luns, marzo 09, 2009

Máis de 500 persoas na manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres en Ferrol Terra

Ferrol:8 de Marzo de 2009

Manifestación no Dia Internacional das Mulleres, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, coa participación expresa da CIG, USTG e SLG. Máis de 500 persoas participaron na mobilización que transcorreu desde a Praza Amada García até o Cantón.



Mais de 500 persoas acudiron á manifestación convocada en Ferrol, no Día Internacional das Mulleres, que tivo como eixo central a situación das mulleres na crise económica. Partiu ás 12:30 da Praza Amada García, enchendo con consignas reivindicativas as rúas do centro da cidade "Non renunciamos a ser iguais", "A igual salário igual traballo", facendo refenecia ao direito ao aborto, con mostras de repulsa ao machismo, ao racismo, á xenofobia e a homofobia, ou denunciando "aos ladróns da banca mundial". Tampouco faltaron cantigas reivindicativas "Mulleres somos mulleres seremos pero no paro non nos quedaremos".

Cando a manifestación chegou aos Cantóns, comezou um acto no que interviron representantes de algunhas das organizacións que apoiaban a convocatória. A representate da Secretaria da Muller da CIG, Marité Freire, debuxou a situación laboral das mulleres galegas, e denunciou que a crise económica está reforzando os roles tradicionais impedindo a conciliación da vida familiar e laboral. Animou a loitar por un novo modelo socio-económico máis xusto e solidario.

A continuación, Carmen Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, defendeu na súa intervención os direitos das mulleres labregas e apuntou que frente ás multinacionais e os governos que as sustentan, depredadoras dos recursos do planeta, a Soberania Alimentaria é un dereito dos povos que asegura o dereito básico aos alimentos e a protección do medio ambiente. "Se queren solucionar a crise que presten oido ás voces das mulleres e dos movimentos sociais que decimos que este modelo económico está acabado" Anxela Lagoa da USTG, valorou moi positivamente a participación na Marcha Mundial das Mulleres e fixo lectura do comunicado elaborado pola Asamblea de Mulleres do Foro Social Mundial celebrado en Brasil o pasado mes de Xaneiro. Paula López e Bárbara Primo, deron lectura ao comunicado da Marcha rematando as intervencións con vivas á loita feminista e coreando o lema da mobilización "As mulleres traballamos, as mulleres contamos! Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos!"

Enlace cun slide de Diapositivos da Manifestación de Ferrol

Enlace ao Album de Fotos da Manifestación de Ferrol

http://feminismo.info
_______________


A Nosa Terra Dixital

Día Internacional da Muller
Pilar Álvarez: 'A xente pensa que o feminismo aínda ten sentido entre os moros e os negros'
Eva Estévez . Xa hai moitos anos que o movemento feminista maioritario reivindica o día 8 de marzo como o Día Internacional da Muller, non das mulleres traballadoras. 'As mulleres traballamos sexa o noso traballo asalariado ou non', explica Pilar Álvarez, membro da coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres de Pontevedra. 'Se o Estado tivese que pagar todo o traballo que facemos as mulleres non podería afrontar o pago. Por iso defendemos que sexa o Día da Muller porque as mulleres somos moitas entidades de diversidade de opinións, de ideoloxía, de sentimentos, e identidades'.

Vieiros

Centos de persoas manifestáronse este domingo en varias cidades do país con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora para reivindicaren "melloras nas condicións de vida das mulleres", especialmente nun momento de crise económica como o actual.

_____________________

Enlace relacionado:

Colectivo Ártabra 21: Este 8 de Marzo no Día Internacional da Loita Feminista, a Marcha Mundial das Mulleres mobiliza-se na Galiza: "Este 8 de Marzo no Día Internacional da Loita Feminista, a Marcha Mundial das Mulleres mobiliza-se na Galiza"
_________________

4 comentarios

Adiante coa loita feminista. Parabéns pola manifestación de Ferrol, todo un éxito. Un "moi ben" a todas as intervencións que houbo ao final do acto. ¿Alguén pode explicar por qué non estaban CCOO, UGT, CUT, CGT e a CNT ?. Grazas

Como filiado á CNT, teño que dizer ,que eu saiba, a nós ninguén nos convidou...

se te serve de resposta.

Rubén.

Mandei a convocatoria que recibin ó correo de Unión Libertaria.

Que eu saiba a conmemoración do 8 de marzo nom precisa de convite.

Respondo a título individual, como filiado de CNT e militante de UL, por seren mencionadas estas dúas organizacións.

1º Unión Libertaria non é CNT. CNT é un sindicato e UL é unha organización libertaria, compartimos local pero nada máis. De tódolos xeitos, no correo de UL non se recebeu esta notificación.

2º A CNT non apareceu como organización, o que non quer dizer que na mani non houbese xente do sindicato. O que non imos fazer é aparecer coas siglas se non se nos convida a participar como tal.

De tódolos xeitos, como organización de clase que somos, o SOV de Ferrol, non nos manifestamos ó lado de empresari@s...

Agardo que sirva para aclarar dúbidas.

Saúde.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon