Amosando publicacións coa etiqueta Inmigrazón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inmigrazón. Amosar todas as publicacións

sábado, maio 29, 2010

Baixo o lema "Repensar a nosa práctica asociativa", celebra-se en Ferrol a V Asemblea Anual do Foro de Inmigración de Galiza


Por Mabel Charquero [*]
29.05.2010

ACTIVIDADES PARA MAÑÁ DOMINGO 30 DE MAIO

Mañá é un día importante para todos os inmigrantes pois se realizará a V Asemblea Anual do Foro de Inmigración de Galiza, como anfitrións debemos mostrar a nosa maior dedicación para que todo funcione ben, así que esperamos a presenza de vostedes. Hai varias actividades durante o día, se non poden ir a unha podran ir a outras. Pásolles os horarios e as actividades que estan abertas a tod@s:

O Programa da Asemblea é o seguinte:
  • 10:00 h: Benvida (CEIP de Esteiro): Sáudo do grupo de Ferrol, Sáudo en varias linguas do Foro e Dinámica de Presentación.

  • 10:30h-12:45h: Traballo por grupos.

  • 12:45h: Descanso e Preparación da Marcha cara ao Acto Público.

  • 13:00/13:15h: Marcha cara ao Cantón Ferrolán e Acto Público neste lugar céntrico da cidade.

  • 14:30h: Xantar (nunha zona próxima ao Cantón)

  • 15:45/16:00h (Auditorium Universitario do Campus de Esteiro) Plenario e posta en común do traballo por grupos.

  • 17:00 h (Auditorium Universitario do Campus de Esteiro): Festival Intercultural

  • 19:00 h: Remate da Asemblea.

Haberá Servizo de Gardería e a Asemblea é aberta a participación de calquera persoa interesada.

A Asemblea baixo o lema: Repensar a nosa práctica asociativa pretende analizar a realidade do asociacionismo inmigrante en Galicia, a participación social deste colectivo, para propoñer propostas e alternativas utís para as persoas e as asociacións de migrantes. Ademáis unha Declaración do Foro, recollerá as principais demandas e propostas traballadas no último ano: Loita contra o cambio da Lei de Estranxeiria; contra a persecución das persoas inmigrantes en situación irregular; apoio á despenalización do top-manta; alternativas a actual política en temas de inmigración da Xunta de Galicia; denuncia de actuacións discriminatorias contra o colectivo ou posicionamento contra a tentativa de limitar o empadroamento de persoas en situación de irregularidade administrativa.

[*] Mabel Charquero da  Rede de Inmigrantes de Ferrol Terra.
________________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Presentación da V Asemblea Galega de Inmigración e emigración de retorno que se vai celebrar en Ferrol

Foro Galego de Inmigración - Rede de asociacións e entidades de apoio ao inmigrante
______________________________

mércores, maio 19, 2010

Presentación da V Asemblea Galega de Inmigración e emigración de retorno que se vai celebrar en Ferrol


Venres 21 de Maio, ás 8 da tarde  no Ateneo Ferrolán (Magdalena 202, Ferrol) o Foro Galego de Inmigración e Emigrantes Retornados, fará a presentación á prensa da Asemblea Anual de devandito Foro que se realizará o domingo 30 de maio na Universidade de Ferrol e Colexio de Esteiro.

Estan todos convidados, o tema a tratar é: Movemento Asociativo, vantaxes e problemas das asociacións de inmigrantes.

V ASEMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN DE RETORNO

Domingo 30 de Maio de 2010

CEIP de Esteiro e UDC Campus de Esteiro en Ferrol (Avda de Vigo s/n CP 15403) entre as 10:00 - 19:00 horas.

REPENSANDO A NOSA PRÁCTICA ASOCIATIVA

Aberta a participación de calquera persoa e entidade interesada despois de cubrir e mandar, se podedes, as inscricións individuais no tríptico ou grupais na folla de inscrición.

Programa da V Asemblea
  • 10:00 - 10:30 horas: Benvida
  • 10:30 - 12:45 horas: Traballo por Grupos.
  • 12:45 horas: Descanso e preparación da marcha para o acto público.
  • 13:00 - 13:15 horas: Marcha e Acto Público.
  • 14:30 horas: Xantar (Hai que traer a comida para compartila).
  • 16:00 horas: Plenario e Posta en Común do Traballo por grupos.
  • 17:00 horas: Festival Intercultural
  • 19:00 horas: Remate da Asemblea.
Haberá Servizo de Gardería durante a celebración da Asemblea e recordade que, nesta ocasión, hai que levar a comida para compartila.

Autobuses gratuitos para persoas interesadas:
  • Santiago: Contactar con Miguel (Cáritas) ou Rocio (CasaLatinoamericana) (981576142 - 662307019 - 981580506 - 600876480)
  • Vigo: Manolo Sordo (GAPE) 986213453 e Hortance (Aida) 606986031.
  • A Coruña: Miriam Pantoja (Amespa) 669305907 e Nicanor (Propolis)  698137876.
  • Ourense: Silvia (Galicia Terra de Acollida) 637853105 e Sonia (Asociación de Venezolanos)  687575532
  • Tamén no Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es
Grupos ou persoas interesad@s en participar con actuacións para o Festival Intercultural Contactar con: Miguel (Cáritas) ou Rocio (Casa Latinoamericana) (981576142 - 662307019 - 981580506 600876480)

Tamén no Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Para calquer suxerencia, aportación, pregunta:

Pódese contactar en cada zona coas persoas indicadas nos grupos anteriores.

En Ferrol sede da Asemblea, persoas de contacto: Silvia 687941036 e Mónica 670066852.

O prazo para realizar as inscricións remata o día 20 de Maio, aínda que se poden mandar despois se non vos da tempo. É moi importante que as persoas interesadas en participar se inscriban con anterioridade para organizar o traballo por grupos.

Información baseda na enviada por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
19 de maio de 2010 21:12
_____________________

xoves, decembro 17, 2009

Día Internacional das Persoas Migrantes, o primiero tralo endurecemento dunha lei de estranxeiría


  • ESQUERDA UNIDA ÚNESE ÁS REIVINDICACIÓNS DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN NO DÍA MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS
  • ESQUERDA UNIDA LAMENTA OS COMPORTAMENTOS XENÓFOBOS E RACISTAS QUE AFECTARON Á POBOACIÓN MIGRANTE EN GALICIA NOS ÚLTIMOS TEMPOS
  • ESQUERDA UNIDA INSISTE EN QUE A LEI DE ESTRANXEIRÍA DEBE SER DERROGADA, AO TRATARSE DUNHA LEI QUE CRIMINALIZA E QUE AMPARA O XURDIMENTO DE ACTITUDES RACISTAS E XENÓFOBAS

O 18 de decembro quedou instituído como o Día Mundial das Migracións, un concepto abstracto que non debe agocharnos que detrás del hai persoas, persoas que se ven na obriga de migrar polas circunstancias que sexan: por necesidade económica, para sobrevivir á violencia, para reagruparse cos seus seres queridos, para fuxir dos conflitos, por estudos ou pode que por unha combinación de todas elas. As facianas do imperialismo e do intercambio desigual son múltiples.

Este 18 de decembro de 2009 será o primeiro despois da aprobación por parte do Goberno do Estado da cuarta reforma da Lei de Estranxeiría. Reforma que endurece aspectos básicos para o día a día das persoas migrantes. Reforma que nega dereitos. Reforma que non contempla o sentido común de xustiza e dignidade de incorporar unha regularización ordinaria, en España. Reforma que non é máis que a expresión policial e securitaria que transforma en medo o que debera ser curiosidade, en intolerancia o que debera ser respecto, en insolidariedade o que debera ser fraternidade.

A política española, apéndice cruel dos desexos de bunquerización de Europa, amais doutros aspectos, endureceu os requisitos para o reagrupamento familiar (ata 5 anos) e permitirá encarcerar inocentes –porque outro nome non cabe a quen simplemente comete unha falta administrativa- ata 60 días en centros de internamento para estranxeiros (CIE). CIE’s que non son máis que unha triste prolongación dos campos de concentración. Espazos onde os DD.HH. son vulnerados e onde a dignidade humana está en mans da arbitrariedade. Espazos onde se incumpre a propia Directiva de Acollida asinada polos propios países europeos.

Esquerda Unida reafirma o seu compromiso para coa poboación migrante, a que xa está aquí e se ve na obriga de resistir todo tipo de atropelos para manter os “dourados” papeis, e a que está en situación irregular administrativa (a de nova incorporación ás rúas deste país democraticamente subvertido e a que permanece nunha situación irregular sobrevida).

Reiteramos a necesidade de que se deixe de perseguir ás persoas migrantes nas estacións de tren, de autobuses, nos aeroportos ou nos centros de saúde ou mesmo nos cursos de español para estranxeiros. Persecución que atende, por riba, ás connotacións étnicas, o cal manifesta racismo institucional. Negámonos a que en nome da democracia se converta nun inferno o día a día ás persoas migrantes.

Esquerda Unida insiste en que a Lei de Estranxeiría debe ser derrogada. Trátase dunha mala lei. Trátase dunha lei que criminaliza e que ampara o xurdimento de actitudes racistas e xenófobas como xa se reflicte nos últimos estudos, onde se sinala que España é o país da UE onde máis medra a percepción negativa das persoas migrantes. E nesa percepción inflúe unha mala xestión do tratamento informativo sobre as persoas migrantes, unhas leis anti-inmigración que desprenden un cheiro racista e xenófobo, e a redución das persoas migrantes ao seu valor mercantil ou económico.

A dinámica migratoria insírese na lóxica do neoliberalismo que emprega todas as tácticas posibles para confrontar e atomizar a clase traballadora en autóctonos e “alóctonos”. Esquerda Unida alenta á unidade da clase traballadora e que fagan fronte común contra os intereses da gran patronal e oligarquías dominantes.

Contra unha mala lei non debera caber mais que desobediencia civil: axudar ás persoas migrantes en situación irregular é cuestión de solidariedade, nada mais. Negámonos a que nos criminalicen ou a que nos reteñan como fixeron coa compañeira do Foro Galego de Inmigración, Laura Bugallo.

Denunciamos o discurso politicamente correcto que, de seguro, empregarán os partidos políticos dominantes o 18 de decembro e as estratexias publicitarias que divulgarán unha falsa imaxe de “respectuosos cos dereitos das persoas migrantes”. Por iso, desde Esquerda Unida, dicimos alto e claro que a loita polos dereitos humanos, pola igualdade de dereitos para todas as persoas, sexan de onde sexan, comeza no día a día, non nos discursos dun día. E iso comeza por revisar a política de concesión de asilo político, hoxe desvirtuada. E tamén, como non, por poñer por riba dos intereses mercantís, comerciais ou migratorios, a defensa radical dos Dereitos Humanos.

Esquerda Unida, ao carón das persoas migrantes e dos colectivos sociais dedicados a paliar os desastrosos efectos da Lei de Estranxeiría, traballamos para acadar unha sociedade diferente, máis xusta, simple e realmente democrática, onde a discriminación por razóns étnicas non exista, onde traballar non sexa o único valor real dunha persoa. Unha sociedade que se pecha sobre si mesma está condeada a morrer.

En todas as cidade e vilas de Galicia o berro será o mesmo: dereitos iguais para todas as persoas. Esquerda Unida traballará coas súas forzas para que esta nova utopía se realice o máis pronto posible.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
17 de dezembro de 2009 15:21

Prezad@s amig@s: achegamos un comunicado de Esquerda Unida na véspera do Día Internacional das Persoas Migrantes, o primiero tralo endurecemento dunha lei de estranxeiría que a nosa  organización traballa para derrogar. Mantén un concepto securitario e mercantilista sobre as persoas que viven e traballan con nós, privadas de dereitos políticos e civís, que se recollen na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

___________________________

luns, outubro 12, 2009

Carta de Xesús Gómez "Miño" en solidariedade con Katy Wergen


Estando a dez mil quilómetros, con un océano por medio, quero manifestar a miña solidariedade ca familia de Katy Wergen, a mapuche galega exemplo de integración neste País, Muller loitadora, mai exemplar e galega de convicción…

Coñézoa ben, dende fai anos, cando preocupados polo feito migratorio puxemos cabeza en crear unha asociación que velara polos seus dereitos e axudara a súa integración, facendo máis levadeira a súa convivencia nun País como o galego de cultura tan diferenciada a súa de orixe.

Mesmamente resúltame indignante que a xenofobia, o racismo máis reaccionario e rancio se cebe nesta Muller e na súa familia, coñecedor en primeira persoa como son dos esforzos de Katy por integrarse e axudar a integrar a outros inmigrantes, espallando a nosa cultura e dándonos a coñecer a nós galegas e galegos a do seu orixinario País, onde por certo o feito de ser dunha etnia riquísima culturalmente e ben antiga, segue a pelexar polo seu recoñecemento diferenciado cal é a do pobo mapuche…

Daqueles anos, e da lembranza das loitas a prol das regularizacións dignas, e da pelexa pola melloría dunha inxusta lei de estranxeiría que segue a ser violadora dos dereitos humanos máis elementais, recoñecidos na Declaratoria Universal dos Dereitos Humanos de 1948, quedounos un afecto e aprecio que no meu caso lávame a admiración pola valentía desta muller nas péleas contra as adversidades que na vida cotidian van xurdindo. Katy foi un referente entre a colectividade migratoria en Ferrol terra, e sempre deu consellos no senso da integración e coñecemento da cultura galega. E así consta nos estatutos da asociación que da nosa man veu a luz: ASMIREFE, asociación migratoria de retornados e emigrantes de Ferrol Terra.

E meritorio que logo de viaxar a o seu Chile natal, atraída polos ditos da melloría e rexurdir do seu país, e vendo que non todo era tal e como o pintaban, retorna a Ferrol e empeza de novo a súa vida nesta cidade pola que sempre amosou unha querenza.

Resulta paradoxal e indignante, que unha persoa que tanto loitou por traballar a prol da integración da colectividade inmigrante, sexa hoxe vítima desa minoría que perdeu a memoria histórica e que se esqueza de que a primeira condición dos galeg@s e ser agradecidos a Terra que nos da o pan… (Tal era o pensamento dun galego que andivo por acó, que morreu o ano 50, e que foi enterrado na Chacarita no mesmo cemiterio que onte despediamos a Negra Mercedes Sosa. O galego do que falo, era naturalmente rianxeiro, era Castelao). E as mesmas causas que dende o século IXX levaron a emigración a centos de miles de compatriotas, son as que fan que hoxe a onda vaia de retorno á vella Europa, non sen recoñecer que as políticas neoliberais aplicadas con rigor nas ditadura que os pobos do Sur sufriron nos anos 70-80, acentuaron a expulsión á emigración a centos de miles tamén …

Neste senso quero deixar ben clara a miña solidariedade neste caso, e adherirme á mobilización que o vindeiro 18 de Outubro o Foro Galego de Inmigración convoca.

Finalmente non poido deixar de pasar esta oportunidade para facer un comentario, precisamente ao fío do que o pasado luns dicía un informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, elaborado con datos de 182 países menbros da ONU :

Un dos autores deste informe; Jeni Klugman, afirmaba que os gobernos deberan ser máis permisivos e axustados a dereito, propoñendo un “entorno normativo” que permita aproveitar os beneficios da inmigración, pero tamén corrixir algúns “conceptos erróneos” e “estereotipos negativos” sobre este fenómeno como aquel de que os emigrantes “quítannos o emprego”, ou “viven a conta dos nosos impostos”, ditos tales que abundan según Klugman, en algúns medios de comunicación.

Queda Dito, máis como galego e ser humano, que como presidente de honra de Asmirefe, toda a miña solidariedade pública coa mapuche galega Katy Wergen.

Xesús Gómez "MIÑO"

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
8 de outubro de 2009 11:40

___________________

xoves, xuño 11, 2009

Manifestación Nacional en solidariedade coas persoas inmigrantes "Dereitos iguais para tod@s", o Sábado 27 de Xuño en Compostela

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
  • O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN PROMOVE EN REXIMEN DE AUTOCONVOCATORIA UNHA MANIFESTACIÓN-CONCENTRACIÓN DE AMBITO GALEGO O DIA SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2009 ÁS 12 DO MEDIODÍA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
  • Partindo dende o Parque da Alameda e rematando en Praza de Praterias cun acto público. O lema é "DEREITOS IGUAIS PARA TOD@S" !!!
  • XUNTAMOS O MANIFESTO DA CONVOCATORIA

MANIFESTO EN DEFENSA DA SOLIDARIEDADE COA POBOACIÓN INMIGRANTE

Ante o acoso policial que están sufrindo a poboación inmigrante en situación irregular e as persoas que lles prestamos apoio solidario, afirmamos que a solidariedade con este colectivo é unha conduta que ennobrece a quen a practica e unha obriga moral por razóns de reciprocidade histórica. Lembremos que entre 1959 e 1973, dous millóns e medio de cidadáns e cidadás españolas emigraron a Europa, sendo a maioría emigrantes irregulares ou sen contrato de traballo.

Tampouco podemos esquecernos da débeda contraída cos países empobrecidos, que ten a súa orixe no período colonial, mais que segue perpetuándose a día de hoxe a través de políticas internacionais que poñen os intereses económicos das nacións desenvolvidas por riba do dereito das persoas a poder vivir e traballar dignamente, ensanchando desa forma a brecha de desigualdade entre os pobos.

Ao mesmo tempo as guerras, os conflitos armados e a persecución política xeran millóns de persoas refuxiadas e desprazadas no mundo (concretamente, 37,4 millóns no pasado ano segundo os datos de ACNUR). É, por tanto, un deber ético evitar que calquera persoa inmigrante sexa deportada e enviada de novo á situación da que vén fuxindo.

Rexeitamos que a Unión Europea se converta nunha fortaleza inexpugnable para aquelas persoas que, na procura dunha vida mellor, se ven obrigadas a abandonar o seu país. En épocas aínda recentes, era a cidadanía europea a que buscaba o sustento noutras latitudes. Científicos, cineastas ou escritores tan relevantes como Albert Einstein, Marie Curie, Alfonsina Storni, Charles Chaplin, Victoria Kent, Margarita Nelken ou Mario Benedetti, foron inmigrantes ou descendentes deles. En Galicia, nomes como Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Daniel Castelao van unidos á emigración ou ao exilio.

Rexeitamos o Anteproxecto de Reforma da Lei de Estranxeiría que, aínda que presenta algúns aspectos positivos, incorpora puntos que representan un claro prexuízo para os dereitos fundamentais do colectivo inmigrante, como a posibilidade da repatriación de menores de idade; o endurecemento das esixencias para a reagrupación familiar; a criminalización da solidariedade ou o intolerable incremento do periodo de estancia nos centros de internamento.

Rexeitamos de igual modo a incentivación do retorno da poboación inmigrante mediante o pago acumulado das prestacións de desemprego. As e os inmigrantes debemos ser tratadas como persoas e non só como forza de traballo que interesa unicamente cando a situación económica nos necesita.

Finalmente, afirmamos con rotundidade que a inmigración é un proceso beneficioso. Non só supón unha gran aportación económica por tratarse dunha poboación moi nova que contribúe co seu esforzo laboral a financiar as prestacións sociais, senón que o contacto entre as sociedades de acollida e as culturas foráneas implica sempre un mutuo enriquecemento humano.

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, publicados en xaneiro de 2009, polo menos unha de cada 10 persoas que habitan no estado español é inmigrante. Estas persoas son nosas veciñas, compañeiras de traballo ou de estudos; comparten conosco unha grande variedade de espazos e polo tanto é máis que probable que na nosa vida cotiá escoitáramos da súa propia voz a reivindicación que hoxe impulsa este manifiesto:

As persoas inmigrantes somos partícipes activas desta sociedade, non buscamos ser máis nin menos que ninguén, soamente pretendemos que na nosa condición de cidadás e cidadáns teñamos os mesmos dereitos e oportunidades que os demais membros desta comunidade”.

E por iso queremos dicir ben alto: “Dereitos iguais para tod@s

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración:
Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migración da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense., Asociación de Guineanos de A Coruña, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago, Asociación de Senegaleses de Ourense.Somos Igrexa, Asociación Marusía. Movemento pola Base.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN


Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
11 de junho de 2009 00:17


Lupe Ces Rioboo
981946412 - 652201003
http://lupeces.blogspot.com/

__________________________

mércores, marzo 11, 2009

Sábado 14 de Marzo Campionato de Boly na Praza Vella

Darwin Roberto Tabango Checa
-darwinrober@hotmail.com-

11 de Marzo de 2009 12:12


Bos dias.

Son o Presidente da Asociacion de Ecuatorianos en Ferrol e comunícolles que nos pomos a disposicion de vostedes cando o vexan conveniente para calquera evento ou calquera inquietude referente á inmigracion, ademas infórmolles que este dia sabado é a final dun campionato de boly que realizamos con toda a comunidade de estranxeiros en Ferrol.



Sábado día 14 de Marzo, ás 17:00 hras, na Praza Vella (sector o Porto). Seríanos moi pracenteiro que os medios de comunicacion realizen algunha nota xa que nos desenvolvemos en Ferrol e pertencemos dalgún xeito a esta cidade.

ROBERTO TABANGO
TFNO.:661005740
darwinrober@hotmail.com
________________

Enlaces de interese:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ecuador

http://www.ecuatorianos.es/

http://www.ecuatorianos.com.es/

http://elecuatoriano.com/


http://www.nuevafenadee.org/
______________________

Ecuador

É un país libre e democrático que está situado ao noroeste de América do Sur. Limita polo Norte con Colombia, ao Sur e Este con Perú e ao Oeste co Océano Pacífico. Independizouse de España, o 10 de agosto de 1830.

Multiétnico cunha gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica. Situada en plena liña ecuatorial latitude cero. Ten 256.370 quilómetros cadrados e 13.782.329 de habitantes. O seu capital é Quito. Divídese en 24 provincias, distribuídas en catro rexións naturais: Amazonía, Sierra, Costa e Rexión Insular. O volcán máis alto é o Chimborazo, con 6.310 metros de altura.

O idioma oficial é o castelán, o kichwa e o shuar son idiomas oficiais de relación intercultural. A súa moeda é o dólar.

A súa principal cultura no tempo dos incas foi a Valdivia que se estendeu desde Manabí ata a provincia de Santa Elena converténdose na primeira das Américas.
__________________________

martes, febreiro 17, 2009

24 persoas mortas, 15 deles crianzas, ao envorcar unha patera fronte á illa de Lanzarote


O número de inmigrantes mortos na costa de Teguise (Lanzarote) elévase xa a 24 persoas, dos que polo menos 15 son menores. Do total, 21 corpos foron rescatados tras envorcar a patera coa que intentaban chegar onte a terra, mentres que os servizos de procura intentar recuperar outros dous corpos localizados nunha zona de difícil acceso, segundo informaron fontes de Cruz Vermella.

Entre os falecidos hai 15 nenos e dúas mulleres, unha delas embarazada

Do total de persoas falecidas, 15 son menores e dúas mulleres, das que unha estaba embarazada de oito meses. As mesmas fontes sosteñen que o patrón do barco, un home, faleceu, o que se engade aos dous desaparecidos no mar e que están "enganchados" nunha zona rochosa.

Así mesmo, aínda que Cruz Vermella cre que só un fuxiu a pé, fontes policiais apuntan a que dúas ou tres persoas podían saír fuxindo tras naufragar, sobre as 18.30 horas de onte, a embarcación duns cinco metros de eslora na praia dos Cocoteros, ao noroeste da illa.

Seis rescatados con vida

Tan só seis dos ocupantes da patera puideron ser rescatados por dous mozos da zona, quen se lanzaron ao auga e puideron arrastralos á beira, axudados por outros veciños, que lles lanzaron cordas e salvavidas das súas pequenas barcas.

Os veciños colaboraron no rescate con cordas e salvavidas.

Os inmigrantes que correron peor sorte lanzaron berros de desesperación e queixumes baixo a barca antes de desaparecer, segundo explicaron testemuñas presenciais da traxedia.

Aínda que ás 23:00 horas (local) mantíñase o dispositivo de procura dos desaparecidos, que procedían de Marrocos, as autoridades da illa consideraban pouco probable que houbese máis sobreviventes. O tempo deulles a razón.

O naufraxio ocorreu sobre as seis e media da tarde fronte á costa dos Cocoteros, no municipio de Teguise, ao nordés de Lanzarote.

Pouca profundidade

Por causas que se descoñecen, a patera, de fibra e duns cinco metros de eslora, envorcou moi preto da costa, onde a profundidade do mar é xa escasa.

Os dous mozos que se lanzaron ao auga para rescatar aos inmigrantes foron identificados como Cristian Hunt (un surfeiro uruguaio) e Johny Camarasa, quen presenciaran os feitos e axudaron no que puideron aos náufragos. Os veciños atenderon aos inmigrantes ata a chegada dos sanitarios.

Os equipos de rescate e salvamento despregaron no lugar un amplo dispositivo de procura dos inmigrantes e varias horas despois confirmaron o achado dos primeiros cadáveres.

Entre os inmigrantes viaxaban unha muller embarazada e tres nenos de entre sete e nove anos.

Cinco dos seis sobreviventes foron ingresados no Hospital Xeral de Lanzarote e outro foi dado de alta, aínda que se atopaba emocionalmente moi afectado polo sucedido, xa que entre os desaparecidos atopábase un irmán seu.

Onte á noite, ás 23:00 horas os equipos de rescate continuaban rastrexando a zona catro embarcacións de Salvamento Marítimo, Garda Civil e Cruz Vermella, axudados por medios aéreos, aínda que en breve ían suspender as operacións.

Os labores de procura dos desaparecidos eran difíciles debido á escuridade da noite, as malas condicións do mar e ao terreo volcánico e escarpado das beiras da zona.

Fonte: 20 Minutos
Este periódico publica-se baixo licenza Creative Commons
___________________

Enlaces relacionados de interese:

Inmigrantes [20 Minutos]
________________

venres, xuño 20, 2008

Oxalá teñan que emigrar...

Oxalá teñan que emigrar...

Oxalá que, xa sexa por persecución política ou por necesidade económica, teñades que emigrar. Oxalá que vos vexades obrigados a abandonar a vosa terra. Oxalá que teñades que buscar acollida e oportunidades nun país que non é o voso. Oxalá que atopedes á vosa chegada un centro de internamento. Oxalá que vos resulte case imposible atopar un traballo con contrato e Seguridade Social. Oxalá que vos miren con malas caras en moitos lugares. Oxalá que se aproveiten de vós mentres traballades como animais. Oxalá chegue o día en que, quen votastes en Bruxelas a favor dunha lei despreciable, sufrades nas vosas carnes a explotación e o ninguneo. Oxalá.

JUAN LUÍS URCHEGUI LASARTE
- San Sebastián - 19/06/2008

Opinión El País
___

Completa informazón no xornal Público:
____________

A "directiva retorno" prevé a posibilidade dun encarceramento dos migrantes indocumentados até 18 meses antes da súa expulsión -ou "afastamento", segundo o termo da directiva. 18 meses! Sen xuízo nin xustiza! Tal como esta hoxe o proxecto de texto da directiva viola claramente os artigos 2, 3, 5, 6, 7, 8 e 9 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. En particular o artigo 13 da Declaración reza:

1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado.

2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, ata do propio, e a regresar ao seu país

Nota.-

Fragmento dunha interesante Carta Aberta de Evo Morales á mantenta da "directiva retorno" da UE, publicada en bolpress

"A UE promove a liberdade de circulación de mercancías e finanzas, pero quere encarcerar sen xuízo aos migrantes que intentan circular libremente", observa o Presidente na Carta Aberta

Evo pide á Unión Europea que non aprobe a directiva migratoria "da vergoña"

O Presidente Evo Morales advertiu que "se a Unión Europea endurece a súa política migratoria o seu goberno estaría imposibilitado de profundar as negociacións do Acordo de Asociación, e reservaríase o dereito de esixir visa aos cidadáns europeos".

Enlace coa Carta Aberta do presidente boliviano Evo Morales
________