CONCENTRACIÓN EN MUGARDOS
Domingo 29 de Xullo,
ás 12 do mediodía,
no peirao de atraque das lanchas
en Mugardos
ACTO DE APOIO Á VECIÑANZA DE MUGARDOS
QUE MANTEN UN PECHE NA CASA DO CONCELLO,
PARA PROTESTAR POLO PLANO DE EMERXENCIAS EXTERIOR DE REGANOSA, APROBADO DE COSTAS Á VECIÑANZA E SEN TER EN CONTA OS CONDICIONADOS QUE TIÑA QUE CUMPRIR REGANOSA, PARA A SÚA INSTALACIÓN, RELACIONADOS COAS DISTANCIAS ÁS POBOACIÓNS E Á SAÍDA DE EMERXENCIA DOS BUQUES GASEIROS, CONDICIONADOS IMPOSIBEIS DE CUMPRIR COA ACTUAL LOCALIZACIÓN EN PUNTA PROMONTOIRO, DENTRO DA RÍA DE FERROL
Concentraremonos no peirao onde atracan as lanchas en Mugardos, para saír en marcha até a Casa do Concello, onde amosaremos a nosa solidariedade coa veciñanza pechada.
Imos intentar facer un simulacro de accidente, polo que se prega traer un buzo branco deste que venden nas gasolineras, mascarilla branca, e elementos de percusión tambores e cacerolas.
Imos intentar facer un simulacro de accidente, polo que se prega traer un buzo branco deste que venden nas gasolineras, mascarilla branca, e elementos de percusión tambores e cacerolas.
Convova:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
O perimetro de seguridade do 400 metros, segundo Artritis, afecta a unhas 100 persoas de Mehá e A Pedreira. É paradóxico e todo un despróposito, que instalen a planta nunha zona poboada e que agora pretendan unha zona de seguridade onde 100 persoas vivan dentro dese perímetro coa inseguridade que unha industria perigosa deste tipo supon, sen entrar xa a falar da devalución das súa propiedades e a propia vida. A lexislación vixente no territorio do Estado español [RAMIN-Decreto 2414/61, artigo 4], non permite a instalción desta planta regasificadora, considerada perigosa por todas as normativas, a nivel planetario, a menos de 2000 metros dunha zona poboada. O colmo dos despropósitos é o de instalar unha planta regasificadora mesmo ao lado dunha central térmica de coxeneración que queima gasoleo e un complexo petroquímico conformado por Forestal del Atlántico SA e IMEGASA, conculcando claramente a Directiva Europea SEVESO II, o chamado efecto Dominó, Artigo 8, entre outros artigos da mesma Directiva, como son o 9, 11 e 12. Ver o Fundamento 4º no que traballa Ferrol-CAPE, para manternos informados .
Que é un Plano de Emerxencia Exterior ?

_________
A 28 de Xullo de 2007, xa son 21 os videos contra a Planta de Gas, que podes ver no Blog Amigo "Videos Anti-Reganosa", non os perdas. E se tes posibilidade, copia os códigos e colgaos no teu Blog ou Web, canto máis os difundamos moito mellor.
_____________De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Julho de 2007 01:22
Asunto: Paseo por Mugardos o domingo con buzos blancos, mascaras e cacerolada tamborrada en apoio os veciños de Meha encerrados na casa do concello
Ainda que coa mitade de asistencia dos integrantes da Asamblea Cidadá, e xustificacións de moitas persoas que non poideron estar alí, hoxe tivemos unha xuntanza na Praza do Concello de Mugardos, onde logo dun cambio de impresións acordamos o seguinte en apoio á veciñanza de Mehá que sigue pechada na Casa do Concello de Mugardos:
Para o Domingo 29 de xullo ás doce do mediodía, estar no peirao de Mugardos, no extremo onde atracan as lanchas de pasaxe, desde onde se sairá para camiñar até a Casa do Concello de Mugardos.
Levaremos buzo branco de papel e/ou camiseta do CCE con mascarilla das brancas, ademais de cacerolas, tambores, outros elementos de percusión e gaitas.
O paseo rematará diante da Casa do Concello onde quen queira poderán saudar ás veciñas e veciños de Mehá que siguen pechados.
Quen queira mercar buzo branco de papel debe saber que non costan moito [sobre 1 €], o prezo dun euro, e que poden encontralo nos seguintes lugares:
Ferretería na rúa Madalena de Ferrol, ao lado da copistería Josbe, no bloque de casas perto do Ateneo Ferrolán ou nas Gasolineras.
Para ir a Mugardos desde Ferrol pode ser que haxa quen lle interese ir e volver en lancha que sae ás horas de Ferrol e ás medias de Mugardos
Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
__________________
Enlaces relacionados:
- Convocada unha Asemblea Cidadán para o venres, 27 ...
- A veciñanza de Mugardos pechada na casa do Concello de Mugardos, contra os despropósitos da Xunta de Galicia e REGANOSA
- Feche no concello de Mugardos da veciñanza afectad...
- O Comité Cidadán de Emerxencia ... : analiza o anuncio da aprobación dun Plano de Emerxencia Exterior de REGANOSA
- 400 metros
- A Comisión Galega de Protección Civil aprobou un proxecto de Plano de emerxencia exterior para a planta regasificadora de REGANOSA
- Escritos sobre PEE -Plano Exterior de Emerxencias- de Reganosa e para que non sexa autorizada a súa entrada en funcionamento definitiva
- Apropósito do Plano de Emerxencia Exterior de Reganosa, aprobado polo Consello Xeral da Xunta, onte, 19 de xullo de 2007
_____________________
1 comentarios so far
Mañań non falto, ali estarei para acompañar aos veciños e veciñas de Meá e contra a Planta de Gas que nos impuso REGANOSA
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon