Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións

domingo, decembro 17, 2017

Como axudo a Antón? Un conto contra o acoso escolar, escrito por Jorge López Penas e o seu fillo Martín, de 13 años, xunto ao asesoramento da psicóloga Isabel Ponte e Eva Rieiro que o ilustrou, todo un traballo para o debate coas máis pequenas, crianzas de 6 a 12 anos


Como axudo a Antón?

Un conto contra o maltrato escolar, o chamado bullying, escrito por Jorge López Penas e o seu fillo Martín, de 13 años, xunto ao asesoramento da psicóloga Isabel Ponte Rey e Eva Rieiro que o ilustrou. Todo un traballo para o debate coas persoas máis pequenas, crianzas de 6 a 12 anos.

Presentación do conto polos autores e colaboradoras - Foto de Sangiao

A obra colectiva, narra en diferentes escenas, distintos tipos de acoso escolar. As persoas non son humanas, intenta-se presentar as historias desde distintos animais como personaxes principais á hora de aborda o acoso.

Eva Rieiro no instagram: eva_rieiro (Eva Rieiro).

Isabel Ponte Rey é licenciada en Psicololoxía Clínica e Intervención en Psicoloxía Evolutiva e da Educación e Terapeuta Familiar, pola Universidade de Santiago de Compostela. | Facebook.

Conta de facebook de Jorge López Penas.


Unha presentación nas aulas de educación infantil do CEIP Barouta. | Ir á Web. | E no CEIP Agro do Muiño, a 4º, 5º e &º de Primaria. | Ir á Web. | Concello de Ames.
___________

mércores, agosto 10, 2016

Por ser de interese: Beatriz Sestayo, concelleira de Benestar Social de Ferrol, anunciou que até o próximo 26 de agosto estará aberto o prazo para a solicitude da concesión de axudas á escolarización para o vindeiro curso escolar, así como para as becas de comedor


BENESTAR SOCIAL ABRE ATA O 26 DE AGOSTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DE 95 EUROS E PARA BECAS DE COMEDOR


A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, destacou que as axudas á escolarización ascenden a 95 euros por neno e nena. Para as becas de comedor a administración destina unha partida de 200.000 euros.

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, anunciou esta mañá que ata o próximo 26 de agosto estará aberto o prazo para a solicitude da concesión de axudas á escolarización para o curso 2016-2017, así como para as becas de comedor, un esforzo económico importante que amosa a aposta do departamento para garantir a igualdade de oportunidades.

A contía das axudas á escolarización ascende a 95 euros por neno/a, dirixida aos menores matriculados nun centro de ensino do Concello de Ferrol e que cursen educación infantil, primaria e secundaria. O obxectivo, segundo resaltou Sestayo, é dar resposta ás necesidades dos nenos e nenas pertencentes a familias con escaseza de recursos económicos e que non poden facer fronte aos gastos que se presentan ao inicio do novo curso escolar.

Os beneficiarios serán unidades familiares con menores de idade a cargo que non superen o límite de ingresos establecidos no baremo económico (1.397 euros máximo para unha unidade de 6 membros). Deberán estar empadroados e residir en Ferrol, do mesmo xeito que os menores terán que estar matriculados en centros escolares da cidade e presentar a solicitude e a documentación requirida en tempo e forma.

Os gastos subvencionables son os de libros de texto, material escolar, vestiario básico, material e libros específicos ou equipamento informático.

No baremo económico tense en conta o 1'5 veces o IPREM, (532,51 euros en 2016), incrementando un 15% (79,88 euros) por cada novo membro e cun límite de 1.397 euros.

PÓDESE OBTER MÁIS INFORMACIÓN NO “TABOLEIRO DE ANUNCIOS” DA WEB DO CONCELLO, www.ferrol.es, OU NO EDIFICIO DE SERVIZOS SOCIAIS EN SÁNCHEZ BARCÁIZTEGUI.

BECAS DE COMEDOR

Así mesmo, tamén ata o próximo 26 de agosto está aberto o prazo para a solicitude da concesión de Becas de Comedor, dirixidas a unidades familiares con menores escolarizados na cidade (centros públicos e concertados). As axudas destinaranse a familias que se encontren en risco de exclusión social e con menor poder adquisitivo. Terán que empregar o servizo de comedor, agás causa xustificada. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal.

De igual xeito, no baremo económico terase en conta o 1'5 veces o IPREM, (532,51 euros en 2016), incrementando un 15% (79,88 euros) por cada novo membro e cun límite de 1.397 euros.

O orzamento total para o curso escolar 2016/2017 ascende a 200.000 euros.

Fonte: web do Concello de Ferrol o Martes, 9 de agosto de 2016.

As bases e as solicitudes xa están dispoñibles na páxina web.
___________

martes, maio 03, 2016

Eliximos Narón aposta por reforzar a escola rural e pide o apoio para o Programa Experimental proposto desde Sedes


Eliximos Narón aposta pola escola rural e pide o apoio para o Programa Experimental proposto dende Sedes para estudar a súa expansión a todo o rural galego.

Dende Eliximos fíxose un pequeno estudo respecto da situación entorno da escola rural para incidir na necesidade da súa defensa e apoiar a petición que se fai dende Sedes para poñer en marcha un programa experimental a implantar inicialmente nalgunhas escolas rurais galegas para posteriormente estendela a toda a escola Rural.

O programa tería dúas fases, na primeira incluiríase os dous ciclos de educación infantil e dotaríase dun servizo de comedor por cátering, mentres que na segunda desenvolveríanse programas de educación (regrada e non regrada) permanente de adultos, coma unha función e servizo público de proximidade para as persoas habitantes do rural, facilitando así a igualdade de oportunidades para acceder ós servizos públicos.

A oferta formativa de menos de 3 anos e claramente insuficiente en todo Galicia e mais concretamente en Narón, e incide na conciliación da vida familiar e laboral e, indirectamente pero de forma moi negativa na igualdade da muller e nos índices de natalidade.

É necesaria unha maior relación entre a escola e as nais dende a formación durante o embarazo á crianza dos fillos con parentalidade positiva.

Por outro lado, neste século onde a evolución tecnolóxica é exponencial é necesario dar o apoio ao rural para que as súas xentes non queden estancadas no pasado, polo que a escola pode e debe ofrecer a formación socio-económica para persoas en idade produtiva, que lles permita adaptarse as necesidades tecnolóxicas e produtivas dos novos tempos, aínda que sen renunciar a educación non académica de adultos da que están carentes no medio rural, con metodoloxía activa, variada e próxima ás motivacións das persoas....

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
2 de maio de 2016 21:02
_____________________

Enlace relacionado:

CRA de Narón | A túa escola, sen ir máis lonxe.
http://www.edu.xunta.es/centros/cranaron/
_____________________________

martes, abril 19, 2016

A Reválida de 6º de Primaria - Nova Escola Galega súmase aos colectivos de profesorado e familias que rexeitan a realización da chamada proba de final de etapa de Educación Primaria tal como se contempla na LOMCE


A REVÁLIDA DE 6º DE PRIMARIA

"Sexa cal for o desenlace político da situación que estamos a vivir -novo goberno ou novas eleccións-, o máis sensato e menos gravoso para todos é que o propio goberno en funcións asuma o máis que seguro resultado da votación no Congreso, renunciando a empecer a súa aplicación".
NEG súmase aos colectivos de profesorado e familias que reclaman que non se realice a chamada proba de final de etapa de Educación Primaria tal como se contempla na LOMCE e no seu calendario de aplicación.

En primeiro lugar, por non considerármola apropiada para a formación do alumnado. O seu establecemento normativo concreto, feito no Real Decreto 1058/2015, de 20 de novembro (BOE do  28  de  novembro),  establece  esta  proba  confirmando  o  seu  carácter  de  “reválida”  -denominación que desgusta ou da que foxen tanto o Ministerio como a Consellaría- ou sexa, de volver a validar ou “revalidar” o que se cursou nos seis cursos anteriores. Confírmase o seu carácter de reválida por varias razóns:
  • Por realizarse nun momento puntual e único (exame), e non como unha observación continua e procesual, dando por bo que aquel instrumento de avaliación é mais fiable.
  • Por  ser  feita  por  persoas  externas  ao  centro,  como se estas fosen garantes dunha maior obxectividade, e non o coñecemento continuado e en profundidade do alumnado e das súas circunstancias.
  • Por ter como resultado unha cualificación individual, o que provoca unha sinalización e un primeiro paso a unha segregación, que se poderá concretar só dous anos despois, ao  finalizar  segundo  da  ESO,  obrigando  nese  momento a decantarse por un tipo de matemáticas que marcarán o camiño para elixir un itinerario de estudos despois da ESO (FP ou Bacharelato).
  • Por ter outra consecuencia individual que non se explicita, pero que con moita probabilidade consistirá, para aqueles que acaden malos resultados, a da repetición de 6º de Primaria, se non se repetira antes nesta etapa.
Para valorar a situación formativa do conxunto do alumnado e dos centros abondaba ben coa avaliación diagnóstica, que non está derrogada, e non tiña consecuencias académicas individuais para o alumnado. Cómpre constatarmos que, dos países da OCDE, cos que tanto gustan de nos comparar, somos o único -agás EEUU- que temos probas externas en primaria.

Por se isto fose pouco, o anuncio do debate e votación no Pleno do Congreso da primeira proposición de lei da lexislatura, co obxectivo de paralizar o calendario de implantación da LOMCE, que traería con seguridade como mínimo a anulación desta proba, deixa nunha incerteza inadmisible a centros e familias cando está a piques de rematar o curso. Sexa cal for o desenlace político da situación que estamos a vivir -novo goberno ou novas eleccións-, o máis sensato e menos gravoso para todos é que o propio goberno en funcións asuma o máis que seguro resultado da votación no Congreso, renunciando a empecer a súa aplicación. Se, como xa están anunciando, o PP decide dilatar ao máximo os tempos, independentemente do prexuízo que, sen dúbida, ocasionaría, demandamos que, tal e como están facendo outras comunidades autónomas, o goberno galego se formule abordar, no uso das súas competencias, o modelo de avaliación que resulta máis acaído de cara a facer un seguimento completo dos obxectivos do sistema educativo no noso contexto.

Outras comunidades están dando pasos nesta liña, apostando por unha avaliación do sistema no seu conxunto e non reducíndoa á comprobación da adquisición de determinadas competencias por parte do alumnado.

www.neg.gal

Nova Escola Galega
OPINA
Abril de 2016
Nova Escola Galega
 · Rúa das Hedras, 4, 2º O · 15895 · Milladoiro - AMES (A Coruña)
Tfno./Fax 981.56.25.77 · Apdo. 586 · www.nova-escola-galega.org · neg@mundo-r.com
Asociación declarada de Utilidade Pública (Orde INT/2335/2008, BOE 5/8/08)

__________

mércores, abril 06, 2016

Encontro en Sedes en defensa da escola rural de Narón, cos parlamentarios de AGE Ramón Vázquez e Xabier Ron e o concelleiro de Esquerda Unida André Abeledo


EU de Narón organiza un reunión de traballo en Sedes en defensa da escola rural, da veciñanza con representantes institucionais.

Este xoves día 7 de Abril as 11:30hs o Concelleiro de Esquerda Unida Narón e os Parlamentarios de AGE Ramon Vázquez e Xabier Ron manterán unha reunión de traballo no Local Social da AAVV de Sedes cos veciños que presentaron xa no concello unha proposta na defensa da escola rural en Narón.

Dende EU Narón defendemos a necesidade de manter abertas todas as escolas rurais, no caso do noso concello, as que teñen máis problemas co ratio de alumnos por aula para manterse abertas, son as escolas de Sedes e Castro.

A escola é un servizo público fundamental para estruturar esa comunidade territorial.

É necesario desenvolver unha acción divulgativa para revalorizar a imaxe da escola rural para combater a escasa matriculación, financiando os medios necesarios para informar das bonanzas do proxecto educativo dunha escola rural, non masificada, e nun contorno natural.

Esixir á Xunta de Galicia o financiamento dun proxecto técnico para a creación dun programa experimental de creación da escola rural de nivel de educación infantil integrada de 0 a 6 anos, axuntados o marco dos programas de desenvolvemento rural, có obxectivo de extrapolar a experiencia a outras zonas rurais da Galiza.

Os nenos e nenas do rural deben ter dereito a educarse no seu contorno, ademais parécenos indiscutible que baixar o número por crianzas por aula nas escolas vai a repercutir directamente na calidade do ensino.

(A iso das 12:15 os representantes da iniciativa veciñal, os deputados, e o noso concelleiro quedarán a disposición da prensa para clarexar calquera dubida e dar conta do contido da reunión).


Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
5 de abril de 2016 18:02

___________

martes, marzo 15, 2016

I Xornadas innovación educativa Ferrolterra. "Outra educación é posible" - Venres 1 de Abril de 2016 no Ateneo Ferrolán


I Xornadas innovación educativa Ferrolterra
"Outra educación é posible"


1 de Abril de 2016

En Ferrol, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204), desde as 19:00hs..

Organizado pola Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol.

Os seis proxectos participantes desta xornada, amosan que pódese combatir con creatividade, audacia, imaxinación, ilusión e pedagoxía unha lei educativa tan retrógrada, clasista e que fundaméntase na memorización como é a Lomce.

Desde a Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol consideramos que é moi importante que a cidadanía coñeza proxectos innovadores que se están a realizar na comarca.

Evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/100711546993799/

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
17 de março de 2016 13:43
_________________

martes, abril 28, 2015

“O Plan Boloña pon a Universidade ao servizo do Capital e actúa como barreira para as clases populares”, manifesta Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe)


“O Plan Boloña pon a Universidade ao servizo do Capital e actúa como barreira para as clases populares”. | AGEe amosou esta mañá en sesión plenaria a súa oposición ao Plan Boloña. | Reitera a denuncia da comunidade educativa alertando ao respeito da privatización do ensino.


Na mañá de hoxe o Parlamento Europeo aprobou en sesión plenaria en Estrasburgo unha proposta de resolución presentada dende a Comisión de Cultura e Educación a modo de ferramenta de seguimento e impulso da aplicación do Plan de Boloña [1].

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, votou hoxe en contra deste informe e  lembrou que a posta en marcha dos acordos de Boloña “basicamente traduciuse nunha liberalización do ensino superior, o aumento do custo dos estudos, a imposición de valores como o da competitividade e unha influencia cada vez maior da empresa privada, dando lugar ao establecemento dunha educación multi-velocidade e á exclusión dos estudantes con menos recursos”.

Este contexto,  ligado á redución dos orzamentos e tendencia á privatización dos servizos públicos  nos Estados europeos agora endebedados pola estafa político-financieira desatada no ano 2008,  está a provocar que o acceso á Universidade estea cada vez máis restrinxido unicamente a unha elite que poda permitirse pagala.

Para Senra, ao igual que para a práctica totalidade do estudantado e a meirande parte do profesorado, “o Plan Bolonia non é máis que o marco a través do cal determinadas forzas políticas vinculadas aos intereses das clases sociais más altas pretenden impor un proceso de elitización do sistema educativo co obxectivo de impedir que as clases populares podan acceder ao ensino”, un proceso no que “obviamente a recente Lei Wert 3+2 é un chanzo máis”.

Por outra banda, ademais da confrontación total ca comunidade educativa, non podemos deixar de sinalar que supostamente unha das prioridades do proceso de Boloña é asegurar que o estudantado matriculado nunha universidade europea poda obter un título recoñecido en calquera Estado que participe no proceso, obxectivo que a día de hoxe non se cumpre.

O ensino debe de ser público, gratuíto, laico, favorecer a cultura, a diversidade, a igualdade e os valores democráticos”, reiterou dende Estrasburgo a eurodeputada galega. Aliás, “o sistema educativo debe garantir o ensino na nosa lingua”, enfatizou Senra.

A eurodeputada de AGEe alertou tamén da vinculación entre o Plan Juncker , “que é nin máis nin menos que o traspaso dos recursos públicos ás multinacionais”, e o Plan Bolonia, “que pon a Universidade ao servizo do Capital”, unha alianza especialmente perigosa no contexto socioeconómico actual, “tan distorsionado que a esfera privada, lonxe de aportar ao conxunto da sociedade, está a apropiarse dos fondos públicos e  bens comúns e pretende instrumentalizar sistemas sociais básicos, como é o da ensino, redeseñándoa  á medida dos seus intereses”.

Estrasburgo,  28 Abril 2015

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:
[1] O denominado “Proceso de Boloña”, malia que ideado para ser aplicado a partires do ano 2010, deu inicio no ano 1999 ca declaración “Espazo Europeo da Ensinanza Superior”, asinado en representación do Estado español polo daquela Secretario de Estado de Educación, Universidades, Investigación e Desenvolvemento, Jorge Fernández Díaz,  a día de hoxe Ministro de Interior e impulsor da Lei Mordaza. Como voltou lembrar hoxe a Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo na súa proposta de resolución, a aplicación do Proceso de Boloña “ás veces malinterpretouse nos países participantes (...)”, considerándoo, ou presentándose á sociedade como  “unha obriga gubernamental a cumprir”.

Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
28 de abril de 2015 18:41

_________________