segunda-feira, junho 05, 2017

Concentración en Ferrol de apoio e en solidariedade, cunha familia de Sada que vai ser desafiuzada polo Banco Popular-Pastor, pide-se que se lle aplique o Código de Boas Prácticas


PAREMOS O DESAFIUZAMENTO!

CONCENTRACIÓN EN FERROL POLO DESAFIUZAMENTO DUNHA FAMILIA MAIOR NO CONCELLO DE SADA

Concentrámonos o martes 6 de xuño ás 12 do mediodía diante da Central do Banco PASTOR-POPULAR de Ferrol na Rúa Real, 96 (tamén as compañeir@s da Coruña ás 12:15 hs diante da Central do banco, na zona do Obelisco) para evitar o desafiuzamento dun matrimonio maior de Sada o cal, o banco non lle ofreceu poder acollerse ao Código de Boas Prácticas, a pesares de estar obrigado por lei.

Este matrimonio non se puido defender nos xulgados xa que o goberno só establece un prazo criminal de 10 días. Só tes 10 días para atopar avogad@ e opoñerte a un procedemento tan complexo legalmente como é unha execución hipotecaria. Coma sempre, esta é unha forma máis do noso goberno de seguir a beneficiar a banca española, pois para recorrer unha simple multa, tes un prazo de até 30 días.

Os Servizos Sociais de Sada miran a outro lado, pois non lles ofrecen unha alternativa residencial digna, a pesares de que a Xunta de Galicia presume de ter un Programa de Vivendas Baleiras asinado entre o IGVS e o FEGAMP para ofrecer alugueiro social a familias desfavorecidas. Independentemente de que esta familia teña tamén decidido solicitar por lei, no xulgado, acollerse a moratoria de seguir na vivenda até 2020.

Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña instamos a todas as institucións públicas, a que se conceda a moratoria a esta familia até 2020  e  se adopten as medidas necesarias para ofrecer futura solución residencial a esta familia e a todas a familias que se atopen nesta mesma situación; así como a loitar contras as malas prácticas bancarias.

!!! NIN XENTE SEN CASA, NIN CASAS SEN XENTE !!!
¡¡¡ VIVIR E UN DEREITO, TER CASA TAMÉN !!!
¡¡¡ QUE SE SAIBA, O PASTOR-POPULAR ENGANA, ESTAFA E BOTA A XENTE DAS SÚAS CASAS !!!


https://www.facebook.com/pahferrol/

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon