Anuncian a entrada na Ría, do buque gaseiro “Iberica Knutsen”, coa súa perigosa carga para Reganosa. De entrar, serían 71 os metaneiros cargados con GNL-LNG, os que puxeran en perigo a toda a poboación que moramos na contorna da Ría de Ferrol.
Unha vez máis o corrupto e perigoso despropósito gasístico, amosa o seu portencial destrutivo coa entrada na Ría dun novo gaseiro. Se xa de por si a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría, é moi perigosa, cando entra un gaseiro na Ría, esta perigosidade aumenta exponencialmente. O gaseiro ten que sortear un sinuoso, longo, estreito e pouco caudaloso canle de entrada. E só pode entrar cando se dan unhas condicións meteorolóxicas determinadas. Nengún buque -grande ou pequeno- pode estar navegando pola Ría. A menos de 200 metros non pode estar outro buque ou embarcación, só os dos práticos, Guardia Civil e remolcadores. @s mariscadores teñen que paralizar as súas faenas. Logo a operación de descarga do gas, converte-se, durante horas, nunha auténtica bomba de reloxería que até que esta non acaba, o perigo de accidente é enorme. Ante calquer hipotético accidente que se producira no complexo, o buque tería que saír a mar aberto polos seu propios medios. É por iso polo que sempre emproa cara a boca da Ría e hai un ou dous remolcadores encostados mentras dura a descarga do perigoso fluído. Mais ante a imposibilidade de saír a mar aberto, a Autoridade Portuaria, designou un lugar para o buque que sería o fondeadeiro de Santa Lucia, a 400 m da Planta -frente as casas baratas de Mugardos- e que, ademais, non ten o calado suficiente para alberga-lo. É por iso que cando foi o incendio nun transformador en Forestal del Atlántico, o pasado 20 de Abril deste ano, -a poucos metros de onde se estaba descargando o gas- non se moveu o buque do peirao. Todo o mundo sabe, e sobre todo os seus promotores, que esta planta nunca se debeu instalar dentro da Ría. Mais a codicia duns poucos, que xa o teñen todo, e a ambición persoal de falsos e mequetrefes e a corrupción política, permitiron semellante despropósito. Algúns alegaban a disculpa case perfecta: "Reganosa é estratéxica para Galiza", mais agora a crua realidade, vai poñendo a acada quen no seu sitio, e a Planta de Gas, vai caendo pouco a pouco en mans do capital especulador, en mans de fondos de inversións, ao que so lles interesa un coxuntural negocio de compra-venda. Iso !!, que o Grupo Tojeiro xa vai ter un competidor, en Punta Promontorio, niso da especulación. Por outra banda a planta ve-se inecesaria, os datos son contundentes, traballa baixo mínimos, até algunha vez ten posto en perigo o propio sistema, tendo que intervir a xestora gasística no seu auxilio. Doe que sexa o diñeiro de tod@s nós, o diñeiro público o que teña que manter todo este despróposito.
CONVOCATORIA:
Diante do anuncio da chegada do, xa coñecido, LNG “Iberica Knutsen”, o Comité Cidadán convoca nova acción de denuncia e protesta: Concentración Sonora, este Luns 16 de Agosto de 2010, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Características do buque:
Nome: Iberica Knutsen - Bandeira: Noruega - Eslora: 277 m - Manga: 43.4 m - Puntal: 26 m - Calado: 12.1 m, Capacidade: 138.148 m3
¡DIFUNDE E PARTICIPA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de agosto de 2010 13:22
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon