Activistas do Comité Cidadán volveron concentrarse contra a Planta de Gas, como sempre que un gaseiro anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, cargado con miles de toneladas de LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.
O Comité Cidadán de Emerxencia diante da situación que se produciu hoxe no Golfo Ártabro emitiu o seguinte comunicado:
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol: "Gaseiro á deriva e entrada abortada".
No día de hoxe tiña prevista a entrada na Ria o Gaseiro cargado con GNL ”Barcelona Knutsen” o de maior volume, 173.500 m3 , capacidade que supera as condicións outorgadas a Reganosa (143.000 m3 ). Polas condicións meteorolóxicas e singularidade da Ría de Ferrol tivo que ser abortada a operación de entrada. Dende a posta en marcha da Planta, van 26 operacións abortadas, o 25% do total. Este feito ilustra moi ben que a reubicación no interior da Ria da planta de gas, non obedeceu a ningunha razón técnica, senon a razóns que posibilitaran a operación especulativa do grupo impulsor (Grupo Tojeiro).
No día de onte quedaba a deriva fronte as nosas costas o Gaseiro “Arctic Princess”, que por sorte estaba descargado, ¿pero alguén se imaxina esta circunstancia nun Gaseiro como o "Barcelona Knutsen", cargado co miles de toneladas de GNL?. Os fallos humanos e técnicos existen. É por iso a nosa exixencia que, unha instalación ilegal, perigosa que destrúe a Ría e que pagamos os cidadáns a través das tarifas do gas e da electricidade, non pode funcionar so para o enriquecemento duns poucos persoeiros sen escrúpulos.
¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Fotos de Suso para o Comité - Susete'70
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
22 de novembro de 2011 16:11
___________________Enlaces relacionados:
Crise na costa: 3X1 incidentes no Golfo Ártabro - Ollando para Reganosa
Os ventos do noroeste están soprando con forte intensidade no Golfo Ártabro, segundo MeteoGalicia áte as 18:00 horas deste martes 22N. Ademais hai mar de fondo con ondas de alturas entre os 4 e os 5 metros. Está activado o nivel de alerta laranxa para...
Ler máis...
O LNG "Arctic Princess" á deriva frente ao Golfo Ártabro, foi rescatado por remolcadores con base en Ferrol - Pensemos en Reganosa
O LNG "Arctic Princess" á deriva frente ao Golfo Ártabro, foi rescatado por remolcadores con base en Ferrol O LNG "Arctic Princess", de bandeira Noruega, rematou-se de construír en xaneiro de 2006 -Nagasaki - Japan, foi o maior navío transportista...
Ler máis...
O LNG "Barcelona Knutsen", outro buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 22 de Novembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza do Inferniño
"Barcelona Knutsen", un buque gaseiro de grande porte e moito calado, con 290 metros de eslora por 45,8 de manga e un calado de 12,90 m, cargado con miles de...
Ler máis...
Unha lección para Reganosa: Explosión dun gasoduto no 9500 Taylor Rd, no condado de Athens, no límite co de Morgan, Estado de Ohio, na Usamérica, o mércores, 16 de Novembro, de 2011 - Vídeos - Fotos - O documentario "Un gasoducto no meu xardín - O caso Reganosa "
Bombeiros de 14 departamentos de tres condados, combateron o lume resultante da explosión que ocorreu no condado de Athens, perto da liña do condado de Morgan. O incendio propagouse polo...
Ler máis...
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon