Lanzada unha iniciativa política, onde se encontran nomes como Carmén Adán, Ana Miranda, Tereixa Paz, Olaia Fernández Davila ou Xavier Vence, que pula pola unidade e reformulación do nacionalismo e as forzas de esquerda, e sinalan a celebración do 25 de Xullo, como unha data fraternal para referendar esa construción da que consideran única oportunidade para sacar ao PP das institucións e parar a sangría que en todos os eidos está a sofrer Galiza.
Chamamento de Vidán
O nacionalismo encóntrase nunha encrucillada como non ocorría dende hai décadas. O devalo socio-electoral do BNG chegou a límites insoportábeis para calquera organización política con vocación de transformar a sociedade. A continuidade, frecuencia e profundidade da prolongada desafección de votantes e simpatizantes é concluínte e permite emitir un diagnóstico, onde resulta inescusábel admitir o fin de ciclo da organización nacionalista.
Fronte a esta fatal realidade asistimos á emerxencia dunha alternativa política, con orixe na indignación social orixinada polo grave deterioro do benestar público, no seu significado máis amplo. Formada por nacionalistas e forzas de esquerda esta alternativa foi quen de focalizar o interese social dunha parte maioritaria do electorado nacionalista. Sen embargo, esa alianza construída para defender os intereses de Galiza, especialmente no Parlamento Español, amosa unha incapacidade crecente para cumprir ese obxectivo derivando nunha debilidade, cada vez máis evidente, do seu polo nacionalista. As contradicións, propias de calquera alianza electoral, e a menor visualización da compoñente galeguista están, ao noso xuízo, na causa máis probábel do devalo acusado por esta nova alternativa nas últimas eleccións xerais.
Esta complicada situación ameaza as expectativas de desaloxo do PP nas eleccións galegas do próximo outono. Sería imperdoábel que diferenzas menores malograsen a posibilidade dun grande acordo que trouxese ilusión aos galegos e galegas e impulsase unha vitoria contundente fronte á insostíbel situación económica que está desangrando o país, expulsando da súa terra ao mellor da mocidade galega.
Neste crítico contexto todas e todos deben contribuír a un gran acordo electoral, procurando o fortalecemento do nacionalismo e da alternativa ao PP en 2016.
Na actual situación e de cara a un futuro que transcende ao vindeiro proceso electoral correspóndenos a responsabilidade de remover as estruturas actuais do nacionalismo para sentar as bases para unha organización nacionalista de nova planta, sólida, con vocación maioritaria, transversal e que xunte a todas as persoas que teñen Galiza como nación. Por tal motivo, instamos a todas as forzas políticas galegas a actuar coa máxima xenerosidade e altura de miras para superar a actual situación de impotencia política dando os pasos precisos para levantar unha nova alternativa que aglutine a dispersión e devolva a esperanza de cambio á maioría social, sen apriorismos máis alá de que Galiza sexa o verdadeiro suxeito político.
Por último, dende este recuncho de Compostela e con toda a humildade, convocamos a galegas e galegos, a todos e todas as galeguistas e nacionalistas, a celebrar en fraternidade o próximo 25 de xullo, Día da Patria Galega.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2016.
PODE-SE APOIAR E ASINAR O CHAMAMENTO EN:
https://chamamentodevidan.wordpress.com/
A nova nalgúns medios:
Manifesto liderado por Xavier Vence decreta fin de ciclo do BNG e pide unha alianza coa Marea. | D.ARES - SERMOS GALIZA 08 Xullo 2016 13:34 h. | Baixo o lema 'Chamamento de Vidán' reclaman "un gran acordo electoral" como "alternativa ao PP" en 2016. | Sesenta e tres sinaturas entre as que se atopa a do ex-portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a portavoz en Bruxelas, Ana Miranda e as deputadas Carme Adán e Tereixa Paz, veñen de lanzar o 'Chamamento de Vidán'. | Ir á Web.A nova nalgúns medios convencionais galegos:
"Chamamento de Vidán" para crear as bases dunha "organización nacionalista de nova planta". | Persoeiros do nacionalismo como Ana Miranda, Carme Adán, Xavier Vence, Tereixa Paz ou Alba Nogueira reclaman un xiro na estratexia do BNG e das mareas. Como primeiro paso propoñen unha manifestación o 25 de Xullo común con "todos os galegos, galeguistas e nacionalistas". | Lores defende a "capacidade e forza abonda" do BNG sen necesidade de confluír con outras formacións. | Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/07/2016 | Actualizada ás 23:15 | GALICIA CONFIDENCIAL | Ir á Web.
O Foro Galego debaterá o vindeiro sábado o impulso da candidatura de confluencia. | Redacción | @prazapublica | 08.07.2016 PRAZA PÚBLICA | Fóra de titular, dentro do texto da nova: "...Mentres, tamén este venres se fixo público o denominado Chamamento de Vidán, un documento asinado por un grupo de destacados e destacadas militantes do BNG (entre os que destacan Xavier Vence, Tereixa Paz, Olaia Fernández Davila, Carme Adán ou Ana Miranda)...fan un chamamento para superar as 'diferenzas menores” de forma que sexa posible acadar un “grande acordo que trouxese ilusión aos galegos e galegas'..." | Ir á Web.
La Voz de Galicia: Los críticos del BNG llaman a construir otra organización. | Ir á Web.
El Correo Gallego: Militantes e cargos do BNG intentan unha nova visión para as autonómicas ante a "ameaza" de "non desaloxar" ao PP. | Ir á Web.
Faro de Vigo: El exlíder del BNG y cargos locales urgen unirse a la Marea ante su crisis electoral. | Ir á Web.
El Progreso: Lores no perderá "nin dous minutos" con el manifiesto crítico del BNG. | Ir á Web.
CRTVG - A Galega: Máis de 50 militantes do BNG critican a dirección de inmobilista e avogan pola confluencia coas Mareas. | Ir á Web.
CRTVG - Radio: Militantes do BNG apoian a confluencia con outras forzas de esquerda. | Ir á Web.
Información baseada na enviada por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
8 de julho de 2016 15:35
http://lupeces.blogspot.com/
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon