Amosando publicacións coa etiqueta Antifascismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antifascismo. Amosar todas as publicacións

mércores, xaneiro 30, 2019

A eurodeputada galega Lídia Senra achega ao Parlamento Europeo a loita pola recuperación da memoria histórica na Galiza. | O GUE NGL está a desenvolver hoxe no Parlamento unha xornada de debate sobre as resistencias locais á extrema dereita en Europa. | Senra convidou á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Fernando Souto expuxo a experiencia desta organización


Lídia Senra achega ao Parlamento Europeo a loita pola recuperación da memoria histórica na Galiza. | O GUE NGL está a desenvolver hoxe no Parlamento unha xornada de debate sobre as resistencias locais á extrema dereita en Europa. | Senra convidou á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Fernando Souto expuxo a experiencia desta organización.


Co obxectivo de  afondar en claves de análise que permitan elaborar unha resposta conxunta da esquerda europea para facer fronte ao auxe da extrema dereita na UE, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) está a celebrar durante a tarde de hoxe a xornada internacional “Resistencias locais contra a extrema dereita en Europa”, poñendo en común experiencias achegadas dende Francia, Italia, Alemania, Austria, Grecia, Polonia, Croacia, Estado español, Bélxica, Letonia, Finlandia, Eslovenia e Galiza.

As forzas políticas máis reaccionarias favorecen a sinerxía sistémica de afondamento nas desigualdades, presente a nivel global, e o capitalismo precisa neste momento de gobernos autoritarios para continuar co seu proceso de concentración da riqueza en cada vez menos mans”, alerta a eurodeputada galega Lídia Senra. “Esta tendencia, da que lamentabelmente temos xa moitos exemplos, é unha realidade que xa está aquí e á que a esquerda ten que ter claro como combater. Nese sentido a xornada de hoxe está a ser moi útil, porque permítenos escoitar unha batería de accións que se están a desenvolver a nivel local en todo Europa, moitas delas perfectamente adaptábeis duns Estados a outros, que supoñen exemplos concretos de experiencias de loita que cómpre pór en valor”.

Para dar conta de iniciativas desenvolvidas no noso país, Senra convidou a participar nesta xornada á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMHAC), representada no día de hoxe por Fernando Souto, quen encetou a súa intervención explicando que se trata dunha asociación comarcal  onde “traballamos pola recuperación da memoria dos nosos maiores, fronte a historia oficial dos vencedores da guerra civil do 36 e cerca de 40 anos de ditadura franquista. Pertencemos ao movemento que se coñece como memoria histórica, e que xurde no ano 2000 a raíz da exhumación dun grupo de paseados enterrados na cuneta, esta exhumación tivo grande repercusión mediática”.

Entre os traballos que desenvolve a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, Souto destacou os referidos á recuperación da memoria oral “recollemos mediante gravación as vivencias persoais e logo aportámosllas a investigadores/as para axudar a comprender a nosa historia”, ao tempo que relatou “o noso traballo tivo un gran éxito cando xunto con outras organizacións conseguimos explicar que o pazo de Meirás foi un roubo fronte a historia oficial que o presentaba como unha doazón do pobo a Franco”.

Outra das cuestións nas que a Comisión da Memoria Histórica puxo especial énfase en destacar foi a importancia de traballar contra a manipulación da linguaxe pola  extrema dereita. “A existencia da simboloxía franquista, o nome  das rúas das nosas cidades, as honras os personaxes da guerra civil , as estatuas, os elementos conmemorativos... Normalizaron o fascismo vitorioso militarmente, e mesmo pretenden presentarse como libertadores. Este pasado presente, moi presente, esixe un esforzo didáctico para desenmascarar, para quitar a careta da extrema dereita”.

Bruxelas, 30 de Xaneiro de 2019.

Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal/

twitter  | facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
30 de janeiro de 2019 17:30

_________________

venres, decembro 14, 2018

A liberdade de expresión é un problema para a clase dirixente porque visibiliza a disidencia contra eles, os ricos, que arrasan con todo o que pertence ao pobo - Palestra antirrepresiva en Vigo: Boro (La Haine) + Saúl (La Insurgencia) Sábado 15 de decembro


Palestra antirrepresiva: Boro (La Haine) + Saúl (La Insurgencia)
Sábado 15 de decembro | 19:00 | CNT-VIGO (rúa do Príncipe, nº 22. Galerías comerciais, 1º andar, local 34)


29 MARZO 2014: "RODEA O CONGRESO". Boro LH, xornalista dos portais dixitais de contrainformación La Haine e Kaos en la Red, era detido mentres cubría a protesta. Acusado falsamente de agredir a un policía, pídenlle 6 anos de prisión: catro por un delito de lesións e dous por un delito de atentado a axente de autoridade. Previamente, dentro da "Operación Araña", desenvolvida contra internautas por tuitear, retuitear ou compartir entradas en Facebook, abríase unha causa contra el por enaltecemento do terrorismo en Twitter por escribir mensaxes de apoio á loita nas rúas ou expresarse contra a garda civil.

2 e 3 NOVEMBRO 2017: doce músicos de rap integrantes do colectivo La Insurgencia eran sometidos a un xuízo ante a Audiencia Nacional acusados pola Policía Nacional de enaltecemento do terrorismo polas súas letras críticas. A fiscalía pide para eles dous anos e un día de cárcere, multa de 4800 euros, a inhabilitación absoluta durante nove anos, a retirada do dereito de sufraxio pasivo e a retirada dos vídeos de youtube obxecto de delito.

As ideoloxías políticas (a esquerda revolucionaria e consciente) que cuestionan ao sistema e á elite gobernante son perseguidas e castigadas duramente polo aparello policial ao servizo do Estado. A liberdade de expresión é un problema para a clase dirixente porque visibiliza a disidencia contra eles, os ricos, que arrasan con todo o que pertence ao pobo. As montaxes policiais para xustificar esta represión están á orde do día, marchando campantes sobre os dereitos humanos máis elementais.

A difusión desta realidade faise fundamental para abrir os ollos fronte ao fascismo que domina a escena política e social e ser conscientes de que ninguén se salva deste brazo opresor. Pero non nos van calar!!

cntvigo@gmail.com

Enviado por:
Colectivo por la Absolución de La Insurgencia
-colectivoabsolucioninsurgencia@gmail.com-
14 de dezembro de 2018 09:54

_________________

xoves, outubro 25, 2018

Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos- A iniciativa da eurodeputada galega Ana Miranda - Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis


A Eurocámara pronúnciase a prol da ilegalización da Fundación Francisco Franco


Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos. Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis pic.twitter.com/Wg1gwPljkW — Ana Miranda - @anamirandapaz.

O mesmo día en que 14 dos 19 de Meirás prestaban declaración perante un xuíz após seren denunciados pola familia do ditador, a Eurocámara aprobaba unha resolución contra o avanzo do neofascismo en Europa. A iniciativa -da que foi relatora a eurodeputada do BNG Ana Miranda- foi aprobada con 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións.

O Parlamento europeu asumiu esta quinta feira un texto impulsado pola esquerda da cámara en que se alertaba sobre o avanzo do neofascismo non só como ideoloxía, senón como ameaza violenta.

"Vai por todas as vítimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques facistas e neonazis", escribiu en Twitter unha exultante Ana Miranda aos poucos minutos do relatorio —do que era co-autora canda a italiana Eleonera Forenza e a sueca Soraya Post— ter sido aprobado.

Forenza, canda un dos seus asesores, é unha desas vítimas de ataques violentos recentes aos que se refería a iniciativa, da que foi principal impulsora.

A resolución foi votada favorabelmente polo PP e os seus aliados europeos, e rexeitada pola extrema-dereita.



@BNG_ParlEuropa

25 de outubro de 2018

Fonte: Sermos Galiza.
_______________

martes, outubro 09, 2018

O xerme do fascismo, ... Por Ilka Oliva Corado - Estruturalmente o fascismo está nas aulas escolares, como mofo nas paredes, na linguaxe do docente, nos libros de universidade, na mensaxe subliminar dos anuncios televisivos, na liña de espera dun hospital público, nas mans do médico... nos dereitos negados, nas árbores que se arrincan para que xamais regrese a primavera e sigan invernando en cuartos escuros as xeracións que son alimentadas polo xerme do fascismo



Por Ilka Oliva Corado [*]
09.10.2018


Como un mal hereditario nas novas xeracións reprodúcese con facilidade porque son xeracións desvalidas, deixadas á intemperie, acarunchadas que como bagazos son lanzadas ás urnas, ás rúas, á vida.

A ONU condenou o franquismo e prohibiu o ingreso de España ao seu sistema polos seus principios ligados ao fascismo.

Infestadas dese xene que acaba co cerebro nun abrir e pechar de ollos, estas xeracións non coñecen de primaveras, viviron invernando en cuartos escuros desde sempre, non coñecen a calor do sol nin a alegría do trilar das aves, son incapaces de sentir algo que estea fose da marxe do seu radar de fascistas. Inclusive non saben que o son, porque carecen de raciocinio.

Estas xeracións son como vultos apiñados que cargan e descargan nos seus lombos os obreiros do mundo, como bloques de cemento, como quintais de ferro que forman columnas nas que se segue cimentando o xerme do fascismo. Non teñen vida, non cheiran o cheiro das flores e non senten a dor do outro e moito menos o seu propio fedor.

Estruturalmente o fascismo está nas aulas escolares, como mofo nas paredes, na linguaxe do docente, nos libros de universidade, na mensaxe subliminar dos anuncios televisivos, na liña de espera dun hospital público, nas mans do médico. Estructuralmente está no arquitecto que deseña mansións na outeiros, na sentenza dun xuíz, nas decisións da Corte Suprema de Xustiza, nos barrotes dun cárcere, nas corredores dun centro de detención para menores.

Está nos dereitos negados, nas árbores que se arrincan para que xamais regrese a primavera e sigan invernando en cuartos escuros as xeracións que son alimentadas polo xerme do fascismo. Unha malnutrición que crea seres humanos insensíbeis, egoístas, preguiceiros, machistas, racistas, homofóbicos, arrogantes e cachurecos que á menor oportunidade tratan de eliminar a como de lugar a quen represente un perigo para o seu cautiverio e intente abrir as portas deses cuartos escuros e móstrelles a frescura do vento, a calor do sol e a brétema das madrugadas.

A quen se atreva a mostrarlles as cores do arco da vella, das árbores no outono, o aleteo das bolboretas, a suave brisa do mar. O palpitar dun corazón feliz, o sorriso dos nenos, a quen os invite a sentir os abrazos curadores dos avós.

Por dita, sempre están os inadaptados, os tolos, os soñadores. Por sorte sempre están os atrevidos, os necios, os imprudentes que se lanzan de cabeza ao baleiro sen recurso algún máis que o dun corazón libre. Son eles os que milenariamente nutriron a resistencia, e é a resistencia a que segue embelecendo as primaveras.

[*] Ilka Oliva Corado, naceu en Comapa, Jutiapa, Guatemala, o 8 de agosto de 1979. Escritora e poetisa. Graduou-se de mestra de Educación Física para logo dedicarse ao arbitraxe profesional de fútbol. Fixo estudos de psicoloxía na Universidade de San Carlos de Guatemala, carreira interrompida pola súa decisión de emigrar a Estados Unidos en 2003, travesía que realizou como indocumentada cruzando o deserto de Sonora no estado de Arizona. É autora de catro libros. | Ir á Web.
__________

martes, agosto 14, 2018

Fascismo Nunca Máis, ... Por Celso Posada Fernández - A ditadura torturou, asasinou, fusilou, encarcerou, represaliou, condenou ao exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres


Por Celso Posada Fernández [*]

13.08.2018

O pasado 30 de Xullo do 2018, fixen unha pequena intervención como público no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a Moción do Grupo Municipal do BNG e pra dicir alto e claro Fascismo Nunca Máis.

Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol @s demócratas NON queremos e NON imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asasino e ditador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol @s demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade e Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo.

A ditadura franquista foi un réxime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movemento obreiro, unha ditadura de clase, criminal que implantou unha salvaxe réxime fascista no Estado Español durante 40 anos.

Este réxime veu precedido por un infame golpe de estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saído das urnas e este golpe de estado foi alentado, promovido, auspiciado e orquestrado polas elites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da igrexa católica (Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o ditador Francisco Franco pra seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase.

A ditadura torturou, asasinou, fusilou, encarcerou, represaliou, condenou ao exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres demócratas e loitadoras pola liberdade e fronte o fascismo, tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertari@s, feministas, mestres/as, sindicalistas,...

En pleno século XXI e no ano 2018 aínda hai mais de 114.000 demócratas enterrad@s vergoñentamente nas cunetas e en fosas comúns e o fascismo sigue estando impune.

Hoxe é máis necesario que nunca dignificar as vítimas do franquismo, ilegalizar a Fundación Fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crimes da ditadura pra que non queden impunes e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crimes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa ditadura como Billy el Niño, El muñecas, etc.

Tamén é fundamental a Devolución Inmediata ao Pobo Galego do Pazo de Meirás que foi un espolio e un roubo do ditador.

Dende aquí toda a miña solidariedade c@s #19deMeiras.

Na miña intervención no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática Moción do BNG, lembrei que Ferrol é unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movemento obreiro,... Ferrol é a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e  ao  militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galiza Moncho Reboiras Noia.

Xa por ultimo pra rematar agradecer o BNG que pensara en min pra defender a súa Moción, lembrar que pra ser Demócrata hai que ser Antifascista.

Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo .

Fascismo Nunca Máis.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista,  Socialista, Republicano e de esquerdas. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas), na Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas (Modepen) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
13 de agosto de 2018 03:10
__________________