[O "Hispania Spirit" atracado en Reganosa, en Xuño deste 2009 - Clicar acima da foto para ampliar]
De novo Reganosa, coa complicidade das autoridades, disposta a poñer en perigo a nosa seguridade e vida, ao traer un buque cargado con gas natural licuado, para as súas instalacións de Punta Promontorio en Mugardos. Pois este Luns 28 de Decembro de 2009, está prevista a entrada dun novo buque gaseiro, o Hispania Spirit, de grande porte con 279 metros de eslora que faría o nº 58 desde que en Maio de 2007 entrara o Galicia Spirit que contabiliza como o nº 1. Mais as condicións meteorolóxicas, para este Luns, son totalmente adversas, con alerta laranxa de madrugada e amarela durante todo o día. Polo que segundo a normativa vixente, e o sentido común, estes niveis adversos van a impedir que o buque se achegue á costa do Golfo Ártabro. MeteoGalicia editou o seu Boletín de tempo meteorolóxico adverso para o 28 - decembro - 2009. Entre outras cousas di: "Unha fronte moi activa atravesará Galicia durante este día deixando ventos fortes e chuvias de carácter moderado, localmente fortes".
Xa son moitos os buques gaseiros que por mor das condicións meteorolóxicas non puideron entrar na Ría de Ferrol. Mesmo o parlamentario de Esquerda Unida Pascual Llamazares advertiu, con varias preguntas, no Parlamento Español sobre estes feitos que se veñen repetindo, xa con demasiada frecuencia.
Aínda que sexa o máis probábel que o Hispania Spirit, non entre na Ría este Luns 28 de Decembro, o Comité Cidadán de Emerxencia, como ten por norma, convoca unha acción de protesta e denuncia contra o corrupto despropósito gasístico e o perigo potencial que representa Reganosa, aumentado esponencialmente sempre que un buque gaseiro cargado con GNL-LNG entra na nosa Ría. Polo que a Concentración terá lugar o mesmo día ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información elaborada pola enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de dezembro de 2009 22:55
_________________________________Enlaces e documentos de interese:
- Sitio web de MeteoGalicia
- Boletín de tempo meteorolóxico adverso para o 28 - decembro - 2009 en formato -pdf-
- Preguntan no Parlamento Español sobre os problemas que teñen algúns buques gaseiros para entrar na Ría e instan a revogar a autorización de posta en funcionamento de Reganosa
- Documento-Preguntas no Parlamento, en formato -pdf-
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon