Cargado con miles de toneladas de GNL-LNG -gas natural licuado- un novo buque gaseiro, o ”Al Areesh”, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol. Agarda-se para este Martes 14 de Setembro de 2010, para deixar a súa carga nos enormes tanques da ilegal e perigosa Reganosa, que ameaza a toda a cidadanía da contorna da Ría cos miles de metros cúbicos de gas almacenado, e coas súas maniobras de descarga e regasificación.
Máis unha vez, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha nova acción de denuncia e protesta por semellante despropósito que representa a Planta de Gas e o aumento exponencial que supon a entrada dun buque gaseiro cargado pola sinuosa, estreita e de escaso calado, canle de entrada da Ría.
O ”Al Areesh”, fai o buque número 74 que entra con ducias de miles de toneladas de LNG-GNL nos seus tanques, desde que en Maio de 2007, o fixera o "Galicia Spirit". A poboación de Ferrol e demais concellos da contorna da Ría, máis o de Ares e o de Cabanas, vai xa para a 74 vez, que estará baixo unha grande ameaza, como se unha grande bomba atómica pasea-se pola Ría e queda-se pechada na mesma durante 24 horas. Todo porque uns irresponsabeis, por codicia e supostos réditos políticos e económicos, acordaron a súa instalación no corazón da nosa Ría, no concello de Mugardos. Despreciando, deste xeito, á cidadanía, a súa seguridade e a vida das persoas, e sen ter enconta as denuncias do movimento ecoloxista, social e veciñal. Contribuíndo, ademais, a unha maior desfeita da xa deteriorada Ría.
E agora ven-nos Feijóo e o seu goberno paupérrimo en ideas, a falar-nos das excelencias de Reganosa, disposto a lapidar o diñeiro público, de tod@s, no despropósito gasístico, alegando que hai que manter a galeguidade de Reganosa, como se esta fose algunha vez galega, ademais de presenta-la como un negocio redondo e estratéxico para os intereses de Galiza. Di que "en catro ou cinco anos Galiza vai aumentar un 55% o seu consumo de gas", ... etc, etc. É como se o gas o estraeramos ai fóra, ao lado, a poucas millas da costa. Ou ao mellor pensa que sae do fondo da Ría, e non que ven en grandes buques desde Arxelia e Nixeria [este último manchado de sangue].
E seguen "erre que erre", adiante co despropósito, cunha planta, nascida da corrupción, cuestionada por tres veces polo TSXG -Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; pendente de resolucións xudiciais e outras reclamacións e denuncias; sen que cumpla os requisitos mínimos de seguridade estabelecidos en normas internacionais; encostada a outra planta petroquímica que almacena ducias de miles de toneladas de productos tóxicos e perigosos, e cunha central de coxeneración eléctrica -Forestal del Atlántico, na que non hai moito tempo ardeu un transformador cando estaba descargando un gaseiro; unha planta de gas que puxo en perigo o sistema gasístico, ao baixar do nivel mínimo de gas almacenado, advertida pola propia xestora gasística; unha Planta de Gas, segundo os datos facilitados pola propia xestora gasística, moi por debaixo da súa capacidade de producción; unha Planta de Gas que xa foi multada pola propia Xunta de Galicia por non informar das medidas dos verquidos á Ría, de millóns de litros de augas residuais cloradas... E poderíamos seguir enumerando, moitas razóns e fundamentos, para que nen un só euro do diñeiro público vaia para continuar co semellante despropósito, mais sobre todo, para que se paralice a súa actividade e se desmantele Reganosa XA!.
Concentración en Ferrol
A acción de protesta e denuncia, vai consitir como moitas outras, nunha concentración sonora, aberta a toda a cidadanía que queira participar, o mesmo día, Martes, 14 de Setembro, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.
Caracteristicas do buque:
Nome: Al Areesh - Bandeira: Bahamas - Eslora: 285.39m - Manga:43.43m - Calado: 12.3m - Puntal: 26m
¡DIFUNDE E PARTICIPA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de setembro de 2010 18:38
___________________________Enlaces relacionados:
Ártabra 21: No delta do río Niger (Nixeria) estase levando o maior atropelo ecolóxico e humano de toda a historia do petróleo: Nixeria fornece de Gas a REGANOSA
Ártabra 21: Chevron, Shell e o verdadeiro custo do gas e do petróleo
Ártabra 21: Na madrugada do Martes 20 de Abril de 2010, mentras o “LNG Madrid Spirit” descargaba gas para Reganosa, producia-se, apenas a 200 metros, un incendio en "Forestal del Atlántico", no que tiveron que intervir os bombeiros de Ferrol
Ártabra 21: Incendio en "Forestal del Atlántico" durante a descarga dun gaseiro en Reganosa
Ártabra 21: O "Galicia Spirit" na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganosa
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon