venres, xaneiro 30, 2009

Fidel Castro: Descifrando o pensamento do novo presidente de Estados Unidos

Reflexións do compañeiro Fidel: Descifrando o pensamento do novo presidente de Estados Unidos.

Non é demasiado difícil. Logo da súa toma de posesión, Barack Obama declarou que a devolución do territorio ocupado pola Base Naval de Guantánamo ao seu lexítimo dono debía sopesar, en primeiro termo, se afectaba ou non no máis mínimo, a capacidade defensiva de Estados Unidos.

Engadía de inmediato, que respecto da devolución a Cuba do territorio ocupado pola mesma, debía considerar baixo que concesións a parte cubana accedería a esa solución, o cal equivale á esixencia dun cambio no seu sistema político, un prezo contra o cal Cuba loitou durante medio século.

Manter unha base militar en Cuba contra a vontade do noso pobo, viola os máis elementais principios do dereito internacional. É unha facultade do Presidente de Estados Unidos acatar esa norma sen condición algunha. Non respectala constitúe un acto de soberbia e un abuso do seu inmenso poder contra un pequeno país.

Se se desexa comprender mellor o carácter abusivo do poder do imperio debe tomarse en conta as declaracións publicadas no sitio oficial de Internet polo goberno de Estados Unidos o 22 de xaneiro de 2009, despois do acceso ao mando, de Barack Obama. Biden e Obama deciden apoiar resueltamente a relación entre Estados Unidos e Israel, e consideran que o incontrovertible compromiso en Oriente Medio debe ser a seguridade de Israel, o principal aliado de Estados Unidos na rexión.

Estados Unidos nunca se distanciará de Israel e o seu presidente e vicepresidente ?cren resueltamente no dereito de Israel de protexer os seus cidadáns?, asegura a declaración de principios, que retoma neses puntos a política seguida polo goberno do predecesor de Obama, George W. Bush.

É o modo de compartir o xenocidio contra os palestinos en que caeu o noso amigo Obama. Edulcorantes similares ofrece a Rusia, China, Europa, América Latina e o resto do mundo, despois que Estados Unidos converteu a Israel nunha importante potencia nuclear que absorbe cada ano unha parte significativa das exportacións da próspera industria militar do imperio, co cal ameaza, cunha violencia extrema, á poboación de todos os países de fe musulmá.

Exemplos parecidos abundan, non fai falta ser adiviño. Léase, para máis ilustración, as declaracións do novo Xefe do Pentágono, experto en asuntos bélicos.

Fidel Castro Ruz

29 de xaneiro de 2009

__________

A Habana, 29 ene (PL) Prensa Latina publicou este artigo, "Descifrando o pensamento do novo presidente de Estados Unidos", do compañeiro, Fidel Castro, divulgado hoxe pola publicación dixital Cubadebate.
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon