aptitudes, que non destrúa as nosas mellores paisaxes, que free a especulación inmobiliaria, que facilite o acceso a unha vivenda digna, que mellore a habitabilidade de cidades, vilas e aldeas e reduza a demanda de transporte motorizado, xerando proximidade

O cumprimento da lexislación vixente. Porque o grao de incumprimento da lexislación de protección ambiental e do patrimonio no noso país é moi alto, pódese cualificar mesmo de escandaloso. Sen dúbida, é preciso ampliar e mellorar a lexislación de protección ambiental, ordenación do territorio e urbanismo pero primeiro cómpre garantir o cumprimento da lexislación existente. De pouco servirá termos unha lexislación mellor se persiste o desleixo actual na súa aplicación ou se se aplica en moi pequena medida, particularmente cando afecta ás propias Administracións e a grandes empresas.

Unha nova Lei de Ordenación do Territorio que delimite o que se pode facer e onde, fundamentada na protección dos valores sociais, ambientais e culturais do territorio galego. Os modelos de planeamento deben ter un marco de referencia supramunicipal que proporcione coherencia ao territorio e facilite o funcionamento dos servizos, do abastecemento e dos equipamentos.

Unha nova lei que, partindo da protección de todo o solo non urbanizable, estableza a obriga de demostrar a necesidade e racionalidade de modificar esa protección polas necesidades de crecemento dos núcleos de poboación.

Unha lei que debe significar tamén a desaparición do axente urbanizador, unha figura que nos retrotrae a un pasado escuro e feudal, con capacidade para decidir sobre as propiedades alleas.

Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral que estableza a necesaria coordinación de todas as políticas que inflúen sobre a zona costeira, que racionalice a actuación das distintas administracións con competencias sobre o litoral, e que estea baseada na protección dun tecido económico diversificado.

Unha xestión que prime as actividades cun alto compoñente de emprego estábel e que remate con esas políticas de “pan para hoxe e fame para mañá” como a promoción de segundas e terceiras vivendas na costa ou as baseadas en industrias cun alto impacto ambiental e baixo nivel de emprego como as que significan tráficos perigosos e nocivos nas rías, as plantas de gas ou as piscifactorías.

Protección efectiva dos espazos naturais e ampliación das figuras de protección ambiental. A protección ambiental debe aplicarse de xeito rigoroso, definindo claramente os lugares protexidos e creando corredores ecolóxicos, pontes de vida que permitan manter ecosistemas dinámicos e interconectados Exemplos como a delimitación por parte da Xunta do futuro Parque Natural do Courel onde se deixa sen protexer grande parte da zona sur para facilitar a instalacións de canteiras de pizarra, indican claramente o desleixo da administración na protección de espazos de alto valor ecolóxico.

Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio. As políticas públicas, como indica o seu nome, esixen unha ampla discusión entre a cidadanía e as administracións implicadas e da contraposición dos distintos intereses que xiran arredor delas para achar o balanzo máis positivo en termos sociais, económicos e ambientais. Cómpre desenvolver estruturas de participación cidadá efectivas que permitan aos colectivos sociais participar dende o seu inicio no desenvolvemento dos actuais e futuros procesos urbanísticos e que a súa opinión sexa tida en conta.

Responsabilidade e concienciación ás persoas que habitamos esta terra. A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e o facemos desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas e singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O xeito de relacionármonos co territorio que temos cada un de nos, habitantes desta terra, definirá en grande medida o noso futuro polo que cómpre concienciármonos da súa vital importancia e exercer a nosa relación con responsabilidade, pensando no ben colectivo.

E reclamamos estas medidas porque, para a nosa desgraza, o patrimonio que herdamos e permitimos que nos destruíran, xa non o poderemos recuperar nunca. Pero, se nos quedamos de brazos cruzados, acabaremos perdendo tamén, e para sempre, o que aínda hoxe conservamos.

E para entón só nos quedaría a opción de chorar.

Pero non queremos nin lamentarnos, nin acomodarnos, por iso estamos hoxe aquí, para expresar colectivamente, unha vez máis, o noso rexeitamento a degradación da nosa terra e para esixir, a aqueles que desde o poder teñen a capacidade de facelo, que dean os pasos necesarios para deter esta destrución planificada

Cada recuncho desta terra foi sempre, para os que vivimos nela, un ser con vida propia, protagonista de moitas facetas das nosas propias vidas. Tamén é unha paisaxe, a paisaxe da infancia, o primeiro universo por nós coñecido, gravado no máis fondo de nós e convertido en paisaxe interior de cada un e cada unha.

Para outros, en cambio, é só un escenario de negocios, un teatro para a especulación.

Por iso, desde este lugar emblemático de Galicia, queremos lanzar un fío de esperanza e resistencia a todos os reductos do territorio galego ameazado, para xuntos e firmes defender o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e a identidade do noso pais, do noso planeta.

Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para todas e todos!

2 comentarios

http://www.diariodeferrol.com/servlet/ContentServer?pagename=OpenMarket/Xcelerate/Render&inifile=futuretense.ini&c=CSINoticias&cid=1177974317207&t=NoticiaCompleta&edicionnav=1028218396367&arglink=nolink


Ferrol | Jueves, 3 de Mayo de 2007

DIARIO DE FERROL
3.5.2007

Llaman a la participación en la protesta en defensa del litoral

Siete entidades de la comarca -Verdegaia, Adega, Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Fuco Buxán, Plataforma Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural y Fusquenlla de Pontedeume- participan en la convocatoria de la Rede Litoral Vivo, que organiza para el próximo domingo a las doce de la mañana en la alameda de Santiago una manifestación contra la degradación del territorio bajo el lema "Galicia non se vende". Cinco de estas entidades -SGHN y Fusquenlla no pudieron acudir- ofrecieron ayer una rueda de prensa para llamar a la participación en esta protesta, para la que se habilita un servicio de autobuses en el que se puede reservar plaza, al precio de seis euros, en cualquiera de las entidades convocantes y en el Ateneo Ferrolán.

REDACCIóN > FERROL Imagen de la rueda de prensa C.C.




Actuando como portavoz, Carmelo Teixeiro recordó las medidas que se demandan a través de esta convocatoria, que pasan por implantar una nueva cultura del territorio "que poña límites á artificialización irreversíbel do territorio"; cumplir la legislación vigente en materia de protección ambiental y del patrimonio; elaborar una nueva Lei de Ordenación do Terrritorio; promover una estrategia de gestión integrada del litoral exterior y del más sensible, existente en el interior de las rías; ampliar las figuras de protección ambiental y facilitar la transparencia y la participación de la ciudadanía en las decisiones que afectan al territorio.

El portavoz de Fuco Buxán, Manuel Rodríguez "Lalán", indicó que esta convocatoria es una llamada de atención contra la indolencia ante la escalada de agresiones al territorio y que una de las cuestiones que se reivindican es la defensa de la ría de Ferrol de la "maior agresión ambiental" contra ella que es, dice, la planta de gas. En este mismo sentido se pronunció Antonio García, de Adega, que criticó que se utilicen las "palabras máxicas estratéxico e creación de emprego" para justificar proyectos que no respetan la normativa.

Desde el Comité de Emerxencia, Alexandre Carrodeguas insistió en la necesidad de proteger el territorio "ante a avalancha especulativa e depredadora", al tiempo que consideró que "aínda se está a tempo de parar a planta na ría".

Antón Fortuna, de Verdegaia, hizo hincapié en que entre los convocantes no figuran partidos políticos ni sindicatos para evitar que se aproveche esta convocatoria para la búsqueda de un rendimiento electoral, criticó especialmente el proyecto de ampliación de la piscifactoría de Meirás -del que dijo que afecta a un espacio incluido en la Red Natura- y pidió que se dé carácter prioritario a la demolición de las edificaciones ilegales en el litoral, ya que es algo básico para proceder a su ordenación y, de momento, "ningún goberno da Xunta se atreveu a facelo".

Xosé Mel Sanxoán, de Ártabra 21, recordó que la iniciativa de constituir la Rede Litoral Vivo partió del colectivo Fusquenlla de Pontedeume y que ha venido a demostrar que hay muchas asociaciones que se preocupan por lo que pasa en el litoral dando la espalda a lo que hacen los partidos políticos. También hizo un llamamiento a la participación de las asociaciones vecinales.

A nosa forma de vida non é moi boa ¿por qué defendela?

Galiza conta cun dos índices de pobreza máis altos do estado, imos defender a pobreza rural, o analfabetismo…? É eso o que entendemos polo noso modo de vida?

Imos defender o estilo de vida dos subsidiados? É digna unha terra subsidiada?

Eu quitaría a defensa do noso modo de vida. O modo de vida do país onde se producen máis emisións de efecto invernadoiro debidas ao transporte en vehículo privado? Defender o noso modo de vida é contradictorio con tódolo demáis.

O axente urbanizador en mans privadas é unha figura agresiva cos dereitos dos cidadáns, pero nas máns públicas é un armo moi efectiva en contra dos especuladores e a favor do dereito á vivenda (en euskadi o utiliza a administración con moito éxito para construir vivenda pública)

A identidade (ao final) é un concepto completamente subxectivo. Malpica ten moita identidade como vila, pero é un exemplo do que rexeitamos na manifa do domingo ¿ou non?

Eu completaría ademáis un punto

“cando é a propia administración quen máis artificializa e agrede o litoral, con recheos, portos deportivos inaccesibles para os habitantes das vilas, industrias nocivas, piscifactorías…, é que algo vai mal”

e engadiría

“cando mentres o superávit público e os beneficios dos bancos e as multinacionais aumentan cada ano, a renda media dos galegos e galegas e o noso poder adquisitivo disminúe ao mesmo ritmo, e as rías sen depurar…”

“cando aos nosos cascos históricos puxéronlle os especuladores data de caducidade, cando están morrendo por falta dunha política pública activa que se enfrente aos propietarios e promotores arruinadores do noso patrimonio colectivo, é que algo non funciona”

esiximos

“políticas públicas decididas, máis aló das axudas á rehabilitación e da protección da consellería de cultura, que cheguen a expropiación daquelas partes dos conxuntos históricos hoxe abandonados, para despois facer vivenda pública de aluguer e así rexuvenecer o tecido social das nosas vilas e cidades históricas, único camiño que podemos tomar para que o noso patrimonio urbano non desapareza en dez anos”

saude

miguel


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon