Amosando publicacións coa etiqueta Canido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Canido. Amosar todas as publicacións

mércores, xullo 04, 2012

O futuro urbanístico de Canido (Plan Urban) a debate - Mesa Redonda coa participación dos grupos municipais dos partidos políticos con representación no Concello de Ferrol


A Asociación Sociocultural 'Muiño do Vento', no comezo da súa andaina, que agardamos sexa longa e semente un presente e un futuro de transformación para unha sociedade do "Ben Vivir" e de democracia participativa, organiza unha mesa redonda no local social da S.R.D. Canido Canido, ás 20:30 horas, deste Xoves, 5 de Xullo de 2012. O acto leva por titulo "O futuro urbanístico de Canido: Plan Urban", onde están convocados a participar representantes dos grupos municipais dos partidos políticos con representación institucional no Concello de Ferrol.

Para contactar: SEGANHO@terra.es

Web do Programa Urban: |Ir web |
__________________________

martes, decembro 14, 2010

Esquerda Unida reuneu-se coa asociación veciñal de Canido, para escoitar as súas demandas

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA DOTACIÓN NO VINDEIRO ORZAMENTO PARA FACER REALIDADE O LOCAL SOCIAL PARA O BARRIO DE CANIDO
ESQUERDA UNIDA CONSIDERA NECESARIO DOTAR A CANIDO DO EQUIPAMENTO DUN COMEDOR SOCIAL PARA ATENDER A CRECENTE DEMANDA DA VECIÑANZA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida comprometeu o seu apoio, diante da directiva veciñal de Canido, para facer realidade o local social para o barrio. Yolanda Díaz, Javier Galán e Sari Alabau amosaron o seu respaldo a esta vella demanda veciñal, e afirmaron a vontade de EU de facer valer esta demanda na negociación dos orzamentos para 2011, de xeito que sexa unha das condicións necesarias para que EU faga seus os vindeiros orzamentos.

Doutra banda, a nosa organización fixo un repaso das necesidades do barrio e anotou a existencia dun amplo grao de acordo coa asociación veciñal e manifestou a nosa plena vontade de traballar para superar as eivas e necesidades que aínda ten o barrio histórico de Canido.

Esquerda Unida lembrou con ocasión desta visita a nosa proposta de facer realidade o museo da cidade e radicalo no barrio de Canido, no inmoble coñecido como chalet de Canido, onde se radicaba a empresa Fenya, e que foi obra de Rodolfo Ucha, marcando o tránsito do modernismo ao eclecticismo. Estamos certos que a consecución deste equipamento contribuirá a dinamizar a vida do barrio, sendo ademáis un equipamento cultural que encherá un baleiro histórico até o de agora.

Outra das reivindicacións que Esquerda Unida asume é a da dotación dun comedor social para os residentes do barrio que así o precisen. Os comedores sociais hoxendía constitúense como un dos recursos en benestar social que os barrios teñen a necesidade de posuír para atender a súa veciñanza.

O Grupo Municipal compartiu as inquedanzas da asociación en relación coa necesidade da disciplina urbanística por canto hai toda unha serie de inmobles en moi malas condicións e que precisan de intervencións e da atención e seguimento dende a concellería de urbanismo.

A necesidade de mellorar a seguridade nun barrio que conta con varias instalacións escolares ou a necesidade de rematar a traza do alcantarillado foron outras das demandas veciñais, que Esquerda Unida vai desenvolver no seu traballo cotián nas diferentes comisións informativas do concello.

COMUNICADO DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, martes 14 de decembro de 2010

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
14 de dezembro de 2010 16:00
Prezadas/os amigas/os: achegamos un Informacións do Grupo Municipal encol das nosas propostas para o barrio trala reunión mantida coa asociación veciñal de Canido. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier.
_________________

martes, novembro 25, 2008

Un ano na rede de "Canido Sostible"


O pasado mércores, 19 de Novembro de 2008, o Blog "Canido Sostible" celebrou o seu 1º aniversario. Este Blog, escrito na nosa lingua, ten un grande valor, só hai que navegar no seu contido, para reafirmar-se no dito. E agradábel atopar na rede traballos como o desenvolvido neste Blog que pretende ser "A recuperación da memoria histórica dun barrio combativo".

Ánimo e adiante !
Saúde e Liberdade !

http://canidosostible.blogspot.com/
_________________

domingo, setembro 21, 2008

O Valedor do Pobo censura ao Concello de Ferrol polo desaloxo do veciño de Canido

De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de setembro de 2008 10:38
Asunto: Un xulgado condena ao Concello de Compostela a retirar as cámaras de vídeo vixilancia da zona vella


O Valedor do Pobo censura ao Concello de Ferrol polo desaloxo do veciño de Canido

O Valedor do Pobo, Benigno López, terminou a súa investigación polo desaloxo de Constantino Seoane [nas fotos durante o derrube da súa casa en Decembro de 2007 - Fotos: Kiko Delgado], veciño do barrio de Canido, en Ferrol. No seu informe conclúe que "a actuación do Concello de Ferrol non foi adecuada" polo que realizará "un comentario crítico da actuación municipal no Informe anual que se dirixa ao Parlamento de Galicia".
O pasado día 12 de decembro, a Policía Local e as pas escavadoras presentáronse no domicilio de Seoane. A pesar de que ao afectado non se lle ensinou en ningún momento unha orde xudicial, retiráronselle os mobles da súa casa, expulsouse á súa familia do domicilio e posteriormente derrubouse o inmoble. O veciño de Canido ten que vivir de aluguer desde entón.

Para xustificar a súa actuación ante o Valedor, o Concello envioulle a solicitude de entrada nos domicilios dirixida ao Xulgado. Segundo indica Benigno López esta petición non se realizou correctamente. "Obsérvase que a exposición dos feitos nos que se basea a solicitude fai referencia única e exclusivamente ao expediente de tasación conxunta, é dicir á expropiación", asegura López. Isto significa que o Goberno local meteu no mesmo saco aos afectados pola expropiación de vivendas para a realización da nova urbanización e a Constantino Seoane, que é membro da xunta de compensación encargada da promoción da obra. Ao conceder a autorización o xulgado asegura facelo unicamente para os expropiados, a pesar de que na lista de nomes aparece tamén o de Seoane. O Valedor considera que o Concello debeu abrir un expediente distinto para o integrante da xunta de compensación, "que non se deu ou non se coñece". Segundo Benigno López á hora de conceder o auto de entrada nos domicilios a Xustiza limítase a "examinar a aparencia de legalidade do solicitado pola Administración". No caso de Seoane, indica, "todo parece apuntar que a aparencia trasladada polo Concello resultaba unha circunstancia que non respondía á realidade".

A historia da derriba da vivenda de Constantino Seoane comeza fai máis de seis anos. Nesa época os responsables da promotora madrileña Albantur explicáronlle que a súa vivenda tería que desaparecer, a pesar de ser unha construción perfectamente legal, xa que se decidiu que na zona levantaríanse máis de 260 pisos novos. Así mesmo, indicáronlles que o Concello aprobara que o método de urbanización sería o denominado xunta de compensación. Así, Constantino Seoane, que tiña en propiedade un terreo de 1.200 metros cadrados e un edificio con dúas vivendas e un ático acondicionado, podería dalgún modo asociarse coa firma madrileña e sumarse á promoción da obra. En caso contrario, advertíronlle os representantes de Albantur, sería expropiado.

Naqueles días, os responsables de Albantur dedicáronse ameazar a boa parte dos veciños de Canido cos baixos prezos que conseguirían polos seus inmobles no caso de que o Concello taxáseos. Algo que, como xa é coñecido, sucedeu despois realmente. Constantino Seoane, ao que nunca se lle pasou pola cabeza meterse en negocios inmobiliarios, decidiu sumarse á promoción da obra. Pero os seus problemas lonxe de terminar, incrementáronse. Os integrantes da xunta de compensación son os encargados de urbanizar a zona, é dicir, deben pagar os gastos correspondentes á construción das rúas, a rede de sumidoiros... A cambio recibirán un solar, no que poder levantar vivendas, segundo a porcentaxe que lles corresponda. Constantino tiña o 5%. Albantur reclamoulle máis de 120.000 euros polos gastos de urbanización e o afectado pediulles que lle ensinasen os orzamentos que certificasen que esa cantidade correspondía a cemento e materiais construtivos e non a viaxes de avión, comidas ou outro tipo de despilafarros. Os orzamentos non lle foron presentados e ese foi o motivo polo que decidiu que non debía abonar a cantidade ata que as contas non estivesen claras. Albantur intentou entón comprarlle o seu partipación na xunta de compensación, como tamén fixo con máis veciños da zona que nun primeiro momento sumáronse a ela. Ofreceulle polas súas propiedades dous pisos na nova urbanización e un apartamento. O trato non era xusto. Seoane xa tiña dous pisos e un apartamento, pero ademais posuía 1.200 metros de terreo. -Que pretendían que llos regalese?-, indica o veciño. Outra cuestión importante quedaba no aire. Onde ía vivir a familia Seoane mentres se levantaban as vivendas? En ningún momento ofrecéuselle un reacollo e nin sequera a oferta de permuta presentóuselle por escrito.

_______________________

Documento do Valedor do Povo:
[Cicar acima de cada imaxe para ampliar]
_____________











________________

Enlace Relacionado en "Galicia-Hoxe" dun interesante artigo de Rebeca Fernández:

O drama de Canido ou como perder toda a túa vida en vinte minutos
Dor, humillación, impotencia e rabia. Isto é o que sente Constantino Seoane, veciño de Canido que viu como a promotora Albantur o deixaba sen nada tras derrubar a súa casa para facer unha urbanización
REBECA FERNÁNDEZ - Galicia-Hoxe - Sábado 22.12.2007
______________________


mércores, maio 28, 2008

Esixen que se aclare o destino dos 278.182 € comprometidos para a construción do local veciñal de Canido

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de maio de 2008 22:42
Asunto: Informacion iniciativas BNG



Informacion iniciativas BNG

---------- Forwarded message ----------
From: BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Date: 2008/5/28
Subject: RV: Informacion iniciativas BNG
To: BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-


O BNG esixe que se aclare o destino dos 278.182,01 € comprometidos para a construción do local veciñal de Canido.

O grupo municipal do BNG esixiu esta mañá ao goberno local que aclare o destino dos 278.182,01 € comprometidos pola empresa Albantur para a construción do local veciñal de Canido, logo de que a construción deste inmoble sexa asumida pola Vicepresidencia da Xunta de Galiza.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, emprazou ao Alcalde da Cidade o socialista Vicente Irisarri a aclarar primeiramente se o Concello xa procedeu a cobrar este importe, pendente de aboar desde o ano 2005, e por outra banda a saber se o mesmo vai ser invertido polo Concello en melloras para este barrio ou se vai adicar a outros fins.

Para o BNG, logo de que a construcción do Centro Cívico de Canido vai ser costeada na súa integridade pola Vicepresidencia da Xunta de Galiza, compre esclarecer que vai acontecer con esta cantidade de diñeiro que a empresa Albantur debe aboar ao Concello como compensación polas melloras urbanísticas do seu proxecto de urbanización da rúa Pérez Parallé ao trocar os usos hoteleiros dun inmóbel por usos residenciais.

Xoán Xosé Pita defendeu a necesidade de que exista a máxima transparencia posíbel neste tema, posto que este barrio ten moitas deficiencias que poderian ser subsabadas con estes fondos económicos que non se van invertir no que estaba previsto.

Como se lembrará a finais do ano 2005 o Pleno do Concello tomaba o acordo (coa única abstención do BNG) de "aceptación remuneratoria da entidade Albantur para a construcción dun local para a asociación de veciños de Canido". Que contemplaba a cesión dun solar, na rúa Alegre (antiga Fenya) e o pago de 278.182,01 € para o fin antes mencionado.

Ferrol a 28 de maio de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
--
Xosé Manuel Pazo Blanco
manolopazo@gmail.com
_______________

venres, decembro 21, 2007

Os expropiados de canido asinan o acordo con Albantur

De: Expropiados Ferrol
-expropiadosferrol@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2007 15:42
Asunto: Firma dun acordo



Os expropiados asinan o acordo con Albantur

Os expropiados con dereito a reacollo pola construcciòn dunha urbanizaciòn no ferrolán barrio de Canido chegaron a un acordo coa promotora Albantur. Os dous afectados que aùn non habìan asinado recibiràn uns 75.000 euros por cada unha das súas vivendas. A resoluciòn rebaixa os seus dereitos, xa que segùn o Valedor do Pobo deberìan recibir un piso na nova urbanizaciòn. Os expropiados aceptan esta cantidade porque supón unha mellora importante sobre as tasaciones iniciais e, sobre todo, por cansazo tras varios anos de loita para evitar que lles roubasen as súas casas co beneplàcito do Concello.
A pesar da firma, o conflito pola construcciòn da urbanizaciòn aùn non terminou. Polo menos tres veciños continùan loitando xudicialmente para que lles paguen un prezo xusto polos seus inmobles. Aínda que non teñen dereito a ser reacollidos merecen igualmente unha tasaciòn legal das súas propiedades. A inxusta situaciòn que està soportando Constantino Seoane tambièn debese ser resolta. A semana pasada tiráronlle a súa casa, sen aue déaselle unha alternativa de vivenda e sen nisiquiera mostrarlle unha orde xudicial que autorizase a derriba.
________

mércores, novembro 07, 2007

O conflito das expropiacións de Canido no Programa de TV "Callejeros" na Quatro

De: Expropiados Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de novembro de 2007 12:31
Asunto: O conflito das expropiacións de Canido no Progra de TV "Callejeros" na Quatro



AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS DO BARRIO DE CANIDO (FERROL)

Mato debería de explicar publicamente porqué anunciou unha solución ó conflito que non chega

As expropiacións de Canido, en Callejeros, este venres 9 de novembro, áas 22 hrs.

A inxusta situación que padecen os veciños afectados polas expropiacións do barrio ferrolán de Canido poderá coñecerse este venres ás 22.20 horas nunha reportaxe do programa Callejeros, que emite a cadea Cuatro para toda España. O reporteiro David Moreno recolle no seu traballo audiovisual “o drama de decenas de familias expropiadas” en diferentes puntos do estado, segundo informa a cadea televisiva. Os tres veciños pendentes de que se lles dea un realoxo (ou unha compensación económica suficiente para buscalo por si mesmos) explican a Callejeros os problemas que lles carrexou a decisión do goberno local de expropiar as súas casas por prezos rídiculos de ata 10.000 euros, para permitir que unha promotora madrileña, Albantur, faga un suculento negocio construíndo unha urbanización de máis de 260 vivendas.

Os afectados recordan que fai máis dun mes o concelleiro de Urbanismo, Angel Mato, convocou unha rolda de prensa para anunciar a resolución dun conflito aberto no ano 2004. A día de hoxe esta segue sen chegar. Os veciños cren necesario que Mato compareza publicamente para explicar porqué tivo tanta présa en publicitar un acordo coa promotora, que non foi subscrito aínda. Reiteran que están fartos de que se lles ofrezan expectativas sobre a solución dos seus problemas e que logo nunca se cumpran. Ademais, denuncian que o comportamento dos sucesivos concelleiros que ocuparon a carteira de Urbanismo non fai máis que evidenciar a falta de respecto da clase política cara á cidadanía.

O problema das expropiacións no barrio de Canido tivo desde as primeiras amenezas de desaloxo unha ampla cobertura mediática. Ademais dos medios locais e autonómicos, a cadeas estatais tamén fixeron eco da noticia. O programa Caia Quen Caia de Telecinco acudiu a Ferrol para esixir explicacións ó entón alcalde, Juan Juncal. A reportaxe foi seguida por 4,2 millóns de espectadores. O vídeo aínda pode verse en Internet, a través de You Tube. Ata o momento foi reproducido en máis de 18.000 ocasións.
__________________