Amosando publicacións coa etiqueta Lazos Anti-SIDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lazos Anti-SIDA. Amosar todas as publicacións

venres, agosto 17, 2012

Convite para apoiar á Asociación Lazos e participar na rolda de prensa do Luns 20 de Agosto

Prezadas compañeiras  e compañeiros,

Dende a Asociación Lazos Pro Solidariedade queremos solicitar, se así o considerades,  o voso apoio e solidariedade,  trala situación que estamos a atravesar, asinando o documento que vos enviamos e participando,  de forma presencial,  na rolda de prensa que  se levará a cabo o vindeiro luns 20 de Agosto, ás 11.30 horas, no local da entidade (o local da entidade se atopa na Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo-Ferrol).

Comunicado de denuncia e solidariedade coa Asociación Lazos

As entidades, organizacións e asociacións abaixo asinantes, queremos denunciar ante á opinión pública, e ante as institucións que corresponde, os seguintes feitos:

A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, fundada no ano 1995, con 17 anos de funcionamento, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionáis do ámbito educativo e sociosanitario, está a atravesar nestes momentos unha situación crítica.

A demanda nos programas que desenvolve a entidade , veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que van deste ano 2012 , a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011. A día de hoxe, atendéronse un total de 4.610 demandas no local da entidade.

A asociación traballa en dous ámbitos ben diferenciados: O ámbito da exclusión social e o ámbito da infección polo VIH, sendo a única entidade da comarca destas características.

Cada día a entidade, atende a máis de 35 persoas en situación de exclusión social nos diferentes programas.

Dado que o Concello de Ferrol, reduciulle un 70 % o orzamento con respecto ao pasado ano, a opinión pública debe saber que esta redución implica que o 60% das persoas usuarias, non poderán ser atendidas.

Ante esta situación de emerxencia a primeira medida que se veu obrigada a tomar  a entidade, foi ter que prescindir a dúas profesionáis do equipo técnico. Isto implica que o ratio usuario/profesional pasa a ser de 35/1, cando anteriormente era de 12/1; resentíndose con isto tanto a calidade coma a eficacia das intervencións. O único profesional que ate agora, continua traballando non esta garantido que poida continuar máis alá do mes de setembro, do presente ano.  Se a situación non revirte, a entidade se vería obrigada a pechar.

A actividade da asociación supón un beneficio social e económico para o conxunto da cidadania. No ámbito do VIH unha persoa diagnosticada e tratada correctamente, supón un aforro económico no ámbito sanitario e social ao ano de 40.033 €/ano para as Administracións públicas. No ámbito da exclusión social, as persoas que dispoñen dunha rede de apoio, e programas de atención e contención social, funcionan con maior autonomía e polo tanto son menos demandantes de recursos sociais. A isto hai que engadir que todas estas acción construen unha sociedade mais democrática e máis xusta.

A situación de falta de apoio institucional que se vive nestes momentos, só pode ser entendida desde o descoñecemento da actividade e beneficio social que supón o funcionamento de lazos no noso concello, ou desde a falta de sensibilidade e compromiso, da actual corporación frente a estas problemáticas.

Ante esta grave situación as entidades abaixo asinantes, esiximos que o Concello de Ferrol dote de recursos a Lazos Pro Solidariedade, para que non teña que pechar e deixar sen asistencia a un amplo número de persoas en situación de exclusión e emerxencia social.

Convidamos a toda-las entidades a adherirse ao comunicado de denuncia e a  participar na rolda de prensa que se desenvolverá o luns 20 de agosto, ás 11.30 hrs  no local da  Asociación (O local da entidades se atopa na Avda dr Fleming 8-10 Baixo).

Agradecendo o voso apoio e solidariedade, vos saúda,

Carlos Varela


Presidente de Lazos Pro Solidariedade

NOTAS:
1.- Se participades nunha entidade, partido, sindicato ou outro tipo de colectivo, é importante que trasladedes esto ás vosas asambleas para que o apoio sexa a través das organizacións.
2.- Para adherirse ao comunicado podedes enviar un correo a:
comiteantisidaferrol@gmail.com.

Pode-se baixar o comunicado no seguinte enlace: https://docs.google.com/open?id=1PX8kjFPeWzG5H_wH9Rh0fQj_c00-kot02Rczq4kji03joIxTcTTZf3FVn3ra

--
LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol | Asociación de afectad@s polo VIH, polas drogas e exclusión social | Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo 15401 Ferrol ( A Coruña ) | Tfno./Fax: 981350777 | Tfno. Móvil: 698147975 | Enderezo web: http://comitelazos.blogspot.com
---

venres, xuño 22, 2012

Lazos Pro Solidariedade -Comité AntiSida de Ferrol,- saíu á rúa para denunciar publicamente o recorte das axudas institucionais e que os abocan ao peche - Fotos -Audio da Rolda Prensa - Comunicado Público


DENUNCIA PÚBLICA DE LAZOS PRO SOLIDARIEDADE

Lazos Pro Solidariedade -Comité AntiSida de Ferrol,- saíu á rúa para denunciar publicamente o recorte das axudas institucionais e que os abocan ao peche

A Asociación Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionais do ámbito educativo e sociosanitario, denunciou hoxe publicamente nun almorzo solidario e Rolda de Prensa, a situación que está a atravesar nestes momentos ao verse recortadas as axudas institucionais e que a abocan ao peche.

COMUNICADO

AUDIO DA ROLDA DE PRENSA (Ficheiro para Abrir ou Baixar)

Fotos de Fuco Buxán AC.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
20 de junho de 2012

____________

mércores, xuño 20, 2012

Lazos Anti-Sida sae á rúa afogada polas administracións gobernadas polos dereitistas do PP, cun acto de Denuncia: na Praza do Concello de Ferrol, este Mércores 20 de Xuño, trasladará o servizos de almorzos á rúa - Posteriormente fará unha Rolda de Prensa



A asociación Lazos sae á rúa pois está afogada economicamente polas institucións públicas. Lazos é unha asociación sociosanitaria que está cumprindo un papel fundamental que debería estar cuberto polas institucións, as mesmas que agora non mostran ningunha preocupación porque esta asociación non poda seguir realizando o seu traballo. O importante é rescatar aos millonarios. É urxente, a asociación Lazos prol Solidariedade - Comité AntiSida de Ferrol Terra, necesita do apoio de todas e todos, non podemos permitir que pechen as súas portas. As institucións que son quen deberían facer esta función, non o fan, pero recortan as axudas a quen de xeito tan responsábel levan adiante os diferentes programas.

Entre as 10 e as 11 da mañá na Praza do concello de Ferrol diante do Pazo Municipal, este Mércores 20 de Xuño.

http://comitelazos.blogspot.com.es/




Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
19 de junho de 2012 23:14

a-revolta-de-trasancos.blogspot.com

_____________

domingo, abril 29, 2012

Estimados gobernantes, ... Por Carlos Varela [A mantenta das medidas acordadas polo goberno dereitista do PP, para a reforma do sistema público de saúde]


Por Carlos Varela [*]
29.04.2012


Estimados gobernantes,

Ontes, 24 de abril do 2012, publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto-Lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. Estas medidas véñense a sumar ás tomadas anteriormente, no eido laboral, no sanitario e no da educación. Déixenme dicir, que todas elas me parecen inxustas, ineficaces e carentes de todo principio de equidade.

É cedo (saiu onte) para que poda facer unha valoración do Real Decreto publicado ontes. Nembargantes, gostaríame salientar que xa non escomenza ben o asunto, cando se redacta esta norma xurídica co cobxectivo de “garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións”. Este obxectivo é cuestionable, porque coma afirmación é tamén cuestionable. O Sistema Nacional de Saúde, ao igual que a educación é sustentable si se aplican os cambios estructurais nas direccións apropiadas, e tendo como premisa o interese xeral, e non o da minoría que máis cartos ten. Este colectivo de amasadores de cartos, non pagan proporcialmente ás súas rendas, nin en Sanidade, nin noutras áreas.
Como dicía antes non vou a facer unha valoración, pero sí querría que vos (os gobernantes) me contestárades a algunhas cuestións sobre este último Real Decreto-Lei:
Tres. Se añade un nuevo artículo 3 ter, que tendrá la siguiente redacción: «Artículo 3 ter. Asistencia sanitaria en situaciones especiales.

Los extranjeros no registrados ni autorizados como residentes en España, recibirán asistencia sanitaria en las siguientes modalidades: a) De urgencia por enfermedad grave o accidente, cualquiera que sea su causa, hasta la situación de alta médica. b) De asistencia al embarazo, parto y postparto. En todo caso, los extranjeros menores de dieciocho años recibirán asistencia sanitaria en las mismas condiciones que los españoles.»
As persoas inmigrantes, non utilizan a Sanidade máis que a poboación autóctona. Isto queda acreditado por diferentes informes realizados por organizacións independentes. Utilizar o “turismo sanitario” como argumento para xustificar a insostenibilidade do sistema, é falaz e favorece os comportamentos xenófobos. No caso da utilización da Sanidade Pública dos cidadáns europeos, e do gasto que xeneran para as arcas do Estado (segundo o informe do tribunal de contas) , habería que ver que responsabilidade ten o goberno español en non cobrarlles a asistencia sanitaria prestada ás persoas que sí dispoñen de medios, en lugar de culpabilizar a todo-los/as inmigrantes por usa-la nosa Sanidade. Estas situacións, de sere importantes na factura global, podería ser unha oportunidade para ingresar cartos extra, que neste momento non se está a facer. Os convenios bilaterais que non se levan a cabo ou non existen, e a falla de dilixencia do goberno (que destrúe mais que goberna) se convirten en verdaderos obstáculos para cobrar as asistencias sanitarias a cidadáns europeos que dispoñen de cartos para pagar.

No que se refire á desprotección dos outros, dos ninguéns, dos que non aparecen nin nas estatísticas nacionais, os malchamados sin papeis ou ilegais, é unha clara vulneración dos dereitos humanos. Non se pode condenar a una persoa a desatención sanitaria por estar en situación administrativa irregular. Non se poden cambiar as leis, en función de ideoloxías con tendencia xenófoba. Dende un punto de vista de saúde pública, a desatención do colectivo de persoas inmigrantes, pode ter consecuencias desastrosas. Enfermidades contaxiosas coma a tubercoluse, ou transmisibles como o VIH, poden sentenciar a morte a estas persoas, ser utilizadas como correa de transmisión de enfermidades e convertirse nun problema, ate o de agora controlado, de saúde pública.

Por outra banda, permitir unicamente a atención en urxencias, pode colapsar todavía máis, os xa colapsados centros de urxencias. O aforro que se pretende facer en términos xerais, insisto, non se fará con este colectivo por deixarlle de dar asistencia sanitaria. Dicía anteriormente que usan menos a Sanidade Pública que a poboación autóctona. Ademáis, o compromiso de pago ao que se ven obrigados a asinar cada vez que acudan á Sanidade Pública impide, de non aboarse, a regularización da situación administrativa. Outra medida inxusta e que atenta contra uns dos colectivos máis desfavorecidos.
(….)
«Artículo 85 bis. Sistemas de información para apoyo a la prescripción.
(……)

2. Los sistemas de apoyo a la prescripción recogerán la información correspondiente a los precios seleccionados vía aportación reducida, de modo que el médico pueda tomar en consideración el impacto económico durante la prescripción de medicamentos y productos sanitarios.
Señores gobernantes, iste artigo que quere dicir? Que os médicos que nos receitan os fármacos, terán que ser tamén xestores económicos da Administración? Si é así, que priorizarán os médicos, a miña saúde ou o aforro económico para a Administración? Cánto custarán eses sistemas de apoio á prescrición que recollerán a información dos prezos seleccionados?, Cal é a diferencia económica entre este sistema e o anterior?, Cántos cartos se pretenden aforrar?(…..)
«Artículo 85 ter. Exclusión de la prestación farmacéutica de medicamentos y productos sanitarios.

(….) 2. La motivación de la exclusión responderá a alguno de los siguientes criterios: e) Por estar indicados en el tratamiento de síntomas menores.
Sres gobernantes, gostaríame saber a qué se refiren con “síntomas menores”. Si me pregunta porqué o quero saber, é moi sinxelo. Por exemplo, unha dor de cabeza para algunha persoa, sexa médico ou non, pode ser considerado coma un síntoma menor. Nembargantes para outra, pode convertirse, si este permanece de forma continuada, nun síntoma discapacitante. Algunhas persoas e profesionais entendemos que tanto o concepto saúde coma o concepto de enfermidade, hai que miralo dende un sentido holístico. 
Tres. Se añade un nuevo artículo 8 ter, que tendrá la siguiente redacción: «Artículo 8 ter. Cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud. 1. La cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluye todas aquellas prestaciones cuya provisión se realiza mediante dispensación ambulatoria y están sujetas a aportación del usuario. 2. Esta cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluirá las siguientes prestaciones: a) Prestación farmacéutica. b) Prestación ortoprotésica. (…)
Temos que pagar polos fármacos, incluídos os pensionistas, algo indecente, falto de valores e nada ético, se mo permiten apuntar. Ademais, tendo en conta que as persoas coas rendas máis baixas que necesiten de ferramentas ortoprotésicas terán que aboar un porcentaxe en tódolos casos. As persoas que perciban unha pensión non contributiva, ás que se atopen en paro ou non teñan recursos, tamén terán que pagar nestes casos estas prestacións. Culpabilizamos a enfermidade e ás persoas enfermas.
3. También gozará de esta consideración el transporte sanitario no urgente, sujeto a prescripción facultativa, por razónones clínicas y con un nivel de aportación del usuario acorde al determinado para la prestación farmacéutica.
As personas que teñamos que acudir a rehabilitación, a diálise, a tratamentos de quimioterapia, e a outros considerados, como istos, considerados non urxentes, veremos mermada, todavía máis, a nosa calidade de vida ao ter que pagar máis, polo servizo de transporte.
 «Artículo 94 bis. Aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica ambulatoria.
(….)
4. La aportación del usuario se efectuará en el momento de la dispensación del medicamento o producto sanitario.
Si unha persoa traballadora ou non, atópase a fin de mes sen cartos (é moi habitual nestes tempos), e ten a desgracia de poñerse enferma, non tendo cartos para aboar as súas mediciñas, cómo se solventarían estas situacións, que de momento son hipotéticas?
5. La aportación del usuario será proporcional al nivel de renta que se actualizará, como máximo, anualmente.
Nestas aportacións dos usuarios tamén entrarían as persoas que se acollan á aministía fiscal? De ser así, só aboarían o 60 % das mediciñas?
6. Con el fin de garantizar la continuidad de los tratamientos de carácter crónico y asegurar un alto nivel de equidad a los pacientes pensionistas con tratamientos de larga duración, los porcentajes generales estarán sujetos a topes máximos de aportación en los siguientes supuestos: (….)
Sres gobernantes, si os pensionistas que cobren menos de 18.000 euros anos pagarán como máximo 8 euros, os que perciban entre 18.000 e 100.000 euros, hasta un máximo de 18 euros, e os que perciban máis de 100.000 até 60 euros, parécelles este sistema xusto? Quénes son os que maior probabilidades teñen de padecer enfermidades? A maior carga fiscal sobre quén recae?
9. El nivel de aportación de los mutualistas y clases pasivas de la Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado, del Instituto Social de las Fuerzas Armadas y la Mutualidad General Judicial será del 30 %.»
Porqué este agravio comparativo dos funcionarios con respecto aos demáis traballadores e traballadoras? Porqué pagaría o mesmo un funcionario que percibe 1.000 euros/mes que outro que percibe 150.000/mes e máis? E xusto e equitatitativo este sistema?
«Artículo 94 ter. Protección de datos personales. 1. El Instituto Nacional de la Seguridad Social podrá tratar los datos obrantes en los ficheros de las entidades gestoras y servicios comunes de la Seguridad Social y de las entidades que colaboran con las mismas que resulten imprescindibles para determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica. Dicho tratamiento, que no requerirá el consentimiento del interesado, se someterá plenamente a lo dispuesto en la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, y sus disposiciones de desarrollo.
Son coñecedores de que se saltan a lei que garantizaba a protección dos datos de carácter persoal dos e das cidadás, non? Se abren vías que poden ter consecuencias impredecibles para a Democracia ao compartir os meus datos sen o meu consentemento. Se intercambiarán datos entre Administracións para “determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica”. Como os datos relacionados coa saúde considéranse “especialmente sensibles”, e, tendo en conta que a Seguridade Social e Facenda, vertirán os meus datos con Sanidade, poderán estas administración (Seguridade Social, Facenda) e as súas colaboradoras (por exemplo ETTs) acceder aos meus datos de carácter persoal? O digo porque teño VIH, pronto me quedarei sen emprego, e teño recelo de que os datos da miña saúde circulen entre computadoras sen nengún tipo de control. Ademáis recelo de que se utilicen para outros fins coma, por exemplo, para contratar, ou mais ben para non facelo, motivado pola miña enfermidade.

Como apuntes finais:
  • Non é certo que a Sanidade Pública sexa insostible. O PIB que destina España á Sanidade Pública é inferior ao destinado polos estados do noso entorno, tendo unha calidade na asistencia, inferior á nosa. É mais, a nosa Sanidade Pública pódese (ou podíase) equiparar a outras de recoñecida calidade, como pode ser a de Canadá, coa que só nos diferencia na rede social da que dispoñen nese Estado, ou a de Noruega.

  • A reforma sobre reforma que se está a aplicar na Sanidade Pública, só pode entenderse dende unha postura interesada na privatización da mesma e que obedece aos intereses do capital e dos mercados financeiros.

  • A parte impositiva que se impón para o pagamentos de fármacos e servizos sanitarios a colectivos como os/as pensionistas, persoas con baixos recursos, e mozos/as maiores de 26 anos, non ten precedentes, vulnera principios de equidade, é totalmente inxusto, non contempla ética social algunha, racha co principio de universalidade e só pode entenderse dende unha perspectiva ideolóxica. Esta Sanidade pretende establecer cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, diferenciando aos que teñen cartos (os de primeira), que poderán acceder a un estándar de saúde, dos que non dispoñen deles (cidadáns de segunda), que, terán problemas de accesibilidade por cuestións económicas e non poderán gozar dos estándares mínimos de saúde.

  • A expulsión das persoas en situación administrativa irregular (os/as inmigrantes, mal chamados sen papeis ou ilegais) vulnera dereitos fundamentais. En concreto o dereito a saúde que ten que salvagardarse independentemente da súa situación administrativa no Estado. Pode xerar problemas importantes de saúde pública, tendo consecuencias imprevisibles para toda-la poboación, motivada pola non asistencia sanitaria deste colectivo, e obriga a estas persoas a enfermar, queiran ou non, e pode ocasionar mortos por omisión dos coidados mínimos sanitarios.

  • Esta normativa producirá perda de poder adquisitivo, xa mermado pola crise, enfermidade polas trabas que dificultan a accesibilidade aos servizos sanitarios, aos fármacos, e aos medios necesarios para a prevención da saúde.

  • Estas normativas producirán mortes, das que os únicos responsables serán o actual goberno.
Prima, non nocere
Primum non nocere
(O primeiro é non facer dano)

[*] Carlos Varela Fernández, é Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol, e un das persoas promotoras da asociación "Sen Papeis" de Ferrol.

LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
29 de abril de 2012 21:42
_________________________

venres, abril 06, 2012

O goberno do, polo de agora, Reino de España elimina dos orzamentos a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida

Nos orzamentos xerais do Estado, para este exercicio 2012, eliminouse a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida. Deste departamento dependen a maior parte dos programas de prevención do VIH que realizamos as organizacións da sociedade civil. Todo fai prever que a decenas de miles de persoas, sobre todo a aquelas máis vulnerables, se lles privará dun dereito. O dereito a preservar a súa saúde. O dereito a non infectarse de VIH

Carlos Varela
Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol


LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975


Enviado por:
Elena Casal Mera (Google+)
-elenacasalmera@gmail.com-
5 de abril de 2012 23:34
_____________

sábado, decembro 10, 2011

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas


As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Cultural Lefre de Caldereta | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade | Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra | Foro Galego de Inmigración | Médicos do Mundo

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar]
Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),
música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.
Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/
____________________________

xoves, decembro 01, 2011

Manifesto e Actividades da Asociación "Lazos Pro Solidariedade - Comité Antisida de Ferrol" co gallo do 1 de decembro, día mundial de resposta contra a SIDA


MANIFESTO DA ASOCIACIÓN LAZOS PRO SOLIDARIEDADE-COMITÉ ANTISIDA DE FERROL CO GALLO DO 1 DE DECEMBRO, DÍA MUNDIAL DE RESPOSTA CONTRA A SIDA

Neste intre, cúmprense 30 anos dende a publicación dos primeiros casos de sida. Tres décadas de resposta contra unha pandemia que arrebatou a vida de moitas persoas queridas e que, desafortunadamente, segue levándose a vida de moitas máis.

A pesares de que os datos epidemiolóxicos actuais indican unha certa melloría, en canto ao descenso de mortes por sida e de novas infeccións por Vih, estamos moi lonxe de acadar un escenario desexable, tanto a nivel internacional como Estatal. Son as persoas máis vulnerables ás que por cuestións socioculturais, económicas, políticas e doutra índole, teñen maior probabilidade de infectarse. Neste senso nada cambiou dende o principio da pandemia.

Recortáronse as axudas para o fondo mundial de loita contra a sida, a malaria e a tuberculose o que impedirá que os países máis castigados, mermen a súa capacidade de control da infección e da enfermidade. Os tratamentos efectivos, que melloran a calidade e a esperanza de vida das persoas con VIH, non chegan máis que a metade das persoas que o necesitan. Hoxe en día, sabemos que este tratamento, reduce considerablemente as posibilidades de que unha persoa con VIH, transmita o virus a outras persoas. Polo tanto estes tratamentos que non chegan a tódalas persoas, xogan un papel importante na prevención de novas infeccións.

Nuns momentos onde as decisións económicas a curto prazo parecen ser a única alternativa a unha situación de crise xeneralizada, é necesario poñer enriba da mesa o tremendo perigo que levaría consigo e o elevado custo económico e social que xeraría nun futuro próximo, os recortes en prevención, detección precoz e atención nas políticas activas fronte a esta pandemia. A Asociación Lazos Pro Solidariedade e as organizacións civís do movemento fronte ao vih/sida esiximos que as decisións políticas se fagan tendo en conta un amplo número de factores e non por simples axustes do gasto. Pronunciámonos con contundencia nas seguintes liñas irrenunciables nas que nos mostraremos vixiantes na resposta ao vih/sida:
1.- Esiximos un liderazgo compartido e o recoñecemento ao valor engadido das organizacións civís. Dende os inicios da pandemia, as organizacións de afectados e afectadas, e ás que traballan de forma integral na resposta fronte ao VIH e a sida, nos puxemos na primeira liña de vangarda. Incluso ate incidir nas investigacións biomédicas, que ate entón permanecían alleas ás persoas afectadas. Neste senso, continúan presentes hoxe en día os preceptos de Denver, que promoveron outro xeito de movilización e que se poden resumir, no seguinte carma: “Nada sobre mí, sin mí”.

Os recortes sufridos polas organización civís nos últimos anos, e baseados en criterios únicamente economicistas, dificultan que a prevención, a detección precoz, a asistencia do VIH, e o apoio ás persoas afectadas, se poda desenvolver cuns criterios mínimos de calidade. Estes recortes pódense traducir a medio e longo prazo no aumento de novas infeccións.

2.- Esiximos as mesmas prestacións sanitarias para tódalas persoas. A carteira de prestacións sanitarias non están homoxeneizadas no noso Estado, o que resulta que en función de onde residan as persoas con VIH, pódanse beneficiar, ou non, das mesmas. No que se refire a Galicia, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica nas persoas máis vulnerables da poboación, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde. Estase detectando unha reducción no número de trasplantes hepáticos

3.- Exisimos medidas eficaces que respeten os dereitos humanos e reduzan a discriminación ás persoas con VIH. Trinta anos despois do inicio da pandemia, e a pesares dos avances médicos producidos, se continúan vulnerando os dereitos das persoas con VIH, e o estigma e a discriminación segue repercutindo na vida diaria das persoas que viven coa infección. As persoas con VIH non dispoñen de liberdade de movemento, limitándoselles a entrada en moitos países pola súa condición. As persoas con VIH non poden acceder a seguros de vida, e polo tanto a préstamos bancarios para mercar unha casa ou poder desenvolver o seu proxecto vital. Todavía ás persoas sen medios e que precisan dun recurso residencial, pola súa situación de saúde ou social, non poden acceder aos de titularidade pública. A catalogación legal do VIH coma enfermidade infectocontaxiosa impide que as persoas afectadas accedan a estes recursos públicos. Os recursos residenciais, de titularidade privada, non cubren a demanda existente e ademáis se lles ven recortando as axudas públicas o que os asfixia. A falta de educación sexual reglada e integral. que contemple a diversidade. promove a LGTBfobia e sitúa a estes colectivos en posición de vulnerabilidade en relación ao VIH.

Estamos nun momento histórico de crise financeira e de reflexión, ante a resposta ao VIH, por iso é o momento de asumir compromisos e facer planificacións estratéxicas con visión a longo prazo. O futuro da pandemia, a redución de novas infeccións, co custo sanitario elevado que iso significaría, e a atención ás persoas que hoxe viven con VIH están en xogo. As ONG que traballamos no ámbito do VIH non daremos nin un paso atrás na defensa dos dereitos das persoas con VIH, nin de ningún outro colectivo. Non o fixemos hai 30 anos e non o faremos nunca, porque só así avanzamos.

Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol

Blogue de Lazos:

http://comitelazos.blogspot.com/


ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN LAZOS CO GALLO DO 1 DE DECEMBRO DO 2011, DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA
ACTIVIDADES DE MAÑÁ

De 10:30 a 13.30 Hrs.

INSTALACIÓN DE MESAS INFORMATIVO-PREVENTIVAS

LOCALIZACIÓN DAS MESAS:
  • CENTRO COMERCIAL ALCAMPO (A Gándara-Narón. Alternativa Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide).
  • PRAZA CAMILO JOSÉ CELA (Edif. Admin. Xunta de Galicia-Ferrol).

ACTIVIDADES DE TARDE

De 17.00 a 19.30 hrs.

LOCALIZACIÓN : Edificio Social do Concello de Ferrol, sito na R/Sánchez Barcáiztegui 37.

Actividade 1: Inauguración. Presentación por parte dun/a representante do Concello de Ferrol e do Presidente de Lazos.

Actividade 2: Presentación “Qué é LAZOS”. Leticia Rodríguez. Traballadora Social da Asociación LAZOS.

Actividade 3: Pase do corto-documental “Elige siempre cara” . Amosa a realidade vivida polas persoas con VIH.

Actividade 4: Presentación “Detección precoz do VIH, nun centro alternativo” Asociación Lazos 2011. Sara Ríos Técnica e pedagoga da Asociación Lazos.

Actividade 5: Presentación “ 30 anos de resposta fronte a sida, 30 anos en defensa dos dereitos das persoas con VIH”. Carlos Varela Educador e afectado polo VIH.

Actividade 6: Lectura do manifesto co gallo do día 1 de decembro do 2011, día mundial de resposta contra a sida.
_______________________