sábado, xullo 28, 2007

Carta de Amadeo Varela ao Presidente da Xunta

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Julho de 2007 10:36
Asunto: Ría de Ferrol - Planta de Gas

Para: secre.presiden@xunta.es

Sr. D. Emilio Touriño.

Presidente da Xunta de Galicia:

Sr. Presidente:

Como ferrolán e como galego, quero expresarlle a miña rotunda condena a ese goberno da Xunta, no asunto da Planta Regasificadora instalada na ría de Ferrol, que como vostedes saben moi ben, non reune as mínimas condicións de seguridade e respecto ó medio ambiente.

Vostedes saben que non garda as distancias esixidas; vostedes saben que non é o lugar axeitado; vostedes saben que moi preto, hai un emplazamento ideal para esa Planta; vostedes saben que esa Planta significará a morte da Ría, co perxuicio económico para moitas familias. Xa que logo, vostedes non deberían autorizar un proxecto imposto de xeito fraudulento polos mesmos que durante vinte anos estiveron a afundir a Galicia.

Vostedes saben tamén, que o pobo galego votou polo cambio. Mais trabúcanse se pensan que só quixemos cambear os gobernantes. O cambio quere ser de actitudes e polo tanto, hai que cambear o que está mal.

Se vostedes non cambian a Planta de Gas do seu emplazamento actual, vostedes e o PSOE, sufirán as consecuencias como xa as sufriu o BNG. Non se deixen cegar polo seu trunfo nas últimas eleccións. Gañaron vostedes, porque os ferroláns non tiñamos a quen votar.

Prégolles que escoiten o clamor popular de toda a nosa bisbarra. Só están calados, os que teñen intereses incofesabeis neste asunto.

Respetuosamente, Amadeo Varela Rodríguez.

2 comentarios

A iniciativa de Amadeo é moi interesante, deberíamos seguir esta iniciativa e escribir aos políticos que teñen responsabilidades no asunto de REGANOSA.

Responsable actitude a de Amadeo Varela, vou intentar facer como el, mais tamén vou escribir ao "irresponsable" de industria na Xunta de Galicia, Fernando Blanco.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon