Comeza a votación en Navantia Ferrol |
As traballadoras e traballadores das compañías auxiliares pronunciaron-se sobre o conflito, hoxe pola mañán nas urnas situadas nas dúas fatorías de Ferrol e Fene.
Con 7 votos en branco, 3 nulos, 488 a favor de continuar co paro indefinido até acadar un acordo (Folga) e 681 votos a favor de deixar o paro e comezar a negociar (Negociación), remataron as votación en Navantia, nas dúas factorías da Ría de Ferrol.
Totais as dúas factorías:
681 negociación
488 folga
3 nulos
7 blancos
Despois de que a dirección do estaleiro prohibira a realización da votación dentro do recinto onde se tiña previsto, e se negara a facilitar os censos, improvisou-se unha saída intermedia para que se puidera realizar o acto nas horas e día fixado.
Segundo nota do Comité de Empresa de Navantia Ferrol, foron a votar, neste esteleiro, o 53,4%, de 1322 censad@s, foron a votar 706.
Co seguinte resultado:
Navantia Ferrol
478 negociación
221 folga
3 nulos
4 brancos
En Fene, polo de agora sen datos do censo, só sabemos que votaron 473 persoas, mais os resultados da votación que nos notificaron son os que seguen:
Navantia Fene
203 negociacion
267 folga
3 blancos
Documentación e imaxes.
Corredor improvisado de entrada en Navantia Ferrol para acceder ás urnas |
Información anónima que estaba nas paredes próximas ao lugar de votación |
Acta que se facilitou polo Comité de Empresa de Navantia Ferrol |
Datos dos resultados en Navantia Fene |
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon