martes, setembro 28, 2010

Chamamento aos Sindicatos, por parte do Movimento polo Decrecimento, diante da Mobilización Europea do 29S

Chamamento aos Sindicatos diante da Mobilización Europea do 29S: Unha frente europea de organizacións de obxectores e obxectoras do crecimento interpela a los sindicatos para que rompan coa lóxica do productivismo e o crecimento económico.

Resistamos ao Crecimento da Austeridade
Chamamento aos Sindicatos

Os obxetores e obxectoras do crecimento esixen ás forzas sindicais facer unha ruptura antiproductivista sen a cal non poderán saír do papel de compañeiros activos da lóxica destrutiva que representa a economía de hoxe en día. Os obxetores e obxectoras do crecemento propoñen perseguir o "bo vivir" no canto de "o sempre máis", de reducir notablemente o tempo de traballo e defender xa que logo, unha renda básica e garantía suficiente para cada un.

A Confederación Europea dos Sindicatos organiza unha xornada de acción europea o próximo 29 de Setembro en Bruxelas. O slogan é: "Non á austeridade. ¡Prioridade ao emprego e ao crecimento!"

As organizacións de obxetores e obxectoras do crecimento e as personalidades asinantes (lista ao final do documento) deste comunicado común, apoian a loita dos sindicatos contra a vontade do capital a cargar o peso da crise sobre a clase traballadora, pero lamentan a chamada ao crecimento que non pode ser o camiño de saída da crise e que pon a CES nunha postura insostible.

Os obxetores e as obxectoras do crecimento asinantes do presente comunicado:
  1. Denuncian a lóxica do productivismo e do crecemento. A lóxica do "sempre máis" material, non é máis que unha ruela sen saída insensato xa que non é posible nin tampouco desexable o producir e consumir sempre máis.
  2. Estiman que a austeridade, para unha gran multitude, é a consecuencia lóxica ao crecimento económico e ao productivismo. Por conseguinte, rexeitar a austeridade en si pedindo máis das causas que son á súa orixe non é unha solución.
  3. Chaman ás forzas sindicais a abrir os ollos sobre o carácter suicida do dogma do crecimento económico e do productuvismo continuo e a realizar xa que logo unha ruptura antiproductivista.
  4. Propón unha vía diferente, máis realista se cabe, que persiga o "bo vivir" e non o "sempre máis": derrubar os mitos economistas e cambiar de obxectivos, reducir o tempo de traballo, e garantir un soldo digno e suficiente para todos.

1.- Denuncian a lóxica do productivismo e do crecemento. A lóxica do "sempre máis" material, non é máis que unha ruela sen saída insensato xa que non é posible nin tampouco desexable o producir e consumir sempre máis.

Garantir o crecimento supón poder aumentar continuamente e de xeito infinito a produción de bens e servizos mercantís. Porque a produción destes bens e servizos necesitan a explotación de recursos naturais e de traballo humano, o crecimento infinito supón necesariamente a explotación infinita da Terra e da Humanidade.

Hoxe en día, esta carreira tola chega ao seu fin e destaca a dimensión catastrófica dos innumerables danos que xera: o planeta Terra que é a condición de toda actividade social e humana está á agonía, a súa devastación provoca os efectos os máis violentos en primeiro lugar sobre os pobos e persoas máis vulnerables.

As persoas son cada día máis relegadas ao papel de consumidores/produtores para facer funcionar unha máquina que produce cada vez máis malestar, en detrimento do benestar individual e colectivo. O enlace social esta corroído pola mercantilización e a competencia tola que agredan simultaneamente as relacións entre as persoas, os pobos e as xeracións. As desigualdades sociais aumentan en todo o mundo, a miseria non para de propagarse de xeito tan violento posto que os desamaños do medio-ambiente, relacionados aos excesos de produción, procreados orixinalmente polo Occidente convértense nunha causa primeira. Está agora claro que a universalización do modo de vida dos países materialmente ricos non é posible. A pesar do que pensan os economistas os máis ortodoxos, é por exemplo imposible que o conxunto dos habitantes da India e de China dispoñan dun coche, unha televisión e unha neveira como dispomos en Occidente. O planeta simplemente non sobreviviría e a humanidade tampouco a consecuencia.

Fronte a esta constatación de fracaso tanto económico que humano e ecolóxico, a continuidade do crecimento económico non pode ser unha solución: para manterse, esta lóxica implica necesariamente consumir sempre máis recursos e explotar os traballadores antes de botarlles unha vez sendo inútiles ou demasiado caros polos accionistas, con como corolario unha degradación incesante do planeta Terra e das relacións humanas.

2.- Estiman que a austeridade para unha gran multitude, é a consecuencia lóxica ao crecimento económico e ao productivismo. Por conseguinte, rexeitar a austeridade en si pedindo máis das causas que son á súa orixe non é unha solución.

A onda de austeridade que cae sobre os pobos de Europa é imposta polas institucións financeiras coa asistencia activa dos Estados socio-demócratas. O que se esta chamando "austeridade" é unha nova etapa desta degradación necesaria para producir "crecimento": os especuladores buscando maximizar sempre máis os seus beneficios e o culto do crecimento impondo a todo prezo a competición entre os traballadores e traballadoras do mundo enteiro, pídese ao pobo traballar e apertar o cinto para facer funcionar a maquina. Todo crecimento económico suplementario a vir poderá ser realizado unicamente á conta da repetición sempre máis violenta desta lóxica de devastación. O crecimento garante a austeridade aos países ricos cando ao mesmo tempo afunde xa millóns de persoas polo ancho mundo na miseria a máis profunda.

3.- Chaman ás forzas sindicais a abrir os ollos sobre o carácter suicida do dogma do crecimento económico e do productuvismo continuo e a realizar xa que logo unha ruptura antiproductivista.

As forzas sindicais demostraron un compromiso histórico co capital cando os froitos do crecimento e do productivismo puideron ser gozados por todas as persoas grazas ás melloras substanciales nas condicións de traballo, as cales foron obtidas logo de duras negociacións e loitas, singularmente á saída da segunda guerra mundial. Pero despois do final dos anos 70, a lóxica do crecimento do capital levou ás partes implicadas a romper o equilibrio existente. Desde entón, o benestar material das persoas nos nosos países ricos disminueu a pesar do aumento do PIB de xeito case continuo, mentres que a xente segue sendo máis pobre quedándose estancada, e a brecha entre ricos e pobres crece cada día máis, xa sexa dentro das nosas fronteiras como no mundo enteiro.

Atrapados pola trampa da lóxica do crecimento infinito, os sindicatos atópanse desde agora reducidos a simplemente negociar a limitación da velocidade á cal as condicións de traballo e de solidariedade son deterioradas. Igualmente, a chamada polo emprego de calidade que se realiza na euro-manifestación do 29 de Setembro, contraponse aos obxectivos de rendibilidade e de crecimento que as CES parecen reclamar desde e coas súas voces co mesmo slogan.

Para preservar a forza dos sistemas de solidariedade conquistados logo de longas loitas e levados en práctica á saída da segunda guerra mundial, é desde entón indispensable o saír da lóxica da acumulación sen fin.

Chamamos aos membros sindicais das diferentes composicións nacionais e rexionais da CES a reinvidicar alto e forte, dentro do núcleo das súas organizacións, a un cambio do orientación radical que tome en consideración unha orientación antiproductivista en favor do "bo vivir" e da solidariedade, e non caer no "sempre máis" nin na competición xeneralizada.

É o momento no que os sindicatos abran os ollos contra o carácter suicida do dogma do crecemento económico e do productivismo, e que estes inicien sen perder un instante un cambio profundo de rumbo e se opoñan de xeito frontal a esas dúas lóxicas socialmente, humanamente e ecologicamente devastadoras.

4.- Propón unha vía diferente, máis realista se cabe, que persiga o « bo vivir » e non o « sempre máis »: derrubar os mitos economistas e cambiar de obxectivos, reducir o tempo de traballo, e garantir un soldo digno e suficiente para todos.

Segundo a nosa opinión, para que a necesaria transición cara a unha sociedade sostible sexa socialmente posible e xusta, tres obxectivos teñen que ser abordados simultaneamente:
  •  Unha reevaluación profunda das crenzas que apoian e sosteñen as políticas actuais e un cambio radical de obxectivos: denunciar o mito económico do crecemento infinito; substituír a competitividade e o "sempre máis" pola cooperación e o bo vivir.
  • Saír do laborismo co fin de compartir o traballo e volver atopar o tempo libre e o sentido a este: Organizar unha redución forte do tempo de traballo remunerado.
  • Garantir un soldo de existencia suficiente para o ser humano (e instaurar simétricamente un soldo máximo), garantindo así, o dereito de acceso aos bens comúns e públicos xestionados de forma colectiva (seguridade social, educación, acceso á enerxía, ao auga, etc.).

Os nosos países nunca foron tan ricos como agora, nin o noso modo de organización tan desigual e destrutor. Un cambio de rumbo é urxente e necesario. Os medios están á nosa disposición, fai falta organizar a forza colectiva que será capaz de oporse ás potencias actuais e así levar a cabo as nosas alternativas. Os sindicatos deben retomar o papel emancipador que fixo seu durante o curso da historia, rompendo claramente coa lóxica destrutora do productivismo e do crecemento.

Esta chamada é igualmente unha invitación ao dialogo fraternal coas forzas sindicais. Unha iniciativa do Movemento Político dos Objetores do Crecemento (Bélxica), www.objecteursdecroissance.be

Asinantes do Chamamento.-

Belgique:
  • Groupe de Réflexion et d'Action Pour une Politique Ecologique
  • Le Début des Haricots
  • Les Amis de la Terre – Belgique
  • Mouvement politique des objecteurs de croissance
  • Nature&Progrès Belgique
  • Respire asbl
  • Sens dessus dessous asbl
  • Vélorution
  • Paul Lannoye, député européen honoraire - ancien président du Groupe des Verts au Parlement
  • européen
  • Jean Cornil, ancien parlementaire, militant existentiel
  • Alain Adriaens, Député bruxellois 1989-2004
Estado Español:
  • Collectivo Deshazkundea
  • Coordinora Verde
  • Dale Vuelta-Bira beste aldera! (Movimiento por el decrecimiento)
  • Ekologistak Martxan. Euskalherria
  • Red Decrecimiento Sevilla, Transición en Comunidad
  • Sagarrak
  • Tiana Solidaria
  • Joan Martinez-Alier, economista, Universitat Autonoma de Barcelone, cocoordinador de la Revista
  • Ecologia Politica
  • Carlos Taibo, Profesor de Ciencia-Politica, Universidad Autonoma de Madrid
  • Iñaki Valentín, miembro de Deshazkundea y de Antikapitalistak
  • Florent Marcellesi, coportavoz de la Coordinadora Verde
France:
  • Association des Objecteurs de Croissance
  • Action consommation
  • Bretagne décroissance
  • Coopérative du Mouvement des Objecteurs de Croissance (MOC)
  • Parti Pour La Décroissance
  • Paul Aries, directeur du Sakorphage, journal d'analyse politique
  • Yves Cochet, député
  • Alain Gras, sociologue, Université Paris I Panthéon-Sorbonne
  • Serge Latouche, économiste, Université de Paris-Sud 11
  • François Schneider, docteur en sciences, auteur
Italia:
  • Movimento per la Decrescita Felice (MDF)
Suisse:
  • Réseau Objection de Croissance (R.O.C) Suisse
  • Jean Robert, architecte, auteur

Notas.-

Acción urxente "chamada antiproductivista aos sindicatos previa á manifestación europea polo crecemento e o emprego en Bruxelas o 29 setembro" colecta de firmas das diferentes organizacións polo decrecimento co fin de realizar un comunicado común. Solicítanse os vosos contactos e redes de colaboración. Propomos a organizacións, colectivos e personalidades afíns ao decrecimento de varios países de Europa o asinar o texto adxunto antes da euromanifestación do 29 de setembro en Bruxelas [http://www.etuc.org/a/7406].

Este texto foi escrito polo grupo de traballo do Movemento Político de Obxectores e Obxectoras do Crecemento [Bélxica - www.objecteursdecroissance.be] e é xa que logo, un texto colectivo. Houbésemos, por suposto, preferido propor un texto inicial sobre cal cada un puidese traballar, pero non foi posible por falta o tempo: non poderiamos coordinar a evolución deste texto con máis autores antes da súa publicación prevista para o 22 Setembro. Este texto que non puidemos escribir antes, é sometido á vosa atención neste estado e xa non pode ser modificado. Aínda que nos parece suficientemente claro e forte, este comunicado queda imperfecto no seu formulación principalmente. Esperamos que a pesar diso, poidan os diferentes colectivos apoialo, de maneira que podamos mostrar xuntos que existe un movemento en varios países de Europa e que podamos interpelar á Confederación Europea dos Sindicatos (CES) con máis forza do que poderiamos facelo cada por separado.

Comunicaremos aos interesados a lista completa dos asinantes (do mesmo xeito que as direccións electrónicas de cada unha as organizacións asinantes -non as das persoas individuais- o que axudará no futuro ao traballo en rede) o 21 de Setembro, e propomos a cada organización transmitir o documento final aos medios de comunicación e sindicatos usando os vosos contactos. A data de envío está exposta para o 22 setembro. Agradecemos xa que logo non publicar este texto antes do 22.

Grazas por indicar por email se a súa organización desexa asinar este texto indicando o nome da súa organización ou colectivo á direccion seguinte: jeanbaptistegodinot@scarlet.be antes do 20 Setembro.

Se están en contacto con representantes doutras organizacións polo decrecimiento, por favor non dubidedes en animalas igualmente a asinar o texto en nome da súa organización. Para evitar as eventuais dúbidas sobre se as firmas gardaranse ou non, o Movemento Político das Obxectoras e Obxectores polo Crecemento resérvase toda liberdade de gardar ou non unha proposta de firma.

Esperando que esta acción permitirá coñecer mellor as ideas que compartimos e reforzar os vínculos entre obxectores e obxectoras do crecimento en Europa; esperando lerlles proximamente, Saúdos cordiais,

Jean Baptiste Godinot

porte-parole mpOC

Mouvement politique des objecteurs de croissance (mpOC)
_______________________

Enlace de interese:

http://www.decrecimiento.info/
_______________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon