martes, maio 14, 2019

Onte luns 13 de maio, Marea de Ferrol volveu ter un encontro distendido e informal coa veciñanza de Covas - As previsión de actividades de Marea de Ferrol para mañá mércores 14 de maio


PREVISIÓNS MAREA DE FERROL PARA O MÉRCORES 15 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá mércores de maio.

Os primeiros días desta semana estamos percorrendo diferentes parroquias da zona rural do concello, para dialogar sobre as diferentes problemáticas que preocupan á súa veciñanza.

1. Ao longo da tarde manteremos varios encontros, coas Asociacións de Veciñas de A Graña, Serantes e A Cabana.

2. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

MAREA DE FERROL MANTÉN UN ENCONTRO DISTENDIDO COA VECIÑANZA DE COVAS

Onte luns 13 de maio, Marea de Ferrol volveu ter un encontro distendido e informal coa veciñanza de Covas.

Despois destes últimos anos nos que multitude de aspectos funcionaron mal ou directamente non funcionaron, constatamos que algunhas das preocupacións máis importantes da veciñanza teñen que ver co saneamento e a necesidade de dinamizar os barrios atendendo aspectos como cultura, turismo, hostalería, festas... dentro dunha perspectiva de futuro que aborde alternativas para fixar a poboación xa non só no municipio, senón nomeadamente na zona rural.

Marea de Ferrol segue facendo fincapé nun Ferrol que se defina pola participación da cidadanía na vida municipal. Temos a teima de crear un foro permanente coa representación de todas as institucións e movemento asociativo local, para consensuar unha nova estratexia de cidade.

Ademais, temos unha fonda preocupación pola planificación do transporte público, asequible e de calidade, que inclúe a implantación dun servizo de transporte a demanda para as zonas rurais.


Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
14 de maio de 2019 13:22
14 de maio de 2019 12:55

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon