Amosando publicacións coa etiqueta Dereito ao Aborto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereito ao Aborto. Amosar todas as publicacións

martes, setembro 22, 2009

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza apoia a Concentración de Madrid, do vindeiro Sábado 26 de Setembro: "Polos nosos dereitos, Lei de Aborto sen recortes"

Autobuses para a Concentración-Festa que se convoca a nivel estatal polo colectivo "Mulleres ante o Congreso" que promoveron un Manifesto Feminista ante a nova regulamentación do Aborto na Lexislación Estatal


[Clicar acima da Imaxe para ampliar o cartaz]

Baixo o lema "POLOS NOSOS DEREITOS, LEI DE ABORTO SEN RECORTES" está convocada unha Concentración-Festa en Madrid o 26 de Setembro!! Este acto que terá lugar entre as 18:00 e as 21:00 horas na Praza do "Museo Reina Sofía", en Madrid, consistirá nunha concentración, logo haberá: teatro, perfomances e outras actividades informativas, comunicativas e lúdicas.


Visualizar o mapa ampliado

"Mulleres ante o congreso", é  a plataforma estatal apoiada pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza que convoca á concentración-festa de Madrid baixo o lema: "Polos nosos dereitos, Lei de Aborto sen recortes". Aínda que o manifesto xa se presentou no Congreso dos Deputados o día 11 de marzo de 2009, nesta concentración lerase o Manifesto Feminista ante a nova regulamentación do Aborto na Lexislación Estatal, un Manifesto asinado por case 100 organizacións e colectivos a nivel Estatal, un Manifesto pola despenalización do aborto voluntario e polo recoñecemento do pleno dereito a decidir das mulleres, incluíndo as mozas.

As forzas anti-dereitos das mulleres están a preparar mobilizacións para Outubro co obxectivo immediato de impidir que a lei sexa reformada e, a medio prazo, restrinxir aínda máis a súa interpretación e incluso o seu conteúdo. Iso fai aínda máis urxente que quen defendemos o dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade, nos mobilicemos para garantir a aprobación dunha nova lei acorde con ese dereito. Pola reforma da lei, e por unha boa reforma.

Mulleres ante o Congreso:
!!! A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acudirá a esta concentración do día 26 de setembro organizando AUTOBUSES -a un coste de 10€- que sairán na mañá do sábado 26 desde Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense -segundo demanda- e regresarán á medianoite. !!!

Para quen desde Madrid se achegue a esta información na rede, dicer que hai convocados outros actos, mesmo hoxe, martes, 22 de Setembro, terá lugar unha proxección de "Historia dun segredo", de Mariana Otero, ás 19,30 h, en PATIO MARABILLAS, rúa Acordo 8, MADRID.

Para inscribirse contactar con Luz no 679 840 679. Por favor deixar nome, localidade e telefono no contestador.


Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
22 de setembro de 2009 10:02
http://lupeces.blogspot.com/
__________________

mércores, maio 27, 2009

Maio reivindicativo e umha alfombra floral "Eu decido" - Polo Direito ao Aborto: O domingo 31 de Maio em Compostela


FLORES, MÚSICA, POESIA E COPLAS...EM DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA!!

O próximo domingo 31 de Maio, a Marcha Mundial das Mulheres concluirá a primeira fase da campanha EM DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA. EU DECIDO! que leva, ao longo das últimas semanas no nosso país, abrindo espaços de debate e reflexom mediante palestras e performance. Um debate ao redor da necesidade de afiançar o direito aborto, que está recolhendo apoios de organizaçons e colectivos sociais, ademais de sinaturas de todas aquelas pessoas que vem, coma nós, a necessidade de asegurar um direito fundamental das mulheres, o direito ao aborto.

Todo isto num contexto político onde, por umha banda se apresenta um proxecto de lei que pretende ampliar a cobertura legal de mulheres e profesionais que practicam abortos, e por outra banda existe um ataque virulento por parte dos sectores máis patriarcais da sociedade, que apresentam umha forte resistencia a todo o que suponha soberania das mulheres sobre o seu corpo e autonomia para tomar as decisións que lhe atinge, sem pressons, sem tutelas nem paternalismos .

O feche desta campanha consistirá na construçom, na Praça da Quintana de Compostela, dum maio reivindicativo e umha alfombra floral. Elegiu-se esta forma de manifestar as nossas reivindicaçons, conhecedoras da tradiçom arraigada na nossa cultura, de celebrar a efervescencia que supóm a primavera, com vínculos fortemente arraigados á fecundidade dos seres vivos. A festa dos maios ou as alfombras florais, som algumhas destas expressons coas que o nosso povo celebra essa fecundidade.

As feministas da Marcha Mundial das Mulheres, junto a todas as pessoas e colectivos que nos queiram acompanhar o domingo 31 de Maio, construiremos um maio e umha alfombra floral para reivindicar que a fecundidade das mulheres, o poder de dar a vida, numha sociedade justa, solidaria e em igualdade, nom se pode entender sem garantir o direito a decidir.

Convidamos a achegar-se á cidade de Compostela, desde as 11 da mánha do domingo 31 de Maio aportando flores de cor vermelho, rosa, lila e branco, ou felgos e fiunchos cos que encher a alfombra co lema EU DECIDO! e o maio que levará a forma do símbolo feminista.

Desde as once da manhá recibiremos a todas as pessoas e colectivos participantes convidando-as a fazer o trabalho de clasificaçom das flores e prantas, que estarám colocadas nas escaleiras da Praça da Quintana. Iremos colocando as flores clasificadas por cores e separando os pétalos nas zonas que estarám sinalizadas.

Mentres, as companheiras encargadas montarám a estructura do maio e pintarám a base da alfombra.

Umha vez clasificadas e separados os pétalos, procedera-se ao enchido das zonas da alfombra e o maio que se corresponda com cada cor.

Ao tempo que se realiza este trabalho, soará música ambiental, que se parará, para escoitar a todas aquelas mulheres e colectivos que queiram, bem com coplas, bem com cançons ou poesias, expresar as súas reivindicaçons. No nome da Marcha leera-se um comunicado ao remate do acto.

Fonte: feminismo.info

Enviado por Lupe Ces
lupe ces -lupeces@gmail.com-
27 de maio de 2009 00:57
http://lupeces.blogspot.com/

_____________

martes, maio 12, 2009

Venres 15 de Maio no Ateneo Ferrolán: Acto da Marcha Mundial das Mulleres en defensa do dereito ao aborto, na sanidade pública

Acto da Marcha Mundial das Mulleres en defensa do dereito ao aborto, na sanidade pública.

Eu decido!


Venres 15 de Maio às 19hs no Ateneo Ferrolán.
Rua Madalena, 202-204 Ferrol.


A Marcha Mundial das Mulleres ve necesario un profundo debate social para avanzar na consolidación do dereito das mulleres á soberanía do seu propio corpo e no dereito a tomar libremente as suas propias decisións.

No medio dunha gran ofensiva mediática por parte dos sectores sociais máis integristas e patriarcais, as feministas da Marcha Mundial das Mulleres, achegamos á sociedade espazos e materias para a reflexión.


Intervirán:


Mariola Mourelo e Marta Rodríguez da Coordenadora Comarcal da MMM na Coruña. Co-editoras da publicación "O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto" .


Lola Ferreiro, médica e docente do IES Lamas de Abade, coordenadora do Grupo Lúa Crecente. Co-autora do proxecto educativo "Coeducación Afectivo-Emocional e Sexual".


Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres

Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene
Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735
www.feminismo.info






Enviado por:
Lupe Ces Rioboo
981946412 - 652201003
http://lupeces.blogspot.com/


Ola, envio-vos informaçom sobre um acto da Marcha Mundial das Mulheres no Ateneo, agardo que podamos contar coa vossa assistencia e o vosso apoio nesta campanha. Podedes assinar na web. Também vos envio anexado um cartaz em A3 por se o podedes imprimir e colocar nalgúm sitio, grazas.

No domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente con todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.
______________

xoves, marzo 19, 2009

Aborto, questom de igualdade

Por Lupe Ces

Hai quem nos quere fazer retroceder ao pior do século XIX. Hai poucos meses luitando contra a Lei de Igualdade, ou contra umha asignatura que intenta explicar direitos fundamentais e funcionamento social; hai poucos anos luitando contra o direito ao divórcio, séculos luitando contra os direitos das pessoas homossexuais, e desde a origem dos tempos luitando contra os direitos das mulheres. Agora volvem mostrar toda a sua força para paralisar umha lei que só pretende sacar o direito ao aborto do código penal. Fam-no agora, aproveitando que muita gente esqueceu que hai pouco mais dum ano havia mulheres que tinham que comparecer diante dum julgado por ter abortado (Março 2008). Fam-no, porque aproveitam que muita gente nom é capaz de ver a contradiçom que supom que nom permitas que umha moça de 16 anos decida se quere ser nai ou nom, sem que a sua família decida por ela, à vez que aplaudes que nenas de 10, 11, 12, 13, 14 ou 15 anos param.

No fundo é todo umha questom de igualdade. Aí, começando polo Papa, os arcebispos, bispos e umha imensa quantidade de clérigos, tenhem um suspenso secular. Suspenso em Igualdade e Democracia. Todos eles pensam e aceptam que as mulheres nom somos iguais aos homens, pensam que gais e lesbianas nom som iguais a homossexuais ... que tem que existir por força a desigualdade. Confundem o diferente co desigual, e assim seguem mantendo a sua estrutura religiosa passe o que passe, sofra quem sofra, e se fai falha, morra quem morra, a lume ou a golpe de VIH.

A verdade é que entendo que tenham que reagir com força... Cada dia hai mais gente que nom lhes reconhece autoridade política, cada dia hai mais gente que questiona a sua autoridade moral e mesmo, cada dia hai mais gente que vive a sua espiritualidade longe das suas imposiçons. Sabem que um passo atrás nom tem caminho de volta, e eles necessitam seguir explicando nas escolas que umha nena de 12 anos aceptou a vontade dum ser superior para que parira ao seu filho, sem ter conhecido varom, assim o dim as sagradas escrituras.

_____

Muitas vezes um pequeno cámbio na linguagem provoca um enfoque diferente ou radicalmente oposto. Isso é o que sucede ao feminizar os linces da Conferencia Episcopal ou quando cambiamos a palavra sacerdote por sacerdotisa.

As linces responden aos bispos:

Umha campanha na rede com olhada violeta para os linces e os bebes

Enlace co Blogue d'As Linces

--
Lupe Ces Rioboo
981946412 - 652201003
http://lupeces.blogspot.com/

____________

mércores, marzo 18, 2009

Como diciamos onte?

Xa algunha vez referinme a esa traxedia (tal como entendíase no teatro grego, onde o destino humano estaba marcado polos caprichos e designios dos deuses), esa traxedia na que se debaten os científicos fieis a relixións como a católica. A traxedia de conservar a bitola científica sen parecer bobos de remate polas súas crenzas.

Nestes días, cunha sincronización coa Igrexa que non disimula a súa condición de traballo feito por encargo, soubemos dun manifesto subscrito por máis de "300 científicos, profesores e intelectuais", coñecido pomposamente como a "Declaración de Madrid", en favor das teses da Conferencia Episcopal, xa non contra a ampliación da Lei do aborto, senón da mesma lei xa vixente desde fai dous anos e que ata agora apenas merecera a atención da maioría deles.

O ridículo criminal da Igrexa, que tivo amedrentada a toda a comunidade científica durante séculos pretende ser lavado agora cun manifesto de 300 supostos científicos de misa dominical. As relixións, que outrora, cando a Terra era plana e o centro do Universo, suplantaban á ciencia, porque dicían posuír a explicación a todos os fenómenos naturais, unha vez destronadas pretenden alianzas imposibles con científicos fieis, para que os seus sacerdotes non queden no papel incómodo de brujos da tribo que lles asignou o progreso.

Os mesmos que posiblemente durante a semana escandalízanse pola interrupción do embarazo, polas polucións de millóns de espermatozoides desperdiciados en traballos manuais, pola inmoralidad do incesto, das relacións homosexuais e da utilización do condón (atención, que xa chegou o Papa a África, o gran predicador genocida contra o uso do preservativo) ... os que o domingo, como bos cristiáns, rematan a faena de científicos crentes dando por boa, por exemplo, a idea delirante da existencia duns primeiros pais no Paraíso, cuxos fillos homes tiveron que fornicar necesariamente ou ben coa súa nai ou ben coas súas irmás, e de cuxo incesto monumental descendemos todos os demais.

Esa é a comunidade científica, na que se atopará moi cómodo Aquilino Polaino, que en lugar de discutir cando un feto é xa viable, e polo tanto, intocable (en termos científicos), perde as formas, a razón e o prestixio antepondo o concepto de "almita" ao de zigoto ou proxecto de ser humano.

Por que non lle contan ao seu deus o bruto que foi por consentir un incesto tan monumental, e déixannos en paz dunha vez coas súas monsergas para beatas?

Enlace co artigo orixinal con interesantes comnentarios

RSS do Blog de Manolo Saco
__________________