Amosando publicacións coa etiqueta Anti-represión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anti-represión. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 13, 2021

Cunha xustiza clasista e partidaria a democracia non pode ser plena, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
13.10.2021


A inxusta sentencia contra Alberto Rodríguez, o deputado de Podemos sentenciado sen probas pola declaración dun policía sobre unha suposta patada durante un desafiuzamento que ninguén viu, pon sobre a mesa a realidade dunha xustiza inxusta que para nada é igual para todos.

Recordemos sin ir máis lonxe casos como o do neto de Franco que tentou atropelar a dous Gardas Civiles, ou a Esperanza Aguirre dándose a fuga tras desobedecer a Policía Local, dous casos onde a xustiza decidiu deixar impunes os delitos flagrantes.

As sentenzas xudiciais por indicios, sin probas ou baseadas soamente na palabra dun policía non son ningunha novidade, este é o sistema xudicial que tenmos, un sistema inxusto e parcial que sentencia segundo a clase social ou a ideoloxía do acusado.

Namentres que a carreira xudicial sexa case un imposible para as fillas e os fillos dos traballadores por motivos económicos, o poder xudicial non será un poder realmente democrático e polo tanto non representará a sociedade no seu conxunto, é máis, non representará a maior parte da sociedade.

O que está sucedendo a día de hoxe con sentencias xudiciais claramente politizadas, ó meu entender, e cun tribunal supremo tomado pola dereita, cun mandato caducado e en rebeldía fronte á obriga constitucional de renovarse, é a proba de que a xustiza no Estado español non é xustiza porque é parcial, fai política e toma partido.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
9 de outubro de 2021 12:29

_______

venres, decembro 14, 2018

A liberdade de expresión é un problema para a clase dirixente porque visibiliza a disidencia contra eles, os ricos, que arrasan con todo o que pertence ao pobo - Palestra antirrepresiva en Vigo: Boro (La Haine) + Saúl (La Insurgencia) Sábado 15 de decembro


Palestra antirrepresiva: Boro (La Haine) + Saúl (La Insurgencia)
Sábado 15 de decembro | 19:00 | CNT-VIGO (rúa do Príncipe, nº 22. Galerías comerciais, 1º andar, local 34)


29 MARZO 2014: "RODEA O CONGRESO". Boro LH, xornalista dos portais dixitais de contrainformación La Haine e Kaos en la Red, era detido mentres cubría a protesta. Acusado falsamente de agredir a un policía, pídenlle 6 anos de prisión: catro por un delito de lesións e dous por un delito de atentado a axente de autoridade. Previamente, dentro da "Operación Araña", desenvolvida contra internautas por tuitear, retuitear ou compartir entradas en Facebook, abríase unha causa contra el por enaltecemento do terrorismo en Twitter por escribir mensaxes de apoio á loita nas rúas ou expresarse contra a garda civil.

2 e 3 NOVEMBRO 2017: doce músicos de rap integrantes do colectivo La Insurgencia eran sometidos a un xuízo ante a Audiencia Nacional acusados pola Policía Nacional de enaltecemento do terrorismo polas súas letras críticas. A fiscalía pide para eles dous anos e un día de cárcere, multa de 4800 euros, a inhabilitación absoluta durante nove anos, a retirada do dereito de sufraxio pasivo e a retirada dos vídeos de youtube obxecto de delito.

As ideoloxías políticas (a esquerda revolucionaria e consciente) que cuestionan ao sistema e á elite gobernante son perseguidas e castigadas duramente polo aparello policial ao servizo do Estado. A liberdade de expresión é un problema para a clase dirixente porque visibiliza a disidencia contra eles, os ricos, que arrasan con todo o que pertence ao pobo. As montaxes policiais para xustificar esta represión están á orde do día, marchando campantes sobre os dereitos humanos máis elementais.

A difusión desta realidade faise fundamental para abrir os ollos fronte ao fascismo que domina a escena política e social e ser conscientes de que ninguén se salva deste brazo opresor. Pero non nos van calar!!

cntvigo@gmail.com

Enviado por:
Colectivo por la Absolución de La Insurgencia
-colectivoabsolucioninsurgencia@gmail.com-
14 de dezembro de 2018 09:54

_________________

xoves, outubro 25, 2018

A eurodeputada galega Lídia Senra visitará mañá no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, ao preso galego Adrián Mosquera - A deputada viu tamén nestes meses a Roberto Rodríguez en Palencia, Eduardo Vigo en Toledo, e Carlos Calvo e Raúl Agulleiro en Asturias - Reclama que o Estado cumpra os DDHH e recomendacións da UE, poña fin á dispersión, rebaixe os réximes penitenciarios e dea permisos de saída.


Lídia Senra visitará mañá no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, ao preso galego Adrián Mosquera. | A deputada viu tamén nestes meses a Roberto Rodríguez en Palencia, Eduardo Vigo en Toledo, e Carlos Calvo e Raúl Agulleiro en Asturias. | Reclama que o Estado cumpra os DDHH e recomendacións da UE, poña fin á dispersión, rebaixe os réximes penitenciarios e dea permisos de saída.

A eurodeputada galega Lídia Senra visitará mañá venres ao preso galego Adrián Mosquera Pazos no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León. Para iso, terá que viaxar en coche desde Santiago, 800 quilómetros entre ida e volta, unhas 8 horas conducindo sen case parar, que é o traxecto que teñen que facer todas as semanas familiares e amizades do preso se queren velo, na maioría das ocasións, só 40 minutos, que é o permitido nos locutorios. Coa deste venres, Senra concluirá unha serie de viaxes que a levaron a visitar tamén, nos últimos meses e nas respectivas cadeas nas que estaban, a María Osorio [1] actualmente xa en liberdade-, Roberto Rodríguez Fiallega [2]preso no Centro Penitenciario de Dueñas, en Palencia-, Eduardo Vigo [3]preso no Centro Penitenciario de Ocaña I, en Toledo-, e Carlos Calvo Varela e Raúl Agulleiro Cartoy [4]presos no Centro Penitenciario de Asturias-. Senra solicitoulle ao Ministerio do Interior realizar estas visitas para poder coñecer de primeira man a situación na que están estes reclusos e experimentar o que significa a dispersión penitenciaria e o afastamento, política que aplica o Estado español con algúns presos a pesar de que a propia UE a condena e recomenda abolila.

Someter ás familias e amizades ao castigo da dispersión, co gasto e riscos que iso supón, é crueldade pura e é non respectar os dereitos humanos que temos todas as persoas, incluídas, por suposto, as presas”, defende Senra. “E non é unha cuestión que diga eu simplemente, senón que é unha cuestión que defende a UE. Por iso o Estado non debe demorar máis e debe traer para cárceres galegas aos presos galegos, igual que fixo xa ao trasladar a cárceres catalanas aos presos políticos cataláns e igual que fixo xa tamén co achegamento á súa terra dos presos de Altsasu, por exemplo, e que debería facer con todos os presos e presas vascas. Non é un beneficio penitenciario, é un dereito que hai que cumprir si ou si”. Neste sentido, a eurodeputada recórdalle ao Goberno estatal que a finais do 2017, o pleno do Parlamento Europeo aprobou por unha amplia maioría (474 votos a favor, 109 en contra e 34 abstencións), unha Resolución sobre Condicións e Sistemas Penitenciarios[5] cuxo artículo 29 di: “Condena a política penitenciaria de afastamento que aplican algúns Estados membros xa que constitúe un castigo engadido para as familias dos reclusos/as; insta a elaborar medidas que permitan o achegamento de todos os reclusos que estean lonxe dos seus fogares (…); lembra que, segundo o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, recluír a unha persoa nun cárcere situado tan lonxe da súa familia que as visitas sexan moi difíciles ou incluso imposibles pode constituír unha violación do artigo 8 do Convenio Europeo dos Derechos Humanos”. Tamén o artigo 28 da Resolución do Parlamento Europeo di: “Anima aos Estados membro a que garantan que os reclusos manteñen contactos periódicos cos seus familiares e amizades, permitíndolles cumprir as súas penas en centros próximos ao seu domicilio e favorecendo as visitas, as chamadas telefónicas e o uso dos medios de comunicación electrónicos (…)”.

O pasado maio, o Ministerio aseguroulle a Lídia Senra que naquela data o número de internos e internas que tiñan rexistrada provincia de residencia na Galiza e que non se encontran en centros penitenciarios galegos era de 260; e que, sen embargo, as infraestruturas penitenciarias dos penais galegos contan con prazas suficientes para albergar aos internos que solicitan a asignación dun centro de cumprimento aquí. Non obstante, atendendo ao caso de cada unha das persoas que ela visitou nos últimos meses, dase a circunstancia de que todos son presos que cumpriron xa máis da metade da súa condena (algún deles incluso inmerso xa na recta final da mesma), que solicitaron en diferentes ocasións, cada un cando considerou e a través de recursos individuais, o traslado a prisións galegas por razóns humanitarias, e de momento non se produciron os movementos solicitados. Por iso, insta á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias e ao Ministerio do Interior, responsable destas decisións, a cumprir coas recomendacións europeas e mudar a situación xa.

Chamamento a que todos os deputados/as visiten prisións e reclamen o cumprimento dos DDHH

A eurodeputada anima ademais a todos os cargos públicos e deputados e deputadas non só do Parlamento Europeo, senón tamén no Congreso do Estado español e no Parlamento Galego, a reclamar que se cumpran os dereitos dos presos e das presas e a tramitar a solicitude para poder visitar as prisións e comprobar de primeira man, falando con elas, as vulneracións de dereitos que padecen a diario as persoas privadas de liberdade. “É fundamental que quen ostentamos cargos públicos fagamos este exercicio de visibilización e de denuncia sobre o que pasa coa política penitenciaria no Estado español”, di.

Exixe a fin dos cacheos integrais ilegais e que se autoricen permisos de saída e rebaixa de graos

Neste sentido, Senra reclama tamén que o Estado español estableza mecanismos que impidan dunha vez por todas que nas prisións se continúen a levar a cabo actuacións que van contra a propia legalidade como son os cacheos arbitrarios e inxustificados con espido integral que violan o dereito á intimidade corporal dos presos e presas. En relación a isto, presentou hai unhas semanas un escrito en Bruxelas, dirixido á Comisión Europea [6], no que informade que os funcionarios de prisións someteron ao galego Carlos Calvo Varela a máis de 20 cacheos con desnudo integral nas prisións de Topas (Salamanca) e de Villabona (Asturias), que a Audiencia Nacional declarou nulos e polos que o Estado foi condenado a indemnizar ao preso con máis de 5.000 euros por danos morais. Tamén lle informa de que o galego Eduardo Vigo fue sometido igualmente a numerosos cacheos deste tipo nos últimos anos en prisións de Galiza, Madrid e Toledo, sendo declarados tamén a posteriori ilegais polo tribunal e, en palabras textuais do tribunal, “carentes de motivación, sin identificar finalidade, superar o canon de proporcionalidade, irracionais”. Así, tendo en conta que a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE prohibe a tortura e as penas ou tratos inhumanos ou degradantes e atendendo ao artigo 57 da Resolución do Parlamento Europeo 2012/2062 (INI), Senra insta á CE a pronunciarse sobre os rexistros corporais nas prisións e adoptar medidas para que o Estado erradique de verdade estas actuacións, vendo que nin as sentenzas xudiciais nin as multas á Administración logran que o persoal das cadeas deixe de levalas a cabo.

A europarlamentaria tamén reclama que se revisen os grados penitenciarios nos que están clasificados os presos que visitou e o réxime no que se atopan, pois algúns deles como Eduardo Vigo ou Roberto Rodríguez aínda permanecen en primeiro grado e en situacións de practicamente illamento, con moitas horas encerrados na cela. Tamén pide que se concedan permisos penitenciarios de saída a quen así o soliciten, como é o caso de Carlos Calvo e de Raúl Agulleiro, como fórmula previa á liberdade e de cara a humanizar o proceso definitivo de regreso á vida exterior. Neste sentido, lembra que a citada Resolución do Parlamento Europeo tamén solicita, no seu artigo 60, que os Estados “favorezan as políticas de reinserción dos reclusos na vida civil, en particular de aquelas destinadas a eliminar as barreiras estruturais que impiden a reinserción dos antigos reclusos na sociedade, e elaboren políticas de seguimento e revisión das penas, apostando por fórmulas nas que os reclusos pasen da vida no cárcere á vida fora do cárcere de maneira gradual”.

Unha vez pase mañá e Senra conclúa con Adrián Mosquera en León esta ronda de visitas carcerarias, a parlamentaria comprométese a seguir traballando a través de todas as vías posibles pola defensa dos dereitos humanos nas prisións do Estado, como veu facendo desde o inicio da lexislatura [7].

Santiago, 25 de outubro de 2018.

Nota.-
[1] Iniciativa levada a cabo tras aquela visita a María Osorio, en marzo do 2018: https://lidiasenra.gal/lidia-senra-insta-ao-estado-espanol-a-abolir-a-dispersion-penitenciaria-como-recomenda-o-parlamento-europeo/

[2] Información sobre aquela visita a Roberto Rodríguez, en agosto do 2018: https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.501813379923999/1538753156230011/?type=3&theater

[3] Información sobre aquela visita a Eduardo Vigo, en setembro do 2018: https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.508220409283296/1594879723950687/?type=3&theater

[4] Sobre aquela visita a Carlos Calvo Varela e Raúl Agulleiro, en xuño do 2018: https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.508220409283296/1472841999487794/?type=3&theater

[5] Resolución do Parlamento Europeo sobre Condicións e Sistemas Penitenciarios: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+TA+P8-TA-2017-0385+0+DOC+XML+V0//ES

[6] Para acceder ao escrito presentado na Comisión Europea ao respecto dos cacheos ilegais, pinchar aquí: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/10/PE-cacheos-corporais-a-presos-111018.pdf

[7]- Pregunta rexistrada o 24 de xaneiro do 2018 sobre torturas e malos tratos continuos na prisión de Teixeiro: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2018-000385+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 30 de novembro do 2017 sobre dificultades da Asociación Concepción Arenal para poder visitar a presos e presas por locutorio: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-007393+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 28 de xuño do 2017 sobre violación dos dereitos do galego Adrián Mosquera Pazos no penal de León: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-004300+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 30 de setembro do 2016 sobre boas prácticas e supervisión de detención nos Estados membros: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-007388%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre dispersión penitencaria aplicada a independentistas galegos no Estado español: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2016-004688+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre a situación na que se atopaba o preso galego Raúl Agulleiro Cartoy, daquela en réxime de illamento no penal de Estremera: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004687%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

-Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre o réxime FIES no Estado español: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004686%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 30 de maio do 2016 sobre torturas e malos tratos no centro penitenciario galego de Teixeiro: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004302%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 11 de xuño do 2015 sobre a situación do daquela preso galego Antón Santos, vítima de malos tratos na prisión de Dueñas (Palencia): http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2015-009457+0+DOC+XML+V0//PT


Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
25 de outubro de 2018 12:39

________________

domingo, outubro 22, 2017

Os días 2 e 3 de novembro os 12 rapeiros do colectivo La Insurgencia musical serán xulgados na Audiencia Nacional - En Vigo a Asemblea Aberta de Coia convoca un peche solidario o sábado 28 de outubro - Denuncian que é un caso máis de represión por parte do Estado contra os artistas e a liberdade de expresión


A Asemblea Aberta de Coia convoca un peche solidario o sábado 28 de outubro de 12:00 a 00:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (Coia - Vigo). Pechámonos, como o fixemos a comezos de ano, para amosar o noso apoio e agarimo á rapazada de “La Insurgencia” que por facer cancións corre o risco de seren duramente reprimidos.

Os días 2 e 3 de novembro os 12 rapeiros deste colectivo musical serán xulgados na Audiencia Nacional. A petición para cada un deles é de: 2 anos e 1 día de cadea, 4.800 euros de multa e 9 anos de inhabilitación para cargo público.

Para demostrar, de novo, que en común podemos facerlle fronte á represión convidamos a participar nas actividades organizadas:

12:00 - Presentación do peche e rolda de prensa
12:30 – Recital de poesía
14:00 - Xantar compartido
16:30 – Obradoiros
18:30 – Proxección e coloquio sobre o caso de “La Insurgencia”
20:30 – Cea (venta de choripán e perritos)
21:30 – Micro aberto poesía e música
22:00 – Concerto “La Insurgencia”

Durante todo o día haberá exposición de fotografías e mercadillo solidario.

Xuntas pola liberdade de expresión! Fronte á represión, VIDA!

Evento no facebook

Asemblea Aberta de Coia
nonarotonda@gmail.com  |  @AsembleaDeCoia  |  facebook.com/asembleaabertacoia

La Insurgencia é un colectivo musical que pretende fomentar o internacionalismo, difundir e expandir a cultura revolucionaria, e elevar o nivel de conciencia das masas traballadoras. Os insurxentes son: Dmente C (Mexico), Gorka (España), iNessa (España), Komu (España), Leszno (España), Naimad B (Colombia), Oliver Botana (Rep. Dominicana), Pipe Díaz (España), Rapdikal (Ecuador) e Shahid (España). Si alguén está interesado en colaborar ou calquera outra consulta, pode contactar connosco en: somoslainsurgencia@gmail.com ¡Saúde e Revolución!

La insurgencia: Youtube | Twitter | Facebook.

Enviado por:
Asemblea Aberta Coia
-nonarotonda@gmail.com-
22 de outubro de 2017 10:47

__________________

mércores, setembro 27, 2017

A policía identifica e retén 4 persoas en Ferrol por anunciar a manifestación do 30S en Compostela a favor do referendo, onde o pobo catalán exercerá o lexítimo direito a decidir o seu futuro


Catro persoas foron identificadas e retidas no bairro da Magdalena de Ferrol por axentes da policía española por facer propaganda da manifestación que este sábado, 30 de setembro, terá lugar en Compostela na defensa do referendo. Segundo informa a Fundaçom Artábria –da que fan parte como socias estas catro persoas-, o “amplo dispositivo da policía española” chegou a ameazar nun primeiro momento con requisar o material que anunciaba a mobilización. “Finalmente desistiron depois de 20 minutos de retención ilegal cando non atoparon a palabra 'referendo' no cartaz”, afirman.

As catro persoas estiveron detidas por volta de 20 minutos, nuns feitos que tiveron lugar na tarde noite desta terza feira. Desde Artábria, que integra a Plataforma Galiza con Catalunya, reafirman perante estes feitos: “manifestamos o noso apoio ao referendo do 1 de outubro, onde o pobo catalán exercerá o lexítimo direito a decidir o seu futuro”.

A Fundaçom Artábria informa que estiveron retidos 20 minutos e que os axentes ameazaron nun primeiro momento con lles requisar o material que anunciaba a mobilización deste sábado en Compostela (Praza da Alameda, 12 horas) na defensa do 1-O.

Publicado no Sermos Galiza. | 27 Setembro 2017 13:30 h.

Sitio da Plataforma Galiza con Catalunya:
http://galizaconcatalunya.blogspot.com.es/
____________

martes, febreiro 09, 2016

De que vai a obra pola que os titiriteiros están no cárcere?, ... José Durán Rodríguez


De que vai a obra pola que os titiriteros están no cárcere?

'A bruxa e don Cristóbal', a obra que interpretaban os titiriteros cando foron detidos, entronca coa tradición dos títeres de cachiporra e recupera a un personaxe clásico, don Cristóbal Polichinela. Fronte a el, opoñen á bruxa.

Pouco podían imaxinar os dous integrantes da compañía Títeres desde Abajo encarcelados tralo auto do xuíz Moreno que lles acusa de enaltecimento do terrorismo o proféticas que ían resultar as palabras que escribiron o 15 de decembro de 2015 no blog que abriron para explicar o seu último proxecto, a obra "La bruja e don Cristóbal".

Na entrada dese día, podíase ler achega de don Cristóbal que "os titiriteros, fai unhas décadas, deixaron de utilizar ao personaxe pero non fai falta mirar lonxe para atopar o rastro do seu ADN no violento absurdo no que nos obrigan a vivir hoxe día. Basta con acender un intre o televisor".

Eles, segundo explicaban no blog, pretenden recuperar con esta obra a dous personaxes reinventados da cultura popular, a bruxa e don Cristóbal, herdeiro do Polichinela da Comedia da Arte. "Será un espectáculo que entronca coa tradición europea dos polichinelas: títeres de luva, retablo, cachiporra, uso da lengüeta, historia sinxela. Nosa protagonista será a bruxa e a súa antagonista, distintos Don Cristobales que aparecen baixo diferentes formas: banqueiro, irmá da caridade, cans gardiáns da orde e a lei, e o xuíz", pódese ler no blog.

O vello don Cristóbal Polichinela -ao que os dous titiriteros cualifican como narigudo, avaricioso, misógino e megalómano- frecuentaba os teatrillos populares da Península Ibérica, "pero desapareceu da escena tras vitoria do Nacional Catolicismo. Contan que é primo irmán do Polichinela da Comedia da Arte, pero na súa versión íbera perdeu o seu carácter máis alegre para converterse nun ser escuro que antepon os seus intereses á vida e a liberdade dos que lle rodean", rememoran os artistas.

"Polichinela nace en Italia sobre o ano 1600, forma parte dunha das figuras da Comedia da Arte, xunto con Arlequín e Pantalone. Hai dous tipos de personaxes, amos e criados. Arlequín e Polichinela son criados, sempre intentan sacar a comida necesaria como sexa, para compensar que os amos páganlles uns salarios míseros", explica a Diagonal Adolfo Ayuso, investigador da historia do teatro de títeres e profesor de secundaria.
"Parte da prensa está facendo nestes momentos a función de don Cristóbal Polichinela pero á inversa, porque nunca atacaba ao débil"
En torno a medio século despois do nacemento do personaxe e as súas representacións con actores de carne e óso, Polichinela pasa a ser representado case exclusivamente por títeres. "Sempre é o que arremete contra os poderes que exercen na sociedade. Penso que parte da prensa está facendo nestes momentos a función de don Cristóbal Polichinela pero á inversa, porque nunca atacaba ao débil. Atacaba ao clero, aos médicos, aos xuíces, á policía, pero nunca ao débil. Neste caso, a prensa está cometendo un erro gravísimo, ocasionado posiblemente pola situación política en España e sobre todo no Concello de Madrid", engade Ayuso.

"É un personaxe ambiguo: alegre e vital pero tamén desagradable e escuro, un personaxe esaxerado que desborda os límites e fai o que quere". Así describe Toni Rumbau, titiritero desde fai máis de 40 anos, a don Cristóbal. "Ás veces foi un personaxe polémico, por estes tintes escuros", recorda Rumbau, quen considera que a prisión preventiva por enaltecimiento do terrorismo é "un disparate absoluto, non ten ningunha explicación. O que fan estes titiriteros é manter unha tradición, a dos títeres de cachiporra, que ten os seus códigos e convenciones, como todos os actos culturais".
"O que fan estes titiriteros é manter unha tradición, a dos títeres de cachiporra, que ten os seus códigos e convenciones, como todos os actos culturais"
Para Ayuso, o que está pasando cos dous artistas é "inconcibible". "Que non se diferencie a ficción da realidade, como están facendo a prensa e o xuíz, como facía Don Quixote, clama ao ceo".

O que conta a historia

A acusación de enaltecimiento de terrorismo obedece a un cartel coa frase 'Gora Alka-ETA' que aparece nun momento dado da obra. "Ese cartel póñeno precisamente para que a bruxa punki que é o seu protagonista poida ser acusada de terrorista na obra. É incrible que acaben no cárcere precisamente por unha denuncia que están facendo", considera Ayuso.

Rumbau apunta ao marco histórico no que se insere unha creación cultural. "Hai que interpretalo sempre desde o contexto no que se crea, neste caso os títeres de cachiporra. Históricamente, os títeres gozaron de moita liberdade, tamén de críticas e ataques, pero había una certa licenza ata cando o teatro estaba prohibido. Si extrapolas unha frase dunha obra e a descontextualizas, como pasou neste caso, pode acabar sendo un alegato ao crime, pero é que ese non era o contexto no que hai que entendela".

Este especialista recorda a outros polichinelas europeos, como o Punch británico, un títere moi disparatado e agresivo que, con todo, chegou a ser representado ante a Familia Real e foi defendido por Charles Dickens. Rumbau tamén cita ao teatro kabuki xaponés, "un melodrama con crimes e atrocidades", e ao teatro de sombras turco, "case pornográfico e de crítica política", como exemplos de interpretacións que comparten algúns trazos cos títeres de cachiporra.

En 1912 Jacinto Benavente estreou no palacio dos Pío de Saboya "As diabluras de Polichinela", tradución dunha obra protagonizada por un punch na que ataca á ama que cativa ao seu fillo, a un boticario, a varios personaxes e acaba aforcando ao verdugo que ía executarlle. "Fíxoo ante unha comunidade de nenos e pícaras aristocráticos e non pasou absolutamente nada", indica Ayuso.

Lorca tamén adaptou o personaxe de Polichinela na obra "El retablillo de don Cristóbal" e a figura de don Cristóbal Polichinela tamén se representou por titiriteiros populares ambulantes nos pobos de Andalucía. Máis aló deste personaxe, o valor satírico das obras de títeres tamén serviu para xerar clásicos da cultura na súa vertente 'seria'. "Val Inclán inspirouse nos títeres populares para o esperpento", sinala Rumbau.

A bruxa nunca gana

A cara crítica da obra de Títeres desde Abajo é moi evidente. Na súa representación, don Cristóbal revive "interpretando diferentes personaxes, diferentes caras dun mesmo espírito. Para simbolizar este feito os policías, o xuíz, o abusador e a monxa están sendo creados co mesmo molde", explicaban na citada entrada do blog o 15 de decembro.

Fronte a el, opoñen á bruxa, que "elixe saberse libre, saírse e cuestionar os seus alicerces: a propiedade privada, o monopolio da forza, a servidume do traballo asalariado, os hábitos de consumo, a perda de soberanía sobre o propio corpo".

Títeres desde Abajo saben perfectamente que unha cousa é a ficción e outra a realidade. Na primeira, pode gañar a bruxa; na segunda case nunca o fai. Así o explicaban eles mesmos no blog. Claro e meridiano: "Na nosa obra, a bruxa practica a autodefensa e liquida aos seus opresores a golpe de cachiporra, pero una das características de Don Cristóbal é a súa inmortalidade, así que os puristas non teñen de que preocuparse, xa que a súa descendencia garantirá a perpetuidade do seu envelenado ADN".

[*] Reportaxe de José Durán Rodríguez, publicado no xornal Diagonal. | 08.02.2016 .
_________

Enlaces relacionados en Diagonal:
__________________

A defensa dos titiriteiros asegura que os pais foron advertidos de "escenas violentas". | Recorre a prisión provisional porque non hai risco de fuga nin de reiteración delituosa: non teñen medios para escapar nin os monicreques lle foron devoltos. | Un dos encarcerados ten unha minusvalía recoñecida pola Xunta de Andalucía do 75%. Publicado en elDiario.| Ir á Web.

Os avogados alegan que non se pode facer apología dunha organización terrorista que non existe, en alusión ao cartel "Gora Alka-ETA"

Enlace ao fragmento do espectáculo de Títeres de abaixo onde se mostra a pancarta Gora Alka-Eta:

https://vimeo.com/154508838

_________________

martes, marzo 04, 2014

O xoves día 6 de Marzo terá lugar unha concentración as 18:00 no Mercadona de Canido en Ferrol, contra a represión do sindicalismo na empresa - recollida de sinaturas


CONCENTRACIÓN EN MERCADONA.

Baixo os lemas: "NON A REPRESIÓN SINDICAL EN MERCADONA", e "MERCADONA NON RESPECTA OS DEREITOS E A DIGNIDADE DAS PERSOAS".

O xoves día 6 de Marzo terá lugar unha concentración as 18:00 no Mercadona de Canido en Ferrol.

Xunto a esta acción de protesta continuaremos cunha recollida de sinaturas e unha serie de concentracións diante das tendas de Mercadona da provincia de A Coruña.

As sinaturas se están a recoller tanto na rúa coma por internet no seguinte enlace:
https://secure.avaaz.org/es/petition/Mercadona_Firmas_contra_la_represion_sindical_en_Mercadona/?fbdm

SINATURAS CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL EN MERCADONA

A intención desta recollida de sinaturas é pedir o apoio e a solidariedade da sociedade na esixencia á dirección de Mercadona de que investigue os casos de represión sindical que tiveron e teñen lugar na provincia da Coruña.

Desde a constitución do comité de empresa de Mercadona na provincia da Coruña os delegados e delegadas que só pretendían realizar o seu labor sindical dentro das tendas de Mercadona foron conscientes de que exercer ese labor non ía ser tarefa fácil. Así se viu xa nos primeiros pequenos conflitos debidos á decisión da dirección da empresa na provincia da Coruña de ignorar completamente o comité como órgano de representación dos traballadores e traballadoras e posteriormente no importante conflito con esta mesma dirección motivado polo despido dun compañeiro afiliado a CC.OO. despois de participar na folga xeral na comarca de Ferrolterra.  Os nosos delegados nunca atoparon un interlocutor disposto a escoitar as demandas dos traballadores e traballadoras, e moito menos a negociar.

Os delegados e delegadas que foron capaces de soportar moi duros momentos e que, a pesar do cansazo, continuaron activos tratando de cumprir coas responsabilidades dos seus cargos foron xa castigados en demasiadas ocasións. Algúns dos castigos foron de índole económica. Así, nos últimos anos fóiselles retirando a chamada prima de beneficios, unha parte ben importante do salario. CC.OO. entende que se deriva de que a empresa pensa que estes empregados, debido ó seu labor sindical, xa non saben facer o seu traballo.

Claro exemplo disto que acabamos de dicir é o feito de que os sete delegados suspensos este ano son os únicos que quedan realmente activos dun comité de dezasete. Entre eles figura o presidente do comité de empresa, sindicalista militante, que por ter participado, como é o seu deber, en todas as protestas en defensa dos seus compañeiros e compañeiras e por ter sido testemuña dos seus compañeiros en tres xuízos durante o pasado ano, o día 31 de decembro, antes de ir a cenar con a súa familia, comunicóuselle que ía ser o único traballador no seu centro de traballo que non ía cobrar o citado complemento salarial. É evidente que se trata dun castigo que pretende ser “exemplarizante” para que, a poucos meses das eleccións sindicais en Mercadona, todos e todas as traballadoras da empresa tomen nota; supón, ademais, un intento de menoscabar a moral dunha persoa sempre combativa.

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
3 de março de 2014 17:34

Boas. Enviámosvos a convocatoria que os compañeiros/as de Mercadona nos fan chegar xunto co seu chamamento á mobilización para o vindeiro xoves 6 de marzo. Acompañamos o convite co documento que enviamos  adxunto onde se da conta do conflito e se explica a campaña. Grazas e un saúdo, Suso Basterrechea. Coordinador Local.
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

___________