sábado, xaneiro 03, 2009

Este Venres, 2 de Xaneiro de 2009, Ferrol participou, como outras cidades e vilas de Galiza, na Acción Mundial por Palestina

Fotos de Susete70 e CA21

A Solidariedade e o Internacionalismo, moveron a máis de 400 persoas que participaron en Ferrol na convocatoria por Palestina que tivo lugar este venres, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

"Solidariedade con Palestina !!", "Os Sionistas son os terroristas !!" e "Palestina Vencerá !!", foron berros de solidariedade, denuncia e reivindicación que se escoitaron, nesa noite que, apesar da chuvia, logrou mobilizar a un importante número de persoas.

As organizacións e colectivos que decidiron que a nosa cidade poarticipara no día de Acción Mundial por Palestina, fixero-no para denunciar a criminal agresión que o Goberno Israelí está a perpetrar contra a indefensa poboación palestina na Franxa de Gaza; para condenar a violencia do terrorismo sionista que leva causados máis de catrocentos cincoenta persoas mortas e ao redor de dous milleiros de feridas, nos ataques dos últimos días e que ameaza con desencadear unha invasión terrestre; para expresar a súa máis profunda solidariedade co Pobo Palestino, que segue a sufrir unha brutal violencia nestes días, como hai xa máis de corenta anos, a crueldade dunha ocupación, que se agrava co correr dos días e dos anos; para facer constar o seu apoio e solidariedade co millón e medio de persoas que habitan en condicións infrahumanas a Franxa de Gaza e ao conxunto do Pobo Palestino; para esixir dos poderes públicos da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado un pronunciamento nidio e acompañado de feitos certos que coadxuven o cesamento do terrorismo sionista e a prol dos dereitos do Pobo Palestino; para demandar que se deteñan os bombardeos sobre Gaza e que se levante o bloqueo da franxa; ...

As organizacións e colectivos que convocaron o acto foron: ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal "o Rosario - Inferniño", Acsur-Las Segovias, Briga, Comité de Empresa de MEGASA, Confederación Sindical Galega - CIG, Confederación Nacional do Traballo - CNT, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, Marcha Mundial das Mulleres, Nós - Unidade Popular, Siareir@s Galeg@s, Sindicato Comarcal das CCOO, Unión Libertaria e Verdegaia.

Desde unha megafonía leuse un comunicado consensuado polas organizacións convocantes. Unha vez rematada a concentración, fixose un chamado a estar atentos ante a necesidade de novas mobilizacións.

Galería fotográfica "Agresión Sionista contra o Pobo Palestino"


_______________

Enlaces relacionados:
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon