De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de setembro de 2008 10:38
Asunto: Un xulgado condena ao Concello de Compostela a retirar as cámaras de vídeo vixilancia da zona vellaO Valedor do Pobo censura ao Concello de Ferrol polo desaloxo do veciño de CanidoO Valedor do Pobo, Benigno López, terminou a súa investigación polo desaloxo de
Constantino Seoane [
nas fotos durante o derrube da súa casa en Decembro de 2007 -
Fotos: Kiko Delgado], veciño do barrio de Canido, en Ferrol. No seu informe conclúe que "
a actuación do Concello de Ferrol non foi adecuada" polo que realizará "
un comentario crítico da actuación municipal no Informe anual que se dirixa ao Parlamento de Galicia".
O pasado día 12 de decembro, a Policía Local e as pas escavadoras presentáronse no domicilio de Seoane. A pesar de que ao afectado non se lle ensinou en ningún momento unha orde xudicial, retiráronselle os mobles da súa casa, expulsouse á súa familia do domicilio e posteriormente derrubouse o inmoble. O veciño de Canido ten que vivir de aluguer desde entón.
Para xustificar a súa actuación ante o Valedor, o Concello envioulle a solicitude de entrada nos domicilios dirixida ao Xulgado. Segundo indica Benigno López esta petición non se realizou correctamente. "
Obsérvase que a exposición dos feitos nos que se basea a solicitude fai referencia única e exclusivamente ao expediente de tasación conxunta, é dicir á expropiación", asegura López. Isto significa que o Goberno local meteu no mesmo saco aos afectados pola expropiación de vivendas para a realización da nova urbanización e a Constantino Seoane, que é membro da xunta de compensación encargada da promoción da obra. Ao conceder a autorización o xulgado asegura facelo unicamente para os expropiados, a pesar de que na lista de nomes aparece tamén o de Seoane. O Valedor considera que o Concello debeu abrir un expediente distinto para o integrante da xunta de compensación, "
que non se deu ou non se coñece". Segundo Benigno López á hora de conceder o auto de entrada nos domicilios a Xustiza limítase a "
examinar a aparencia de legalidade do solicitado pola Administración". No caso de Seoane, indica, "
todo parece apuntar que a aparencia trasladada polo Concello resultaba unha circunstancia que non respondía á realidade".
A historia da derriba da vivenda de Constantino Seoane comeza fai máis de seis anos. Nesa época os responsables da promotora madrileña Albantur explicáronlle que a súa vivenda tería que desaparecer, a pesar de ser unha construción perfectamente legal, xa que se decidiu que na zona levantaríanse máis de 260 pisos novos. Así mesmo, indicáronlles que o Concello aprobara que o método de urbanización sería o denominado xunta de compensación. Así, Constantino Seoane, que tiña en propiedade un terreo de 1.200 metros cadrados e un edificio con dúas vivendas e un ático acondicionado, podería dalgún modo asociarse coa firma madrileña e sumarse á promoción da obra. En caso contrario, advertíronlle os representantes de Albantur, sería expropiado.
Naqueles días, os responsables de Albantur dedicáronse ameazar a boa parte dos veciños de Canido cos baixos prezos que conseguirían polos seus inmobles no caso de que o Concello taxáseos. Algo que, como xa é coñecido, sucedeu despois realmente. Constantino Seoane, ao que nunca se lle pasou pola cabeza meterse en negocios inmobiliarios, decidiu sumarse á promoción da obra. Pero os seus problemas lonxe de terminar, incrementáronse. Os integrantes da xunta de compensación son os encargados de urbanizar a zona, é dicir, deben pagar os gastos correspondentes á construción das rúas, a rede de sumidoiros... A cambio recibirán un solar, no que poder levantar vivendas, segundo a porcentaxe que lles corresponda. Constantino tiña o 5%. Albantur reclamoulle máis de 120.000 euros polos gastos de urbanización e o afectado pediulles que lle ensinasen os orzamentos que certificasen que esa cantidade correspondía a cemento e materiais construtivos e non a viaxes de avión, comidas ou outro tipo de despilafarros. Os orzamentos non lle foron presentados e ese foi o motivo polo que decidiu que non debía abonar a cantidade ata que as contas non estivesen claras. Albantur intentou entón comprarlle o seu partipación na xunta de compensación, como tamén fixo con máis veciños da zona que nun primeiro momento sumáronse a ela. Ofreceulle polas súas propiedades dous pisos na nova urbanización e un apartamento. O trato non era xusto. Seoane xa tiña dous pisos e un apartamento, pero ademais posuía 1.200 metros de terreo. -
Que pretendían que llos regalese?-, indica o veciño. Outra cuestión importante quedaba no aire. Onde ía vivir a familia Seoane mentres se levantaban as vivendas? En ningún momento ofrecéuselle un reacollo e nin sequera a oferta de permuta presentóuselle por escrito.
_______________________
Documento do Valedor do Povo:[
Cicar acima de cada imaxe para ampliar]
_____________
________________
Enlace Relacionado en "Galicia-Hoxe" dun interesante artigo de Rebeca Fernández:O drama de Canido ou como perder toda a túa vida en vinte minutosDor, humillación, impotencia e rabia. Isto é o que sente Constantino Seoane, veciño de Canido que viu como a promotora Albantur o deixaba sen nada tras derrubar a súa casa para facer unha urbanización
REBECA FERNÁNDEZ - Galicia-Hoxe - Sábado 22.12.2007______________________