venres, abril 03, 2020

CCOO Industria da comarca de Ferrol queremos denunciar que hai empresas que vulneran a saúde do persoal especialmente sensible


As empresas vulneran a saúde do persoal especialmente sensible


CCOO Industria da comarca de Ferrol queremos denunciar a pasividade de Empresas, Mutuas e Servizos de Prevención respecto ao COVID-19 no ámbito laboral incumprindo a Instrución aclaratoria do Instituto Nacional da Seguridade Social emitida o pasado 19 de marzo, e a normativa de prevención de riscos laborais, que obriga ao empresario a garantir a seguridade e saúde en todos os aspectos relacionados co traballo.

Denunciamos que Mutuas e Servizos de Prevención, en xeral non están exercendo as súas funcións ante esta situación derivada do COVID-19. Os servizos de prevención non cumpren coas medidas de prevención, para os/as traballadores/as especialmente sensibles, establecidas no procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte a exposición ó SARS‐CoV‐2 do Ministerio de Sanidade. O procedemento menciona expresamente "O servizo sanitario do SPRL debe evaluar a presenza de persoal traballador especialmente sensible en relación á infección de coronavirus SARS?CoV?2, establecer a natureza de especial sensibilidade da persoa traballadora e emitir informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección. Para iso, terá en conta a existencia ou inexistencia dunhas condicións que permitan realizar o traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde da persoa traballadora"·.

Tampouco cando se solicita pol@s traballadores/as que se teña en conta os datos que as Mutuas xa teñen nos seus recoñecementos médicos. De este modo non toma medidas preventivas como poden ser o teletraballo ou a “baixa preventiva”. Ditas “baixas preventivas” son IT continxencia común con efectos económicos de continxencia profesional.

Nesta denuncia entendemos que as empresas están trasladando directrices que fomentan a pasividade interesada para evitar que se tomen esas medidas preventivas. Pois esa pasividade beneficia as empresas ante medidas como ERTEs, permiso retribuido recuperable ou bolsa de horas. Xerando un perxuizo á persoa traballadora especialmente sensible que non tería porque entrar nese tipo de medidas se lle recoñecesen a súa situación como mínimo o 19 de marzo.

¡A SAÚDE É O PRIMEIRO, PROTECCIÓN PARA @S PERSOAS ESPECIALMENTE SENSIBLES!

Ferrol a 3 de abril de 2020.

Roberto Villasuso Vazquez
Sec. Organización CCOO INDUSTRIA-FERROL
e-mail: rvillasuso@industria.ccoo.es

Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
3 de abril de 2020 15:51

_______
Unión Comarcal de Ferrol:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:Unions_Territoriais:Ferrol

SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/

Federación de Industria de CCOO:
http://www.industria.ccoo.es/Galicia

Confederación Sindical de Comisión Obreiras:
https://www.ccoo.es/











Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon