Atraso na emisión dos recibos de Emafesa, hackers e "cartel da limpeza"
Os recibos de Emafesa elaboran-se na sede central de Urbaser en Madrid, que á súa vez é a empresa matriz de Socamex (parte privada de Emafesa). Parece ser que os servidores informáticos, onde se almacena a base de datos, ao menos, de todo o Estado, incluído os de Ferrol (Emafesa), recibiron un ciberataque por parte de hackers que "esixiron unha contraprestación para non facer pública a información que obtiveron ao introducirse de forma presuntamente ilegal nos servidores da compañía". Mágoa que eses segredos non saian á luz, e por outra banda, agardemos que os nosos datos persoais non sexan vendidos. Dá a casualidade que o hackeo coincidiu co proceso de venda do xigante das empresas chamadas medioambientais, propiedade da Firion Investments, unha empresa controlada indirectamente polo fondo da industria Huayu, no que participan Jiangsu Dagang Co Ltd e China Tianying Inc (CNTY), fondo transnacional de orixe chinés que comprou Urbaser en 2016, ao consorcio transnacional de Florentino Pérez (ACS). Un ano antes (2015) Urbaser fora sancionada xunto con outras 50 empresas polo que se coñeceu como o "cartel da limpeza". A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) impuxo unha multa histórica de 98 millóns ás principais compañía do sector por pactar prezos para repartirse o mercado das concesións municipais da limpeza.
Paradoxos e negativas de Emafesaamosamos na imaxe
O recibo correspondente a Novembro/Decembro de 2020, con data do 23 de xaneiro de 2021, está chegando aos nosos fogares estes días. Paradoxo é que cheguen ás caixas de correos das vivendas con posterioridade á data de vencemento que no caso deste recibo que amosamos na imaxe, como doutros miles, é o 23 de marzo deste ano 2021.
Emafesa atrasou dous meses a emisión dos recibos, por mor do mencionado hackeo dos seus servidores, facendo-os chegar ás vivendas varios días despois do seu vencemento. Tamén resulta paradoxo que sendo o recibo de 23 de xaneiro de 2021, no apartado das mensaxes -situado na parte baixa do recibo- coloquen unha débeda con data posterior: 16 de marzo deste ano 2021. Cousas máxicas de quen emite os recibos.
E por último no apartado dos paradoxos, na mesma zona de mensaxes do recibo di textualmente Emafesa que "se necesita factura, póñase en contacto con nós", cousa que fixeron varias persoas despois de pagar, pedindo a emisión dun novo recibo, coas facturas correspondentes ao pago do tratamento dos residuos sólidos urbanos que corresponde a Sogama; da factura recollida e transporte de residuos (RSU) que corresponde a Urbaser; da factura da taxa do Canon da Auga que corresponde a Augas de Galicia; e polo conxunto de conceptos da factura da auga, por todos os conceptos excepto o de "Cobro Fraccionado Taxa Depuración (Atrasos)" que corresponde a Emafesa; e esta, en vez de emitir un novo recibo con esas facturas, responde que é legal que poña o do "Cobro Fraccionado...". Emafesa claro que pode redactar o recibo como queira, mas nós temos o dereito a pagar aquilo que pensamos que nos corresponde, nen un céntimo máis. O que se lle pide a Emafesa é que emita factura do que se pagou, todo menos o dos supostos atrasos no concepto xa mencionado de "Cobro Fraccionado...", por considerar que non se prestou ese servizo ate pasado o 3 de abril de 2017 e que é discriminatorio -no caso de que tivera que ser así- cargar os custes da reparación, probas e mantemento, só sobre unha parte da veciñanza de Ferrol, deixando libre de pago a outra parte que polo de agora non están pagando nada ate que se poña en funcionamento o sistema de interceptación d'A Malata (como é lóxico) e o do saneamento da zona rural (polo de agora no mundo do esquecemento); e á veciñanza de Narón que non se lles comezou a cobrar ate despois do citado 3 de abril de 2017 (como tamén é lóxico). Quen realmente se tiñan que facer cargo deses custes eran os concellos de Ferrol e Narón, Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil que encomendou a xestión a Xunta e Augas de Galicia mediante Convenio, entidade que daquela era a propietaria da depuradora e emisario submarino (EDAR) e o cruce e impulsora d'A Malata (EBAR).
Custes reais de explotación da depuración
A Plataforma, e sabe-o de sobras o Concello, denunciou que os custes reais de explotación da depuración, anteriores ao 3 de abril de 2017, cando aínda non estaba conectado o sistema de saneamento e depuración, son moito menores que os valores utilizados para calcular a taxa que se nos está cobrando como Atrasos de Depuración. A estafa continúa, e a nosa denuncia tamén.
Documentos de Referencia:
✔ Cartas ao Concello e e Emafesa, solicitando a emisión de novos recibos coa facturas pagadas (Sogam, Urnbaser, Augas de Galicia e Emafesa (Sen Atrasos). | Acceder/Baixar Carta a Emafesa. | Acceder/Baixar Carta ao Concello.
✔ Escrito de resposta de Emafesa negando-se a emisión de novo recibo coas facturas. | Acceder/Baixar.
#EmafesaCenPorCenPublica
#Remunicipalizar
#Remunicipalización
#Emafesa
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol | Twitter: @municipalizarFT
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon