quarta-feira, julho 15, 2009

Asemblea Aberta para tratar o asunto do Estacionamento da Praza de Armas de Ferrol

Estimad@s compañeir@s .-

Estás CONVOCAD@ este vindeiro Mércores, día 15 de Xullo, ás 8 da tarde, no local da Asociación Veciñal de Ferrol Vello.

Como xa saberedes o Goberno Local de Ferrol, apoiado por outros grupos políticos, acaba de aprobar no Pleno de Ferrol o plano de viabilidade para a construción dun APARCAMENTO na Praza do Concello para uns 400 coches.

Esta reunión ten como obxecto realizar unha análise para debater se existes motivos que xustifiquen esta obra ou pola contra hai motivos para non facela e debemos protexer un casco histórico peonil.

O goberno local pagou un RESCATE de 2,4 millóns € a Isidro Silveira con bastante premura coa lóxica condición de comezar de inmediato as obras do Aparcamento.
  • Era necesario tanta prisa para o pagamento do Rescate?
  • Hai suficientes prazas de aparcamento nos distintas aparcadoiros periféricos do casco histórico.
  • Algúns de nós estimamos que isto vai contra a peonalizacion do barrio histórico da Madalena.
  • Significa isto unha contradición ca Axenda21 Local , que tanto traballamos e por certo esta desaparecida?
  • Recuperamos a Praza ou os coches?
Seguro que vos tamén tedes mil argumentos .

Esta CONVOCATORIA está aberta a toda a cidadanía que estea interesada.

Saúde

x.mel sanxoán
______________

Enlaces relacionados:
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon