Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións

domingo, xaneiro 20, 2008

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto


Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* VIGO diante do MARCO
* CORUÑA no Obelisco
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!
__________________

Enlaces Relacionados:

Facendo fronte ás campañas reaccionarias contra os direitos das mulleres

mércores, xaneiro 16, 2008

Manifestación en Malpica o vindeiro domingo, 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta

De: paviorcam@wanadoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data:
16 de janeiro de 2008 20:44
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta


Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro
, domingo, contra o Plan Acuicola.

A manifestación tera lugar as 13 horas, empezara diante do Concello. Teñen confirmada a súa asistencia as plataformas de Merexo, Camelle e Arou. Invitamos a todo mundo a asistir. Despois da manifestación sabede que empezan as festas de Malpica amenizadas pola orquesta Trebol.
Habera unha Carpa por si chove.

DI NON CON NOS AO PLAN ACUICOLA

GRACIAS

xoves, novembro 22, 2007

No Día Internacional contra a violencia de xénero, o 25N, acude á mobilización convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Narón

De:Marcha Mundial das Mulleres Coordenadora Local Ferrol
-marchagaliza.ferrol@gmail.com-
Para: PA21 Plataforma Artabra 21 -artabra21@gmail.com-
Data:21 de novembro de 2007 21:14
Asunto: 25N2007 Convocatoria en Ferrol Terra

O Domingo 25 de Novembro en Ferrol Terra, acude á mobilización convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Narón

Ferrol Terra,

25 N 2007

ás 12hrs, Praza de Galiza,

en Narón.


PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA
CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE
25 de novembro,
Día Internacional
contra a Violencia de Xénero


Son moitos os cambios nos últimos anos: novas leis, programas específicos nas administracións, visibilización nos meios de comunicación, distinta valoración na opinión pública, novos valores nas relacións persoais... aínda así, o número de mulleres asasinadas, as denuncias de mulleres agredidas e as condenas por agresións, seguen aumentando. E o que é aínda máis preocupante, a violencia machista perpetúase na xente máis nova.

Somos conscientes de que muitas estruturas económicas (Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, multinacionais...) , estruturas políticas (G-8, gobernos, exércitos...), e estruturas relixiosas (Vaticano, conferencia episcopal española, aiatolas, imáns, consellos relixiosos...) están mantendo e perpetuando unha organización patriarcal da sociedade onde se encontra enraizada a violencia machista. Unha realidade implantada en todo o planeta, e que mostra a súa face máis descarnada en situacións de guerra, tráfico de persoas e explotación sexual.

Aínda así, desde a Marcha Mundial das Mulleres temos o convencemento de que para rematar coa violencia, non chega coa denuncia e loita contra todas estas institucións e estruturas. Partindo da nosa realidade máis inmediata, fai falta que confluamos nunha mesma dirección todos os sectores sociais que aspiramos a transformala,
porque cada quen debe analisar e asumir a responsabilidade que lle corresponde para rematar con esta lacra social:

*As organizacións políticas e as persoas que teñen responsabilidades e presenza nas administracións e nos poderes públicos, que deben tomar consciencia de que este non é un problema só daqueles departamentos, secretarías, concellalias... específicas, senón que é algo que atinxe de xeito global a todos os estamentos e implica reformulacións organizativas e de "boas práticas", destinando máis recursos para a aplicación das leis, creación e mantemento de servizos de atención e recuperación das vítimas, aplicando consecuentemente políticas de prevención e compromenténdose, máis aló do papel, nas políticas de igualdade. Enfrontándose aos grupos políticos que dean o seu apoio a alternativas ou práticas sociais, económicas, relixiosas e culturais que niguén a igualdade de dereitos para todas as persoas e favorezan relacións de marxinación e opresión.

*As persoas que traballan nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, que teñen a responsabilidade de elaborar e divulgar unha información obxectiva e libre de estereotipos sexistas, tanto en relación coas vítimas de violencia como a visibilización das mulleres en todos os ámbitos sociais. Asumindo a responsabilidade que lles corresponde na creación dunha opinión pública inspirada nos valores da igualdade.

*Os sindicatos, que teñen a responsabilidade de loitar contra a segregación e a discriminación no mundo laboral e de asumir a defensa da seguridade e a saúde de todas as traballadoras e traballadores. Deben aplicar unha perspectiva de xénero na sua acción sindical, utilizando todas as ferramentas na loita contra a discriminación, e o acoso, e na mellora das condicións laborais, especialmente dos sectores máis precarizados e vulnerábeis, tanto no ámbito rural como no urbano. Correspóndelles, como un dos máis importantes axentes sociais, un papel fundamental na sensibilización social a prol da igualdade, a corresponsabilidade e de rexeitamento do machismo e a misoxinia.

*A comunidade educativa, que ten a responsabilidade de detectar e atallar, no seu ámbito, actitudes machistas e situacións de violencia, formando en valores de igualdade, solidariedade, xustiza, liberdade e paz. Xerando dinámicas própias de renovación pedagóxica que garanticen unha educación en igualdade.

*O movimento veciñal, cultural, ecoloxista... que conforman un tecido social moi activo no noso país e de compromiso transformador, que teñen a responsabilidade de transmitir e aplicar os modelos de igualdade na hora de elaborar as súas alternativas, a súa práctica e o seu modelo organizativo, monstrando a súa solidariedade e irmandade co feminismo.

* As persoas crentes, que tenhem a responsabilidade de rexeitar o machismo e a misoxinia que emana, tanto das estruturas relixiosas, da doutrina, ou dos textos sagrados, buscando un novo modelo de espiritualidade que non perpetue a exclusión e opresión das mulleres.

* Os homens, que teñen a responsabilidade de amosar o seu rexeitamento, no día a día, ás actitudes machistas, desenvolvendo novos modelos de masculinidade, implicándose na sensibilización e concienciación social pola necesidade dun novo modelo de relacións afectivas e sexuais baseadas no respecto, a igualdade e a liberdade. Asumindo a corresponsabilidade no coidado (crianzas, persoas enfermas e de idade, traballo doméstico...), tan imprescindíbel para as persoas.

As mulleres, que temos a responsabilidade de non perpetuar un sistema que nos marxina, de rexeitar unhas relacións baseadas na sumisión e na desigualdade, que debemos implicarnos no proceso de empoderamento individual e colectivo, criando alianzas e cumplicidades que nos axuden a avanzar.

DOMINGO, 25 DE NOVEMBRO
ACUDE ÁS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS


Vigo, ás 12hs saída de Urzaiz (entrada a Príncipe).
A Coruña, ás 12hs no Obelisco.
Ferrol Terra, ás 12hs, Praza de Galiza, en Narón.
Pontevedra, ás 12hs Praza “8 de marzo”.
Costa da Morte, ás 12hs na Praza “8 de marzo” en Cee.
Compostela ás 12:30 na Praza “8 de marzo”.

__________

Postado por Coordenadora Local de Ferrol-Terra da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

--
Coordenadora Local de Ferrol-Terra
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

http://feminismo-ferrolterra.blogspot.com

FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene - Galiza

Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735

http://www.feminismo.info/

http://feminismo-galego.blogspot.com/

http://www.marchemondiale.org/

______________

venres, novembro 16, 2007

Convocatória concentraçom antifascista em Ferrol, Sábado 17 de Novembro

De: Antifascistas Galiza AntifasGz
-antifascismogalego@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de novembro de 2007 22:48
Asunto: Convocatória concentraçom antifascista em Ferrol



Convocatória concentraçom antifascista em Ferrol

Ao cuidado dos MMCC

Ante o assassinato do jovem antifascista Carlos Javier Palomino o passado domingo estám a produzir-se assembleias em regime de autoconvocatória por parte de colectivos e pessoas diversas, adscritas à pluralidade da esquerda social galega, em resposta ao rearme fascista, e ao tratamento dado pola imprensa burguesa aos factos do passado domingo em Madrid. Com efeito, os media burgueses pretendem equiparar aos fascistas com os movimentos sociais populares que fam frente à escalada violenta nazi, alimentada e amparada polo discurso social do Partido Popular e dos seus meios afins (COPE, La Razón, El Mundo...).

Na nossa cidade está convocada umha concentraçom para o próximo sábado dia 17 às 19h no Cantom de Molins sob a legenda "Contra o fascismo e o racismo. Nengumha agressom sem resposta!"
Em Ferrol conhecemos de perto o terrorismo fascista. Podemos lembrar a brutal agressom ao trabalhador da Fundaçom Artábria em 2002, agressions a militantes antifascistas que tiverom mais sorte que o jovem madrileno, os ataques ao Café da Vaca, ao Rara Avis, à Livraria Limiar, às sedes do BNG e de NÓS-Unidade Popular... a dia de hoje ninguém foi condenado por estes factos.

Nos últimos dias temos um repunte da sua actividade na nossa Comarca deixando o seu discurso racista e fascista nos muros das nossas cidades. É igual o nome baixo o que se escondam: Infierno Ferrolano, Democracia NaZional, FE-JONS, Movimento de Resistência Ário, La Falange ... o fascismo está presente em Trasancos e se nom se combate avançará ante isto @s antifascistas de Ferrol fazemos um chamamento a participar na concentraçom do próximo sábado e monstrar o nosso rechaço ao fascismo e o racismo e a nossa solidariedade com o movimento antifascista de Madrid.

Nengumha agressom sem resposta!
Ferrol será a tumba do fascismo!

Ferrol, 15 de Novembro de 2007

xoves, novembro 15, 2007

A Bicicleta como medio de transporte: venres 23 de novembro, Bicicletada e Charla

De: Andrés siguesbuscando@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de novembro de 2007 14:31
Asunto: BICICLETADA E CHARLA: "A BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE"



BICICLETADA E CHARLA:
"A BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE"


-O Próximo venres 23 de Novembro as 18:30 celebrarase a primeira Masa Crítica de Ferrol, partindo de Porta Nova.

-E ás 20:00 haberá unha charla sobre mobilidade, a bicicleta como medio de transporte, impartida por membros de Masa Critica Coruña. A charla será no Espazo Libertario (Avda. Esteiro nº10 baixo).

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

¿QUÉ É MASA CRITICA?

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

En Galicia celébranse nas seguintes cidades:

* A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita.
* Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza de Galicia.
* Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América.
* Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios.
* Ponteareas. Todos os últimos venres de mes ás 20:00 na Praza da igrexa

Para mais info: www.bicis.info
_____________________

mércores, novembro 14, 2007

O 15 de Novembro, concentración en Muxia na Defensa da Costa, contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia, convocada pola Plataforma Veciñal de Merexo

De: plataforma salvemos merexo
-plataformamerexo@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de novembro de 2007 22:31
Asunto: CONCENTRACION PROTESTA EN MUXIA xoves 15



CONCENTRACIÓN PROTESTA CONTRA O PLANO ACUÍCOLA DA XUNTA DE GALICIA, NA DEFENSA DA COSTA GALEGA
XOVES 15 DE NOVEMBRO, ÁS 10 DA MAÑÁ EN MUXÍA


Estimados compañeir@s:

Como vos comentei o pasado fin de semana, os tempos son chegados e con motivo da reunión semanal do Consello da Xunta en Muxía, é preciso unha rotunda resposta.

Despois de moitas mensaxes de ánimo recibidas por esta Plataforma Veciñal de Merexo, vémonos na obriga de tomar a decisión de levar a cabo unha acción reivindicativa no marco da defensa da Costa de Galiza.

Se en Corrubedo berramos Galiza non se vende!!!, quedades convocados á concentración de protesta contra o Plan de Acuicultura o vindeiro XOVES, DIA 15, ás 10 DA MAÑÁ, EN MUXIA.

Agardamos contar coa presenza de todos vós co fin de aproveitar a impresionante plataforma mediática que se nos “brinda” coa celebración de dito Consello.

Compañeri@s, paradóxicamente, fai 5 anos loitábamos contra o chapapote traído polo Prestige, e hoxe vémonos na obriga de defender con uñas e dentes a costa do ataque provocado froito de decisións autoritarias tomadas en terra, baixo a bandeira do equilibro medioambiental, e en contra da vontade e o clamor da cidadanía.

Para coñecer O PUNTO DE ENCONTRO prego me chamedes ó 616 46 08 22

Antonio
Portavoz da Plataforma Veciñal de Merexo
616 46 08 22

GALIZA NON SE VENDE!!!!!!
___________________

http://www.merexononsevende.com

ADEGA e Merexo

VERDEGAIA e Merexo

Noticias relacionadas en Vieiros:
__________________

venres, novembro 02, 2007

Marcha a Corrubedo (Novo horario)

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de novembro de 2007 16:56
Asunto: Marcha a Corrubedo (Novo horario)



MARCHA EN DEFENSA DO LITORAL
"Non o Plano Acuícola"
Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas.
Desde FERROL
Saída de autobuses (Correos - Praza de Galicia)
ás 8,45 horas *
Regreso ó remata-la manifestación. Prezo aprox. 7 €
Reserva : Telefº 690 612 737
Mais información: http://comitecidadan.org
* Tíñase anunciada a saída para as 9,30 h., máis, polas obras na autovía do Barbanza, farase outra ruta alternativa que precisa sair ás 8,45 h. Prégase desculpas.

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
______________

Enlace relacionado:

Convocatoria e máis información

_______________________