luns, maio 13, 2019

Marea de Ferrol estivo na Praza da Porta Nova para achegar as súas propostas políticas á veciñanza do Ensanche


NOTA DE PRENSA. MAREA DE FERROL LEVA AS SÚAS PROPOSTAS POLÍTICAS AO ENSANCHE


Na tarde de onte domingo 12 de maio, Marea de Ferrol estivo na Praza da Porta Nova para achegar as súas propostas políticas á veciñanza do Ensanche.

Ademais de compartir unha pequena síntese escrita das nosas propostas máis destacadas, varias candidatas de Marea de Ferrol estiveron conversando sobre algúns dos temas programáticos que impulsan a candidatura, como a promoción dos procesos participativos en cada barrio, dándolle voz á veciñanza e aos colectivos sociais implicados, para decidir sobre cuestións como reurbanización, mobilidade, actividades, servizos, investimentos... sempre con criterios realistas e informados.

Tamén se abordou a cuestión da necesidade de implementar no concello un plan de mantemento dos centros socioculuturais, administrativos e deportivos locais, cuxa eiva acusa moi fortemente este barrio, co deplorable estado do C.C. Carvalho Calero.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
13 de maio de 2019 16:58

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon