Amosando publicacións coa etiqueta Eliximos Narón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eliximos Narón. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 08, 2019

Eliximos Narón presentou dúas reclamacións ante a Xunta Electoral de Zona contra TEGA (Terra Galega), reclamacións que foron atendidas


Eliximos Narón presentou reclamación ante a Xunta Electoral de Zona


Na tarde do luns 6 de maio, presentouse reclamación ante a JEZ polas actuacións de TEGA no día de onte no Feirón de A Solaina no que se puxo un toldo e unha mesa informativa con propaganda do partido e da candidata, e tamén procederon a repartir material coa mesma información, o cal entendemos incumpre claramente a "Instrución 3/2011, de 24 de marzo, da JEC sobre interpretación da prohibición de realización de campaña electoral incluída no artigo 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral.

Actuación ilegal que queremos denunciar publicamente.

Axuntase escrito remitido á JEZ. | Escrito.

Na noite do mesmo día presentouse reclamación ante a Xunta Electoral de Zona polas actuacións de TEGA no día de hoxe, luns 6 de maio, no que a formación instalou unha vala publicitaria en cálea Concepción Arenal de Narón á altura do número 130, e tamén procederon a colocar propaganda en Xuvia no baixo do nº 887 da estrada de Castilla, en fronte da praza do Concello (vello), local que non pertence ao partido (que ten a súa sé na Solaina) e que no Street View de Google de xullo de 2018 mostra que se atopaba á venda e parece ser que así segue.

Entendemos que de novo se incumpre a Instrución 3/2011 da Xunta Electoral Central sobre interpretación da prohibición de realización de campaña electoral incluída no artigo 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeneral.
Actuación ilegal que queremos denunciar publicamente.

Resposta positiva, da XEZ á reclamación de Eliximos fronte á campaña anticipada de TEGA.

Axuntase a resposta da Xunta Electoral de Zona. | Certificado do Acordo da XEZ.

Saúdos
Alfonso Casal


Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
6 de maio de 2019 18:59
7 de maio de 2019 06:59
7 de maio de 2019 15:49

____________

luns, abril 22, 2019

Os afectados da senda peonil e ciclista d'O Val plántanse na alcaldía para conseguir entrevista coa Alcaldesa



O 4 de marzo publicábase no DOG a aprobación do expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116 (treito AC-114 – Meirás). O mesmo día os veciños afectados pola senda solicitaban unha entrevista coa alcaldesa.

Con data 14 de marzo sae publicado no DOG o decreto para a urxente ocupación das propiedades deste tramo, e o 19 de marzo responde a alcaldesa que “unha vez nos sexa remitido o proxecto definitivo, … poderá fixarse unha data para a devandita reunión”.

Con todo, a comunicación da data nunca chegou, a pesar de que o 4 de abril a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) sacou a licitación a obra, facéndose público o novo proxecto.

O novo proxecto está amplamente transformado, e ten pouco que ver co anteriormente exposto ao público en 2016, deixando amplas zonas sen actuación ningunha, mentres que outras resultan moito máis afectadas e con maiores expropiacións, cun claro agravio comparativo.

O pasado día 4 de abril a Conselleira de infraestruturas acudiu a un acto de campaña do seu partido en O Val para dar explicacións. A Sra. Concelleira dixo aos afectados que solicitasen a devolución dos terreos e a cancelación da senda en O Val para poder ela xustificalo, e que esta solicitude debía preferentemente de canalizarse a través do Concello.

En consecuencia, a través dunha moción de Eliximos Narón, os veciños solicitan:

1. Proceder a cancelar o proceso iniciado de expropiación para a primeira fase, xa suspendida.

2. Non iniciar a expropiación das propiedades de O Val na súa segunda fase.

3. Comunicalo á Consellería de infraestruturas e á AXI.

Esta moción tratábase na Xunta de Portavoces celebrada hoxe luns, polo que unha representación dos veciños concentráronse ás portas do Concello en apoio á mesma. Todos os partidos con voto na Xunta (é dicir, todos excepto ENE) abstivéronse, pero deixaron bastante claro que non tiñan intención de apoiala no pleno.

Ante esta situación os veciños solicitaron por rexistro intervir no próximo pleno, e ocuparon a sala de espera da alcaldía indicando que non se irían ata que a alcaldesa concertase a reunión solicitada. Finalmente a citación produciuse, quedando os veciños convocados para o vindeiro luns día 29 de abril ás 13:30 horas.

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
22 de abril de 2019 16:0

_____________

domingo, abril 21, 2019

Eliximos Narón (Recortes Cero – Grupo Verde) rexistrou a súa candidatura ás eleccións municipais, encabezada por Alfonso Casal Pita, Cristina López López, Sabela Casal Sánchez, Mª do Carme Piñeiro Casal e Carlos Calvo Meizoso


Eliximos Narón rexistrou a súa candidatura ás eleccións municipais.


Eliximos rexistrou hoxe sábado unha candidatura formada por algunhas das persoas que xa participaron na candidatura das pasadas eleccións de 2015 e á que se suman agora novos veciños que compartiron ou se identificaron co traballo realizado por Eliximos nos catro anos desta lexislatura.

Un equipo renovado e con ilusión, consciente do difícil traballo que supoñerá a lexislatura, tanto estando na oposición traballando con limitados recursos como, chegado o caso, no Goberno dada a difícil tarefa que supoñería renovar a Administración municipal para poñela á altura do momento e realizar as necesarias transicións ecolóxica e dixital para adaptala ás novas necesidades da sociedade.

A lista está encabezada por Alfonso Casal Pita, actual concelleiro de Eliximos, enxeñeiro técnico Naval e diplomado en Informática; en 2ª posición Cristina López López (O Val), graduada en Enfermería, e técnica en Nutrición e Dietética; no posto 3º Sabela Casal Sánchez (O Val), diplomada en Logopedia e graduada en Maxisterio; 4ª Mª do Carme Piñeiro Casal (O Alto), técnica en Química Medio-Ambiental; e 5º Carlos Calvo Meizoso (O Val), Enxeñeiro naval.

No seguinte tramo, en 6º lugar Andrés Manuel (Nesi) Regueira González (O Alto), extraballador de construcións metálicas; 7ª Mª do Pilar Crespo López (Piñeiros), diplomada en Maxisterio; 8º Emilio Machio Rueda (Xuvía) Axente MedioAmbiental; 9ª Mª do Carme (Maica) Abelleira López (O Val), técnica en Peluquería; 10º Pablo Díaz- Caneja Castelo (Pedroso) profesional de Seguridade.

Completan a lista Elsa Miras Pérez (A Gándara), Feliciano López Orjales (O Val), Mª Xosefa Ramos Pereira (Pedroso), Xesús Manuel Piñeiro Casal (Freixeiro), Ana María Rodríguez Comba (Freixeiro), Antonio (Tomás) Dopico Carro (O Val), Mercedes Deibe Espiñeira (A Gándara), Manuel Martinez Filgueira (Pedroso), María Carme Villar Díaz (A Gándara), Manuel López González (A Gándara), e Vítor Manuel López Oanes (A Gándara).

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
21 de abril de 2019 10:23

_____________

martes, abril 16, 2019

Eliximos Narón presentarase con nova coalición ás próximas eleccións locais de maio: Recortes Cero – Grupo Verde

Eliximos Narón presentarase con nova coalición ás próximas eleccións.
As coalicións electorais teñen por lei como vida máxima os catro anos da lexislatura, o que obriga a renovalas, como lle ocorre a Eliximos Narón Electores.

A coalición foi constituída en 2015 polos partidos Los Verdes e Democracia Participativa, pero este último está en proceso de desaparición, o que obrigou a buscar outro partido atopando apoio nos partidos que forma parte da coalición que se presenta ás Cortes Xerais como: Recortes Cero – Grupo Verde, e ás Eleccións Europeas como: Recortes Cero – Los Verdes - Grupo Verde Europeo.
A nova coalición denominarase Eliximos Narón (Recortes Cero – Grupo Verde) con siglas ENE (RC –  GV) e anagrama renovado ao que se lle engaden referencias á coalición, aínda que manterá a súa autonomía funcional actuando dentro do respecto aos eixos programáticos da coalición, especialmente ao Decálogo Verde por ser os máis directamente aplicable ao ámbito local:

• Os cinco eixos de Recortes Cero:

◦ Redistribución da Riqueza,
◦ Ampliación da Democracia,
◦ Defensa da Soberanía Nacional,
◦ Fronte Ampla de Unidade,
◦ Fortalecemento da libre unidade do pobo das nacionalidades e rexións de España.

• O Decálogo Verde de Los Verdes – Grupo Verde e do Grupo Verde Europeo.

1º.-Un novo modelo enerxético baseado no uso de enerxías limpas e renovables e no autoconsumo.

2º.-Fomento da economía verde en todos os campos: agricultura, enerxía, novas tecnoloxías, transporte, reciclaxe, depuración en orixe, xestión forestal sustentable... Nova lexislación máis restritiva sobre caza e pesca sustentable e os malos tratos animais.

3º.-Impulsar a agricultura e gandería ecolóxica. Fomento dos hortos urbanos. Prohibir os transxénicos. Regulación máis restritiva dos aditivos alimentarios.

4º.-Unha nova cultura da auga, baseada no aforro e a eficiencia. A auga debe ser un ben común non privatizable.

5º.Política de residuos mínimos e prohibición da incineración de lixos.

6º.-Prohibición da obsolescencia programada.

7º.-Lei de sustentabilidade rural e servizos comarcais.

8º.-Cambio global na política de mobilidade, baseada no fomento da proximidade.

9º.-Maior compromiso na loita contra o cambio climático. Redución da contaminación electromagnética.

10º.-Unha fiscalidade ecolóxica e permitir a circulación de moedas soberanas, sociais ou complementarias.

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
16 de abril de 2019 09:17

______________

sábado, marzo 23, 2019

Eliximos Narón encabeza a reclamación polo abuso das taxas polas acometidas de auga e saneamento no rural - Noutra orde de cousas, pide ao Concello que solicite ao xuíz seu nomeamento como segundo administrador concursal de Poligal


O tortuoso camiño da xustiza contra o Concello de Narón


Eliximos encabeza a reclamación polo abuso das taxas polas acometidas de auga e saneamento no rural, a demanda do Contencioso-Administrativa presentouse o 10 de outubro, pero a información que enviou o Concello ao xulgado a principios de decembro foi incompleta, así que presentamos un requirimento para que se completase. O 25 de xaneiro se nos remitiu máis información pero novamente faltaba a parte das acometidas de auga que negábanse a entregar, polo que nos vimos obrigados a solicitar unha nova ampliación, a solicitude foi transmitida polo xulgado ao Concello pero este fixo un recurso á devandita solicitude. Así que nos vimos obrigados a alegar a dito recurso. Finalmente o 11 de marzo o Letrado de xustiza desestimou o recurso do Concello (sen xa opción a novo recurso) polo que lles obriga a presentar a documentación solicitada.

Estas son as tácticas normalmente seguidas polo Concello para dilatar e dilapidar o camiño da Xustiza, pois xa levamos 3 meses a voltas só para conseguir a documentación necesaria para poder presentar a demanda.

O contencioso contra a cesión do contrato do Centro Sociocultural de Pedroso, unha obra que se fixo sen cumprir o contrato e saltándose varias leis, iniciámolo en outubro de 2017 e a principios de decembro de 2018 pedíronnos que presentásemos as conclusións, pero alegamos tamén por falta de documentación, e levamos máis de 3 meses á espera.
O Contencioso presentado contra os orzamentos de 2017 ante o TSXG foi iniciado o 4 de xullo de 2017 e o pasado 13 deste mes celebrouse unha vista, pronto haberá que presentar as conclusión pero a sentencia aínda tardará uns meses. Con este contencioso tratamos de que as contas se recollan ben para evitar que pasen cousas tan estrañas como que as horas extra da Policía local (servizo de seguridade que non se pode cobrar aos veciños) se acaben cobrando como gastos indirectos das distintas taxas do Concello.

A Acción Pública aberta polo Tribunal de Contas contra o concello polo contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, a instancia de Eliximos presentada en febreiro de 2018, por malversación de fondos públicos, esta nunha fase inicial, xa que en xaneiro de 2019 se nos requiriu novos informes e ampliación da documentación, que foi remitida no mes de febreiro. Con todo, xa tivo unha primeira consecuencia que foi a actualización do canon do contrato, logo de 3 anos sen actualizalo, véndose Urbaser forzada a devolver 148.850,58 €, como se pode comprobar na acta do pleno de maio de 2018.

Outro exemplo o temos no contencioso contra as taxas de subministro de auga, saneamento e lixo que iniciou un dos nosos compañeiros de coalición, e que dende un principio apoiamos, por incumprir moitas cousas, pero basicamente por non ter ben feitos os informes con que se establecen as taxas a pagar (algo que levan facendo mal dende sempre e sen que ninguén dixese nada nin protestase). O proceso iniciámolo en febreiro de 2017 e a demanda presentouse en maio, colleunos tamén a folga de xustiza polo medio e o 12 de marzo de 2019 declarouse visto para sentenza, logo de 2 anos. Esperamos que a sentenza sexa favorable e poidamos comezar a reparar algunha das moitas inxustizas que os veciños sofren a diario.


Eliximos pide ao Concello que solicite ao xuíz seu nomeamento como segundo administrador concursal de Poligal

Eliximos rexistrou unha moción na que solicita a participación directa do Concello no Concurso de acredores de Poligal como segundo administrador concursal, aproveitando un artigo 27 da Lei Concursal que di:

“... naqueles concursos en que exista unha causa de interese público que así o xustifique, o xuíz do concurso, de oficio ou a instancia dun acredor de carácter público poderá nomear como segundo administrador concursal a unha Administración Pública acredora ... Neste suposto, a representación da administración deberá recaer sobre algún empregado público con titulación universitaria, de graduado ou licenciado, que desempeñe as súas funcións no ámbito xurídico ou económico, e o seu réxime de responsabilidade será o específico da lexislación administrativa.”

Xa temos malas experiencias de empresas do concello que entraron en concurso de acredores e unha mala xestión do administrador concursal levounas unha situación aínda moito peor.

A situación de Poligal xa é de partida mala si o xuíz admite a trámite a solicitude da empresa de resolver o concurso mediante a liquidación da empresa, sen nin sequera intentar á resolución mediante un convenio cos acredores.

O feito de que o concurso se declare en Barcelona é una dificultade engadida para que os traballadores poidan vixiar de cerca o que acontece co mesmo e, por iso, dende Eliximos pedimos que o Concello solicite a súa participación como segundo administrador concursal para darlle as maiores garantías posibles ao proceso.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/



Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
19 de março de 2019 23:44
17 de março de 2019 17:35


___________

venres, marzo 15, 2019

'A participación cidadá só para a precampaña', critica Eliximos Narón


A participación cidadá só para a precampaña
.

Xa se empeza a notar a precampaña electoral, pois aparecen os políticos convocando reunións, mentres os seus equipos de campaña andan “perseguindo” telefonicamente aos veciños para que acudan para “dialogar e escoitalos”. Claro que é normal que algúns veciños sentan burlados e indígnense!, e máis cando se trata do Tripartito no goberno.

Moitos veciños van ao concello a expoñer súas preocupacións, pero en bastantes ocasións queixáronsenos de que aos concelleiros do Goberno non se lles atopaba no concello, nin nas horas programadas para atender aos veciños, iso que algúns teñen dedicación exclusiva! Tampouco o teléfono serviu para falar con eles en moitas ocasións, sobre todo se xa sabían de que ía o tema e non lles interesaba.

A Eliximos puxéronllo todo o difícil que puideron, ata para ir ao Concello ou atender aos veciños: coa xornada de traballo do concelleiro pola mañá, só lle xustificaron ausencias laborais mínimas para as reunións oficiais e tampouco houbo persoal de confianza para o Grupo Mixto a diferenza dos demais grupos.
Hai reunións de participación cidadá (en teoría una ao semestre) que inicialmente eran para as asociacións, aínda que, ante as protestas e as ausencias, decidiron abrilas á cidadanía, pero nin así se aumentou a participación. Claro que a primeira que faltaba era a Alcaldesa, delegando na concelleira de Participación. En teoría ía modificar o regulamento de Participación Cidadá en febreiro de 2018, para o que desde  Eliximos achegamos varias propostas, pero todo quedou no caixón para logo abrir outro novo prazo, …, así que esgotado o tempo, xa será para a próxima lexislatura.

Nunca é tarde se a dicha é boa!, afirma o dito, pero que TEGA veña agora facendo reunións cos veciños para escoitalos parece de broma e deixa ver claramente que foron outros 4 anos sen contar con eles, salvo cando se vían forzados.

¡Parece que teñen razón os que din que necesitabamos eleccións todos os anos para que os veciños importen algo!

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
14 de março de 2019 11:04
_________________

venres, marzo 01, 2019

Eliximos pediu que se reformase o contrato de 'Mellora da eficiencia enerxética nos alumeados de As Viñas, A Fraga e Braña' porque se está a tramitar como un contrato de subministro no lugar dunha obra a pesar de incluír a instalación das luminarias e incluso o tendido de cables para alimentar a instalación


Eliximos denuncia que o Tripartito está fomentando o traballo en precario.


No Pleno de onte Eliximos pediu que se reformase o contrato de “Mellora da eficiencia enerxética nos alumeados de As Viñas, A Fraga e Braña” porque se está a tramitar como un contrato de SUBMINISTRO no lugar dunha OBRA a pesar de incluír a instalación das luminarias e incluso o tendido de cables para alimentar a instalación.

Denunciou tamén que, revisando outros casos, descubriron que é unha práctica que se vén facendo dende hai tempo nas obras de renovación de alumeado por todo o Concello, buscando unha licitación dos traballos á baixa sen importarlles que se precaricen os traballos e a ma de obra, e tendo consecuencias como:

    1. Falta de garantías do traballo de instalación realizado.

    2. Risco de unha responsabilidade do Concello ante un incidente ou accidente grave por fomentar traballos ilegais en precario.

    3. Risco de que a instalación non se execute debido a que o tipo de contrato legalmente non o permite, coa conseguinte obriga de ter que facer un novo contrato de OBRA.

    4. Documentación insuficiente (de menor custo) carentes de moitos dos requirimentos necesarios para levar a cabo unha obra, como:
    • Documentación elaborada por persoal sen a titulación necesaria.
    • Falta do estudo de seguridade e saúde no traballo.
    • Ausencia dun Plan de obra (do programa de traballos).
    • Falta de supervisión polo servizos técnicos do Concello.
    • Falta do equipamento necesario para a obra.
    • Falta dun orzamento tendo en conta as correspondentes medicións e cadros de prezos descompostos.

A contratación pública ten un importante papel dentro da economía do Estado situándose ao redor do 20% do PIB. Este impacto económico explica, xa de por si, os motivos polos que debe servir para construír o mercado interior e consolidar un modelo de relacións contractuais orientadas á máxima eficiencia dos fondos públicos e a actuacións responsables socialmente.

A nova lei de contratación introduciu novas ferramentas para facer unha Contratación Pública Responsable que poña os intereses das persoas por riba do abaratamento. Valores como a calidade e a dignidade do traballo deben ser defendidos desde a institucións públicas que deben garantilos.

A cuestión é que non se pode defender un traballo digno se nin sequera se recoñece que existe traballo, se o traballo desaparece dos contratos ao reducilos a unha mera subministración.

Resulta irónico que ao tripartito de TEGA, BNG e PSOE (que leva “Obreiro” nas súas siglas) se lles encha a boca a criticar a actuación de empresarios privados, como os donos de Poligal, mentres eles están a actuar con formas igualmente reprobables.


Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
1 de março de 2019 12:49
_________________