Amosando publicacións coa etiqueta Fraga de Menáncaro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fraga de Menáncaro. Amosar todas as publicacións

domingo, agosto 23, 2009

Menáncaro



Por Yolanda Díaz
22.08.2009



Menáncaro non ten quen lle escriba. E a escritura é a maneira adecuada de amosar interese real en salvagardar a súa fraga, a fraga de todos nós. Na escritura atópase a chave da protección de Menáncaro. As verbas voan e os papeis aprobados permanecen. Mais semella que ninguén do Goberno Municipal sabe escribirlle a Menáncaro o que é de xustiza. Levamos xa consumido a metade do actual mandato municipal sen que os responsables de urbanismo e o alcalde elaboren o escrito xusto e necesario; escrito que debe contemplar a modificación puntual do plan para deste xeito impedir definitivamente que se poida especular e facer negocio contra o valor desa fraga. A elección é ben simple, ou cementar para beneficio duns poucos, ou pola contra apostar pola conservación da carballeira, dos ameneiros, do prado húmido, todo en beneficio da colectividade. Elección que non debería suscitar dúbidas no Goberno Municipal, que nembargantes vai deixando morrer o tempo, alongando o impasse sobre o espazo. Esquerda Unida segue a facer de Menáncaro unha esixencia indeclinable, ao punto de incorporar este compromiso no acordo asinado para apoiar os orzamentos de 2009. Por isto reclamamos do Goberno que sexa dilixente e cumpridor, que deixe de amolar con desculpas e que elabore xa a modificación puntual do plan, proceso que non necesita máis de tres meses, e que neste outono as árbores celebren a cerimonia da natureza protexidas polas letras da cidade.

Yolanda Díaz é voceira do grupo municipal de EU

Publicado no Diario de Ferrol
__________________________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com

_______________________________

mércores, agosto 19, 2009

Esquerda Unida e a proteción efectiva da Fraga de Menáncaro

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, 19 de agosto de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO RETRASO E DESINTERESE QUE MANIFESTA O GOBERNO MUNICIPAL PARA PROTEXER MENÁNCARO
  • YOLANDA DÍAZ INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A FACER EFECTIVA A MODIFICACIÓN PUNTUAL PARA GARANTIR A MÁXIMA PROTECCIÓN Á FRAGA DE MENÁNCARO
Esquerda Unida lamenta a tardanza do Goberno Municipal para facer efectiva a clásula recollida no acordo sobre os orzamentos do concello de Ferrol para 2009, que contén a condición de acadar a protección efectiva da fraga de Menáncaro, mediante a modificación puntual, proposta incorporada a instancia do Grupo Municipal de Esquerda Unida.

Mediado o mandato municipal, a nosa organización non entende a falla de ritmo e de vontade política que trasluce o Goberno para impulsar os trámites necesarios para facer realidade a protección de Menáncaro. Desleixo e desinterese semellan presidir o non facer do Goberno Municipal no que atinxe a Menáncaro.

A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, subliñou que non pode ser que unha modificación puntual que debe realizarse en tres meses acumule un retraso de case dous anos. A masa forestal situada no val de Aneiros ou da Sardiña, coñecida como fraga de Menáncaro, ten unha singularidade certa para o noso concello polo valor das carballeiras que acubilla, o seren unha especie pouco presente no noso termo municipal. A nosa organización entende que hai que acelerar os traballos que lle corresponden o concello para achegar a tan esperada protección.

Aínda no Pleno de novembro do ano pasado, o Goberno Municipal voltou a esquivar a cuestión e trouxo a elaboración dun estudo e a suspensión de licenzas de urbanización nun área que xa deixaba fóra a zona das Regueiras. Esquerda Unida subliñou entón que a fórmula boa, a que garante que a fraga de Menáncaro quede a salvo de calquera ataque urbanístico é a da aprobación da modificación puntual, a cal o Goberno demora sine die.

Esquerda Unida considera que o reforzamento da protección de Menáncaro cobra unha particular urxencia diante do cambio de Goberno na Xunta, cun Goberno que defende unha política marcada pola flexibilización ou aceptación do todo vale en materia de urbanización, como xa están a evidenciar as primeiras medidas adoptadas nese eido.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
19 de agosto de 2009 13:53

Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un informacións de EU demandando a modificación puntual para a fraga de Menáncaro. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

_____________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com

_________________

mércores, novembro 26, 2008

A Asemblea Xeral de Ártabra 21, acordou acudir ao Pleno, para apoiar coa nosa presencia a nosa demanda de proteción integral para a Fraga de Menáncaro


[Documentario Editado por SGHN e ADEGA, Novembro 2005 Feito por Yosy (c)]

PLENO MUNICIPAL O 27 DE NOVEMBRO
O vindeiro xoves, día 27 de Novembro de 2008, vai ter lugar un maratoniano pleno municipal do Concello de Ferrol, cargado de pontos na orde do día e un sinfín de mocións. Mais o que nos trae ao caso é que no ponto 16 da orde do día, pode que se resolva unha fase máis na proteción da Fraga de Menáncaro, ao ser incluida na proposta do "Grande Anel Verde", segundo o concelleiro de urbanismo, Ángel Mato, que levará ao pleno a prosta de suspensión de concesión de licenzas de obras, parcelamento, demolición e edificación na zona da contorna proposta para recalificar, así como o acordo de solicitar un estudo para a delimitación dun espazo protexido e a conseguinte modificación do PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal], para recalificar a zona delimitada como zona verde de especial proteción.

A ACTITUDE OPORTUNISTA DO GRUPO VOZ
Merece una mención aparte a nova actitude oportunista do "Grupo Voz" que sen nengún tipo de autocrítica, do papel xogado neste asunto, nas noticias publicadas nestes días sobre o tema limitan-se [por fin] a informar do asunto, até reproduce informes da Dirección Xeral da Conservación da Natureza, destacando as excelencias do paraxe natural, logo da actitude carroñeira, de desvirtuar durante máis de dous anos, as demandas veciñais e ecoloxistas de proteción do espazo natural de Menáncaro, posicionando-se sempre do lado dos especuladores, até desinformando repetidas veces sobre o proxecto, situando a proxectada urbanización de chales e hotel, nas "inmediacións ou ao lado da Fraga de Menáncaro" cando esta estaba proxectado facé-la no mesmo corazón da carballeira [Mais seguro que isto non acaba aquí].

A IMPORTANCIA DA LOITA VECIÑAL E ECOLOXISTA
A loita veciñal e ecoloxista, levada pola propia Comunidade Menáncaro e as organizacións ecoloxistas, ADEGA, VERDEGAIA e SGHN, foi intensa que data de cando se elaborou o actual PXOM, ao que se presentaron alegacións para a súa proteción o 16/11/1999, por parte de Antón Fortuna, daquela membro de ADEGA, hoxe de VERDEGAIA. Posteriores agresións foron denunciadas e combatidas polas organizacións ecoloxistas, mais desde o verán de 2005 cando a ameaza da proxectada construción da urbanización con luxo e hotel e 79 chalés, a loita pola proteción da Fraga adquireiu maior relevancia, mesmo en internet, a busca da palabra "Menáncaro" non daba nengún resultado, hoxe en calquer buscador dá "5.880" resultados e pola palabra "Menáncara" daba "4" resultados e hoxe son "469". Isto dá unha ideia do importante da loita veciñal e ecoloxista.

APOIO DE ÁRTABRA 21
Na última Asemblea Xeral de Ártabra 21, acordou-se acudir ao Pleno, para apoiar coa nosa presencia a nosa demanda de proteción integral para a Fraga de Menáncaro.
________________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com
____________________

O "Grande Anel Verde", do Concello de Ferrol incluirá a "Fraga de Menáncaro", segundo Angel Mato, Concelleiro de Urbanismo

A Comunidade Menáncaro e as organizacións ecoloxistas veñen mantendo contactos coa Concellería de Urbanismo desde hai tempo e de forma periódica, nun exercicio de controlo democrático da marcha da execución dos acordos plenarios e compromisos electorais e de goberno, referidos a protexer a Fraga de Menáncaro das mans especuladoras e conserva-la como espazo natural de alto valor ecolóxico e pasaxístico. O pasado Xoves, 19 de Novembro foi a última reunión mantida, onde se informou dos pasos que se ían a dar, de propor o estudo para a limitación dun espazo protexido e a conseguinte modificación do PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal]. Hoxe sae no medios a noticia, polo que pola importancia da mesma, a transcribimos a continuación.

Menáncaro, carvallo centenario [Miguel Angel Fernández]

O Concello de Ferrol propón unha zona verde de 110.000 metros cadrados na fraga que PP e IF querían urbanizar

O BNG xa votou a favor do proxecto na Comisión de Urbanismo, pero o PSdeG necesita de máis apoios para sacalo adiante no pleno

FERROL, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

O goberno local de Ferrol, presidido en minoría polo PSDEG, levará ao pleno municipal a paralización durante un ano da concesión de licenzas de parcelamiento, edificación e derriba nun área de 110.000 metros na contorna da Fraga de Menáncaro, como paso previo á modificación do plan urbanístico para preservar a zona e crear un "gran anel verde".

O PSdeG levou á Comisión de Urbanismo de hoxe a paralización da concesión de licenzas e o estudo sobre o ámbito urbanístico dun "eixo verde" que se estenderá desde a ensenada da Malata ata o Val de Mandiá, con ramificacións cara aos lugares da Bailadora e de Pazos, seguindo o río Sardiña, un das últimas contornas fluviais respectados polo crecemento urbanístico.

A Fraga de Menáncaro, que se incluirá no "anel verde" anunciado hoxe polo concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, converteuse nun dos principais conflitos cidadáns para a anterior coalición municipal formada por PP e Independentes por Ferrol. O seu proxecto de urbanización da zona con 80 chalés e un hotel de luxo provocou airadas protestas veciñais e foi finalmente anulado en agosto de 2007, tras as eleccións municipais e a vitoria dos socialistas, polos votos do PSOE, de EU e do BNG.

O valor da fraga está avalado por informes da Consellería de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de Patrimonio, que constatan a presenza de ata 12 especies en perigo de extinción -sobre todo anfibios e réptiles-, de aves como falcóns peregrinos, de carballos e castiñeiros centenarios, e de elementos patrimoniais como muíños e mámoas ou castros en vías de catalogación.

NECESIDADE DE APOIOS

A suspensión de licenzas durante un ano e a aprobación do estudo sobre o "eixo verde" foron votados a favor na Comisión de Urbanismo polo PSOE e o BNG. Os outros tres grupos políticos, PP, EU e IF, reserváronse para o pleno. Os socialistas precisarán o apoio dalgunha destas formacións ante a súa situación en minoría, con nove concelleiros de 25, que non liquida o apoio dos nacionalistas, con só dous edís.

Os dous puntos serán abordados no pleno municipal desta semana, como paso previo á modificación puntual do Plan Urbanístico para a zona e a súa adaptación á Lei do Só de Galicia. Anxo Mato fixa o prazo de 12 meses para concretar, co visto e prace da Consellería de Política Territorial, uns cambios que permitirán crear "espazos públicos de esparexemento e lecer" con rutas peonís ou para bicicletas, similares aos que existen nas contornas fluviais de Ourense ou Lugo.

O goberno local confía en dispor de investimentos procedentes do Ministerio de Medio Ambiente ou da Unión Europea, para avanzar nun proxecto de "urbanismo compatible coa preservación da contorna" co que se aproveitará a "oportunidade" que para a Administración supón o chegar a tempo de evitar un prexuízo que sería irreparable", segundo afirmou Anxo Mato.

O Concello encargará tamén unha valoración sobre as indemnizacións ás que terá que facer fronte debida ao cambio de cualificación puntual do chan. En todo caso, Mato sostén que, como na contorna da Fraga de Menáncaro "a propiedade do chan non vai cambiar", a Administración local tan só tería que facerse cargo dos traballos técnicos realizados no proxecto de urbanización.

Enlace coa noticia orixinal
______________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com
______________

martes, setembro 09, 2008

O BNG insta a PSOE-IU a aclarar o seu posicionamento sobre a urbanización de Menáncaro

De: Ferrol BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de setembro de 2008 10:08
Asunto: Informacion BNG


O BNG insta a PSOE-IU a aclarar o seu posicionamento sobre a urbanización de Menáncaro

O grupo municipal do BNG instou hoxe ao alcalde da cidade a aclarar o posicionamento do goberno do concello a respecto da urbanización de Menáncaro logo da contratación como asesora do equipo de goberno dunha das redactoras do Plan de Sectorialización que contempla a destrución da carballeira para levantar vivendas unifamiliares e un hotel.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, amosou a súa preocupación polo retraso que o goberno municipal acumula na tramitación do expediente de paralización da urbanización de Menáncaro que pode concluír na invalidez do acordo adoptado pola Corporación municipal hai máis dun ano asi como que os promotores deste proxecto teñan vía libre para acometer o mesmo.

O BNG quer saber como vai influir no posicionamento da equipa de goberno local, PSOE-IU, o feito de que unha persoa vinculada directamente á redacción deste Plan forme parte do plantel de persoal de confianza do Goberno Local e máis traballando directamente como asesora do departamento de urbanismo.

O portavoz nacionalista, Xoán Xosé Pita, advertiu que o BNG vai estar vixiante aos movementos de PSOE-IU co fin de evitar que unha urbanización totalmente irracional se desenvolva na carballeira de Menáncaro.

Ferrol a 8 de setembro de 2008
_______________

mércores, xaneiro 30, 2008

Outra volta na Defensa da Fraga de Menáncaro

A Comunidade Menáncaro e as organizaçons ecologistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, mantivémos umha reuniom o passado 17 de Janeiro, nos locais da delegaçom ferrolám da SGHN, para analisar a situaçom na que está o processo para a proteçom definitiva da Fraga de Menáncaro.

As organizaçons ecologistas e a Comunidade, venhem mantendo reunions de seguimento, entre elas e também co Concelheiro de Urbanismo, Sr. Mato.

A reuniom de mais calado, foi no mês de Julho do passado ano, onde participou o Alcalde, Sr Irisarri e vários concelheiros. Reuniom onde os representantes do Governo Municipal formulárom o seu plano de actuaçom, despois de que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, através da DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓn AMBIENTAL [11.06.2007] e da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE [06.07.2007], requerira ao Concelho, no praço dum mês desde a última notificación, a anular ou revogar o acordo de aprobaçon definitiva adoptado na sessom plenária extraordinária do 20 de abril de 2007. Cousa que ocurreu, por acordo plenario, o dia 3 de agosto de 2007, onde se aprovou a "proposta de iniciación do expediente de revison de ofício do acordo citado de data 20 de abril de 2007", para a sua anulaçom. Por motivos de índole administrativo o Concelho deixou transcurrir o praço máximo de três meses, para elevar ao "Consello Consultivo de Galicia" a proposta citada, polo que nom lhe queda mais remédio que iniciar de novo o procedimento, comezando pola convocatória dum pleno extraordinário, cousa que até agora nom se fixo.

No requerimento da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, do 6 de Julho de 2007, na sua parte final, manifestava que o citado requerimento ten carácter de "dilixencia preliminar á presentación dun recurso contencioso-administrativo entre dúas administracións públicas, segundo dispón o artigo 44.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa", polo que exigimos à Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que apresente o citado RECURSO.

Muitos son os motivos polos que no se tinha que ter aprovado o "Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes", mas a razom pola que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, considera que o acordado polo Pleno do Concello de Ferrol o 20 de Abril de 2007, é nulo de pleno direito, é que o proxecto urbanístico non cumprimentou o trámite de someter a "Avaliación de impacto ambiental", procedemento de avaliaçom ambiental estratégica exigido pola Lei 9/2006, de 28 de abril.

Pola importáncia da notícia publicada no dia de hoje no jornal comarcal Diario de Ferrol, transcrevemos a mesma a continuaçom, assim como publicamos a nota de prensa enviada pola SGHN, no nome da Comunidade Menáncaro e as já mencionadas organizaçons ecologistas da Comarca.

DIARIO DE FERROL
30.01.2008
Presentan un contencioso contra a aprobación do proxecto de chalés na zona de Menáncaro
En abril do pasado ano, co grupo de PP e IF á fronte do goberno local e nun polémico pleno no que a oposición non estivo presente, aprobouse o plan de sectorización de Menáncaro. O proxecto de urbanización incluía a construción de 69 chalés de luxo e un hotel nas inmediacións dunha fraga centenaria.

REDACCIÓN > FERROL
A zona de Menáncaro conta cunha fraga centenaria que debe ser conservada

A pesar de que a Xunta informou desfavorablemente sobre o proxecto, a coalición PP-IF acolleuse a que este ditame foi presentado fóra de prazo para esgrimir a figura do silencio administrativo e dar o visto e prace ao plan.

O cambio de goberno (PSOE-EU) supuxo para o proxecto un novo xiro e así se anunciou que levaría a pleno a revogación do acordo do plan de Menáncaro, algo que respondía a un compromiso electoral e de pacto de goberno. O pleno da corporación aprobou, deste xeito, o 3 de agosto o inicio do procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo plenario de 2007, pero desde entón non se volveu a saber nada do tema. O único que se deu a coñecer, e non precisamente positivo, é que o expediente referido á urbanización de Menáncaro, resultado do acordo de agosto e que debería ser remitido ao Consello Consultivo da Xunta, caducou en novembro.

Ante esta situación, os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro -Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN e Adega-Trasancos- acordaron nunha reunión mantida o rexeitamento á aplicación do silencio administrativo para a aprobación do proxecto, recordando que as resolucións de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de urbanismo expuxeron no seu día que o plan non respondía á lexislación vixente, polo que non se lle podía aplicar o silencio administrativo.

Así mesmo, un dos propietarios afectados pola urbanización presentou un recurso contencioso contra a aprobación definitiva do proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro finalizaba o prazo establecido para tal fin. Así mesmo, reclámase das administracións competentes que se recalifiquen os terreos como chan rústico de especial protección, xa que a cualificación actual non respecta, a xuízo dos afectados, a Lei de Ordenación do territorio, Lei de Augas, Lei de Montes e Lei do Só, ademais de non adaptarse ao PXOM por non incluír un Catálogo de Bens Protexidos, non contar con tres hectáreas para edificación e non dispor de terreos regulares e de pendentes reducidas.

Estas medidas, segundo o colectivo opositor á urbanización, responden a un incumprimento dos seus compromisos por parte do goberno ao "non anular a aprobación definitiva do plan de sectorización de Menáncaro-Serantes e de protexer legalmente a carballeira existente nesa zona". Ante esta situación, que, segundo as entidades ecoloxistas e veciños da zona que integran a plataforma, limítase a ser unha declaración de intencións pero que non queda de manifesto en ningún documento legal, os afectados piden, ademais, unha entrevista urxente co alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, co obxectivo de que se lles explique o motivo do que consideran un deixamento municipal.

Desde o colectivo explícase que están dispostos a retirar o contencioso aberto se o Concello toma as medidas oportunas, pero, de non ser así, deben ser as entidades as que fagan fronte a esta situación para intentar salvar unha zona de máximo interese natural e que, polo menos deuse a entender, tamén interesaba ao goberno, aínda que aínda non fixo nada respecto diso.

Enlace coa noticia orixinal
________________________


De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 11:50
Asunto: Nota de Prensa


Nota de Prensa
Prégase a súa publicación

@s afectad@s polo Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes presentan un Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva de dito proxecto.

Denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polo Governo local de anular a aprobación definitiva de dito plan e de protexer a Carvalleira de Menáncaro.

Os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro (Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes); nomeadamente a Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN-Ferrol e ADEGA-Trasancos, mantiveron a semana pasada unha xuntanza na que se analizou a actual situación e se acordaron as seguintes accións a emprender:

- Rexeitar unha vez mais a aplicación do silenzo administrativo para tentar validar a aprobación do proxecto, dado que a Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, no seu artigo 89.3 establece que non se aplicará o silenzo administrativo estimatorio cando os planos ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á lei, aos planos de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación. As resolucións prescriptivas da Consellería de Medio Ambiente e mais da Dirección Xeral de Urbanismo xa expresaron, no seu día, que o Plano de Sectorización de Menáncaro non se atiña á lexislación vixente, polo que non se lle pode aplicar o silenzo administrativo. Calquera actuación que desestime as prescripcións sinaladas levaría ao Concello a incurrir en graves infraccións urbanísticas.

- Presentación dun Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva do devandito plan por parte dun dos veciños afectados polo proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro remataba o prazo establecido.

- Continuar esixindo ás administracións competentes o restablecimento da legalidade. Un dos requerimentos é que os terreos afectados se recalifiquen como Solo Rústico de Especial Proteción, dado que a cualificación actual (solo urbanizable non delimitado) non respecta as prescripcións da Lei de Ordenación do Territorio e infrinxe varios artigos da Lei de Augas, da Lei de Montes e da Lei do Solo, ademais de non adaptarse ao PXOM en varios aspectos:

a) O Plano Xeral inclúe esta zona no seu Catálogo de Bens Protexidos.

b) A superficie mínima establecida no PXOM para a edificación en cidade xardín é de tres hectáreas, superficie non existente no caso de respectar a carvalleira e máis o río e o seu bosque de ribeira.

c) Tamén se dispón que os terreos deben ser regulares e de pendentes reducidas, condicións que tampouco se cumpren.

O motivo polo que nos leva a emprender novas accións débese a que o actual Governo local incumpriú os seus compromisos de anular a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes e de protexer legalmente a Carvalleira de Menáncaro. Por esta razón solicitamos, ademáis, unha entrevista urxente co Alcalde ferrolán para que nos explique o motivo deste desleixo.


*Máis información: 981352820 (SGHN) e 616039268 (Verdegaia).
________________

649779774 [ADEGA]
630287900 e 645158113 [Comunidade Menáncaro]
________________
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com

sábado, agosto 04, 2007

Comeza o proceso para protexer a Fraga de Menáncaro de futuros intentos de especulación urbanística

Pola importancia do asunto, transcribimos estas novas que publican hoxe Lorena Bustabad no xornal "El País" e a redacción do "Diario de Ferrol", sobre o resultado do Pleno do Concello de Ferrol, celebrado onte, 3 de agosto, ás 11 da mañá, no ponto sobre a Fraga de Menáncaro.

Menáncaro, carvallo centenario [Miguel Angel Fernández]

O goberno de Ferrol blinda a fraga de Menáncara para impedir que se urbanice
Socialistas e EU anulan definitivamente os orzamentos para 2007 herdados do PP
LORENA BUSTABAD - Ferrol - 04/08/2007

Dunha plumada, o goberno local de Ferrol tombou onte dous dos proxectos impulsados pola anterior corporación municipal, ao iniciar os trámites para impedir a urbanización de Menáncara e rexeitar os orzamentos deseñados polo PP para o 2007. A coalición de socialistas e EU no goberno local argumenta que quere redeseñar as contas públicas e reestablecer a legalidade urbanística na fraga de Serantes para protexela de futuras ambicións inmobiliarias. Desde a oposición, PP e Independentes por Ferrol (IF) interprétano como un desquite político.

Entre abrazos e aclamacións, veciños e ecoloxistas aplaudiron onte a decisión do goberno local de Ferrol de iniciar os trámites administrativos para revogar o acordo plenario que autorizaba a urbanización da fraga de Menáncara, aprobado o 20 de abril pola anterior coalición PP-IF. Nos últimos meses, asistiron a practicamente todos os plenos da corporación portando pancartas que denunciaban a destrución dun bosque centenario na contorna do río Sardiña, na parroquia de Serantes. "Levamos dous anos loitando e reclamando" manifestou Ramón Regueiro, un dos veciños afectados, "para nós isto é un éxito". A alegría dos veciños chocaba coas manifestacións da oposición municipal. "Nada lles vale, nin os soldos" replicaba un edil popular para referirse ás últimas decisións do goberno de paralizar as obras da praza de España e modificar á alza as táboas salariais dos edís.

A proposta para anular o Plan de Sectorialización de Menáncara aprobouse onte en pleno extraordinario cos votos a favor do executivo local e o respaldo do BNG, a abstención popular e a oposición de IF. O líder da formación, Juan Fernández, que figura como propietario de gran parte dos terreos que ambicionaba a promotora Bros Noroeste, ausentouse durante o debate aínda que permaneceu apostado na porta do salón de plenos seguindo o desenvolvemento dunha sesión non exenta de polémica.

O edil de Urbanismo, Anxo Mato, do PSDEG, defendeu a necesidade de protexer canto antes un espazo natural único que desde o 2000 figura na achaiadura urbanística como chan rústico urbanizable. Desde os bancos da oposición, o independente Francisco Pita Romeu, impulsor do proxecto na súa etapa á fronte da concellaría de Urbanismo, cuestionou a validez xurídica do proceso de anulación, mentres os populares responsabilizaron do agravio ao goberno autonómico. "Se os informes da Xunta chegasen a tempo, hoxe non estariamos aquí", manifestou o popular Guillermo Evia.

Este arquitecto, a quen Juncal sitúo como responsable de Urbanismo no lugar de Pita Romeu, aprobou o Plan de Sectorialización de Menáncara por silencio administrativo a despeito do criterio de Medio Ambiente e Política Territorial, que emitiron, fóra de prazo, ata tres informes desfavorables en contra dun proxecto que pretendía edificar 69 chalés encostados e pareados sobre o corazón da fraga. A Xunta advertiu que o impacto da urbanización sería "irreversible" e en xullo requiriu formalmente a revogación dun plan, que segundo Anxo Mato, aprobouse sen o correspondente informe de avaliación de impacto ambiental.

A decisión do goberno de Irisarri de rexeitar os orzamentos da anterior corporación para 2007 tampouco sentou nada ben nas filas populares. Desde os bancos da oposición acusaron ao executivo local de servirse dun "capricho" para "dilapidar" varios meses de traballo na área económica do concello cunha política de "terra queimada". O anterior alcalde, Juan Juncal, defendeu o "realismo" dunhas contas que superaban os 48 millóns de euros e que se aprobaron inicialmente a principios de maio, vinte días antes dos últimos comicios. Juncal acusou a Irisarri de pretender "demonizar todo o que ten que ver co goberno anterior" mentres o concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, responsabilizou ao executivo anterior de reflectir nas contas públicas "un falso crecemento" orzamentario.

O edil socialista sostén que o documento económico elaborado polo PP era unha "prórroga encuberta" das contas do 2006. Denunciou, ademais, que no último mandato non houbo "un control exacto do gasto público" e recordou que o municipio está abonando os intereses de varios créditos aínda sen investir. O goberno finalizará o presente exercicio cunha nova prórroga sobre os orzamentos do ano anterior para iniciar o deseño doutro documento económico para 2008, previsto para outubro.

Enlace coa noticia orixinal en "El País"
____________


Diario de Ferrol

Ferrol | Sábado, 4 de Agosto de 2007

Inicio dos trámites para a recualificación e protección da Fraga de Menáncaro

O tema de Menáncaro tamén suscitou un amplo debate no pleno de onte, sobre a proposta de iniciou do procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo plenario de 2007 que estableceu a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncaro por silencio administrativo. A proposta de PSOE e EU contou co respaldo do BNG e o voto contrario de IF, cuxo portavoz ausentar do debate.

O edil de Planificación e Coordinación de Urbanismo, Anxo Mato, explicou que o goberno municipal adoptou esta decisión para dar cumprimento ao principio de legalidade que a Administración debe garantir. Destacou, así mesmo, o indubidable valor ecolóxico da fraga de Menáncaro e recordou as resolucións emitidas pola Xunta que establecen a existencia de causas de nulidade de pleno dereito. Nesta liña, e ante a insistencia do PP en que os informes de Medio Ambiente chegaran fóra de prazo, por iso é polo que o anterior goberno aprobase o Plan pola vía do silencio administrativo, Anxo Mato asegurou que "a extemporalización dun informe non legaliza algo que é ilegalizable".

O anterior edil de Urbanismo, Guillermo Evia (PP) manifestou que non ía ser el quen defendese a sectorización de Menáncaro, pero incidiu en que cando se aprobou a clasificación de chan rústico tipo A apto para o desenvolvemento urbanístico foi no ano 2000, cando ostentaba a Alcaldía o BNG, co apoio do PSOE. "Se os informes da Xunta chegasen ao seu debido tempo non estariamos agora debatendo isto", manifestou, momento no que xurdiu un pequeno incidente, cando alguén do público díxolle que os paralizou el.

Despois de que o alcalde, Vicente Irisarri, puxese orde na sala, Evia continuou dicindo que el actuara en base a eses informes e que lle gustaría que o goberno recoñecese onte que se trataba dunha decisión política.

Desde IF indicouse que o que se estaba sometendo a aprobación era o inicio dun expediente "que poida que acabe na revogación do acordo",animando ao goberno a que "inicie de verdade a recualificación, porque isto só é culpar ao goberno anterior".

A portavoz de EU, Yolanda Díaz, cualificou a xornada de onte de "un día de ledicia para Ferrol, porque se vai poñer freo a un problema ambiental".

Pita, do BNG, precisou que o problema está "na vontade que tivo un goberno de facer aí unha urbanización, que nós sempre rexeitamos" e non na modificación do Plan Xeral no ano 2000.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
_______________

MENÁNCARO
Blog da Comunidade Menáncaro
Fraga de Menáncaro Formación Senlleira
Expresso de Menáncaro
Artigos publicados no Blog da PA21

_________________

Menáncaro, Gaiteir@s cruzando o río Aneiros [Miguel Angel Fernández]
___________________

xoves, agosto 02, 2007

A Fraga de Menáncaro ao Pleno do venres, 3 de Agosto, para anular o acordo ilegal e especulativo, do pasado goberno da dereita

Este venres, 3 de Agosto, ás 11 da mañá terá lugar o Pleno Municipal do Concello de Ferrol, para anular o acordo Plenario do pasado 20 de abril, onde cos votos do PP e IF, aprobaron o Plano de Sectorización de Menáncaro, que pretendía urbanizar con 69 chalets e un hotel, un espazo natural de grande valor ecolóxico e natural, alegando silencio administrativo positivo.

A defensa da Fraga de Menáncaro, ten anos de loita, mais nestes dous últimos anos a súa intensidade foi en aumento. A Comunidade Menáncaro, que agrupa á veciñanza e ecoloxistas, foi unha parte moi importante da loita popular que se desenvolveu na defensa da Fraga. A mobilización social foi fundamental para conseguir vencer a política especulativa do pasado goberno de Juncal e Fernández, evitando a desaparición dun dos poucos bosques de especies autóctonas que hai en Ferrol.

Agardemos que este venres, coa anulación dos ilegais acordos Plenarios do pasado 20 de abril, comece o proceso para recalificar o lugar e dotar a toda a Fraga de Menáncaro dunha figura protectora do entorno natural, como así vimos demandando a veciñanza e os colectivos ecoloxistas.
______________________

Documentario realizado polas entidades ecoloxistas, onde se pode apreciar a imensidade e o valor da Fraga no seu conxunto. Realizado pouco despois de saberse que a Fraga de Menáncaro estaba ameazada por unha posibél especulación urbanística.

En formato mpg, cunha duración 6 minutos 43 segundos.
Editado por SGHN e ADEGA, Novembro 2005
Feito por Yosy (c)

DISCO CDR. ...


_____________________

venres, xullo 06, 2007

A Xunta de Galicia, require a anulación dos acordos que aproban o Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes

No transcurso desta semana, a Comunidade Menáncaro, na que participan a veciñanza do lugar e organizacións ecoloxistas, veñen mantendo reunións con representantes do Concello de Ferrol, con motivo de afrontar dun mellor xeito posíbel a paralización do proxecto especulativo, que o anterior goberno municipal, da dereita, impuso á cidadanía, apesar de tratarse dun proxecto urbanístico que ameazaba un dos escasos bosques de especies autóctonas, senlleiro e singular que queda no concello.


O Alcalde visita a Fraga de Menáncaro


A última xuntanza consisteu na realización dun roteiro pola Fraga o pasado mércores, 4 de xullo. No transcurso do mesmo avaliouse a situación e os respresentantes do goberno municipal puideron apreciar o valor ecolóxico e pisaxístico do contorno natural na zona, ademais de poder comprobar sobre o terreo que o proxecto especulador non ten cabida no lugar, pois non respectaría a singular carvalleira con especies centenarias, nen o resto do bosque que brota intensamente en toda a Fraga. Puidose comprobar como o Plano de Sectorización, ilegalmente aprobado o pasado 20 de Abril, incumpre o mesmo PXOM no seu artigo 149 que a pesar da inesplicábel recalificación, obriga á protección do bosque de caducifolias e do leito do río, cousa que o Plano de Sectorización non fai, nen pode, pois non dispón de espazo suficiente para a súa aplicación. Mais o máis importante é a protección do conxunto da Fraga, polo seu valor ecolóxico, paisaxístico e medioambiental. Os respresentantes do goberno municipal [o Alcade Vicente Irisarri e o concelleiro de urbanismo Angel Mato] coinciden cos representantes ecoloxistas e veciñais, na necesidade de conservar o patrimonio natural que representa a Fraga de Menáncaro, dotandoa dunha protección especial e recalificando, como non urbanizábeis, as parcelas do sector.


Antecedentes do requerimento de anulación


O pasado 14 de xuño, A Comunidade Menáncaro, recibeu un escrito da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, onde se lles comunica, en resposta a varios escritos remitidos entre os meses de febreiro e maio deste ano, que o Concello non pode realizar nengunha actuación con respecto ao proxecto urbanizador dentro da Fraga de Menáncaro sen previamente someter o Plano de Sectorización ao trámite de avalición de impacto ambiental. Ao tempo que notifica que de non ser así, o Concello estaría a cometer unha infracción moi grave, segundo o disposto no RD Lexislativo 1303/1986 na úa actual redacción. Posteriormente emiteuse un informe desfavorábel ao proxecto urbanizador, onde advirte ao Concello de que non se podía aprobar o Plano de Sectorización, sen o trámite de avaliación de impacto ambiental e agora xa fai un escrito de requerimento onde insta á anulación do proxecto especulativo, dando de plazo un mes.

Siguen as mentiras e manipulacións do Grupo Voz


Unha vez máis o xornal La Voz de Galicia, na súa edición comarcal minte e manipula na súa información sobre o proxecto urbanístico e a Fraga de Menáncaro, non sabemos cais poden ser os intereses oscuros e inconfesábeis que moven a este xornal a actuar deste xeito, desde o comezo da loita veciñal e ecoloxista, logo de coñecerse o Plano de Sectorización en Xuño de 2005, este xornal e o seu medio radiofónico RADIOVOZ ven mantendo un apoio as veces solapado outras directo a este proxecto especulador, intentando desprestixiar ao movimento cidadán, tanto nesta como noutras loitas populares [Sartaña, Recimil, ...].

Imos por partes, sempre que falan do proxecto urbanístico poñen a Juan José Fernández García [anterior teniente alcalde e persoa moi interesada neste proxecto] a salvo de toda sospeita, mais "escusato non petita, acusato manifesta". Isto poda que teña unha importancia relativa, mais o que é sangrante é que este xornal, La Voz de Galicia, para falar da localización do proxecto urbanístico, sempre o situa "al lado de una fraga...", " .. en las inmediaciones de una fraga, .." e agora ao dar a noticia di textualmente no titular "La Xunta ordena paralizar el plan para urbanizar al lado de una fraga de Ferrol". A noticia segue no seu interior con outro despropósito "ubicado en la parroquia de Serantes y en el que estaba en proyecto levantar una urbanización muy próxima a una fraga a la que se atribuye alto valor ecológico".

O proxecto urbanístico, pretendía construirse no mesmo corazón da Fraga, é mais desaparecería case toda Carvalleira. Algún día saberase a que ven está actitude do Grupo Voz.

Para ampliar clicar acima da imaxe

Este xornal tamén soe utilizar a figura de falta de protección da Fraga "La oposición municipal y varios colectivos vecinales denunciaron el daño que causaría en una fraga que aunque no está protegida sí posee interés ecológico.", mais ocultando un dos aspectos mais importantes, aindaque a Fraga non ten unha figura de protección integral, está protexida a carvalleira e o leito do río, no artigo 149 do PXOM, así como a protección que supon estar dentro do “Catálogo Municipal de bens protexidos”, ou que na Lei de Solo hai prohibición expresa de urbanizar neste espazos, pois a Fraga de Menáncaro é o mellor rodal de bosque autóctono caducifolio do Concello de Ferrol. Falta que este xornal lembre as contradicións que supuña que a concellería e a comisión municipal de medio ambiente solicitara a inclusión da Fraga de Menáncaro no catálogo Galego de Formacións Senlleiras ou mesmo que a Fraga de Menáncaro figurará com un dos poucos paseos turísticos polo patrimonio natural do concello establecidos polo anterior goberno municipal.


A Lei obriga ás administracións a protexer os espazos naturais


Mais se cadra é máis importante, ao que a Lei obriga aos gobernantes e responsábeis das administracións públicas: a Lei 41/1997 de 5 de novembro MODIFICA A LEI 4/1989, DE 27 DE MARZO, DE CONSERVACIÓN DOS ESPAZOS NATURAIES E DA FLORA E FAUNA SILVESTRES, no seu artigo 26, apartado 1 que di"As administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para garantir a conservación das especies, da flora e fauna que viven en estado silvestre ..., con especial atención ás especies autóctonas" e a lei galega: Lei 9/2001 CONSERVACION DA NATUREZA 21/08/2001, no seu apartado 2: "Todas as administracións, no ámbito das súas competencias, aseguraran a manutención, a protección, a preservación e maila restauración dos recursos naturais, con independencia da súa titularidade ou réxime xurídico, garantindo que a xestión daqueles se produza sen mingua da súa potencialidade e compatibilidade cos fins da súa conservación", sobran palabras.


As responsabilidades políticas e persoais da concelleira e concelleiros que aprobaron o Plano de Sectorización


Polo que as persoas, alcalde, concelleiros e concelleira que aprobaron o pasado 20 de abril, a sabendas que era un acordo inxusto e que non se axustaba á legalidade, son as responsábeis en última instancia, das consecuencias derivadas dos seus despropósitos.

Juan Manuel Juncal Rodríguez (PP)
José Manuel Vilariño Anca (PP)
Manuel Honorio Bustabad Ferreiro (IF)
José Manuel Rey Varela (PP)
Marta Cerdido Pintos (PP)
Vicente Lorenzo Luque (PP)
Guillermo Evia Pérez (PP)
Amador Rodríguez Silvar (PP)
Francisco Pita-Romero Caamaño (IF)
Leopoldo Ibáñez Santiago (IF)
José Manuel Couce Fraguela (IF)
José Luis Amado Caeiro (IF)

[Ausentouse do pleno, cando se realizou a votación, Juan José Fernández García (IF), por ser unha parte interesadísima en todo este negocio].

Os relacionados deixaron de cumprir a súa obriga como responsábeis públicos e se posicionaron claramente a favor dos intereses especulativos.

Os xurídicos e técnicos municipais, Oficial Maior e Arquitecto Municipal de Planeamento, así como o Secretario Xeral do Concello, non están esentos de responsabilidade, mais este é un asunto aparte, a analizar.

Se o Concello, é dicer todas e todos o cidadáns, tivera que indenizar á empresa promotora, por neglixencia dos anteriores gobernantes e os concelleiros e concelleira antes mencionados, deberían responder estes co seu patrimonio como así establece a lexislación vixente, pois as responsabilidades políticas e persoais son manifestas.


A noticia no Diario de Ferrol


Transcribimos a noticia publicada no xornal comarcal Diario de Ferrol, pola súa importancia:

Diario de Ferrol
Ferrol | Venres, 6 de Xullo de 2007

Reclaman ao Concello a anulación do plan de Menáncaro

A Consellería de Medio Ambiente tomou cartas no asunto con respecto a algúns proxectos urbanísticos previstos para distintos puntos de Galicia como é o caso de Ferrol e Sanxenxo. No caso do primeiro municipio, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible requiriu ao Concello ferrolán que anule, no prazo dun mes, o plan de sectorización de Menáncaro, na parroquia de Serantes, por non pasar polo proceso de avaliación ambiental esixido pola lei 9/2006, de 28 de abril, que entrou en vigor fai un ano. O alcalde xa informou de que acatará a lei, xa que, ademais, as formulacións da Xunta de Galicia coinciden de pleno cos seus propios.

O controvertido plan de Menáncaro parece destinado a non ver a luz, a pesar de ser aprobado por unanimidade no pleno do 20 de abril. Unha unanimidade relativa, xa que só os edís do PP e IF permaneceron nesa sesión plenaria, polo que os votos foron só os do goberno de entón.

Agora, o novo executivo será o que deba facer fronte á decisión da Xunta, que, a través da Consellería de Medio Ambiente, require que se anule, no prazo dun mes o citado plan de Menáncaro.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible explica que o motivo desta anulación é que se procedeu á aprobación do plan -que ten por obxecto a construción de chalés na parroquia de Serantes- e á posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia sen pasar anteriormente o proceso de avaliación ambiental esixido pola Lei 9/2006, de 28 de abril, que entrou en vigor fai un ano. Así mesmo, como se explica desde a Consellería, o plan non foi remitido á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, segundo constatou o departamento autonómico tras consultar os seus arquivos.

A Xunta concede agora un prazo dun mes para revogar o acordo de aprobación definitiva ou, en caso contrario, a Dirección Xeral procederá á impugnación do proxecto ante a Xurisdicción Contencioso-Administrativa.

Paralización > Pero, nesta ocasión, a Xunta non atopará oposición no Concello, xa que, fronte á intención do goberno PP-IF de sacar adiante o proxecto custe o que custe -contaba con tres informes desfavorables-, o novo equipo PSOE-EU xa manifestou que acatará o requirimento, do que xa se informou ao promotor da urbanización -Bros Noroeste-.

Deste xeito, o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, asegurou onte mesmo que o goberno local farase eco do requirimento remitido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible polo que se insta ao Concello a revogar o acordo plenario polo que se aprobou o plan. Irisarri dará traslado da nova situación ao equipo xurídico municipal para que informe sobre a forma precisa para dar cumprimento á notificación da Xunta.

Coincidencia > O rexedor municipal deixou claro que o seu equipo de goberno non ten interese algún en iniciar ningún contencioso-administrativo coa Xunta, cuestión que o departamento de Manuel Vázquez levaría a efecto se no prazo dun mes o Concello non acata a orde ditada.

Vicente Irisarri afirmou que as formulacións de Medio Ambiente coinciden cos seus propios e, neste punto, recordou que un dos compromisos adquiridos durante a campaña electoral foi precisamente a paralización do citado plan de Menáncaro, cuestión que comparte ao cento por cento co seu socio de goberno, EU-EU, que sempre mostrou unha postura contraria ao proxecto de construción dos chalés de luxo de Menáncaro.

O alcalde recordou, ademais, que a intención do goberno local era levar a pleno esta decisión este mesmo mes, dando así unha saída similar á que se está tomando coa praza de España.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, deu traslado da copia do requirimento recibido nas dependencias municipais ao construtor da urbanización. O edil, do mesmo xeito que o rexedor, subliñou que esta mesma semana mantiveron reunións cos afectados.

_____________

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
___________________

Blog Fraga de Menáncaro Formación Senlleira

Blog da Comunidade Menáncaro
_________________

martes, xullo 03, 2007

Fraga de Ménáncaro: Reunión no Pazo Municipal de Ferrol, entre o grupo de goberno e as organizacións veciñais e ecoloxistas

Onte, 2 de xullo, pola tarde tivo lugar, numha das salas do Pazo Municipal do concello de Ferrol, unha reunión cunha comisión do grupo de goberno municipal, encabezada polo Alcade da cidade, Vicente Irisarri, cunha representación da Comunidade Menáncaro, ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, para analisar a situación do procedimento administrativo con respeito da Fraga de Menáncaro e ver de poñer en práctica as reivindicacións veciñais e ecoloxistas que agora son tamén do grupo municipal, de que a mellor actuación para a Fraga de Menáncaro é non actuar, deixar o espazo natural como está e buscar unha figura de proteción, para o conxunto do lugar. Hoxe ás 8 da tarde o Alcade vai facer unha visita á Fraga para ver o lugar en persoa [quedou aprazada para mañá mércores, 4 de xuño], acompañado de representantes das organizacións ecoloxistas e veciñais.

Por outra banda dicer que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, emiteu un novo informe, onde advirte ao Concello de que non se podía aprobar o Plano de Sectorización, sen o trámite de avaliación de impacto ambiental, polo que de persistir nesa actuación estaríase a cometer unha infración moi grave, segundo o disposto no RD Lexislativo 1303/1986, na súa redacción actual. O que ven facilitar, aínda máis, a argumentación xurídica de paralización do Plano de Sectorización e de proposta para a anulación do acordo plenario do pasado 20 de abril, onde se aprobou o Plano de Sectorización alegando silencio administrativo positivo. Os representantes municipais, manifestaron que nuns 15 días terían ultimado o procedimento a seguir para a paralización do mecionado proxecto urbanístico.

Tratouse na reunión de tres asuntos que preocupan: a continua vertedura de lodos ao río, por parte da Canteiras Ferrolanas, S.A., o paso pola Fraga das lineas de alta tensión de Fenosa e a continua agresión desta empresa á carvalleira para para a realización da manutención das mesmas e por último o vial proxectado no PXOM, no plano 1-25, figura a construción dun viaducto sobre a Fraga, para unir as estrada de Catabois [C-646] e a de Covas [CP-3603], modificada por resolución da Dirección Xeral de Urbanismo o 25 de maio de 2005, mais que aínda segue afectando á Fraga, ademais de tornarse innecesaria por mor da construción dos novos viais de acceso ao porto exterior. Asuntos que quedaron para tratar máis adiante.

Proximamente terase unha nova reunión, no momento no que haxa novas ao respecto do proceso político-administrativo, do rexeitado proxecto especulativo no corazón da Fraga de Menáncaro.
___________________

Blog da Fraga de Menáncaro
____________

venres, xuño 15, 2007

Necesidade de someter o proxecto urbanístico para Menáncaro ao trámite de avaliación de impacto ambiental, di a Xunta de Galicia


A Comunidade Menáncaro, recibeu onte un escrito da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, onde se lles comunica, en resposta a varios escritos remitidos entre os meses de febreiro e maio deste ano, que o Concello non pode realizar nengunha actuación con respecto ao proxecto urbanizador dentro da Fraga de Menáncaro sen previamente someter o Plano de Sectorización ao trámite de avalición de impacto ambiental. Ao tempo que notifica que de non ser así , o Concello estaría a cometer unha infracción moi grave, segundo o disposto no RD Lexislativo 1303/1986 na úa actual redacción.

A mesma Dirección Xeral, fai referencia ao Informe desfavorábel ao Plano de Sectorización, emitido o 16 de Outubo do pasado ano, en pleno vigor, ao que o Concello ten que respostar, en todos os seus pontos, antes de calquer actuación.


_________
Comunidade Menáncaro
menancaro@gmail.com
http://menancaro.blogspot.com
_____________________

venres, xuño 08, 2007

Novo "éxito" do ecoloxismo comarcal, ao conseguirse paralizar o asunto da piscifactoría en Covas

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
"ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)"
-adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Junho de 2007 17:38
Asunto: Parabéns polo novo "éxito" do ecoloxismo comarcal, ao conseguirse paralizar o asunto da piscifactoría en Covas


Parabéns polo novo "éxito" do ecoloxismo comarcal, ao conseguirse paralizar o asunto da piscifactoría en Covas.

A ver se temos o mesmo éxito con Menáncaro:
Apobación definitiva do Plano de Sectorización Menáncao-Serantes [BOP]

e coa mina de andalucita en As Pontes:
Entidades ecoloxistas opoñense á mina de andalucita de Goente

Antonio García

Ferroliño

8 de xuño de 2007




A Xunta descarta de forma definitiva unha planta de acuicultura en Covas
  • El Ministerio de Medio Ambiente dice que estas granjas han de estar fuera de la Red Natura
  • Pesca no incluirá Ponzos dentro del futuro plan de parques de engorde de Galicia
____________________

Relacionadas:
Hai que salvar Pozos

Salvar Ponzos - SOS Ponzos
____________________

martes, maio 22, 2007

Solicitan á Xunta de Galicia que anule o acordo plenario onde se permite a construción da urbanización en Menáncaro e presentan Recursos de Reposición

O pasado venres, 19 de maio, a Comunidade Menáncaro no nome da veciñanza e dos demais grupos ecoloxistas e de participación cidadán, defensores da Fraga de Menáncaro [ADEGA, VERDEGAIA, SGHN e Plataforma Ártabra 21], presentaron no rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol e enviaron por fax, escritos ante a Secretaría Xeral da Presidencia, a Dirección Xeral de Urbanismo e a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que, acolléndose ao disposto na lexislación vixente, actuen en consecuencia co manifestado publicamente e anulen e posteriormente, se é o caso, impugnen o ACORDO PLENARIO onde se aprobou o Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes, que o Concello de Ferrol aprobou, no Pleno Municipal do pasado 20 de abril de 2007, publicado o anuncio no DOG do 11.05.2007, alegando SILENCIO ADMINISTRATIVO POSITIVO; por non ser conforme á LEI e non respectar o PXOM vixente no Concello de Ferrol, en especial o seu Artigo 149.

Onte luns, 21 de maio, ás 12 do mediodía, ADEGA, a SGHN, VERDEGAIA e a Comunidade Menáncaro, desplegaron unha faixa diante da porta do Pazo Municipal e posteriormente presentaron no rexitro do Concello de Ferrol os RECURSOS DE REPOSICIÓN anunciados no seu día contra o xa citado acordo Plenario do 20 de abril pasado.

Asinado.-
Ramón REGUEIRO SANTIAGO, con DNI 32591787-M, no nome propio e en representación da Comunidade Menáncaro, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA-, da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN-, da Asociación Ecoloxista Galega VERDEGAIA e da Plataforma Ártabra 21.


________________________________

Información tomada do
Blog da Comunidade Menáncaro
________________________________

Fotografias e o Plano de Sectorizaçom.-

Na foto pode-se apreciar, em perspectiva de 60º sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

Na foto pode-se apreciar, em vertical sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Na margem direita da fraga, próxima ao rio Aneiros, pode-se apreciar a tala ilegal do bosque ripicola que fixo Juan José Fernández García e o seu sócio Amando Romero Castrillón, em Setembro de 2001, paralizada no seu momento pola acçom e denuncias do movimento ecologista. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

Este é o Plano de Sectorización de Menáncaro que comprende quase 5 ha, a mitade da Fraga, mais que está desenhado para ocupar a zona de mais valor ecológico, o coraçom da mesma Fraga, a zona mais viva, onde todo brota com muita facilidade.

Na foto pode-se apreciar, em vertical sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Agora ponhendo a escala o plano sobre o lugar onde pretendem localizar a urbanizaçom, pode-se apreciar como o Plano de Sectorizaçom incumpre o PXOM, ao nom respectar a carvalheira e polo tanto muito menos o seu contorno comoassim establece o PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal]. Mesmo nom haveria espaço físico suficiente, para localizar a urbanizaçom noutro lugar da fraga sem incumprir a legislaçom vigente e já nom digamos, sem destruir o conjunto do espaço natural que conforma a carvalheira, rio, humedais e bosque ripicola. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

luns, abril 23, 2007

Comunidade Menáncaro: Onde están as actitudes demócratas, onde está a democracia ?

De: Comunidade Menáncaro Serantes-Ferrol
Para: PA21 Plataforma Artabra 21
Data: 23 de Abril de 2007 17:09
Asunto: Comunidade Menáncaro: Onde están as actitudes demócratas, onde está a democracia ?






Onde están as actitudes demócratas, onde está a democracia ?


Non é novo dicir que en política a ética non existe, non importa mentir, non importa manipular, non importa tomar decisións contra toda lóxica, non importan os dereitos da cidadanía, non importa a opinión das persoas afectadas, non importa o medio ambiente, ... só importan os intereses políticos partidarios, os intereses económicos, os intereses particulares, dos que detentan o poder, neste caso no poder municipal. Podes presentar alegacións a un Plano urbanístico, esforzaste na argumentación, pides opinión de espertos, buscas na lexislación os fundamentos xurídicos, ... para que despois decidan sobre as alegacións sen sequera ollar par elas. Pois todo é formal, as decisións xa estań tomadas con antelación. E esta é vía libre á especulación.

Se os colectivos veciñais e ecoloxistas non se organizaran e loitaran na defensa da Fraga de Menáncaro, a estas alturas xa se tería cometido un atentado ecolóxico contra un dos escasisismos espazos naturais de grande interese ecolóxico e paisaxístico que quedan no Concello de Ferrol. Tampouco quedarían destapados os intereses particulares, do Teniente Alcalde Juan José Fernández García, na consumación deste atentado ecolóxico e na utilización do seu cargo en beneficio personal e non na defensa dos intereses colectivos e veciñais.

O Alcalde minte descaradamente, cando di que "el proyecto urbanístico respecta la carballeira" e chamanos a atención unha, repetida e importante, coincidencia cun medio de comunicación, na súa información, cando se refire ao proxecto urbanístico, sempre o situa fora da Fraga, utilizando urbanización que se vai construir "al lado de la fraga...", ou tamém utilizando que se vai construir "en las inmediaciones ..." Maldita coincidencia. Maldita impotencia a nosa. Mais hoxe en día, temos a sorte de dispor de fotografías aéreas e de satélite, na rede. As primeiras facilitadas polo Sixpac da Consellería do Medio Rural, mais cun lixeiro inconveniente de que son fotos do 2002, mais valedas para o que se trata e as segunda ofertadas polo Google Heart, datadas en 2005, que cunha simple observación e comparadandoas cos planos do proxecto urbanístico, damonos conta da gran e intencionada mentira coa que pretenden manipular á opinión pública. Os tres informes emitidos pola administración autonómica, dan conta deste extremo, mencionando de diferentes formas que o espazo onde se pretende levar a cabo o proxecto urbanístico é moi escaso para tal actuación. Non é que se vaia construir ao lado da Fraga de Menáncaro, vaise construir no mesmo corazón da Fraga.

Unha parte da oposición é responsábel [BNG-PSOE], pois na anterior lexislatura cando estaba no poder consisteu que a Fraga de Menáncaro quedara como urbanizábel no PXOM en vigor, aprobado no ano 2000 por unanimidade por todos os grupos que daquela esban representadosnoConcello [BNG, IF, PP e PSOE] , cunha figura de proteción ambigua e a todas luces insuficiente, sen atender no seu momento as alegacións ecoloxistas que pedían unha figura de proteción absoluta e que voltaron a reiterar unha vez que se prodiciú unha tala ilegal en setembro de 2001. Agardemos que aprenderan a lección, e que no caso de gobernar a partires do 27 de maio, non o fagan como sempre para o pobo, mai sen o pobo, senón que o fagan contando co pobo, e fagan real a participación cidadán, democracia participativa e as consultas populares.

O Sr. Juncal, escudase nas incoherencias de parte da oposición cando eran gobernates municipais na anterior lexislatura, ao deixar as portas abertas da Fraga sen importarlle que os especuladores acechaban, mais foi este goberno que preside o Sr Juncal quen chamou aos especuladores para que entraran a saco e acabaran con este singular espazo natural. É mais os especuladores están dentro do seu propio goberno municipal.

O sentido común, tería que decirlle ao Sr. Alcalde que con tres informes contrarios ao proxecto urbanístico, coa veciñanza e as organizacións ecoloxistas, mais sobre todo polo grande valor ecolóxico da Fraga, non debería darlle para diante ao Plano de Sectorización.

O Alcalde sinteuse ultraxado, porque di que se lle insultou, pola actitude mantida pola veciñanza e ecolxistas, nós non escoitamos tais insultos só muita indignación frente a tanta inxusticia. Mais que quería o Sr.Alcalde , diante de semellante inxusticia, a unha veciñanza que se lles rouba a terra para facer chaléts de luxo, que se lles obriga a cambiar de vida, non por un inescusábel e necesario proxecto para o ben ou servizo colectivo de toda a sociedade, senón para que uns cantos especuladores fagan un negocio destruíndo un lugar de grande valor ecolóxico. E si a isto somamos a actitude do Alcalde, de non deixar pasar ao Pleno ás persoas afectadas, só unha vez que se aprobou o proxecto urbanístico, que pensa o Alcalde como imos respostar a tal inxusticia e actitude antidemocrática, pois con muita xenreira e indignación, como calquer persoa humana. Só faltaría ! Mais que non pense que imos quedar só aí, se fose así bon sería para el e para o Sr. Fernández, senón que dedicaremos todas as nosas forzas a impedir o proxecto urbanístico, defenderemos a Fraga con uñas e dentes, utilizaremos todas as posibilidades legais e se fai falta impediremos as obras desde antes que comecen.

Para actitude democrática, a nosa, a do Sr. Juncal Alcalde de Ferrol brilla pola súa ausencia, vergoña deberíalle dar.

Ferrol, 23 de Abrilde 2007

Asinado no nome da Comunidade Menáncaro.

Ramón Regueiro Santiago
DNI 32591787-M
Lugar de Quiá, 180
Serantes-Ferrol [15405]

Telefono.: 981327494
Telemóbel: 630287900

correio-e:
menancaro@gmail.com
Blog da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com
Blog Menáncaro Formación Senlleira:
http://fragademenancaro.blogspot.com/


Enlace cos artigos:

Escolma de noticias que publicaron os medios sobre a Fraga de Menáncaro en relación coa aprobación do proxecto urbanístico

Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 21 de Abril de 2007
Indignación dos veciños pola aprobación do plan Menáncaro
A decisión do alcalde de impedir acceder ao pleno a boa parte dos afectados polo plan de Menáncaro ?argumentó que o salón xa estaba cheo? provocou que a oposición en bloque decidise abandonar a sesión. Con todo esta continuou adiante e o goberno local aprobou o proxecto de urbanización para esta zona, unha decisión que será elevada á Fiscalía.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

______________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 21 de Abril de 2007

Pita-Romeu dixo que a oposición converteu a Menáncaro nun "arma electoral"
Pita-Romeu afirmou que quen promovió a actual clasificación urbanística na zona -apata para edificar- foi o BNG, coa revisión no ano 2000 do Plan Xeral de Ordenación Municipal. "Malia ser o máximo responsable, preséntase agora como o principal opositor", manifestou o edil "independente", que subliñou que "a ningún representante chamoulle a atención o atraso do informe da Dirección Xeral de Urbanismo".

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

____________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 21 de Abril de 2007

A oposición denuncia a conduta "antidemocrática" do alcalde
A oposición foi onte especialmente dura á hora de cualificar a actitude do alcalde, Juan Juncal, no pleno extraordinario de onte, que considerou antidemocrática tanto por negar a parte dos veciños interesados en acudir ao pleno a súa asistencia como por proseguir a celebración do mesmo cando os tres grupos abandonaron o salón de sesións. PSOE, BNG e Esquerda Unida mostráronse convencidos de que o proxecto de Menáncaro acabará nos tribunais, coa consiguiente repercusión económica para as arcas municipais, aínda que non aclararon de momento se como grupos políticos emprenderán algunha acción de carácter legal contra o goberno.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

__________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 21 de Abril de 2007

"Se han sumado a los descalificadores", manifestou Juncal despois da sesión
Se a oposición calificou ao alcalde de "antidemocrático", éste afirmó que a conducta dos tres grupos municipaies é "lamentable". "Se han sumado a los descalificadores", afirmou Juncal, que engadiu que coa conducta de BNG, PSOE y EU-IU fixose un "flaco favor al prestigio del Ayuntamiento" e realizaron unha "dejación de funciones".

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol


_____________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 21 de Abril de 2007

Varias entidades poñerán en mans da Fiscalía o acordo plenario
Ao malestar xerado entre os afectados e entidades vecinales e ecologistas por non poder acceder ao salón de plenos, polo menos desde o inicio da sesión, sumouse a propia aprobación do plan de sectorización de Menáncaro. Así, ao término do pleno extraordinario, os representantes de ditas agrupaciones, entre as que se atopaban Adega, Verdegaia, propietarios dalgunhas das parcelas afectadas e a plataforma cidadá de defensa dos espazos públicos, compareceron en roda de prensa para valorar o acordo e anunciar que recorrerán á vía xudicial.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

_______________
Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 21 de Abril de 2007

Política Territorial espera a recibir o plan para decidir se recorre á vía xudicial
A conselleira de Política Territorial, María José Caride, fixo onte un chamamento ao alcalde ferrolano, Juan Juncal, para que actúe con "responsabilidade" con respecto ao proxecto de sectorización de Menáncaro. Nun acto celebrado en Ou Porriño e en resposta ás preguntas formuladas polos xornalistas, a titular deste departamento pediu ao regidor que "pense interésesnos de todos vos cidadáns de Ferrol" porque, como subliñou, "ultimamente está adoptando unha serie de acordos que non son ou mellor para vos ferroláns porque non cumpren coa legalidade, carecen de seguridade xurídica e poñen en perigo tanto ou patrimonio municipal como ou dous propios ferroláns".

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol


________________________
La Voz de Galicia

Sábado, 21 de Abril de 2007

A oposición planta ao alcalde de Ferrol por vetar o acceso de veciños ao pleno
O rexedor pechou a entrada a parte do público que rexeita unha urbanización xunto a unha fraga
Juncal alega que o proxecto é legal a pesar de contar con tres informes negativos da Xunta
Na recta final do mandato, o goberno municipal de Ferrol aprobou onte o plan de sectorización de Menáncaro, unha actuación urbanística privada que prevé a construción de chalés, xunto a unha fraga, nunha zona na que ten intereses Juan Fernández , primeiro tenente de alcalde e líder de Independentes por Ferrol, socio de goberno do PP de Juan Juncal.

Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia

______________________
La Voz de Galicia
Sábado, 21 de Abril de 2007

Unha reforma para 69 chalés e un hotel, pero sen declaración de impacto ambiental
A controvertida actuación que latexaba onte no pleno prevé a construción de 69 chalés e un hotel nas inmediacións dunha fraga, a de Menáncaro, e dun regacho. é iniciativa da construtora Bros, aínda que o primeiro tenente de alcalde ten intereses na zona en que se vai a construír.

Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia

___________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 22 de Abril de 2007
Os opositores á obra din que todas as prazas están en perigo
Os convocantes en defensa dos espazos públicos ofreceron onte unha roda de prensa para facer un chamamento á participación cidadá na movilización contra o edificio que se constrúe na praza de España. A protesta está prevista para o vindeiro xoves, 26 de abril, ás 18.30 e coincide coa data na que se celebra o pleno de fin de mes, no que se espera que se debata a moción dos grupos da oposición pedindo a paralización da obra.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

__________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 22 de Abril de 2007

As administracións enfróntanse polo plan para urbanizar Menáncaro
Mentres a conselleira de Política Territorial pide ao alcalde que actúe con responsabilidade en relación co plan de Menáncaro e o titular de Medio Ambiente asegura que o seu departamento actuará de oficio se este proxecto segue adiante, Juncal reitérase nas razóns apuntadas para dar a aprobación plenaria á iniciativa e anima á Xunta a revisar o expediente "se cre que non se está seguindo a legalidad de forma escrupulosa". Os representantes da administración autonómica acusan ao goberno local de antepoñer os intereses privados dos promotores aos da cidadanía e o alcalde sostén que o informe do secretario "obriga" á aprobación do plan.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

__________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 22 de Abril de 2007

Feijóo apoia a actuación de Juncal e di que a Xunta tivo ocasión de "parar" o proxecto
Os líderes dos dous principais partidos en Galicia pronunciáronse tamén onte en relación co ocorrido no pleno de Ferrol. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a decisión de aprobar o plan de sectorización de Menáncaro foi totalmente democrática e corresponde ao pleno, polo que invitou a respectar a autonomía municipal en relación con este tema. Con respecto aos informes negativos da Xunta entregados ao Concello fóra de prazo, Feijóo indicou que a administración autonómica tivo a oportunidade de "parar" o plan emitindo estes dictames a tempo, polo que considerou que non pode criticar agora a decisión municipal. Neste sentido, apuntou que desde a Xunta estase intentando politizar o urbanismo, algo que, ao seu xuízo, supón un erro. Polo que se refire a que se impediu a entrada no pleno a parte das persoas interesadas en acudir, o presidente do PPdeG apoiou a decisión do alcalde argumentando, como Juncal, que o salón xa estaba cheo.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

__________________________
La Voz de Galicia
Domingo, 22 de Abril de 2007
A construción en Menáncaro aínda haberá de esperar polo proxecto de urbanización
A construción na zona de Menáncaro, próxima á fraga do mesmo nome en Serantes, de 69 chalés e un hotel haberá aínda de contar co proxecto de urbanización, segundo confirmaron onte fontes de Política Territorial e do propio Concello ferrolán. Ese documento haberá de tramitalo a promotora, Bros, ante o Concello, que se o aproba remitirao logo á Xunta. «Se contraviene a lei, non será aprobado, pero ata ese momento Política Territorial non actúa», apuntaban o venres desde devandito departamento autonómico. Ese proxecto, ademais, haberá de contar coa declaración de impacto ambiental, segundo esas fontes.

Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia

__________________________
Vieros
Denuncian a destrución do espazo natural
O goberno de Ferrol aproba a urbanización da fraga de Menáncaro

Consideran que é un atentado ecolóxico e un delito de prevaricación, por estar implicado o tenente de alcalde na operación.
Redacción - 13:47 20/04/2007

O Concello de Ferrol aprobou o venres á mañá o proxecto de urbanización da Fraga de Menáncaro, cos únicos votos do goberno local, formado polo Partido Popular e Independentes por Ferrol. O resto dos grupos políticos saíu do pleno cando se lle impediu asistir á sesión a un grupo de veciños.

Enlace coa noticia orixinal en Vieiros

__________________________
Galicia | EL PAIS - 20-04-2007
A Xunta informou fóra de prazo contra a urbanización dunha fraga en Ferrol
P. LÓPEZ / L. BUSTABAD
A Consellería de Política Territorial emitiu dous informes negativos contra o proxecto polo que a fraga ferrolana de Menáncaro (Serantes), un espazo natural catalogado cun bosque centenario abundante en especies autóctonas, converterase nunha urbanización con hotel e chalés encostados. Pero ... de Manuel Fraga Juan Fernández, que posúe o 75% dos terreos. A Consellería de Medio Ambiente si informou en prazo o proxecto de Menáncaro, aínda que o goberno municipal ferrolano non aportou a declaración de impacto ambiental que lle esixe o departamento que dirixe Manuel Vázquez. O ... consideraron "unha irresponsabilidad" sacar adiante o plan nesas condicións. A premura do goberno local de Ferrol para aprobar o plan de Menáncaro antes das eleccións municipais non ha desanimado a veciños e ecologistas, que xa anunciaron a súa intención de acudir hoxe ao pleno ...

Enlace coa noticia orixinal en El País

__________________________
Galicia | EL PAIS - 17-04-2007
Juncal tallará unha fraga catalogada para construír 69 chalés e un hotel
LORENA BUSTABAD
... ecologistas como Verdegaia ou a Sociedade Galega de Historia Natural. Veciños e ecologistas agrupáronse para formar a Comunidade de Menáncaro, comprometida na defensa deste espazo natural "do atentado urbanístico que pretenden realizar na fraga os amigos da especulación ... como urbanizable en 2000. Ata a data, Fernández ausentouse voluntariamente das comisións e plenos que abordaron o proxecto de Menáncaro. Con todo, desde o seu despacho no municipio solicitou en mayo de 2005 que se modificase o trazado dun vial que atravesaba a súa propiedade para non ... de BNG e IU. Queda por definir a postura do grupo socialista, que se abstivo na última votación."Non pasarán as máquinas" A Comunidade de Menáncaro reunirase esta semana para emprender accións legais contra a urbanización da fraga antes de que o proxecto chegue ao pleno do próximo día ...

Enlace coa noticia orixinal en El País

__________________________
Galicia | EL PAIS - 14-04-2007
Juncal urbanizará unha fraga contra o criterio de Política Territorial
LORENA BUSTABAD
O goberno local de Ferrol, que dirixe o popular Juan Juncal, aprobou onte un plan de sectorialización para a zona de Menáncaro (Serantes) protexida polo seu alto valor ecolóxico, pese aos tres informes negativos da Xunta, a oposición de BNG e IU e as protestas de grupos ecologistas que se ...

Enlace coa noticia orixinal en El País

__________________________
Galicia | EL PAIS - 17-04-2007
FOTOGRAFÍA: Imaxen da Fraga de Menáncaro
(Tamaño 38 kb.)

Imaxen da Fraga de Menáncaro, en Ferrol, onde se proxecta unha urbanización ...

Enlace coaimaxen en El País

__________________________
Galicia | EL PAIS - 21-02-2007
O BNG ferrolano acusa a Juncal de tratar de beneficiar a Juan Fernández
LORENA BUSTABAD
... no Goberno local, Juan Fernández do grupo Independentes por Ferrol, impulsando un proxecto para construír unha urbanización de luxo en Menáncaro (Serantes), onde Fernández posúe tres cuartas partes dos terreos urbanizables. Os nacionalistas esixen a Juncal "transparencia" nun proxecto ... do Chan de Galicia" e conta con informes desfavorables da Xunta. A proposta estudarase na comisión de urbanismo da próxima semana. A fraga de Menáncaro é unha zona "con árbores centenarios de gran valor", segundo as agrupaciones ecologistas que se opoñen ao proxecto ...

Enlace coa noticia orixinal en El País

_______________________
Galicia-Hoxe
urbanismo
Media Galicia en pé de guerra polo urbanismo
21.04.2007 Os grupos da oposición ‘plantan’ a Juncal ó ditar sentenza sobre a fraga de Menáncaro, un espazo de alto valor ambiental que albergará un hotel e 69 acaroados
. E.P.

Os veciños da fraga de Menáncaro increpan o grupo de goberno ferrolá antes de comezar o Pleno
A oposición do Concello de Ferrol, os veciños afectados e os grupos ecoloxistas viviron onte unha derrota plenaria e moral pola aprobación do proxecto de urbanización da zona de Menáncaro, en Serantes, unha paraxe de alto valor ecolóxico que esmorecerá coa construción dun hotel e 69 vivendas acaroadas.

Enlace coa noticia orixinal en Galicia-Hoxe

__________________________
O Xornal

Corrupción Juan Juncal vinculado a Juan Fernández propietario de 75% de Menáncaro
Xornal Galicia | Sábado, 21 Abril, 2007 - 08:56 AM
Aprobación de la urbanización de la zona de Menáncaro (Serantes-Ferrol) con los votos del PP e Independientes de Ferrol (IF) en un polemico pleno. Se vincula directamente con este proyecto a su socio de gobierno y portavoz de IF, Juan Fernández quién supuestamente es propietario de 75% de los terrenos urbanizables.

Enlace coa noticia orixinal en O Xornal

__________________________