Amosando publicacións coa etiqueta Dereito a decidir. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereito a decidir. Amosar todas as publicacións

mércores, setembro 27, 2017

A policía identifica e retén 4 persoas en Ferrol por anunciar a manifestación do 30S en Compostela a favor do referendo, onde o pobo catalán exercerá o lexítimo direito a decidir o seu futuro


Catro persoas foron identificadas e retidas no bairro da Magdalena de Ferrol por axentes da policía española por facer propaganda da manifestación que este sábado, 30 de setembro, terá lugar en Compostela na defensa do referendo. Segundo informa a Fundaçom Artábria –da que fan parte como socias estas catro persoas-, o “amplo dispositivo da policía española” chegou a ameazar nun primeiro momento con requisar o material que anunciaba a mobilización. “Finalmente desistiron depois de 20 minutos de retención ilegal cando non atoparon a palabra 'referendo' no cartaz”, afirman.

As catro persoas estiveron detidas por volta de 20 minutos, nuns feitos que tiveron lugar na tarde noite desta terza feira. Desde Artábria, que integra a Plataforma Galiza con Catalunya, reafirman perante estes feitos: “manifestamos o noso apoio ao referendo do 1 de outubro, onde o pobo catalán exercerá o lexítimo direito a decidir o seu futuro”.

A Fundaçom Artábria informa que estiveron retidos 20 minutos e que os axentes ameazaron nun primeiro momento con lles requisar o material que anunciaba a mobilización deste sábado en Compostela (Praza da Alameda, 12 horas) na defensa do 1-O.

Publicado no Sermos Galiza. | 27 Setembro 2017 13:30 h.

Sitio da Plataforma Galiza con Catalunya:
http://galizaconcatalunya.blogspot.com.es/
____________

xoves, setembro 21, 2017

Concentración de Ferrolterra en Solidariedade con Catalunya, polo dereito a decidir


Solidariedade con Catalunya, polo dereito a decidir

Como noutras cidades e vilas da Galiza, en Ferrol tivo lugar unha concentración urxente, diante da gravidade da situación e das detencións que se produciron na mañá de onte 20 de setembro de 2017, a Plataforma Galiza con Catalunya, convocou a mobilización. Sendo, onte ás oito e media da tarde, sobre unhas cincocentas persoas secundaron a convocatoria, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Polas liberdades democráticas e o dereito a decidir.


________________

xoves, novembro 19, 2015

Cataluña, Galiza e Euskadi, non son un problema, son unha realidade, ... Por André Abeledo

Por André Abeledo [*]
19.11.2015


CATALUÑA, GALIZA E EUSKADI, NON SON UN PROBLEMA, SON UNHA REALIDADE. | O DEREITO A AUTODETERMINACIÓN NON É UN PROBLEMA PARA A CLASE OBREIRA.


Cando se fala do “problema catalán”, do “tema catalán”, é sempre tentando crear a opinión na cidadanía de que o dereito a autodeterminación dos pobos non é un “dereito”, tentando de criminalizar a quen o defende.

Non existe un problema catalán, nin galego, nin vasco, existe en todo caso unha “realidade” ou “singularidade” a que temos que dar resposta política.

O dereito a autodeterminación dos pobos non debe ser visto como un perigo, nin como unha ameaza para a clase obreira.

A patria burguesa non é a mesma que a patria obreira, os oligarcas temen calquera cambio que poda afectar os seus intereses, e cando defenden centralidade, ou a independencia, o fan pensando neses intereses, e non no ben do seu pobo.

Defendo a unión voluntaria de pobos libres, de nacións que deciden camiñar xuntas, fainos máis fortes, enriquécenos esa diversidade de culturas, tradicións, e historia diferenciada.

Pero converter o estado nunha prisión de pobos é sempre unha decisión dos explotadores.

Precisamos cambiar o actual modelo de estado, herdado do nacional catolicismo, e froito dunha falsa transición, ben sexa mediante un estado Federal, ou un estado plurinacional onde cada nación, entendendo que falamos de nacións de pobos libres, poda decidir que tipo de relación quere ter co resto do estado.

Recoñecendo o dereito a decidir, poderemos construír un futuro en común.

Eu defendo que ese futuro debe ser socialista, penso que é o único xeito de ser capaces de construír entre todas e todos un futuro sen odios, unha unión de vontades onde impere a igualdade a xustiza social e o respecto a diferencia.

Parafraseando a Lenin, que resumiu a esencia do que trato de dicir nunha frase, dun xeito maxistral, "non se pode falar de liberdade, si antes non se recoñece o dereito dos pobos a separarse da súa metrópole cando o crean conveniente ".

Outra frase moi afortunada é a de Salvador Seguí, “o único inimigo que hai en Cataluña, é o mesmo que en Madrid: o capitalismo

Non consintamos que os miserables que se envolven en bandeiras para beneficio persoal, os que venden odio e mentiras, consigan enfrontar os pobos de España.

A loita é de clases, o pobo traballador ten que estar xunto para defenderse dos que so sementan miseria.

Narón, 16 de Novembro de 2015.

[*] André Abeledo Fernández, é un activista sindical, social e político de Ferrolterra; traballador e membro do Comité de Empresa de Mercadona; e coordinador de Esquerda Unida de Narón. Concelleiro por esta forza política no Concello de Ferrol, elixido nas Eleccións Locais de Maio de 2015. Contas de André no facebook e no twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
16 de novembro de 2015 23:56
______________

sábado, xuño 21, 2014

Convocatoria unitaria a todas as forzas políticas, sociais e sindicais da nosa comarca para chegar a un acordo de mínimos que posibilite unha dinámica unitaria "Pola República e o Dereito a Decidir" - Para o vindeiro día 27 de xuño ás 19:30 horas nos locais do Ateneo Ferrolán


O pasado venres 20 de xuño de 2014, tivo lugar unha xuntanza no Ateneo Ferrolán, reunidos en réxime de autoconvocatoria as organizacións políticas: ANOVA - IRMANDADE NACIONALISTA, COMPROMISO POR GALICIA (CXG), ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO, ESQUERDA UNIDA (EU) e NÓS - UNIDADE POPULAR.

Que despois de deliberar acordaron facer un chamamento a todas as forzas políticas, sociais e sindicais da nosa comarca para chegar a un acordo de mínimos que posibilite unha dinámica unitaria "Pola  República e o Dereito a Decidir".

Polo que decidiron convocar unha nova reunión para o vindeiro venres día 27 de xuño ás 19:30 horas nos locais do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204).

Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrolanova@gmail.com-
20 de junho de 2014 21:18

_________