Amosando publicacións coa etiqueta Foro Social Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Foro Social Galego. Amosar todas as publicacións

sábado, maio 29, 2010

Xuntanza aberta cara o Segundo Foro Social Galego: 12 de Xuño de 2010

12 de Xuño de 2010: Xuntanza aberta cara o Segundo Foro Social Galego en Santiago de Compostela

Convócase a unha Asemblea Aberta a todas as organizacións e persoas a título individual que desexen integrarse para actualizar o Consello do Foro Social Galego, de cara á celebración, en 2011, do Segundo Foro Social Galego.

  • DÍA: Sábado 12 de xuño de 2010

  • LUGAR DA XUNTANZA: Centro Cultural O Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, baixo). Santiago de Compostela

  • HORA: 11 da mañá

A dita xuntanza, terá como Orde do Día:
  1. Actualización do Consello do FSGal (o consello ficará novamente pechado dende esta xuntaza e até despois da celebración do II FSGal, polo que esta é de carácter constitutivo).

  2. Discusión sobre a Data e Lugar do II Foro Social Galego, a celebrar en 2011.

  3. Outras cuestións, rogos e preguntas

Consello do FSGal
www.forosocialgalego.org

Enviado por:
Foro Social galego

-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
29 de maio de 2010 10:41
____________________

Enlace relacionado:

http://www.forumsocialmundial.org.br/
___________________________

mércores, decembro 17, 2008

Autoconvocatoria para o 20 de Decembro de 2008: Por unha alianza anticapitalista

De: Autoconvocando -alianzas@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de dezembro de 2008 12:57
Asunto: Por unha alianza anticapitalista



Por unha alianza anticapitalista

Lembramos esta autoconvocatoria reiterando que o único xeito de saber se entre os movementos temos quórum para unha xuntanza o día 20 (e xa que logo buscar local) é que devolvades este correo manifestando disposición. Existen loxicamente problemas coa data do 20 para algunha xente que non pode ir ou mesmo ten algunha actividade programada nese día, mais hai quen propón non adiar máis a xuntanza e se acaso celebrar outra a finais de xaneiro para ir sumando e concretando.


MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS, DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN CONXUNTA
POR UNHA AUTOCONVOCATORIA POSÍBEL


Non son poucos os movementos sociais do país que pensan que falamos moito e facemos pouco, ou que o que facemos non se ve. Co ano 2009 ás portas cómpre organizármonos nunha alianza galega para dar resposta á ofensiva do capital, que indubidabelmente será máis forte nos vindeiros meses. É precisa unha marea de colectivos e persoas que busquen puntos comúns, pois son moitos nos que coincidimos, que programen un plan de acción conxunto, poderoso, e que poñan enriba da mesa a solución á pregunta que todos temos en mente: que imos facer?

Durante as últimas semanas xurdiron propostas concretas ás que cómpre respostar. Mais seguramente existen outras moitas que todos e todas quereríamos valorar. Seremos os e as integrantes de movementos sociais galegos antihexemónicos, dende os que orbitan no independentismo aos que se dedican ao desenvolvemento, dende os ecoloxistas aos anarquistas, dende os campesiños aos centros sociais… quen de confluír en accións e campañas conxuntas para opoñérmonos á deriva autoritaria de gobernos e poderes económicos?

Esta mensaxe trata de cotexar se os movementos galegos de índole anticapitalista, sen exclusión, estarían dispostos a manter unha xuntanza para falarmos dese, que imos facer? Trátase de realizar unha reunión en réxime de autoconvocatoria, sen líderes nen xerarquías, na que os colectivos expoñan propostas de acción concretas para tentar asumir cando menos algunhas delas e facer forza entre todos durante 2009. Trátase de construír, de unir, de atopar interseccións, de falar e de escoitar, de propor alternativas, mobilizacións, campañas, rebelións... sen condicións previas nin freos a calquera tipo de ideoloxía ou condición.

MECANISMO:

Por non existir unha listaxe de correo nin unha organización, a proposta é que as persoas e colectivos interesados resposten a este correo manifestando a súa disposición a asistir a unha xuntanza aberta na que se debatan propostas concretas, que os colectivos ou persoas a título individual deben levar elaboradas. Cada tres días, todos recibirán un correo con todas as respostas recibidas e de aí sacarán a conclusión se a xuntanza se pode facer.

A data proposta para a xuntanza é a do 20 de decembro, sábado, pola mañá. Por equidistancia en Compostela, mais loxicamente calquera pode propor outra opción que se fará saber a todo o mundo.

Se alguén propón outro mecanismo adiante...

POR UNHA ALIANZA SOCIAL GALEGA

Saúdos
_______________

luns, decembro 08, 2008

Remata o Foro Social Galego: "crear alianzas e mobilizacións contra o neoliberalismo durante 2009"

[Para ampliar clicar acima da imaxe]


De: Foro Social Galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 7 de dezembro de 2008 18:05
Asunto: Remata o FSGal


Toda a información en:
http://www.forosocialgalego.org


FSGal: alianzas e mobilizacións para 2009
Os movementos sociais comprométense a crear alianzas e mobilizacións contra o neoliberalismo durante 2009. O proceso do FSGal continuará na Galiza cando menos cada dous anos, levará a nación galega ao discurso altermundista planetario e del sairán alianzas contra o capitalismo.

Novas Fotografías do Foro

Plenario do sábado pola noite, a actividade máis concorrida, por X. M. Albán

As carpas de movementos sociais (corenta entidades estiveron representadas), fotos de Irene

Asemblea de movementos do domingo pola mañá, por X. M. Albán

A renda básica no FSGal
Antoni Doménech, Daniel Raventós e Xosé Manuel Beiras destacaron o carácter de “recuperación de cidadanía social e tamén política desta medida”.

O capitalismo fracasou
X. M. Torrente-. Esta foi a idea central que desenrolouse nas mais de dúas horas do debate O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?, correspondente a segunda xornada do Foro Social Galego (FSGal) que estase a celebrar no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ver fotos de X. M. Albán

O neoliberalismo en crise
Xavier Vence sinala que a “demostración do fracaso do modelo neoliberal non implica a derrota dos que o defenden”.
__________________

Toda a información en:

http://www.forosocialgalego.org


________________

xoves, decembro 04, 2008

Comeza o Foro Social Galego

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de dezembro de 2008 12:43
Asunto: Comeza o Primeiro Foro Social Galego: ACTO INAUGURAL

CONVOCATORIA ABERTA
Comeza o Primeiro Foro Social Galego: ACTO INAUGURAL

Día:
venres 5 de decembro
Hora: 18:30 da tarde
Lugar: Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela (Sala Circular)
Convoca: Consello do Foro Social Galego en representación dos movementos e persoas participantes
Contido:
-Antecedentes, movementos participantes e presentación
-Resumo xeral da programación
-Obxectivos dos Debates plenarios
-Lectura das mensaxes de saúda recibidas por persoeiros do altermundismo de todo o planeta
-Saúda de Paul Nicholson (A Vía Campesina) en nome das organizacións e persoas convidadas
Asisten: membros das organizacións e persoeiros do mundo social galego

Invitamos a todos os medios de comunicación a asistir ao acto
Apertas e moitas grazas
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego

MATERIAIS PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A Comisión de Comunicación do FSGal pon a dispor dos medios toda a información necesaria, dende un dosier de prensa, cuñas radiofónicas, programa, etc.

OS MATERIAIS PODEN BAIXARSE EN:
http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=63&Itemid=58

CONTACTOS PARA OS MEDIOS
A Comisión de Comunicación do Consello do Foro Social Galego é a encargada de fornecer información sobre o desenvolvemento do FSGal aos medios. En ningún caso os membros da dita comisión emitirán xuízos de valor nin opinións en nome do FSGal, tan só informacións sobre a súa organización. Os teléfonos de contacto son os seguintes:

Lara Domínguez (609162441)
Manoel Santos (686021933)
Xavier Ron (639823803)
Lidia Senra (609845861)
Bruno Vilela (645995140)

________________

martes, decembro 02, 2008

Máis de 260 adhesións previas: Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de dezembro de 2008 16:59 Asunto: Máis de 260 adhesións previas ao Foro Social Galego



Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego

Máis de 70 colectivos e 190 persoas a titulo individual xa fixeron a súa adhesión previa ao Foro Social Galego (FSGal), malia que os propios días da celebración tamén se poderán facer no espazo da organización, que estará situado no Auditorio de Galiza. O FSGal terá lugar no Campus Norte de Santiago de Compostela entre o 5 e 7 de decembro de 2008.

A adhesión ao FSGal responde a un compromiso cun proceso de reflexión, debate, formulación de propostas e artellamento de redes e loitas sociais, que pretende autofinanciarse na medida do posíbel, porén, os espazos do FSGal están abertos a todos e todas. O FSGal é un espazo libre.

O Foro Social galego contará con 14 actividades autoorganizadas polos movementos sociais, así como con 14 horas de proxección de audiovisuais de índole social, a presentación de 15 iniciativas, libros, manifestos e propostas de formación de redes e unha completa programación cultural.
Máis de 40 voluntarios e voluntarias coidarán de que toda a fin de semana discorra o mellor posíbel e unha nómina de 12 xornalistas voluntarios e voluntarias, profesionais e estudantes de Ciencias da Información na súa meirande parte, encargaranse de cubrir os debates e publicalos na web do FSGal: http://www.forosocialgalego.org

Tanto os grupos musicais, como de teatro ou circo que colaboran co proceso do Foro, fano altruistamente. Entre eles estarán Ataque Escampe, A Compañía do Ruído, Casilda Alfaro, García (Dios ke te crew), Leite de Nai, Leo Arremecághona, Charanga Os Jalochos, Os Chiquilicuatres, Pel de Noz, Sacha na Horta, Tino Vaz e Tonhito de Poi, entre outros.

Amais disto, e malia que non é un acto propio do FSGal, o domingo 7 ás 12:30 horas, no Auditorio de Galiza, desenvolverase un
Asemblea de Movementos Sociais autoconvocada e autoxestionada.

Toda a información en: http://www.forosocialgalego.org

MATERIAIS PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A Comisión de Comunicación do FSGal pon a dispor dos medios toda a información necesaria, dende un dosier de prensa, cuñas radiofónicas, programa, etc.
OS MATERIAIS PODEN BAIXARSE EN:
http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=63&Itemid=58

CONTACTOS PARA OS MEDIOS
A Comisión de Comunicación do Consello do Foro Social Galego é a encargada de fornecer información sobre o desenvolvemento do FSGal aos medios. En ningún caso os membros da dita comisión emitirán xuízos de valor nin opinións en nome do FSGal, tan só informacións sobre a súa organización. Os teléfonos de contacto son os seguintes:
Lara Domínguez (609162441)
Manoel Santos (686021933)
Xavier Ron (639823803)
Lidia Senra (609845861)
Bruno Vilela (645995140)
Alfonso (645029338)
____________

mércores, novembro 26, 2008

Presentación do Foro Social Galego en Ferrol, nos locais do Ateneo Ferrolán, o venres, 28 de Novembro, ás 8 da Tarde

O Venres día 28 de Novembro, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, unha presentación do FSG (Foro Social Galego).

A inauguración do Foro Social Galego, será o venres 5 de Decembro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galiza (Sala Mozart). Santiago de Compostela.


______________

Vindeiras convocatorias do Foro Social Galego

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de novembro de 2008 20:39 Asunto: Vindeiras convocatorias do Foro Social Galego



Presentación do
Foro Social Galego

en Ferrol

Benquerid@s amig@s, nos vindeiros días teremos as seguintes citas:

Palestra sobre o FSGal en Ferrol (venres, 28 de novembro)
PRESENTACIÓN DO FORO SOCIAL GALEGO
Dirixida a movementos sociais, persoas a título individual e medios de comunicación
VENRES 28 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón do Ateneo na rúa Magdalena de Ferrol.

Xuntanza preparativa do voluntariado do Foro, tanto voluntari@s en xeral como xornalistas voluntari@s
Día: 29 de novembro, sábado.
Hora da convocatoria: 11:00h
Lugar: Centro Cultural de Vite, Rúa Pintor Carlos, 4 (tamén Carlos Maside). Vite - Santiago (achégase plano de situación do centro).

NOTA: Os gastos de desprazamento para acudir a esta xuntanza, así como os ocasionados para acudir ao FSGal e a manutención durante o evento correrán a cargo da organización do Foro Social Galego. Logo de celebrado o FSGal a Comisión de Finanzas será a encargada de reembolsarvos os ditos gastos.

Se tedes problemas para acudir, e seguides interesados/as en colaborar durante o FSGal enviade unha mensaxe para que vos teñamos en conta se é posíbel.
É moi importante que confirmedes asistencia

Sen máis,
Un saúdo
Consello do FSGal
http://forosocialgalego.org/index.php
________________

martes, novembro 18, 2008

Ampliado o prazo de adhesión para movementos no Foro Social Gal

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de novembro de 2008 12:50
Asunto: Ampliado o prazo de adhesión para o FSGal


FORO SOCIAL GALEGO


Ampliado prazo de adhesión de colectivos con dereito a espazo na Carpa de movementos até fin de mes (30 de novembro). O resto de adhesións, xa sexan de movementos ou persoas a titulo individual, poderanse facer até os mesmos días de celebración do FSGal, tamén na carpa da organización.

O Foro Social Galego amplia o prazo de adhesión de colectivos até fin de mes (30 de novembro). Esas adhesións, amais de dar dereito a dúas acreditacións por colectivo, dan tamén dereito a gozar dun espazo na CARPA DE MOVEMENTOS SOCIAIS, que se vai instalar no Burgo das Nacións os días 6 e 7 de decembro.

O resto de adhesións –de colectivos sen dereito a espazo na carpa e de persoas a titulo individual– poderanse facer até os propios días do FSGal e tamén na carpa da organización. As adhesións por colectivo, que amais de dar dereito ás acreditacións e espazos na carpa sirven sobre todo para apoiar o proceso autofinanciado do FSGal, son de 100 euros. As de persoas a titulo individual de 10.

Para facer a adhesión antes dos días do FSGal, o que facilita enormemente o traballo da organización, cómpre cubrir o formulario na web do FSGal: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33 e facer o correspondente ingreso a nome do Foro Social Galego na Caixa Galicia; Nº de conta: 2091 - 0319 - 22 – 3040016156

MÁIS INFORMACIÓN


No FSGal desenvolveranse 12 actividades autoorganizadas polos movementos sociais adherentes, así como dous debates plenarios (sobre a lusofonía e sobre perspectivas do altermundialismo), máis de 12 horas de proxección continua de documentais de carácter social e a presentación de 14 iniciativas, campañas, etc. promovidas por movementos sociais. Do mesmo xeito, o FSGal contará cunha programación cultural, enchida de concertos, teatro, circo, obradoiros, etc.
O Foro ocupará durante tres días o Campus Norte da Universidade de Santiago, incluíndo o Auditorio de Galiza, o Burgo das Nacións e maila Facultade de Filoloxía. No Burgo instalarase a CARPA DOS MOVEMENTOS SOCIAIS, así como espazos comúns de xantar e troula. Ver mapa de espazos do FSGal: http://forosocialgalego.org/images/materiais/planofsgal.jpg

––––––––––
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego
http://www.forosocialgalego.org
__________________

mércores, setembro 17, 2008

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 07:48
Asunto: Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego



Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego

PARTICIPA NO PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO
Santiago de Compostela, 5 a 7 de decembro de 2008
http://www.forosocialgalego.org

Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego
Fai a túa adhesión, propón as túas actividades.
O 30 de setembro remata o prazo para propor actividades!!!

1-. Por primeira vez en Galiza terá lugar un Foro Social Galego (FSGal), enmarcado no proceso do Foro Social Mundial e cumprindo a súa Carta de Principios. O FSGal non é unha organización, nin un colectivo, nin unha rede, nin pretende representar á sociedade civil... É un espazo de converxencia entre movementos sociais, de intercambio de ideas e de artellamento de accións, de procura de alternativas á orde neoliberal imperante no planeta.
---------
CONVOCATORIA DO FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=12&Itemid=40
CARTA DE PRINCIPIOS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=14&Itemid=31
QUE É O FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=1&Itemid=32

2-. O FSGal desenvolverase de xeito horizontal, coa adhesión e compromiso dos diferentes movementos sociais galegos e con actividades propostas e autoxestionadas por estes. Non ten, xa que logo, unha dirección, tan só un Consello dinamizador encargado de coordinar todas as propostas para elaborar un programa e de procurar e facilitar os espazos necesarios para o desenvolvemento do Foro. O dito Consello, formouse por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o pasado 26 de xaneiro en Compostela.
--------
MÁIS SOBRE COMO PARTICIPAR: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=16&Itemid=35

3-. Para participar no FSGal cada colectivo ou persoa individual debe primeiro facer a súa adhesión. Os cartos destas adhesión certifican o compromiso co proceso do FSGal e sobre todo garanten a independencia do mesmo, que non solicitará subvencións nin acepta patrocinio de empresas. As adhesións poden facerse até o 15 de novembro (a non ser que se queiran propor actividades, ver seguinte punto) e será de 100 euros por colectivo ou de 10 euros por persoa a titulo individual.
---------
PARA FACER AS ADHESIÓNS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33

4-. Para propor actividades e metelas no programa do FSGal existe un mecanismo na páxina web do foro. Antes de propor unha actividade os colectivos deben facer a adhesión ao FSGal. Para garantir o desenvolvemento e publicidade da actividade (locais, programa, etc.) existe unha cota de 100 por cada actividade que se comparte entre varios colectivos, pois priorizaranse actividades conxuntas entre colectivos ou organizacións para evitar a repetición de temas. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES REMATA O 30 DE SETEMBRO!!!
---------
PARA INSCRIBIR ACTIVIDADES: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=34

5-. Persoas ou colectivos dipsot@s a colaborar na organización do FSGal poden presentarse como voluntarias.
---------
PARA FACERSE VOLUNTARI@: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=45

Apertas,
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego


____________

mércores, xullo 09, 2008

Como participar no Foro Social Galego que vai ter lugar entre os días 5 e 7 de Outubro deste ano 2008 en Santiago de Compostela

De: Foro Social Galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 9 de julho de 2008 07:54

Asunto: Foro Social Galego: como participar



Foro Social Galego: como participar


DECÁLOGO: QUE É E COMO PARTICIPAR NO PROCESO DO FSGAL
[Documento explicativo]

1-. O FSGal non é unha nova entidade nin representa a sociedade civil ningunha. É un proceso, un espazo de intercambio, busca de propostas e artellamento de loitas dos movementos sociais galegos en oposición ao mundo gobernado polo capital financeiro, ao neoliberalismo. Ninguén ten dereito nin representatividade para falar en nome do FSGal, pois este non representa a ninguén nin podería respostar unitariamente a toda a diversidade de movementos galegos. O proceso do FSGal baséase na horizontalidade, na transparencia e na diversidade.

2-. Por mandato da Asemblea de Movementos Sociais do Día de Mobilización e Acción Global do 26 de xaneiro formouse un Consello do FSGal. As organizacións e persoas a título individual que participan voluntariamente nel tampouco representan a ninguén. O Consello só se encarga de facilitar os espazos para o FSGal e de xestionar o programa de actividades que propoñan os movementos sociais. Calquera organización disposta a traballar polo desenvolvemento do FSGal e asistir ás xuntanzas organizativas do mesmo pode solitar a súa entrada no Consello. Contacto: comunicacion@forosocialgalego.org

3-. No FSGal preténdense facer un conxunto de actividades, dende debates, conferencias, mesas redondas ou calquera proposta dos movementos participantes a actividades lúdicas e reivindicativas que, amais de servir de intercambio entre movementos sociais sirvan tamén para axudar á visibilización das loitas sociais no conxunto da sociedade galega. O FSGal é pois un espazo aberto.

4-. O FSGal precisa, loxicamente, dun orzamento para se desenvolver. As contas da organización serán transparentes e en todo intre de libre acceso para os movementos sociais integrantes do foro. Para asegurar a independencia con respecto a institucións e empresas o FSGal pretende autofinanciarse por medio dos movementos que nel participan. Deste xeito, estableceuse unha cota de apoio ao proceso que permite tamén a acreditación para participar nel. A dita cota é de 100 euros por organización e de 10 euros por persoa a título individual. As cotas son incluíntes e manifestan a decisión das organizacións de axudar ao desenvolvemento deste espazo de intercambio; non son excluíntes, de xeito que as organizacións ou persoas que non poidan axudar económicamente poden facelo tamén con traballo, achega de ideas, etc. Ninguén debería sentirse excluído por non poder achegar as cotas e depende da propia responsabilidade e independencia de cada entidade ou movemento saber até onde pode chegar.

As adhesións ao FSGal poden facerse en:
http://forosocialgalego.org/adhesions

5-. No FSGal tamén poderán participar voluntarias e voluntarios da organización e a sociedade civil en xeral, que poderá acceder de balde aos espazos libres.

6-. Como proceso horizontal serán os movementos sociais adheridos ao FSGal os que propoñan as actividades do mesmo. O Consello encargarase só de elaborar despois o programa, que para meirande facilidade decidiuse enmarcar en catro eixes temáticos:

1. Modelo económico e límites do crecemento
2. Soberanía e diversidade fronte a uniformización e imperialismo
3. Vida e Traballo
4. Defensa das Liberdades e dos Dereitos Sociais


Para desenvolver estas actividades precisarase asímesmo un orzamento para satisfacer as necesidades técnicas, locais, etc. que precisen quen os organice. Deste xeito existe unha cota de inscrición de actividades de 100 euros que achegarán os movementos organizadores. Esta cota pagarase entre as organizacións que propoñan a actividade, pois para impulsar o artellamento de alianzas e a non dispersión de actividades cada proposta deberá facerse en asociación con outras tres organizacións, salvo no caso de plataformas, redes, coordinadoras, etc. xa formadas por varios colectivos. A proposta e inscrición de actividades pode facerse en: http://forosocialgalego.org/até o 31 de outubro de 2008.

7-. O Consello do FSGal irá fornecendo de información sobre os mecanismos organizativos do FSGal en todo momento na web:
http://forosocialgalego.org


Dentro do consello definíronse tres comisións de traballo que en todo intre renden contas ao Consello:

1. Comisión de Finanzas
2. Comisión de Contidos e Programa
3. Comisión de difusión e Comunicación


Para comunicarse coa organización, resolver dúbidas, etc. existen unha serie de contactos electrónicos:

Comisión de finanzas (adhesións):
finanzas@forosocialgalego.org
Comisión de contidos e programa (proposta de actividades):
programacion@forosocialgalego.org
Comisión de Difusión e Comunicación:
comunicacion@forosocialgalego.org
Voluntariado:
voluntariado@forosocialgalego.org
Cuestións xerais (xestión web):
forosocialgalego@forosocialgalego.org

8-. Material de difusión. Para difundir o proceso creáronse unha serie de primeiros materiais de difusión (cartaces, trípticos, autocolantes), así como banners para difusión electrónica, etc.

Para recoller material poden dirixirse aos enderezos anunciados na web http://forosocialgalego.org ou preguntar en comunicacion@forosocialgalego.org

Os materiais dixitais poden obterse en:
http://forosocialgalego.org/materiais

9-. Na web do FSGal abreuse un espazo participativo, O FORO DO FORO http://www.forosocialgalego.org/foro para a libre opinión sobre o proceso, busca de alianzas, propostas, etc.consello

10-. A participación no FSGal tamén poderá ser como voluntaria ou voluntario. Na web do FSGal irá aparecendo información ao respecto. Poder ir apuntándote en: http://forosocialgalego.org/apuntarse

Apertas e moitas grazas
__________________________
Comisión de Difusión e Comunicación
Consello do Foro Social Galego

PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)
Pensar e construír alternativas desde Galiza Do 5 ao 7 de Decembro de 2008
Santiago de Compostela
________________



Forum Social Mundial

FSM 2009

Carta de Principios



_________________

venres, maio 09, 2008

Convocatoria do Plenario do Consello Dinamizador do Foro Social Galego - FSG

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de maio de 2008 09:45
Asunto: [FSGal] Convocatoria Pleno Consello día 10 de maio


Benqueridas amigas e amigos:

Reenvío esta convocatoria do Plenario do Consello Dinamizador do FSG de mañán en Vite (a continuación) porque parece que algunha entidade non o recibíu.

Atentamente,

Manolo Dios

----- Original Message -----
From:
Fundación Galiza Sempre
To:
Consello do Foro Social Galego
Sent: Wednesday, April 30, 2008 11:28 AM
Subject: [FSGal] Convocatoria Pleno Consello día 10 de maio


Amigos e amigas :

De acordo ao compromiso adquirido na xuntanza constituinte, enviamos a convocatoria do pleno do Consello do Foro Social Galego e o lugar de reunión para o día 10 de maio:

Celebración da xuntanza
Día: 10 de maio, sábado.
Hora: 10:30h
Lugar: Centro Cultural de Vite, Rúa Pintor Carlos, 4 (tamén Carlos Maside). Vite - Santiago (achégase plano de situación do centro).

Trasladaranse os temas debatidos o 26 de abril en cada comisión para a súa posterior discusión e aprobación en pleno.

Unha aperta,
Manoel Santos
Manuel Dios
Xabier Macías
_______________________________________________
Forosocialgalego mailing list
Forosocialgalego@listas.nodo50.org
http://listas.nodo50.org/cgi-bin/mailman/listinfo/forosocialgalego
____________________

venres, decembro 21, 2007

26 de xaneiro de 2008: día da Mobilización e Acción Global


26 DE XANEIRO DE 2008
Día da Mobilización e Acción Global


CARA UN FORO SOCIAL GALEGO

Organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso de Foro Social Mundial dende xaneiro de 2001 convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país a solidariedade coas principais reinvindicacións do movemento antiglobalización.


ASAMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS E FEIRA DE ASOCIACIÓNS

Sábado 26 de xaneiro 11.30h

Facultade de Xeografía Historia Santiago

CHAMAMOS A TODOS OS MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS A PARTICIPAR NUNHA ASEMBLEA HORIZONTAL, SEN XERARQUÍAS E REXIDA POLA CARTA DE PRINCIPIOS DO FSM, CO OBXECTIVO DE CREAR UN ESPAZO DE REFLEXIÓN PARA CAMIÑARMOS CARA UN FORO SOCIAL GALEGO.


ENVÍA A TÚA ADHESIÓN

(nome da organización ou da persoa e contacto) A: info@altermundo.org paz@sgep.org fsg@galizasempre.org


FEIRA DE ASOCIACIÓNS E ALTERNATIVAS:

No claustro da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Espazo de balde pero limitado.

As organizacións interesadas en dispoñer dun espazo para amosar materiais, ideas ou o que consideren deben contactar antes do 15 de xaneiro con: info@altermundo.org

Toda a información en: http://altermundo.org/


MÁIS INFORMACIÓN:

Cara un Foro Social Galego
http://altermundo.org/portal/content/blogsection/43/358/lang,gl_ES/

Materiais promocionais
http://altermundo.org/portal/content/view/1112/358/lang,gl_ES/

O chamamento internacional
http://altermundo.org/portal/content/view/699/364/lang,gl_ES/

Sitio do FSM 2008
http://www.wsf2008.net/pt-br

Sitio do Fórum Social Mundial
http://www.forumsocialmundial.org.br/
_________________


DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS IMPULSAN A CREACIÓN DUN FORO SOCIAL GALEGO

O 26 de xaneiro celebrarase unha Asemblea de movementos sociais en Santiago

Santiago, venres 21 decembro 07

Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de movilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.

Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o día de mobilización e acción global que este ano sustitúe ó Foro Social Mundial centralizado.

A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).

O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:
  • Contra a globalización neoliberal

  • Para erradicar a pobreza

  • Pola paz e contra o armamentismo

  • Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais

  • Abolición da débeda externa

  • Igualdade real das mulleres

  • Sustentabilidade ecolóxica

  • Defensa dos recursos naturais

  • Sobreranía dos pobos

  • Agricultura e alimentación fóra da OMC

  • Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria
___________

De: club.inter.prensa@xunta.es
Para: artabra21@gmail.com
Fecha: 21 de dezembro de 2007 15:13
Asunto: DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS IMPULSAN A CREACIÓN DO FORO SOCIALGALEGO

ROLDA DE PRENSA HOXE NO CIPNA


NA FOTOGRAFÍA:

SENTAD@S:-

CARME FREIRE, do Sindicato Labrego Galego-

MANOEL SANTOS, de Altermundo.org-

XOSÉ MANUEL BEIRAS, presidente da Fundación Galiza Sempre-

MANUEL DIOS, Seminario Galego de Educación para a Paz

DE PÉ:-

XAN DURO, Verdegaia-

ALFREDO IGLESIAS, do STEG-

PILAR ESTÉVEZ, da Marcha Mundial de Mulleres en Compostela-

CONSUELO MARTÍNEZ, da CIG-

FRANCISCO JAVIER MONTERO DONGIL, de CCOO-

JUAN RAMÓN PAIS ANDRADE, de UXT
______________