ACTOS CON MOTIVO DO 37 ANIVERSARIO DO "10 DE MARZO DÍA - DA CLASE OBREIRA GALEGA" - MARZO DE 2009
Pasaron 37 anos desde aquel 10 de Marzo de 1972, onde caeron baixo as balas da policia da Dictadura Franquista, Amador Rei e Daniel Niebla, mentras se estaban mobilizando xunto a miles de traballadores da antigua BAZAN, hoxe NAVANTIA, por melloras laborais e sociais, na reivindicación dun convenio colectivo propio para o Asteleiro de Ferrol. O dereito á folga, o derito a manifestación e reunión, o dereito a reivindicar melloras laborais, o derito á liberdade de expresión, e a moitos outros dereitos fundamentais que hoxe os vemos como "normais", eran motivo de reivindicación e luita
O "Día da Clase Obreira Galega- 10 de Marzo de 1972" - Marzo de 2009 o 37 Aniversario dos sucesos de Ferrol.
As centrais sindicais CCOO, CUT e CIG, celebran este día como "Día da Clase Obreira Galega", a UGTe a USTG só o conmemora como o aniversario dos sucesos de Ferrol en Marzo do 72. A CNT e CGT non teñen un pronunciamento público.
Nas webs das Centrais Sindicais:
CIG
CCOO
Manifesto CCOO
Tirado do xornal diario "Galicia Hoxe":
10M Mobilizacións con diálogo social, receita de Comisións contra a crise
Preparan o Día da Clase Obreira
E.P. 09.03.2009
O secretario xeral de CCOO de Galicia, Xan María Castro, mostrouse onte "partidario de combinar" mobilización e diálogo social contra a crise e engadiu que buscará "a confluencia" coas outras dous grandes centrais da comunidade, UXT e CIG.
Na presentación dos actos do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, confirmou que levarán a cabo un acto central en Ferrol, "unha mobilización pola situación económica de crise".
Así, indicou que CCOO di "si ó diálogo social", pero tamén "si a unha mobilización gradual e medida" en función da resposta que vaia recibindo ás propostas do sindicato. Ademais, admitiu que a chegada do PP de novo á Xunta pode favorecer a incorporación da CIG á unidade de acción de CCOO e UXT, aínda que indicou que xa o prevía antes do cambio de Goberno. Xan María Castro insistiu en que a súa central non aposta "pola mobilización pola mobilización", pero engadiu que, dado que "a crise vai seguir golpeando bastante tempo", é preciso que, tanto o Goberno central como o autonómico "adopten medidas máis incisivas".
Tirado do xornal dixital "A Nosa Terra Diario":
VÉSPERA DO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
A CIG reclama un salario de inserción social
Redacción. As manifestacións do día 10 de marzo organizadas por Comisións e CIG alertarán da redución de dereitos laborais que tenta impor a patronal.
09.03.2009
“En defensa do emprego e as prestación sociais” será o lema baixo o que a CIG vai desenvolver este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega, que se celebra mañá martes. O sindicato nacionalista organiza manifestacións e concentracións nas principais vilas e cidades do país.
Así, haberá mobilizacións en Ferrol (manifestación ás 20 horas dende o local da CIG na Avda. do Esteiro), Vigo (manifestación ás 20:00 horas dende a Vía Norte), A Coruña: (concentración ás 12:00 e posterior manifestación até a Delegación do Goberno), Compostela (concentración ás 11:30h na Praza de Galiza), Pontevedra (Manifestación ás 12:00 dende o Pazo da Cultura até a Subdelegación do Goberno, con concentración na rúa Michelena), Ourense (Concentración ás 11:30 horas na rúa do Paseo), Lugo ) Concentración dende ás 11:30 horas na rúa da Raíña) e A Mariña (Asemblea-concentración de delegados de Alcoa e fábricas auxiliares nas instalacións da empresa do aluminio).
“Hai ameazas serias de EREs, principalmente suspensións temporais, pero se a crise non se arranxa nun período curto comezarán a incrementarse os expedientes de extinción de emprego”, asegura o secretario xeral Suso Seixo. Ademais da loita contra o despedimentos, a prioridade da CIG son as prestacións sociais que reciben os asalariados que van ao paro.
Así o sindicato reivindica “a creación do salario de inserción social, como recurso de auxilio até a incorporación de novo ao mundo do traballo”.
Comisións Obreiras
Pola súa banda, Comisión Obreiras organiza unha manifestación en Ferrol a partir das 19 horas de mañá martes. Este sindicato advirte que as medidas tomadas polo goberno contra a crise “non abondan e faise necesaria unha proposta sindical ampla en demanda de medidas incisivas no sector público e no sector privado e un reforzamento da protección social, en especial para as persoas desempregadas”.
Comisións advirte dos plans do empresariado, en particular, “pretensións de impoñer unha banda salarial inferior á previsión do IPC, dotar as empresas de maior capacidade para a non aplicación dos incrementos salariais e a desaparición das cláusulas de garantía salarial”.
No periódico dixital "Xornal de Galcia"
Agardan que o 10 de Marzo sexa o inicio "de grandes mobilizacións da clase traballadora"
Xornal Galicia | Domingo, 08 Marzo, 2009
O Secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, e o secretario de organización, Fran Cartelle, ofreceron unha rolda de prensa o venres 6 de marzo para anunciar os actos que a central ten previsto levar a cabo con motivo do Día da Clase Obreira Galega. Pintos apuntou que as mobilizacións do martes 10 “deben ser o punto de partida” dun gran movemento da clase obreira, reclamou o cambio do modelo neoliberal, e demandou a creación dunha banca pública galega.
Pintos asegurou que “nos atopamos diante dunha crise do sistema” e por iso o “10 de Marzo imos exixir aos gobernos un cambio de modelo socioeconómico”, máis xusto e solidario.
O secretario comarcal apostou pola necesidade “de crear unha banca pública galega que apoie aos sectores produtivos, algo que non se fai dende a banca privada”. Pintos avogou tamén pola nacionalización dos sectores produtivos estratéxicos, incrementar a duración das prestacións sociais dado os altos índices de desemprego, e instaurar o salario social para garantir un mínimo de recursos ás persoas en paro. “A clase traballadora ten que saír á rúa, e este 10 de marzo ten que ser o punto de partida de grandes mobilizacións”, apuntou.
Situación na comarca Ferrol
O responsábel sindical explicou que na comarca de Ferrol e Eume-Ortegal rexístrase unha media de 25 novos parados/as cada día, e, ademais, estase incrementando o número de persoas maiores de 50 anos que pasan ao paro por primeira vez. Neste sentido, Pintos referiuse ao aumento do número de empresas que presentan expedientes de regulación de emprego, e destacou o caso de GAMESA, unha das principais firmas da comarca, que destruíu nos últimos meses máis de 100 postos ocupados por persoas contratadas a través de ETTs.
"Os traballadores e traballadoras estamos vendo como recortan os nosos dereitos e se aproveita a situación de medo á perder o traballo, pois ser fixo xa non é ningunha garantía, para avanzar na precarización”, afirmou.
Entre as vítimas da crise económica da comarca, Pintos quixo destacar a situación que padecen os profesionais do mar. Na pesca de baixura non existen convenios colectivos, senón que os salarios veñen definidos polas vendas das capturas. Neste senso, matizou que a perda xeneralizada do poder adquisitivo e a baixada do consumo teñen provocado un descenso do prezo do peixe do 40%, baixada que se traslada paralelamente aos soldos dos mariñeiros.
Por estas razóns, dende a CIG de Ferrol realizaron unha chamada a toda a clase obreira galega para que o vindeiro 10 de Marzo saia á rúa na defensa dos seus dereitos e para exixir un cambio de modelo máis xusto e solidario.
Programa de actos
10:00 horas: Asemblea de delegados e delegadas, na que se vai debater sobre a crise económica, as medidas que son necesarias tomar, a situación na comarca…
12:00 horas: Tradicional ofrenda floral no monumento perante a estatua de Amador e Daniel, os dous operarios da Bazán asasinados pola policía española en 1972. A continuación, os/as delegados/as poderán visitar o novo centro de formación da comarca.
20:00 horas: Manifestación dende o local do sindicato, que percorrerá varias rúas do centro da cidade para rematar no Cantón.
Mobilizacións da CIG no resto de Galiza:
Todas as cidades galegas acollerán mobilizacións nas seguintes horas e lugares:
Vigo: manifestación ás 20:00 horas dende a Vía Norte.
A Coruña: concentración ás 12:00 e posterior manifestación até a Delegación do Goberno.
Compostela: concentración ás 11:30h na Praza de Galiza.
Pontevedra: Manifestación ás 12:00 dende o Pazo da Cultura até a Subdelegación do Goberno, con concentración na rúa Michelena.
Ourense: Concentración ás 11:30 horas na rúa do Paseo.
Lugo: Concentración dende ás 11:30 horas na rúa da Raíña.
A Mariña: Asemblea-concentración de delegados de Alcoa e fábricas auxiliares nas instalacións da empresa do aluminio.
__________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Movimento Obreiro
O "Día da Clase Obreira Galega- 10 de Marzo de 1972" - Marzo de 2009 o 37 Aniversario dos sucesos de Ferrol
luns, marzo 09, 2009
O "Día da Clase Obreira Galega- 10 de Marzo de 1972" - Marzo de 2009 o 37 Aniversario dos sucesos de Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, marzo 09, 2009
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Deixovos a ligazon das fotos da ofrenda froral de este tan marcado día.
http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol/10Marzo2009#slideshow
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon