mércores, novembro 16, 2011

Convocatoria do Pleno da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública -Area Sanitaria de Ferrol: Mércores día 30 de Novembro


Convocatoria do Pleno da Plataforma

Pola presente se convoca un Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o mércores día 30 de novembro, ás 18 no local da AV de Esteiro e coa seguinte orde do día:
  1. Renovación da Portavocía (actualmente a exercen Salustiano Gómez, presidente da AV de Valón e Xosé Miguel López, presidente da AV de Esteiro) e da Comisión Pemanente da Pdspf(actualmente está composta por CCOO, CIG, UGT, ALCER, AGAVIDA, Diversidade Funcional, AV de Caranza, AV de Valón, AV de Esteiro e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol), se procede.
  2. Nomeamento dunha persoa para a xestión da Páxina da Plataforma e do Correo da mesma (a petición do actual responsable Fran Iglesias)
  3. Planificación da campaña de sinaturas da ILP nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
  4. Elaboración dun Plano de Traballo da Pdspf para o ano 2012 contra os recortes de dereitos: Parados de Longa Duración; Inmigrantes; Implantación do pago por receitas ós pensionistas, do Transporte Sanitario non Urxente, de 10 euros pola renovación da Tarxeta Sanitaria e dos recortes de persoal e privatización de servizo.
  5. Información económica.
  6. Preguntas e suxestións.

Polos temas que se van tratar e pola necesidade de darlle un impulso á Plataforma diante dos novos recortes que se van producir despois do 20 de novembro, é absolutamente necesaria a asistencia de tódalas entidades que conforman a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

De todos depende a continuidade da mesma

Asdo./ Xosé Miguel López Pérez


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de novembro de 2011 08:17
29 de novembro de 2011 17:27
______________________


Documento de interese:


Memoria -Provisional- 2010 da Area Sanitaria de Ferrol



Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denuncian que a Xunta de Galicia rompe o principio de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública

Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia

Ártabra 21: Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes, ... Por Susana Alaníz González

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.

Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:

Descargar PDF

DECRETO 209/2011, do 27 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon